uk

Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

Science GL ↓ Епізодів: 1697

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.

Обов'язково відвідайте сайт подкасту та підтримайте його автора: www.ivoox.com

Автор

Radio Cerna

Категорія

Science

Сайт подкасту

www.ivoox.com

Останній епізод

8 жов 2026

Де слухати?

Подкасти в застосунку Replaio Radio Уже незабаром

Подкасти незабаром з'являться в застосунку. Встановіть уже зараз і першими побачте зовсім новий погляд на подкасти

Завантажити з Google Play Встановіть безкоштовно Android майже 10 млн завантажень · рейтинг 4,8 iOS незабаром

Епізоди

MEL: A Limia xa non soporta máis xurros de Coren 14.02.2018

O Movemento Ecoloxista da Limia (MEL) advirte que esta comarca xa non dá soportado máis cantidade de puríns ou xurros procedentes das máis de 350 granxas que a industria de Coren. Alertan da contaminación de acuíferos, fontes e terras de cultivo por nitratos, alén da contaminación por amoníaco que xeran estes residuos. O colectivo esíxelle á Administración e a Coren que dunha vez por todas tomen m...

O lobo tiroteado na Serra do Cando alza as críticas contra a caza furtiva 12.02.2018

ASCEL, ADEGA e GEAS piden á Xunta que sexa máis dura coa caza furtiva de lobo ibérico. Un novo lobo apareceu tiroteado hai poucos días na Serra do Cando, nun espazo natural protexido como Rede Natura. Denuncian os ecoloxistas que non se trata dun caso illado nesta Serra, onde xa houbo anteriores episodios de persecución e ataque aos lobos.

A morte inducida da liña de ferrocarril Ferrol-Ribadeo 07.02.2018

O tren é unha materia pendente na vertebración territorial de Galiza. As vellas liñas desaparecen ou déixanse esmorecer, como no caso da liña de ferrocarril Ferrol-Ribadeo. O traxecto do tren que transcorre pola cornixa cantábrica, no que se acumularon unhas 900 incidencias só no último ano. A plataforma na defensa desta liña Ferrol-Ribadeo leva anos demandando á administración pública e aos respo...

Nace o primeiro Observatorio de Ríos de Galiza 05.02.2018

Os ríos galegos serán analizados e observados a partir deste ano por un novo órgano consultivo, o Observatorio Galego dos Ríos. Un ente impulsado pola Xunta de Galiza para recoller información, analizala e poder asesorar aos órganos executivos sobre as ameazas, os impactos, ou o estado de conservación de todos os ecosistemas fluviais do noso territorio. A directora xeral de Patrimonio Natural, Ana...

Boletín informativo ambiental 02/02/18 02.02.2018

Preme para escoita a actualidade ambiental galega, en Radio CERNA, o programa de radio de medio ambiente e ecoloxía que che ofrece a asociación ecoloxista ADEGA.

Estado de conservación dos humidais galegos 31.01.2018

O vindeiro venres é o Día Mundial dos Humidais e durante esa xornada e a fin de semana organizaranse varias charlas e xornadas arredor desta temática por todo o país. A que organizan o CEIDA, a Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e o Concello de Sada o vindeiro sábado tratará de analizar, entre outros temas, o estado de conservación dos humidais galegos. Falamos con Pablo Ramil, secretario d...

Que achegan os pequenos ríos ás rías galegas? 29.01.2018

O investigador Miguel Anxo Álvarez da Universidade de Vigo quixo dar resposta a esta pregunta a través da súa tese. Para iso estudou as achegas de orixe natural e antropoxénicas de 9 ríos a 6 das nosas rías galegas. Se queres coñecer os resultados, escoita este espazo.

Boletín informativo ambiental 26/01/18 26.01.2018

Se queres coñecer a actualidade ambiental de Galiza este é o teu espazo. Escoita Radio Cerna!

A ILP polo Bosque Autóctono chega a Lugo 24.01.2018

A Iniciativa Lexislativa Popular na Defensa do Bosque Autóctono e contra os incendios forestais foi presentada onte en Lugo polas súas entidades promotoras: Cousa de Raíces e a Alianza por un rural galego vivo, entre as que suman máis de 60 colectivos de todo o país. Entre as propostas normativas desta ILP figuran a posta en valor do bosque galego, a moratoria ao eucalipto, a loita contra os incen...

Porriño e Mos, sen plan para descontaminar os seus solos de lindan 22.01.2018

O lindano é un pesticida contaminante e canceríxeno. Tras 40 anos desde que esta substancia fose prohibida para uso agrícola, permanece acumulado nunha importante superficie dos concellos de Mos e Porriño, nalgunhas zonas debaixo de vivendas, parques infantís ou residencias de maiores. Malia que a finais dos anos 90 houbo un intento de descontaminación nunha área concreta do Porriño, o problema no...

Boletín informativo ambiental 19/01/18 19.01.2018

Escoita e coñece a actualidade galega no eido ambiental e ecoloxista!

ADEGA recibe a insignia de ouro de Ferrol 17.01.2018

A cidade de Ferrol vén de outorgar a súa insignia de ouro a ADEGA pola súa traxectoria na defensa ecolóxica de Galiza durante máis de 40 anos. Achegámonos neste espazo ao traballo que desenvolveu e que aínda está a desenvolver o colectivo ecoloxista ADEGA na comarca de Ferrolterra-Trasancos.

O whisky irlandés ten sabor a carballo galego 15.01.2018

O carballo galego é o máis cobizado polas destilarías irlandesas para almacenar o seu whisky. Proba disto é o convenio que nos últimos anos manteñen Irish Destillers co grupo de investigación Biomodem, do Campus Terra de Lugo, para procurar carballeiras galegas con certificación forestal e aptas para o uso toneleiro. Radio Cerna dá conta desta experiencia, que está a desmontar varios mitos sobre o...

Boletín informativo ambiental 12/01/18 12.01.2018

Neste espazo recollemos as novas ambientais máis sobresaíntes da última semana en Galiza. Escoita o resumo informativo ambiental de Radio Cerna!

Stop Velutina: A loita non é pola convivencia, é pola supervivencia 10.01.2018

A plataforma Stop Velutina, a través de todos os grupos parlamentarios da oposición, presentou unha proposición non de lei para instar a Xunta a tomar medidas máis efectivas contra a avespa velutina. Porén, a proposta non saiu adiante polos votos en contra do PP, partido maioritario na Cámara. Stop Velutina advirte que da eficacia das medidas a tomar depende a supervivencia do sector apícola en Ga...

Pladever: O transvase do río Verdugo incumpriría o caudal ecolóxico 08.01.2018

Pladever, a plataforma na defensa do Río Verdugo, rexorde para reivindicar un cambio de modelo de xestión de auga e unha planficación de cara á eficiencia e ao aforro de auga na comarca de Vigo. Nunha recente mobilización que acabou no encoro de Eiras, centos de persoas reclamaron de novo a retirada do proxecto de transvasamento do río Verdugo ao encoro que abastece de auga á poboación da comarca...

Boletín informativo ambiental 05/01/2018 05.01.2018

Coñece con Radio Cerna as novas máis destacadas desta semana na actualidade sobre o medio ambiente e a ecoloxía galega.

O medio ambiente en Galiza durante 2017 03.01.2018

Neste espazo resaltamos os temas ambientais e do eido ecoloxista que máis resalte tiveron durante todo o ano pasado 2017 e que ademais foron tratados por Radio Cerna. Non o perdas!

Boletín informativo ambiental 29/12/17 29.12.2017

Compartimos contigo o derradeiro boletín informativo ambiental do ano 2017, convidándote a continuar escoitándonos durante 2018. Feliz Aninovo!

ADEGA: Improsivar ante a seca non é a solución 27.12.2017

Enxería sen Fronteiras organizou a pasada semana unhas xornadas sobre a seca para avaliar a problemática desde o punto de vista técnico e definir as mellores solucións. No Econtro, ADEGA deu conta da improvisación coa que están a actuar as distintas administracións e a falta dunha previa dunha planificación que axudase a aforrar auga ou a consumila con maior eficiencia, tanto polos concellos, como...

Boletín informativo ambiental 22/12/17 22.12.2017

Repasa con nós a actualidade ambiental de Galiza. Preme e escoita!

Eucaliptización e lumes en Portugal 20.12.2017

No I Encontro galego-portugués fronte eucaliptización e lumes forestais participaron Miguel Reis, representante da asociación ecoloxista Quercus, e Aníbal Quinta, presidente da Associação de moradores de Casal de São Simão (Figueiró dos Vinhos). Ambos os dous explicaron en que estado está a floresta de Portugal, especialmente, do Norte e cal debería ser a estratexia para enfrontarse dunha vez por...

Por que o NON á expansión do eucalipto? 18.12.2017

A comezos de mes tiveron lugar en Salceda de Caselas as I Xornadas galego-portuguesas fronte a eucaliptización e os lumes forestais, organizadas polos colectivos Treze-Catorze, ADEGA e a rede Cousa de Raíces. No encontro, o biólogo Cosme Damián Romay Cousido deu conta da capacidade de expansión do xénero Eucalyptus en Galiza e norte de Portugal, pero tamén nos puntos quentes de biodiversidade do P...

Boletín informativo ambiental 15/12/17 15.12.2017

Neste espazo de Radio Cerna informámosche da actualidade ambiental de Galiza. Quérela coñecer?

X. Ramón Vidal-Romaní: "O pai dos nosos ríos é o Sil, non o Miño" 13.12.2017

A Univerdidade da Coruña nomeou recentemente como profesor emérito ao xeólogo Xoán Ramón Vidal-Romaní, tamén director do Instituto Universitario de Xeoloxía "Isidro Parga Pondal". Na súa lección derradeira, Vidal-Romaní fixo un repaso a máis de 1.000 millóns de anos da historia de Galiza. A súa traxectoria académica achegou, sobre todo, un maior coñecemento sobre o noso territorio na Era Cuaternar...

Слухайте подкаст Podcast Radio Cerna у Replaio

Радіо та подкасти в одному застосунку - безкоштовно й без реєстрації. Встановіть уже сьогодні та не пропустіть запуск

Завантажити з Google Play

Replaio не є видавцем подкастів; назви шоу, обкладинки та аудіо належать їхнім авторам і поширюються через публічні RSS-канали