Radio Valladares
ESPERTA VALLADARES. Resumo semanal
Resumo semanal de ESPERTA VALLADARES, magazine matinal diario.
Де слухати?
Подкасти в застосунку Replaio Radio Уже незабаромПодкасти незабаром з'являться в застосунку. Встановіть уже зараз і першими побачте зовсім новий погляд на подкасти
Епізоди
Do 24 ao 28 xuño 2024 28.06.2024 51:49
Rescatamos para este #resumoesperta a conversa sobre os aguardienteiros, lembranzas de outros tempos.
Do 17 ao 21 xuño 2024 21.06.2024 1:00:42
Para este #resumoesperta rescatamos a conversa coa Senda do Moucho e a lenda do dragón de Ortigueira... que alá arriba teñen a súa propia Coca.
Do 10 ao 14 xuño 2024 14.06.2024 59:27
Resumo dunha semana interesante no #espertavalladares. Recuperamos a conversa con Javi Maneiro sobre o seu novo disco, “Un bonito despertar”, e visita á tenda Vaidhé, no Casco Vello.
Do 3 ao 7 xuño 2024 07.06.2024 1:00:38
Conversas de vagar neste #resumoesperta, a que mantivemos con Juan del Arco e a visita ao local de Magia en la Manga
Do 27 ao 31 maio 2024 31.05.2024 54:55
A lenda da Coca de Redondela neste #resumoesperta.
Do 20 ao 24 maio 2024 24.05.2024 59:58
Neste #resumo coñecemos unha barca moi simpática que andaba nos petróglifos da Borna en Moaña e un chisco de música con mooooitos músicos, Sondeseu.
Do 13 ao 17 maio 2024 16.05.2024 58:55
Un pouco ou moito de mar neste #resumoesperta. Conversa coa Prado Surf Escola e coñeceremos unha nova esponxa descuberta na ría de Arousa.
Do 6 ao 10 maio 2024 10.05.2024 1:00:18
Tour para este #resumoesperta. Visita a expo ‘Colmeiro, a punta seca’ e paseo ata a praza do Abanico, sede da Évame Oroza.
Do 29 abril ao 3 maio 2024 03.05.2024 57:32
Para este #resumoesperta lembramos como era o ocio fai dos séculos. A ópera, da man do libro Melodías e voces esquecidas, un século de escena lírica en Vigo (1832-1931), de Carlos E. Pérez, e os pregos de cordel, dos que falamos cos irmáns Félix e Cástor Castro.
Do 22 ao 26 de abril 2024 26.04.2024 1:00:41
#resumoesperta da semana do Día da Terra. Conversa con Panadería_Desings e con Alfredo López, científico e investigador do CEMMA, que sabe moito das candorcas.
Do 15 ao 19 abril 2024 19.04.2024 59:48
No #resumoesperta coñeceremos que é CRAEGA e a figura de Antonio Rey Soto, o benshi galego, da man do escritor e estudioso Manolo González.
Do 8 ao 12 abril 2024 12.04.2024 1:00:44
Para este #resumoesperta rescatamos a conversa con Francisco Castro, que viu ata a radio co seu disco “O tempo é agora”. E a proposta que a Mancomunidade de Montes de Vigo fíxolles aos rapaces do IES Valadares
Do 1 ao 5 abril 2024 04.04.2024 1:00:06
#resumoesperta complicado, porque gustáronnos moitas das conversas. Quedamos con Alexandre Alonso, que nos falou das raias que viven no Parque Nacional Illas Atlánticas, e daremos unha volta pola cidade con Biking Vigo.
Do 25 ao 27 de marzo 2024 27.03.2024 53:59
Música e libros, un bo #resumo desta semana breve do #espertavalladares. Un repaso polo II Ciclo de Música Antigua e o libro “Bestiario en Pedra. Animais fabulosos na arte medieval galega", de Carlos L. Bernárdez e Xosé R. Mariño Ferro.
Do 18 ao 22 marzo 2024 22.03.2024 1:00:09
Ímonos ao monte! Neste primeiro resumo subimos ao parque forestal de Os Matos e coñeceremos o traballo da Comunidade de Montes de Chandebrito.
Do 7 ao 11 de agosto de 2023 11.08.2023 53:56
Sobre as decisións que podemos tomar para afrontar ao noso xeito a morte aínda que esteamos nun hospital saben, e moito, na Asociación Derecho a Morir Dignamente.
Do 31xullo ao 4 agosto 2023 03.08.2023 58:36
Imos ata Covelo para coñecer este aserradoiro dos Carranos. E ata Sevilla para descubrir a proposta alqvimica da Fundación Alqvimia Musicae.
Do 24 ao 28 de xullo 2023 28.07.2023 59:58
Corno de alicornio e os seus usos máxicos en Galicia e mestres mexicanos no encontro de cerámica de Nigrán no #resumoesperta
Do 17 ao 21 xullo 2023 20.07.2023 1:02:02
Un paseiño con guía pola Riviera francesa daquí, a praia América hai tantos anos. E inda mais atrás no tempo, un baile. A Farsa das Damas e os Galáns de Sta Cristina de Lavadores.
Do 10 ao 14 xullo 2023 14.07.2023 57:39
Que tal un politono á galega? Boroa fíxonos o choio con algúns sacados do seu disco. Ademáis, imos de excavación ó castro de Pereiras.
Do 3 ao 7 xullo 2023 07.07.2023 55:31
Camiños hai moitos… aínda que non todos tan ben organizados como o Camiño do Monxe que nos permite coñecer a Ribeira Sacra ourensá.
Do 26 ao 30 de xuño 2023 30.06.2023 59:18
Un paseiño por Cangas, que hai mooito ambiente teatral nas rúas estes días. E outro por onde queirades cun can de palleiro, que este animaliño adáptase a case todo.
Do 19 ao 23 xuño 2023 23.06.2023 56:56
En Portugal ao mes de xuño se lle coñece como mes dos Santos Populares, e dicir, Santo Antonio, San Xoan e San Pedro… paseo polo Liste, de vagar, para falar deles. E xa que estamos de festas… conversa cun gaiteiro.
Resumo semanal do 12 ao 16 de xuño 16.06.2023 59:00
Plan dominical. Paseade por Vigo, que hai moitas esculturas para contemplar, da man do Instituto de Estudios Vigueses e a Fundación Xoan Piñeiro
Do 5 ao 9 maio 2023 09.06.2023 57:49
Aquí vos vai unha historia de rodaballos. E outra de tiros, a historia dun cine con moito peso na parroquia, Cine Mary.
Схожі подкасти
Replaio не є видавцем подкастів; назви шоу, обкладинки та аудіо належать їхнім авторам і поширюються через публічні RSS-канали