Bibcoruna
Lemos para ti
Co obxectivo de acompañar a través da voz e achegar lecturas á cidadanía, desde as Bibliotecas Municipais da Coruña poñemos en marcha a proposta "Lemos para ti".Desde este programa, compartiremos lecturas en voz alta de textos breves e/ou fragmentos de obras de distintos xéneros, desde novela e relato breve ata poesía. Máis info:https://bibliosons.wordpress.com/2020/04/23/lemos-para-ti-lectura-en-voz-alta-para-adultos/
Обов'язково відвідайте сайт подкасту та підтримайте його автора: www.ivoox.com
Де слухати?
Подкасти в застосунку Replaio Radio Уже незабаромПодкасти незабаром з'являться в застосунку. Встановіть уже зараз і першими побачте зовсім новий погляд на подкасти
Епізоди
Lemos para ti: "O último barco" 25.08.2020 2:53
Fragmento de lectura da obra “O último barco” do recoñecido escritor Domingo Villar (Vigo, 1971). Publicada na Editorial Galaxia no ano 2019, esta novela de intriga presenta un novo caso do inspector de policía Leo Caldas, personaxe protagonista das obras que a preceden: “Ollos de auga” (Galaxia, 2006) e “A praia dos afogados” (Galaxia, 2009).
Lemos para ti: "Las medias rojas" 20.08.2020 6:08
Lectura do relato breve “Las medias rojas” da prolífica escritora, periodista e catedrática Emilia Pardo-Bazán (Coruña, 1851 – Madrid, 1921), considerada unha das mellores novelistas da historia da literatura española. Este conto -escrito por Pardo-Bazán en 1904 coa violencia, o abuso e o sometemento forzado da muller como temas principais- está incluído na obra “Mujeres al borde de un ataque de c...
Lemos para ti: "Airiños airiños aires" 18.08.2020 3:55
Lectura do poema “Airiños airiños aires” dunha das figuras referentes da literatura e cultura galegas como é a nosa Rosalía de Castro (Santiago de Compostela, 1837 – Padrón, 1885). Este poema está incluído na súa obra “Cantares gallegos”, publicada orixinalmente o 17 de maio de 1863, data que se toma como referencia para a celebración do Día das Letras Galegas.
Lemos para ti: "Casida de la muchacha dorada" 13.08.2020 2:29
Lectura do poema “Casida de la muchacha dorada” do poeta e dramaturgo Federico García Lorca (Fuentevaqueros, 1898 – Víznar, 1936), un dos escritores españois máis lidos de todos os tempos. Este poema está incluído na obra “12 poemas”, un álbum ilustrado por Gabriel Pacheco e publicado na editorial Kalandraka, galardonado co Premio Fundación Cuatrogatos 2015.
Lemos para ti: "El valle de los avasallados" 11.08.2020 2:42
Fragmento de lectura da primeira novela publicada do escritor e dramaturgo canadense Réjeam Ducharme (Quebec, 1941 – Montreal, 2017): “L'avalée des avalés”, traducida ao castelán baixo o título “El valle de los avasallados”. Publicada orixinalmente en 1966, esta obra recibiu o Prix du Gouverneur General (Canadá) e o Premio Goncourt (Francia).
Lemos para ti: "El eclipse" 06.08.2020 2:28
Lectura do relato breve “El eclipse”, de Augusto Monterroso (Tegucigalpa, 1921 – Ciudad de México, 2003), un dos autores latinoamericanos máis recoñecidos a nivel internacional. Este relato está incluído no libro “Obras completas y otros cuentos”, publicado na editorial Anagrama.
Lemos para ti: "O herdeiro da China" 04.08.2020 3:06
Lectura do relato “O herdeiro da China”, incluído no libro “Merlín e familia i outras historias” dun dos grandes autores da literatura galega, Álvaro Cunqueiro (Mondoñedo, 1911 – Vigo, 1981) ao que se lle dedicaron as Letras Galegas en maio de 1991. A obra foi publicada orixinalmente na Editorial Galaxia no ano 1955.
Lemos para ti: "La loca de la casa" 30.07.2020 3:16
Lectura dun fragmento da novela biográfica “La loca de la casa” da escritora e xornalista Rosa Montero (Madrid, 1951). A obra, publicada na editorial Alfaguara no ano 2003, foi galardoada co Premio Qué Leer 2004 ao mellor libro do ano, co Premio Grinzane Cavour ao mellor libro estranxeiro publicado en Italia no 2005 e Premio Roman Primeur (Francia) no 2006. Máis información no dossier: https://www...
Lemos para ti: "Un amor" 28.07.2020 2:51
Fragmento de lectura da novela da vida cotiá “Un amor” do escritor catalán Alejandro Palomas (Barcelona, 1967). A obra, publicada en Ediciones Destino, foi galardoada co Premio Nadal de Novela no ano 2018.
Lemos para ti: "Amor é unha palabra coma outra calquera " 23.07.2020 2:45
Fragmento de lectura da novela “Amor é unha palabra coma outra calquera” do recoñecido escritor e editor vigués Francisco Castro. A obra, publicada na Editorial Galaxia no ano 2016, combina intriga e suspense e convida ademais á reflexión sobre o concepto do amor a través da vida de Carla, a protagonista da mesma.
Lemos para ti: "A caixiña dos rancores" 21.07.2020 3:29
Lectura dun fragmento de lectura da obra “A caixiña de rancores: (vidas cruzadas)” , do escritor e docente de Lingua e Literatura Galegas no ensino secundario Héctor Cajaraville (Santiago de Compostela, 1974). A novela, publicada na Editorial Xerais, foi galardoada co Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil no ano 2015.
Lemos para ti : "As meigas de Lupa" 16.07.2020 3:44
Fragmento de lectura do libro de literatura infantil e xuvenil "As meigas de Lupa", da recoñecida escritora e xornalista María Solar (Santiago de Compostela, 1970). A obra foi publicada orixinalmente na colección Fóra de Xogo da Editorial Xerais no ano 2012.
Lemos para ti: "O delito de Tomás" 14.07.2020 3:53
Lectura do relato “O delito de Tomás”, incluído no libro de contos “Xente no rodicio” dun dos escritores máis sobranceiros da nosa literatura, Xosé Neira Vilas (Gres, Vila de Cruces, 1928 – Ibídem, 2015). A obra foi inicialmente publicada no ano 1965 na colección Illa Nova da Editorial Galaxia e recolle unha escolma de vinte contos que mesturan desengano, humor e piedade.
Lemos para ti: "El hombre del balcón" 09.07.2020 3:19
Fragmento de lectura da novela de intriga ambientada en Estocolmo “El hombre del balcón”, da escritora e tradutora Maj Sjöwall (1935 – 2020) e do tamén escritor e xornalista sueco Per Wahlöö (1926-1975). Esta obra é a terceira novela da serie negra protagonizada polo detective da policía sueca Martin Beck.
Lemos para ti: "A santa compaña" 07.07.2020 3:39
Lectura dun fragmento do relato “A santa compaña”, de Ramón Otero Pedrayo (Ourense, 1888 – Ibídem 1976), unha das grandes figuras da literatura galega que formou parte da Xeración ou Grupo Nós. Este relato está incluído na “Antoloxía de literatura fantástica en lingua galega” publicada na editorial Galaxia no ano 1993, con introdución e selección de Antón Risco.
Lemos para ti: "Danza da lúa en Santiago" 02.07.2020 1:39
Lectura do poema "Danza da lúa en Santiago", incluído na obra "Seis poemas galegos" do poeta e dramaturgo Federico García Lorca (Fuentevaqueros, 1898 – Víznar, 1936). Adscrito á xeración do 27, Lorca é un dos poetas españois máis lidos de todos os tempos.
Lemos para ti: "El corazón perdido" 30.06.2020 5:39
Lectura do relato “El corazón perdido”, incluído na obra “El corazón perdido y otros relatos”, da novelista, xornalista, ensaísta e crítica introdutora do naturalismo en España Emilia Pardo Bazán (A Coruña, 1851 – Madrid, 1921).
Lemos para ti: "Poema inédito de Lucía Aldao" 28.06.2020 0:49
Lectura dun poema inédito da poeta, cantante, guitarrista e guionista coruñesa Lucía Aldao (1982), que traballa profesionalmente na poesía escénica xunto á tamén poeta María Lado. No ano 2018 sae á luz o seu primeiro libro de poemas en solitario “Todo isto antes era noite”, publicado en Apiario.
Lemos para ti: "A Virginia le gustaba Vita" 27.06.2020 4:23
Fragmento de lectura dunha das moitas cartas que intercambiaron a escritora Virginia Woolf e a súa amante, tamén escritora, Vita Sackville-West. Recollidas na novela “A Virginia le gustaba Vita”, que recrea a apaixonada historia de amor entre ambas escritoras pola autora Pilar Bellver (Villacarrillo, Jaén, 1961).
Lemos para ti: "Transmatria" 26.06.2020 2:11
Lectura do poema “A transmatria ficaba nun outeiro”, incluído na obra “Transmatria” de Daniel Asorey (Santiago de Compostela, 1970), escritor e docente de lingua e literatura galega. O poemario, publicado na editorial Xerais, foi galardoado co Premio Johán Carballeira en 2018.
Lemos para ti: "El amor del revés" 25.06.2020 3:16
Fragmento de lectura da novela autobiográfica “El amor del revés” do escritor Luisgé Martín (Madrid, 1962) e publicada na colección "Narrativas hispánicas" da editorial Anagrama no ano 2016. Nesta obra, Luisgé relata a historia da asunción da súa homosexualidade na España de 1977.
Lemos para ti: "Elisa e Marcela" 24.06.2020 2:45
Lectura dun fragmento do prólogo -escrito por Manuel Rivas- da obra "Elisa e Marcela: amigas e amantes" do catedrático de Teoría e Historia da Educación na Universidade da Coruña e escritor, Narciso de Gabriel. Publicada en galego no ano 2019 por Xerais.
Lemos para ti: "Sonetos del amor oscuro" 23.06.2020 4:13
Lectura dos sonetos “El poeta dice la verdad”, “El poeta pide a su amor que le escriba“, “El poeta habla por teléfono con el amor” e “El amor duerme en el pecho del poeta“, incluídos na obra “Sonetos del amor oscuro” do poeta e dramaturgo Federico García Lorca (Fuentevaqueros, 1898 – Víznar, 1936). Adscrito á xeración do 27, Lorca é un dos poetas españois máis lidos de todos os tempos. Os seus son...
Lemos para ti: "Me gusta andar de noche las ciudades desiertas" 18.06.2020 3:45
Lectura do poema “Me gusta andar de noche las ciudades desiertas” da poeta, dramaturga e escritora da xeración do 27, Concha Méndez Cuesta (Madrid, 1898 – México, 1986). Integrante de “Las Sinsombrero”, Concha Méndez foi pioneira na defensa dos dereitos da muller.
Lemos para ti: "La guerra esperada" 16.06.2020 4:18
Lectura do relato “La guerra esperada” do escritor, activista ecoloxista e impulsor da Revista Soberanía Alimentaria, Gustavo Duch Guillot (Barcelona, 1965). Este relato forma parte da obra “Mucha gente pequeña”, publicada en Pol·len Edicions no ano 2013.
Схожі подкасти
Replaio не є видавцем подкастів; назви шоу, обкладинки та аудіо належать їхнім авторам і поширюються через публічні RSS-канали