uk

Colexio de Xornalistas

Poñer a voz

Government GL ↓ Епізодів: 6

‘Poñer a voz’ é un relato sonoro que atravesa a vida de Begoña Caamaño. Desde a súa infancia e xuventude en Vigo, onde prende a paixón por contar historias, ata a súa implicación vital no feminismo, no coidado da lingua, no antimilitarismo e na defensa dos medios públicos. Como nexo: o xornalismo. A radio como medio fundamental, pero tamén os artigos que escribiu na prensa e revistas especializadas. Unha lingua e unha linguaxe propia, diferente á literaria, pero que tamén conforma as nosas Letras Galegas. Unha produción do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia co apoio da Secretaria Xe...

Автор

Colexio de Xornalistas

Категорія

Government

Сайт подкасту

www.ivoox.com

Останній епізод

13 тра 2026

Де слухати?

Подкасти в застосунку Replaio Radio Уже незабаром

Подкасти незабаром з'являться в застосунку. Встановіть уже зараз і першими побачте зовсім новий погляд на подкасти

Завантажити з Google Play Встановіть безкоштовно Android майже 10 млн завантажень · рейтинг 4,8 iOS незабаром

Епізоди

Poñer a Voz ao vivo desde a Casa das Máquinas 13.05.2026

Cunha primicia na voz da irmá de Begoña Caamaño, Beatriz, arranca o programa de radio ao vivo celebrado o 25 de abril na Casa das Máquinas de Santiago. Un encontro festivo que serve de epílogo ás cinco entregas de Poñer a Voz, coas voces de periodistas de varias xeracións e coa lectura de textos de Caamaño da man das súas compa&...

5. A radio acesa 06.05.2026

17 de maio de 2026: Galicia celebra a unha xornalista de radio e de prensa, escritora, viaxeira, sindicalista, defensora dos dereitos humanos, da lingua, dos medios públicos, feminista. Estas Letras Galegas permítennos coñecer a unha profesional valente, decidida nas súas posturas, que arriscou e loitou polas causas que consideraba xustas. Unha activista do xornalismo....

4. Cambiar de xogo 29.04.2026

Cando Begoña Caamaño comeza a traballar na radio en Vigo, atopa nas redaccións, na rúa e nas roldas de prensa a un grupo de mulleres que, coma ela, comezan a chegar a un oficio ata entón moi masculinizado. Son eses primeiros ambientes de xuventude os que espertan nela unha conciencia feminista que será, de maneira transversal, o motor da súa vida. F...

3. Unha radio para un país 22.04.2026

Co himno galego e coa voz de Nicolás Camino comezaban as emisións de proba da Radio Televisión Galicia en 1985. Unha radio moi diferente á de agora, que buscaba "construir uns medios públicos para un país", en palabras de Begoña Caamaño. A esa radio chega Begoña en 1988, cando se crea a delegación de Vigo. Xa a partir de 1992 tr...

2. Ondas da radio de Vigo 15.04.2026

Begoña Caamaño converteuse en xornalista percorrendo as rúas de Vigo, igual que fixera tantas veces durante a súa infancia e xuventude, pero desta vez, cun micrófono na man. Tiña vinte e poucos anos. Estudara maxisterio e nos veráns buscaba traballo para poder gañar uns cartos. Así, crúzase no seu camiño unha oferta de pr...

1. Eu tamén navegar 08.04.2026

Neste capítulo de presentación de 'Poñer a voz' imos coñecer a Begoña Caamaño como xornalista, escritora e amante dos mitos. Tamén escoitaremos por primeira vez as voces que nos van acompañar neste relato sonoro. A través da súa memoria chegamos hoxe á nosa protagonista.

Слухайте подкаст Poñer a voz у Replaio

Радіо та подкасти в одному застосунку - безкоштовно й без реєстрації. Встановіть уже сьогодні та не пропустіть запуск

Завантажити з Google Play

Replaio не є видавцем подкастів; назви шоу, обкладинки та аудіо належать їхнім авторам і поширюються через публічні RSS-канали