uk

Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

Science GL ↓ Епізодів: 1697

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.

Обов'язково відвідайте сайт подкасту та підтримайте його автора: www.ivoox.com

Автор

Radio Cerna

Категорія

Science

Сайт подкасту

www.ivoox.com

Останній епізод

8 жов 2026

Де слухати?

Подкасти в застосунку Replaio Radio Уже незабаром

Подкасти незабаром з'являться в застосунку. Встановіть уже зараз і першими побачте зовсім новий погляд на подкасти

Завантажити з Google Play Встановіть безкоштовно Android майже 10 млн завантажень · рейтинг 4,8 iOS незабаром

Епізоди

Os espazos naturais protexidos na nova Lei de Patrimonio Natural 27.02.2017

A Xunta considera que a normativa galega relativa á conservación da Natureza e dos espazos naturais protexidos está obsoleta. Promove unha nova lei que, segundo Núñez Feijóo, prevalecerá sobre calquera outra norma urbanística ou de ordenación. Neste espazo, entrevistamos á directora xeral de Patrimonio Natural, Ana María Díaz, para coñecer máis a fondo os contidos e cambios da nova normativa.

Boletín informativo ambiental 24/02/17 24.02.2017

Repasamos en 10 minutos a actualidade ambiental de Galiza da última semana!

A loita polas fragas de Catasós continúa 22.02.2017

A compañía eléctrica Gas Natural Fenosa recorre a sentenza do xulgado de Pontevedra que pon en dúbida a declaración de impacto ambiental do proxecto da liña de alta tensión que Fenosa pretende pasar pola fraga de Casas Vellas de Lalín, e para o que habería que botar abaixo unhas 2.000 árbores autóctonas. O fallo dálle a razón ao concello de Lalín que denega a autorización municipal para o paso da...

Boletín informativo ambiental 17/02/17 17.02.2017

Escoita o boletín informativo ambiental desta semana en Radio Cerna!

Ramón Varela e os 40 anos de ecoloxismo de ADEGA 15.02.2017

Neste espazo facemos un repaso á historia dos primeiros anos do ecoloxismo galego da man de ADEGA e de Ramón Varela, expresidente do colectivo, doutor en bioloxía e experto en contaminación atmosférica. Varela recibiu o premio Osíxeno de Honra 2016 pola súa traxectoria a prol da defensa ambiental de Galiza. Con el, retrotraémonos aos fitos ambientais dos anos 80 e 90.

As principais industrias do Estado responsables do Cambio climático 14.02.2017

O Observatorio da Sostibilidade analiza o rexistro nacional de emisións de 2015 (o último) para sinalar aquelas industrias que máis inciden na mudanza climática no conxutno do Estado, pero tamén por comunidades autónomas. Tan só 10 empresas en España son responsables do 70% das emisións contaminantes fixas e que favorecen o cambio climático. Endesa destaca nesta lista. Galiza ocupa o terceiro post...

Boletín informativo ambiental 10/02/17 14.02.2017

A sentenza de Catasós, a moratoria do eucalipto de Portugal ou a praga da pataca, algúns dos temas da actualidade ambiental que repasamos neste boletín informativo de Radio Cerna....

Novo estudo confirma que os eucaliptais reducen a biodiversidade e secan ríos 08.02.2017

A Universidade de Vigo vén de publicar un estudo que ratifica os efectos negativos das plantacións de eucaliptos na biodiversidade dos ecosistemas fluviais, nomeadamente na diversidade de macroinvertebrados e na disposición de recursos hídricos. Os regos ou regatos son os ecosistemas fluviais máis castigados polas plantacións masivas de eucaliptos e poden chegar a secar se non se establece unha fr...

Amianto e sector naval: combinación perigosa na comarca do Ferrol 06.02.2017

A responsable da consulta mongráfica de asbestose no Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol, Carme Diego Roza, fala para Radio Cerna para explicar as conclusións da súa tese de investigación, a primeira que trata en todo o Estado a relación entre o amianto e o cancro de pulmón e pleura. En concreto, a súa análise céntrase na comarca de Ferrol e nos extraballadores dos estaleiros de Astano, os máis...

Boletín informativo ambiental 03/02/17 03.02.2017

Coñece as novidades que deixou esta semana no eido ambiental galego, aquí, en Radio Cerna!

A rocambolesca batida de lobos en Friol 01.02.2017

A pasada fin de semana, o concello lugués de Friol viviu unha das batidas de lobo máis rocambolescas que se teñan dado en Galiza. Saldouse cun can morto, confundido cun lobo, e ameaza con ter unha segunda parte. Neste espazo de Radio Cerna, analizamos o acontecido coa entidade ecoloxista ADEGA e achegamos a valoración dos feitos do alcalde de Friol, Xosé Ánxel Santos Sánchez. O acontecido promoveu...

En Vigo tamén se pode andar en bicicleta 30.01.2017

O arquitecto vigués Alexandre Mouriño desenvolve unha proposta de rede ciclista para a cidade de Vigo, deseñando unha traza de máis de 50 quilómetros de vías ciclistas que evita pasar polas pendentes máis pronunciadas. Mouriño tamén crea unha ferramenta informática que permite medir a aptitude ciclista de calquera vía urbana en función de varios criterios, non só topográficos.

Boletín informativo ambiental 27/01/17 27.01.2017

As novas ecoloxistas e ambientais de Galiza desta semana están recollidas neste espazo de Radio Cerna. Non as perdas!

As Directrices da Paisaxe Galega: protección territorial ou un timo propagandístico? 25.01.2017

Aparecen as primeiras reaccións ao documento borrador das Directrices da Paisaxe de Galiza, agora en exposición pública, ata o mes de marzo. Colectivos como O Petón do Lobo, Cova Crea, Arco Iris ou Amigos/as dos Bosques xa as cualificaron de paripé, timo ou instrumento desproteccionista, etc. Critican que non se poña límites ás minas a ceo aberto, aos parques eólicos, ás liñas eléctricas ou á euca...

Premios Osíxeno e Dioxina 2016 23.01.2017

ADEGA vén de outorgar os premios Osíxeno e Dioxina 2016 que recoñecen as mellores e peores actuacións ou actitudes ambientais durante ese ano. Tamén concede un premio Osíxeno de Honra ao expresidente de ADEGA e experto en contaminación atmosférica en Galiza, Ramón Varela Díaz.

Boletín informativo ambiental 20/01/17 20.01.2017

Se queres coñecer a actualidade ambiental galega, este é o teu espazo de radio! Hoxe, facemos repaso das novas ambientais máis destacadas da última semana.

Lugo + biodinámico: urbanismo sostible, ENIL e madeira de calidade 18.01.2017

O proxecto Life "Lugo + biodinámico"pretende, de aquí a 2020, promover o urbanismo sostible, a recuperación de espazos naturais en zonas industriais, potenciar a biodiversidade vexetal propia, a castaña e a madeira de calidade. Este proxecto Life é unha das 27 propostas municipais seleccionadas pola UE para loitar contra a mudanza climática.

Galiza, pioneira na instalación fotovoltaica de autoconsumo 16.01.2017

O imposto ao sol e o decreto do autoconsumo non está a frear o crecemento exponencial que nos últimos anos ten experimentado Galiza con respecto á instalación de paneis solares fotovoltaicos para a xeración de enerxía de autoconsumo. A galega EDF Solar é a empresa líder da instalación fotovoltaica para autoconsumo de todo o Estado. Con ela abordamos os efectos da anunciada posta en aplicación do i...

Boletín informativo ambiental 13/01/17 13.01.2017

Entérate en Radio Cerna das novidades ambientais do país na última semana!

A Confederación Hidrográfica Miño-Sil, denunciada ante a UE 11.01.2017

A Sociedade Galega de Historia Natural denuncia ao organismo da bacía Miño-Sil ante a Unión Europea por non facer cumprir cos caudais ecolóxico do río Limia, na súa cabeceira, e por incumprimento do plan hidrolóxico. O colectivo ecoloxista explica neste espazo cales son as razóns desta denuncia e porqué o estado ecolóxico do río Limia, na súa cabeceira, é crítico.

Plan da Xunta para promocionar os espazos naturais galegos 09.01.2017

Nos vindeiros catro anos, a Xunta vai desenvolver o primeiro Plan galega de promoción e posta en valor dos espazos naturais de Galiza. Este plan establece 16 espazos imán que funcionarán de enclaves reclamo para coñecer as súas áreas de influencia. Falamos desta iniciativa e das primeiras reaccións á proposta da Xunta coa Directora Xeral de Patrimonio Natural da Consellaría de Medio Ambiente, Ana...

Balanzo 2016 do medio ambiente galego 04.01.2017

No presente espazo de radio, facemos un repaso aos temas da realidade ambiental e do ecoloxismo de Galiza máis resaltables do último ano 2016. Este é o noso resumo do ano! Non o perdades.

Consellos para un Nadal ecolóxico 02.01.2017

De camiño ao día de Reis, ADEGA ofrece algúns consellos para vivir o Nadal de forma ecolóxica. Tomade nota!

Boletín informativo ambiental 30/12/16 30.12.2016

Rematamos o ano facendo repaso das novas ambientais máis destacadas dos últimos días de 2016. Feliz Ano!

A industria galega, pese a non medrar, contamina cada vez máis 28.12.2016

Malia que a industria galega só representa o 5% da industria máis contaminante de todo o Estado español, as súas emisións contaminantes colocan a Galiza no segundo posto de comunidades que máis emisións de gases efecto invernadoiro produce á atmosfera e no cuarto posto en todo o Estado de vertidos contaminantes á auga. Por riba, nos últimos anos as principais industrias galegas aumentaron consider...

Слухайте подкаст Podcast Radio Cerna у Replaio

Радіо та подкасти в одному застосунку - безкоштовно й без реєстрації. Встановіть уже сьогодні та не пропустіть запуск

Завантажити з Google Play

Replaio не є видавцем подкастів; назви шоу, обкладинки та аудіо належать їхнім авторам і поширюються через публічні RSS-канали