uk

Bibcoruna

Lemos para ti

Arts GL ↓ Епізодів: 97

Co obxectivo de acompañar a través da voz e achegar lecturas á cidadanía, desde as Bibliotecas Municipais da Coruña poñemos en marcha a proposta "Lemos para ti".Desde este programa, compartiremos lecturas en voz alta de textos breves e/ou fragmentos de obras de distintos xéneros, desde novela e relato breve ata poesía. Máis info:https://bibliosons.wordpress.com/2020/04/23/lemos-para-ti-lectura-en-voz-alta-para-adultos/

Обов'язково відвідайте сайт подкасту та підтримайте його автора: www.ivoox.com

Автор

Bibcoruna

Категорія

Arts

Сайт подкасту

www.ivoox.com

Останній епізод

4 лис 2024

Де слухати?

Подкасти в застосунку Replaio Radio Уже незабаром

Подкасти незабаром з'являться в застосунку. Встановіть уже зараз і першими побачте зовсім новий погляд на подкасти

Завантажити з Google Play Встановіть безкоштовно Android майже 10 млн завантажень · рейтинг 4,8 iOS незабаром

Епізоди

Lemos para ti: "Hombre preso que mira a su hijo" 11.06.2020

Lectura do poema "Hombre preso que mira a su hijo", do novelista, poeta, dramaturgo e crítico uruguaio pertencente á Xeración do 45, Mario Benedetti (Paso de los Toros, 1920 - Montevideo, 2009).

Lemos para ti: "A ira dos mansos" 09.06.2020

Fragmento de lectura da novela “A ira dos mansos” do escritor e médico vigués Manuel Esteban (1971). A obra, galardoada co Premio Xerais de Novela no ano 2016, enmárcase dentro do xénero de novela negra, cun claro enfoque social e crítico que nos convida á reflexión e á superación de prexuízos.

Lemos para ti: "Bibliópatas e fobólogos" 04.06.2020

Fragmento de lectura do relato "A casa tomada", incluído no libro "Bibliópatas e fobólogos" da escritora coruñesa Emma Pedreira (1978). Unha obra publicada na Editorial Galaxia e galardonada co Premio da Crítica Española de Narrativa Galega no ano 2017.

Lemos para ti: "Diáspora do amor balea" 02.06.2020

Lectura do poema “Fotosíntese”, incluído no libro “Diáspora do amor balea” de Andrea Nunes Brións (Marín, 1984) e María Rosendo Priego (Vigo, 1984). Esta obra, publicada na editorial Caldeirón no ano 2018 foi gañadora do XII Premio de Poesía Erótica Illa Sisargas (2017).

Lemos para ti: "Contos da Coruña" 28.05.2020

Fragmento de lectura do relato “Saúde e arroutada”, incluído no libro “Contos da Coruña” do músico, cantante, locutor e escritor Xurxo Souto (A Coruña, 1966). A obra, publicada na editorial Xerais, convida aos lectores e lectoras a unha apaixonante viaxe ao fondo da memoria da cidade da Coruña e dos seus barrios.

Lemos para ti: "Un amor pequeño" 26.05.2020

Fragmento de lectura da novela “Un amor pequeño” (Anagrama, 2004) do escritor e director da Escola Contemporánea de Humanidades Alejandro Gándara (Santander, 1957). Unha obra sobre a natureza do amor nunha sociedade gobernada polo diñeiro e a ditadura do presente.

Lemos para ti: "O que non sabías" 21.05.2020

Fragmento da lectura da novela "O que non sabías" da autora tinerfeña Elba Pedrosa (Santa Cruz de Tenerife, 1973). Esta novela, de corte intimista, é unha novidade do mes de marzo da colección Narrativa da Editorial Xerais.

Lemos para ti: "Non hai noite tan longa" 19.05.2020

Fragamento de lectura da novela de Agustín Fernández Paz (Vilalba, 1947 - Vigo, 2016), "Non hai noite tan longa". Obra publicada pola editorial Xerais no ano 2011 e recoñecida cos seguintes galardóns: Premio Redelibros ao mellor libro de ficción, Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de narrativa para adultos, Premio Irmandade do Libro ao mellor libro galego do ano 2011, Premio Ánxel Casal a...

Lemos para ti: "Cartas a Lelo" 16.05.2020

Fragmento de lectura da novela "Cartas a Lelo" de Xosé Neira Vilas (Vila de Cruces, Pontevedra, 1928 - Gres, 2015), publicada orixinalmente en Edicións do Castro en 1971. Neira Vilas foi recoñecido co Premio da Crítica Galega e é o autor da novela máis traducida e máis vendida da literatura galega: "Memorias dun neno labrego".

Lemos para ti: "A filla da patrona" 16.05.2020

Fragmento de lectura da novela "A filla da patrona", de Xoan Xesús González, mestre, xornalista, avogado, escritor e político galego nado en Sebil (Cequeril, Cuntis) no ano 1895 e finado en Santiago de Compostela no ano 1936.

Lemos para ti: "Agarda longa ao sol" 15.05.2020

Lectura do relato breve "Agarda longa ao sol", recollido no libro "Vento ferido" do escritor ourensán Carlos Casares (Ourense, 1941 - Nigrán, 2002). A obra inclúe un total de doce relatos breves e foi publicada inicialmente no ano 1967 pola Editorial Galaxia.

Lemos para ti: "Elexías a Lola" 15.05.2020

Lectura dun fragmento do poemario "ELexías a Lola" da autora galega Xohana Torres Fernández. Poeta, dramaturga e escritora, Xohana é unha referencia obrigada na historia da literatura galega da segunda metade do século XX, recoñecida co Premio da Crítica, en 1980, polo poemario "Estacións ao mar".

Lemos para ti: "Remexido de patacas" 14.05.2020

Fragmento de lectura da novela de corte social "Remexido de patacas" da polifacética autora galega Eli Ríos (Londres, 1976). A obra, gañadora do XL Premio Modesto R. Figueiredo, foi publicada pola editorial Baía no ano 2019.

Lemos para ti: "O pirata Moitabarba" 13.05.2020

Lectura da historia de transmisión oral "O pirata Moitabarba" recollida no libro "Contos para nenos que dormen deseguida", de David Pintor (A Coruña, 1975) e Carlos López (Boimorto, A Coruña, 1967), dous humoristas gráficos máis coñecidos por Pinto Chinto. O libro foi publicado na editorial Kalandraka e contén un total de vinte e oito contos breves.

Lemos para ti: "Deitado frente ao mar" 12.05.2020

Lectura de poema "Deitado frente ao mar" do escritor ourensán Celso Emilio Ferreiro (Celanova, 1914 - Vigo, 1979), máxima figura da poesía social e políticamente comprometida coa cultura de Galicia.

Lemos para ti: "Grieih" 11.05.2020

Fragmento do relato "Grieih", incluído na obra "Percival e outras historias" do escritor e político galego Xosé Luís Méndez Ferrín. A obra, dedicada a Ramón Piñeiro e Ramón Otero Pedrayo, foi publicada orixinalmente na colección Illa Nova da Editorial Galaxia no mes de febreiro de 1958.

Lemos para ti: "Ya no" 07.05.2020

Poema escrito en 1958 da poeta, tradutora, crítica literaria, compositora e ensaísta uruguaia Idea Vilariño Romani (Montevideo, 18 agosto 1920 - Montevideo, 28 abril 2009).

Lemos para ti: "Distinto" 05.05.2020

Poema "Distinto" de Juan Ramón Jiménez (Moguer, 1881 - Puerto Rico, 1958).

Lemos para ti: "Cando petan na porta pola noite" 30.04.2020

Epílogo da obra “Cando petan na porta pola noite” (Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 1995), do recoñecido e galardoado escritor e mestre galego Xabier P. Docampo (Rábade, 1946 – A Coruña, 2018).

Lemos para ti: "Yo, Maya Plisétskaya" 28.04.2020

Fragmento da autobiografía da bailarina, mestra e directora Maya Plisétskaya (Moscú, 1925 – Múnich, 2015). Toda unha lenda da danza clásica.

Lemos para ti: "El sueño eterno" 22.04.2020

Fragmento da novela de intriga “El sueño eterno”, do escritor estadounidense Raymond Chandler (Chicago, 1888 – California, 1959) e publicada orixinalmente no ano 1939.

Lemos para ti: Válido para unha viaxe 22.04.2020

Fragmento de “Válido para unha viaxe”, do escritor, poeta e intérprete interdisciplinar Pau Gener (Sant Celoni, 1977). Traducido ao galego por Brais Estévez Vilariño e publicado en Estaleiro Editora.

Слухайте подкаст Lemos para ti у Replaio

Радіо та подкасти в одному застосунку - безкоштовно й без реєстрації. Встановіть уже сьогодні та не пропустіть запуск

Завантажити з Google Play

Replaio не є видавцем подкастів; назви шоу, обкладинки та аудіо належать їхнім авторам і поширюються через публічні RSS-канали