Proxecto Neo
Podcast de Proxecto Neo
Proxecto Neo é o resultado da colaboración entre Radio Burela e a área de Innovación Educativa do Instituto Perdouro. Estamos en antena todos os mércores entre as 5 e as 6 da tarde. Pode acompañarnos desde calquera lugar do mundo en Radio BurelaO programa Proxecto Neo ten como protagonistas os neofalantes, as fillas e os fillos adoptivos da nosa terra, especialmente de Burela.
Де слухати?
Подкасти в застосунку Replaio Radio Уже незабаромПодкасти незабаром з'являться в застосунку. Встановіть уже зараз і першими побачте зовсім новий погляд на подкасти
Епізоди
Proxecto Neo, 275.9: António Firmino (prof. de lingua cabo-verdiana); Serafín Parcero (escritor) 23.10.2019 1:02:08
Programa 275. Celebrámolo co profesor cabo-verdiano Antonio Firmino e co escritor galego Serafín Parcero. Ao ritmo do Cabo Verde sabi, dos Diplomáticos (capitaneados nesta ocasión por Manolo Maseda), entramos na conversa co primeiro profesor de lingua cabo-verdiana nun curso celebrado na localidade de Burela. Na segunda parte do programa, o protagonismo foi para o escritor Serafín Parcero, que pre...
Proxecto Neo, 274.9: Dores Fernández Abel (Premio Mendinho); Rodrigo Costoya (escritor); Antón Niñe (ensaísta) 16.10.2019 51:37
Dores Fernández Abel é a profesora do ensino medio galego con maior volume de alumnado na materia de Lingua Portuguesa. Con ela falamos do momento en que comezou esta experiencia didáctica (2012) e da evolución posterior. Foi con motivo do Premio Mendinho, que recoñece o seu extraordinario exercicio docente.
Proxecto Neo, 273.9: Pilar Sampedro (F. Neira Vilas); Armando Requeixo (Museo Cunqueiro); Lupe Blanco (Enreguéifate) 09.10.2019 1:02:02
A profesora Pilar Sampedro, en representación da Fundación Neira Vilas, falounos de "Co pai" (Ed. Galaxia), nova obra de publicación póstuma do escritor de Gres. Aproveitamos para divulgar a súa presentación no café A Sacabeira, de Sargadelos. Despois da "Derradeira elexía a Manuel Antonio", musicada por César Morám, o protagonista da conversa foi o profesor Armando Requeixo, que nos presentou o p...
Proxecto Neo, 272.9: Carme Vilariño (AS-PG); Chusé Raúl Usón; Antonio Ben 02.10.2019 59:34
A profesora Carme Vilariño presentounos as bases do XVIII Certame "Tíralle da Lingua". Aproveitamos tamén para divulgar a convocatoria da nova edición do certame de Curtas ASPG e para dar a coñecer a iniciativa 70minutos.com, da que aínda falaremos máis nos próximos programas. Desde Aragón, o escritor e editor Chusé Raúl Usón fíxonos unha radiografía da situación xeral da lingua aragonesa e inmedi...
Proxecto Neo, 271.9: Conchi Pernas (Fondo Galego); Anxos Sobriño; Natalia Monje (Ecos do Sur); Milagrosa Ferrero (UNED) 25.09.2019 1:00:45
O programa 271 comezou con dúas crónicas. A primeira foi de Conchi Pernas Díaz, Técnica de Atención á Inmigración do Concello de Burela, que nos resumiu o elenco de actividades desenvolvidas polo economista mozambicano Onofre Muianga en varios concellos galegos como resultado da iniciativa do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. A protagonista da segunda crónica foi Anxos Sobriño, presiden...
Proxecto Neo, 270.9: Andrea G. Corzo (Fondo Galego); Onofre Muianga; Manuel Fuentes (Deputación da Coruña) 18.09.2019 1:04:15
A 9ª etapa comezou cun programa especial dedicado á cooperación e solidariedade internacional. A primeira entrevistada foi Andrea G. Corzo, do Fondo Galego, entidade promotora do programa "Vacacións con traballo". Un dos participantes nese programa é o mozambicano Onofre Muianga, que iniciou en Burela un período de formación que o levará durante un mes por catro concellos galegos: o citado Burela,...
Proxecto Neo, 269.8: Alba Fdez (A Sacabeira-Sargadelos); Brais Costas Fragueiro; José Martínez-Romero; Adela Figueroa 26.06.2019 1:02:21
Alba Fernández presentounos o Café Cultural A Sacabeira, situado na zona das vellas fábricas de Sargadelos. Falounos da decoración e do programa de actividades culturais entre as que están as exposicións de pintura e fotografía, as presentacións de libros e os espectáculos de música e teatro. Neste programa tamén coñecemos o estudante Brais Costas Fragueiro, que alcanzou a máxima cualificación (13...
Proxecto Neo, 268.8: Gabriela Pedre Lastra; Irene Basanta Díaz; Miruca Parga; Territorio Verde 19.06.2019 59:16
Programa en que se fala e se canta regueifas. Programa en que se fala de premios gañados por traballos sobre a obra da escritora Antía Yáñez. Programa de homenaxe aos 25 anos da revista Maruxía. Todo isto e aínda máis, como por exemplo a iniciativa de Territorio Verde.
Proxecto Neo, 267.8: Cándido Cosme Pichel; O salto e Sotaques; Vítor Lourenço (Casino de Carballo) 12.06.2019 1:03:33
Con Cándido Cosme Pichel, do Restaurante Victoria, de Forcarei, falamos de produtos de proximidade, de gastronomía e tamén de publicidade. A través da entrevista con Elena Martín Lores e Pablo Santiago, coñecemos o xornal O Salto (antes Diagonal) e a serie audiovisual Sotaques. Nos minutos finais falamos con Vítor Lourenço sobre a recuperación social e patrimonial do Casino 1889 de Carballo.
Proxecto Neo, 266.8: Kalee Rose; Lola Tourón; J. M. Iglesias (Carballo Vivo) 06.06.2019 1:00:45
En 2014 Kalee Rose entrou na nosa terra e a nosa terra e a nosa cultura entraron na esencia de Kalee Rose, que mesmo pasou a ser Katuxa. A paisaxe, a gastronomía, as festas, a lingua e a literatura na nazón de Breogán pasaron a estar presentes na súa vida diaria e neste momento participa en seráns e foliadas, toca a gaita e mesmo aprendeu o baile tradicional na escola provincial de danzas da Deput...
Proxecto Neo, 265.8: Carme Pais (Semente-Corunha); Marek Jacek Grzeszczyk; Paco Veiga 29.05.2019 1:03:41
Neofalante nacida e residente na Coruña. Por libre vontade, cando tiña 15 anos, Carme Pais decidiu recuperar a lingua perdida. Conseguiuno. Neste programa coñecémola e falamos da Escola Semente, do grupo de comunicación virtual de neofalantes e tamén das familias que se xuntan nos parques coruñeses para conseguir que as súas crianzas se socialicen no idioma noso. A historia de Marek Jacek Grzeszcz...
Proxecto Neo, 264.8: Miguel Suárez (Eo-Navia); Miguel Anxo Varela; Lidia Pena 22.05.2019 1:04:02
Miguel Suárez, de Boal, casou en Valencia. As súas amizades e parentes recibiron con alegría o convite, que rompeu moldes, porque foi escrito no idioma que o hoxe xornalista aprendeu na infancia. Para nós que mantivese con orgullo a súa identidade nun acto de tanta transcendencia resultounos moi chamativo e por iso quixemos falar con el. Mereceu moito a pena. Con toda a enerxía positiva recollida...
Proxecto Neo, 263.8: Especial Paco Rivas 15.05.2019 1:05:44
Paco Rivas é un escritor da Xeración dos '80 que comezou a publicar obra literaria no tránsito entre os séculos XX e XXI. Dado que naceu un día 17 de maio e dado tamén que acaba de publicar unha nova obra narrativa (O paraugas na raiola e outros relatos), decidimos dedicarlle un programa monográfico. Primeiro fixemos unha aproximación biográfica e despois centrámonos nas súas obras de investigació...
Proxecto Neo, 262.- Fran Bouso (Mondoñedo é Poesía); Ugia Pedreira (Comuna del Barruzo); Iria Moscoso (Foliada de Cervo) 08.05.2019 1:02:00
O profesor Fran Bouso fíxonos crónica do encontro literario Mondoñedo é Poesía, integrado dentro do programa da festividade das Quendas. Ademais da festa dos maios, en homenaxe ao Pallarego, houbo recitais de escritores e escritoras novos e unha grande velada literaria no Auditorio Pascual Veiga coa participación de Martiño Maseda, Alberte Momán e Antón Reixa. Amenizaron con música Lino Rico e a B...
Proxecto Neo, 261.8: Antonio Vidueiro; Santiago Barrio; Xosé María Leal Bóveda 24.04.2019 1:03:27
Abrimos o programa cunha demorada conversa co profesor Antonio Vidueiro para falarmos de diferentes temáticas relacionadas coa educación. Ademais de nos comentar a súa experiencia en léxico e territorio, o entrevistado falounos do xogo popular dos bolos celtas. Na segunda entrevista tivemos o pracer de conversar cun estudante de Filoloxía Románica na USC, Santiago Barrios, fillo de alsaciana e ber...
Proxecto Neo, 260.8: Carlos Santiago (Volta e Dálle); IES Punta Candieira (Cedeira); Pilar Vázquez 10.04.2019 1:01:18
O actor e dramaturgo Carlos Santiago, de familia picheleira 100% desde varias xeracións atrás, foi educado nunha lingua diferente daquela que recibiran os seus devanceiros. E, como é habitual na nosa terra, esa ruptura consolidouse nas diferentes escolas en que estudou. Casos excepcionais, como o do profesor Xabier Ferreiro, no Instituto Peleteiro, axudáronlle decisivamente a abrir a porta á recup...
Proxecto Neo, 259.8: Fernando Redondo Neira; Miguelanxo Lar; Pepe Penabade 03.04.2019 1:01:17
Fernando Redondo Neira, profesor na Faculdade de Ciencias da Comunicación da Universidade é o novo presidente da Fundación Neira Vilas. En Proxecto Neo quixemos transmitirlle os parabéns e quixemos coñecer cal é a súa idea de sobre o futuro da entidade que dirixe. Con Miguelanxo Lar falamos da Fundación Novoneira e tamén do filme Soidi, da súa autoría, centrado na situación lingüística do Val de X...
Proxecto Neo, 258.8: Antón Lopo; Matías Nicieza; Lydia Botana 27.03.2019 1:02:09
Continuamos facendo comunicación a través das ondas co apoio das redes sociais. Desta vez o primeiro tema tratado o Festival de Poesía "Alguén que respira", organizado pola Concellaría de Cultura de Santiago de Compostela. Tivemos un cronista excepcional: o escritor e xornalista, Antón Lopo, integrante da Comisión Organizadora. A Masa Coral Modelo Burela quixo transmitir os parabéns a Matías Nicie...
Proxecto Neo, 257.8: Lidia Pena; César Camoira Vega; Xabier Loureiro Duarte 20.03.2019 1:00:42
"Alguén que respira" é o título do Encontro de Poesía organizado en Santiago de Compostela. Nós coñecemos a convocatoria grazas á atenta mensaxe que nos enviou Alexandre Fernández Peón, do comité organizador. Das Mullerazas soubemos a través da intervención de Lidia Pena, da Semente de Trasancos. Agora estamos á espera do momento en que teñamos disponibilidade para ver este espectáculo teatral par...
Proxecto Neo, 256.8: María G. Jartín; alumnado XESTIÓN ADMINISTRATIVA; Xosé Lastra Muruais (NOVA ESCOLA); VOLANDO BOYS 13.03.2019 1:03:19
Recibimos a visita da profesora María G. Jartín, acompañada do alumnado do Ciclo Medio de Formación Profesional da área de Xestión Administrativa. A través das súas palabras, coñecemos os contidos do ciclo e as posíbeis saídas laborais. O profesor Xosé Lastra Muruais presentounos as resolución da 35ª Asemblea de Nova Escola Galega. A entidade pedagóxica de referencia na nosa terra consensuou un re...
Proxecto Neo, 255.8: Christian Salles; Lucía C. Pan; María Vázquez; Noé F. Quelle 06.03.2019 1:03:01
Christian da Silva Salles. Brasileiro. Economista e historiador. No século XXI cruzou o Atlántico en viaxe virtual. Destino: a descoberta do berzo do seu propio idioma. No noso programa coñecemos as motivacións, coñecemos os resultados e démolos a coñecer á audiencia. Con Lucía C. Pan e con María Vázquez falamos sobre Trote, a primeira longametraxe de Xacio Baño. Celebramos os Mestre Mateo e celeb...
Proxecto Neo, 254.8: Juan Álvarez ("Os Sibailas"); Mark Wiersma; Anxo González Guerra (www.ogalego.eu) 27.02.2019 1:03:05
Abrimos o programa cunha crónica de Juan Álvarez sobre o concerto de presentación dos Sibailas en Madrid. Falamos do ambiente do concerto, do repertorio e do futuro do grupo. Non esquecemos facer unha descrición do ambiente da foliada celebrada posteriormente ao concerto. Co californiano Mark Wiersman comezamos a falar sobre o seu paso pola Universidade de Granada, a cidade en que estudou Teoría d...
Proxecto Neo, 253.8: Silvia Sancho; Oscar de Souto (Faros, Radio Roncudo); Juan Álvarez de Toledo (Sibailas) 20.02.2019 1:03:29
Silvia Sancho Gómez (Pontevedra, 1990). Graduada en Belas Artes en Salamanca. Pasou 4 anos en Xapón cunha bolsa do Ministerio de Educación, Cultura, Ciencias e Deportes nipón para promocionar a Cultura Galega a través do Manga na Uni Politécnica de Tokyo. Actualmente vive en Vigo e profundiza na Cultura Galega para a dar coñecer a través doutros medios de expresión artística e incluíndo outras lin...
Proxecto Neo, 252.8: Ana Pérez (TVG); Milagros Muíña 13.02.2019 1:00:28
Quen #DefendeAGalega fai exactamente o que ten que facer. Por sentido da responsabilidade. Por iso nós quixemos falar con Ana Pérez, unha xornalista con máis de vinte anos de experiencia na Televisión de Galicia. Foi a nosa maneira de celebrar o Día Internacional da Radio. Ao mesmo tempo, coñecemos as reivindicacións dos #Venres negros. Na segunda parte do programa puxémonos en contacto coa profes...
Proxecto Neo, 251.8: Fernando G. Jácome (Sólo Voces); Teresa Rodríguez (Inclusión Educativa Modelo Burela); Xoana Veiga 06.02.2019 59:46
No programa 251.8 coñecemos o Grupo Vocal Sólo Voces, a través das palabras do seu director Fernando Gómez Jácome. Falamos da fundación da agrupación musical, do labor do Padre Castiñeira, das actuacións máis relevantes, do repertorio e mesmo tivemos a fortuna de que o Maestro Jácome nos fixese tres suxestións de grandes pezas da música culta galega. Na segunda parte do programa falamos coa profes...
Схожі подкасти
Replaio не є видавцем подкастів; назви шоу, обкладинки та аудіо належать їхнім авторам і поширюються через публічні RSS-канали