uk

Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

Science GL ↓ Епізодів: 1697

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.

Обов'язково відвідайте сайт подкасту та підтримайте його автора: www.ivoox.com

Автор

Radio Cerna

Категорія

Science

Сайт подкасту

www.ivoox.com

Останній епізод

8 жов 2026

Де слухати?

Подкасти в застосунку Replaio Radio Уже незабаром

Подкасти незабаром з'являться в застосунку. Встановіть уже зараз і першими побачте зовсім новий погляд на подкасти

Завантажити з Google Play Встановіть безкоштовно Android майже 10 млн завантажень · рейтинг 4,8 iOS незабаром

Епізоди

Estudar a fauna silvestre como paciente clinico 29.10.2014

A Universidade compostelá, xunto con Avifauna, organiza para os días 15 e 16 de novembro o curso "Veterinaria e conservación da fauna silvestre", apoiado polas Reservas da Biosfera Terras de Lugo e Ancares lucenses e pola Área de Cultura da Deputación. O lobo, o corzo e o oso pardo serán as especies sobre as que se vai versar, como pacientes e como patrimonio natural a conservar.

Nace unha Rede europea contra o delito ambiental 27.10.2014

Na UE vense de crear unha rede de avogados e xuristas contra os delitos ambientais. Impulsada por SEO/Birdlife, co apoio de fondos europeos, pretende afondar na análise do actual funcionamento do sistema xudicial con respecto á aplicación da Directiva do medio ambiente e contra os delitos ambientais. REDA está formada por letrados dos 28 estados membros que a partir de agora comezan a traballar co...

Boletín informativo ambiental 24/10/14 24.10.2014

Repasamos a novas máis destacadas da actualidade ambiental de Galiza na última semana!

A cova de Eirós, en risco inminente! 22.10.2014

ADEGA denunciou na Fiscalía os traballos que Cementos Cosmos está a realizar enriba do xacemento paleolítico, posiblemente, de maior importancia de Galiza. As obras que a canteira está a efectuar a poucos metros da cavidade poñen en perigo inminente a conservación das pinturas rupestres que nela se atopan, e que lle outorban ao xacemento a categoría de Ben de Interese Cultural. ADEGA esixe a paral...

Galiza, referente na formación sobre Bioconstrución 20.10.2014

Nos últimos anos están a aparecer en Galiza varias propostas de formación profesional (polo de agora non regrada) en Bioconstrución. Unha das experiencias máis coñecidas é ao CIFP de Someso (A Coruña), da que falaremos neste espazo. A bioconstrución amósase, non só como alternativa ecolóxica na construción, tamén como alternativa de futuro para os profesionais da edificación.

Boletín informativo ambiental 17/10/14 17.10.2014

Neste espazo Cerna repasamos as novas ambientais máis destacadas en Galiza nos últimos días.

Rede Cidades que Camiñan, en Pontevedra 15.10.2014

Camiñar pola cidade sen ter que sortear obstáculos e sentir a invasión dos vehículos a motor é posible. Concellos de todo o Estado que conforman a Rede "Cidades que Camiñan" reúnense mañá e pasado en Pontevedra para falar daquelas medidas que se poden adoptar nas políticas municipais para darlle prioridade ao peón e facilitar a vida colectiva no espazo urbano. Pontevedra é unha das cidades de refe...

Recta final para concursar nos certames polo territorio de ADEGA 13.10.2014

Ata o vindeiro 1 de novembro haberá prazo para presentarse á IV edición dos Concursos polo Territorio que convoca ADEGA e que inclúen certames de fotografía, relato e curtametraxes. Esta edición enmárcase no proxecto "Cultura e Territorio" que intenta promover os valores culturais relacionados co espazo no que nos desenvolvemos, dando a oportunidade á cidadanía galega a expresar a través da imaxe...

Boletín informativo ambiental 10/10/14 10.10.2014

Este espazo de Radio Cerna repasa a actualidade ambiental da última semana en Galiza. Entérate de que lle pasa ao noso medio natural!

Recuperando charcas na Illa de Sálvora 08.10.2014

ADEGA volve á carga na recuperación de charcas con vida. A través deste proxecto de educación ambiental achegará a unha ducia de voulntarios e voluntarias á Illa de Sálvora, pertencente ao Parque Nacional das Illas Atlántica para desenvolver unha serie de actividades relacionadas coa biodiversidade da zona. Neste espazo concretamos cales son.

O uso da madeira na construción. Oportunidade de futuro? 07.10.2014

Non todas as madeiras de especies arbóreas autóctonas son válidas para a construción estrutural ou de vivendas, segundo o Código Técnico da Edificación. É curioso que ata o momento tan só 3 variedades de piñeiro e 1 de eucalipto estean recoñecidas para estes usos. A esta escasa lista de especies madeirables válidas para a construción súmase agora o castiñeiro. Pero, as demais árbores galegas teñen...

Boletín informativo ambiental 03/10/14 03.10.2014

Convidámoste a repasar con nós a actualidade ambiental da última semana. Achégate a Radio Cerna!

Compostela, capital das abellas esta fin de semana 01.10.2014

A capital galega será a capital das abellas e da apicultura a vindeira fin de semana. A Asociación Galega de Apicultura xunto coa Asociación para o fomento dos congresos apícolas organiza para os días 3, 4 e 5 de outubro o VII Congreso Apícola hispánico cuxos temas xirarán arredor da multifuncionalidade da apicultura. Acudirán a este congresos especialistas de todo o mundo sobre o coidado das abel...

A cova do Rei Cintolo e o seu potencial 29.09.2014

A Cova do Rei Cintolo (Mondoñedo) seguirá aberta a visitas cando menos nos vindeiros 3 anos, grazas á colaboración da Área cultura da Deputación provincial. O seu atractivo para os turistas é cada vez maior, por iso se fai preciso establecer límites de acceso e regular as visitas. Hoxe falamos deste interesante elemento patrimonial e xeolóxico de Galiza cunha das persoas que mellor o coñecen.

Boletín informativo ambiental 26/09/14 26.09.2014

Escoita este espazo Cerna e entérate das novas ambientais máis destacadas desta semana en Galiza!

A patronal pasteira intenta de novo fumigar masivamente o país 24.09.2014

Desde 2012 non se tivo coñecemento de novos intentos de fumigar masivamente os eucaliptais galegos contra a praga do gorgullo ata agora. ADEGA vén de facer pública a autorización do Ministerio outorgada á Xunta e a patronal pasteira (ASPAPEL) para fumigar 17.500 Ha de territorio cun produto non deseñado para este tipo de praga. O experimento lévase realizando desde o 9 de xuño, sen que a Xunta o f...

O ecoturismo ou turismo de Natureza. Aposta de futuro. 22.09.2014

O Ministerio de Cultura, a través do seu departamento de Turismo, e coa colaboración da Área de Cultura da Deputación de Lugo, quere promover o turismo de Natureza que se oferta a través dos recursos dixitais. Este tipo de turismo obriga a repensar as fórmulas de promoción do sector e a crear experiencias que sexan atractivas para un turista esixente.

Boletín informativo ambiental 19/09/14 19.09.2014

Radio Cerna dá conta da actualidade máis destacada da última semana no eido ambiental.

III Foro de reflexión sobre a custodia do territorio galego 17.09.2014

A vindeira semana comeza o III Foro de reflexión sobre a custodia do territorio organizada pola Fundación Fragas do Mandeo. Este programa de actividades conta con charlas e conferencias sobre aspectos a custodiar da comarca As Mariñas-Betanzos, sobre todo referidos á custodia fluvial, así como diversas actividades de voluntariado ambiental. Como novidade, preséntase a celebración da primeira eco-r...

II Semana europea da custodia do territorio en Galiza 15.09.2014

Varias actividades de promoción e divulgación da custodia do territorio estanse a preparar para a vindeira e última semana de setembro. Entidades galegas de custodia tamén participarán nesta cita europea con este mecanismo de conservación en auxe e con un futuro prometedor. O voceiro da plataforma de entidades galegas de custodia contaranos cales van ser as principais actividades de divulgación e...

Boletín informativo ambiental 12/09/14 12.09.2014

Coñece a actualidade ambiental galega da última semana neste espazo de Radio Cerna!

Un ano máis, limpeza simultánea dos ríos galegos 10.09.2014

Centos de voluntarios e voluntarias participarán o vindeiro 28 de setembro na VII Limpeza simultánea dos ríos galegos organizada por ADEGA e Proxecto Ríos. O obxectivo será retirar de forma simultánea todo o lixo que se poida das marxes dos ríos de Galiza. O ano pasado chegáronse a retirar nunha soa xornada 10.000 quilos de residuos dos efluentes galegos.

As trabas da apicultura urbana en Galiza 08.09.2014

A apicultura urbana xa é unha práctica nas grandes cidades europeas e en Estados Unidos. No obstante, en Galiza e no resto do Estado español atópase cunha normativa restritiva que impide o seu desenvolvemento. A pesar do problema legal, están a xorder pequenas iniciativas nalgúns concellos galegos, impulsadas pola Asociación galega de apicultores, que buscan promover a apicultura nos ámbitos urban...

Boletín informativo ambiental 05/09/14 05.09.2014

Neste boletín informativo repasamos a actualidade ambiental en Galiza, acontecida nos últimos días. Infórmate de que pasa na túa contorna!

O potencial xeotérmico de Galiza para a produción de electricidade 03.09.2014

Aproveitar a enerxía xeotérmica para a súa transformación en electricidade é unha oportunidade de futuro en Galiza que agora está en fase de estudo. Así se extrae dunha investigación da Univesidade de Valladolid na que se mediu o potencial xeotérmico de toda a Península a niveis subterráneos profundos e sen a presenza de auga. Sen embargo, as tecnoloxías existentes para este tipo de aproveitamento...

Слухайте подкаст Podcast Radio Cerna у Replaio

Радіо та подкасти в одному застосунку - безкоштовно й без реєстрації. Встановіть уже сьогодні та не пропустіть запуск

Завантажити з Google Play

Replaio не є видавцем подкастів; назви шоу, обкладинки та аудіо належать їхнім авторам і поширюються через публічні RSS-канали