Efervesciencia
Efervesciencia
Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos. Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21 horas. Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades)Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación. Os podcast con numeración corresponden a programas íntegros.. www.efervesciencia.org
Обов'язково відвідайте сайт подкасту та підтримайте його автора: www.ivoox.com
Де слухати?
Подкасти в застосунку Replaio Radio Уже незабаромПодкасти незабаром з'являться в застосунку. Встановіть уже зараз і першими побачте зовсім новий погляд на подкасти
Епізоди
A receita galega do grafeno con furados 21.04.2018 15:22
Hai uns meses o investigador do CIQUS Diego Pena contounos en condicional a posibilidade de crear grafeno nanoporoso. Esta semana puidémolo ver como realidade en na revsita Science. Pena cóntanos hoxe como operou un chisco a serendipia neste achado. 198539
Efer 434 (15-4-18): Neurociencia do peso corporal 15.04.2018 56:13
Coa catedrática de fisioloxía da USC Rosa Señarís coñecemos cal é papel do encéfalo - enconcreto o hipotálamo - no control do peso corporal en humanos. O problema dos quilos de mais ten que ver en como a evolución moldeou o noso cerebro. Tamén coñeceremos a dous grupos de investigación galegos que veñen de ver publicadas as súas investigacións esta mesma semana nas revistas "Science" e "Nature" Co...
Efer 433 (8-1-18): Reanimación nunha planeadora a todo gas 08.04.2018 42:20
Imaxinádevos que saídes pescar cuns amigos pola ría de Arousa nunha lancha. Nun momento dado a un dos excursionistas dálle un infarto ao corazón. Que facemos nesta circunstancia onde cada segundo pode marcar a diferenza entre a vida e a morte logo de chamar ao 1 1 2? Cara onde tirar, cara o porto que estea mais preto ou o que este co vento a favor? Podemos empezar a facer compresións no peito? E s...
Como Mª José Patiño, sen chegar a primeira, gañou os 100 m valos para as mulleres 06.04.2018 22:30
María José Martínez Patiño fainos matinar nos valores do deporte para integrar a todas as persoas independentemente do que merquen os seus cromosomas. Coñecemos a súa loita pola participación das persoas intersexuais no olimpismo. Patiño é investigadora da Universidade de Vigo, asesora científica do Panel de Expertos do Comité Olímpico Internacional e especialista en "Ciencia Política e Deporte" e...
Efer 432 (1-4-18): Se un xogo é bo, pais e fillos xogan xuntos 01.04.2018 57:55
Falamos de xogos enxeñosos creados en Galicia con Irimia Fernández (Brazolinda) e Marcos Alonso (Neukos). Xosé Luis Veiga Goy preséntanos o mundial sub-12 de xadrez que ha ter lugar en Compostela. A petición dun oínte vía Telegram a @efevesciencia Juan Aguilar explica o que é o flato ou punto. María José Martínez Patiño fainos matinar nos valores do deporte para integrar a todas as persoas indepen...
O papel hixiénico [Ciencia para andar por casa] 25.03.2018 9:32
ensas que es 100% dixital? En realidade non non es porque aí está o modesto papel hixiénico. Saberamos da súa historia con Bibiana García Visos.
Desde Londres... Sir John Sulston 25.03.2018 9:02
Temos novo colaborador en Efervesciencia. Juan Picos ha ser o noso correspondente en Londres. Desta volta fálanos do pasamento dun importante científico, o biólogo Sir John Sulston.
Pantallas irrompibles e nanoparticulas antibacterianas con Arturo López Quintela 25.03.2018 27:04
Leite transparente, pantallas irrompibles, agrupacións de átomos que se insiren no ADN, sulfatar con cantidades mínimas... Nos dominios da nanotecnoloxía o tamaño importa, e moito. Agrupacións de menos de 200 átomos compórtanse de xeito diferente o previsto na táboa periódica dos elementos. As agrupacións - clusters - de diferentes número de átomos amosan propiedades moi distintas. De aí que o cat...
Efer 431 (25-3-18): A revolucionaria táboa periódica de tres dimensións 25.03.2018 58:15
Nos dominios da nanotecnoloxía o tamaño importa, e moito. Agrupacións de menos de 200 átomos compórtanse de xeito diferente o previsto na taboa periódica dos elementos. As agrupacións - clusters - de diferentes número de átomos amosan propiedades moi distintas. De aí que o catedrático de química física da USC Arturo López Quintela propoña crear unha táboa periódica en 3 dimensións. Temos novo cola...
Efer 430 (18-3-18): Fontaneiras do cerebro 18.03.2018 55:34
Cando un sumidoiro da casa atóase podemos desentupilo engadindo algún preparado comercial formulado con aluminio en po e sosa. Se a cousa ponse complicada cumprirá botar man dalgún procedemento mecánico. E xustamente cando temos atoada unha arteria cerebral (ictus isquémico) cómpre botar man de técnicas análogas. O problema - ademais da loita contra o reloxo- xurde nun pequeno grupo de doentes nos...
Vortex Concerts, inmersión no planetario [Ciencia e Cinema] 12.03.2018 9:34
Coñecemos os míticos "Vortex Concerts" en planetarios de Jordan Belson da man de Martin Pawley en "Ciencia e Cinema"
O misterio do mundo cuántico [Cambio de Fase] 12.03.2018 9:18
En "Cambio de Fase" Daniel Pizarro preséntanos o comic "El misterio del mundo cuántico" de T. Damour e M.Burniat editado por Norma.
No laboratorio dos océanos do futuro 12.03.2018 25:55
Visitamos o "Future Oceans Lab" na Universidade de Vigo onde estudan como adaptar os sistemas mariños aos impactos previstos do Cambio Climático. Conversamos con Elena Ojea e os membros do seu equipo Alba Aguión e Diego Salgueiro. A única Starting Grant do Consello Europeo de Investigación (ERC) que recaeu sobre unha investigadora galega pertence a Elena Ojea.
O "Human Brain Project" e a política de xénero 11.03.2018 6:02
Joana Magalhaes fálanos da política de xénero "Human Brain Project" da Unión Europea.
Efer 429 (11-3-18): O futuro dos océanos 11.03.2018 55:28
A única Starting Grant do Consello Europeo de Investigación (ERC) que recaeu sobre unha investigadora galega pertence a Elena Ojea. Visitamos o seu "Future Oceans Lab" na Universidade de Vigo onde estudan como adaptar os sistemas mariños aos impactos previstos do Cambio Climático. Conversamos con Elena Ojea e os membros do seu equipo Alba Aguión e Diego Salgueiro. Joana Magalhaes fálanos da políti...
Efer 428 (4-3-18): Un robocop con moito tacto 09.03.2018 55:09
Nesta edición efervescente habemos descubrir como o sentido do tacto é moito mais complexo e importante do que cremos, exploraremos un misterioso obxecto oblongo que invadiu o noso sistema solar, sabermos da gravación dunha película documental sobre o lobo en Galicia, e lembraremos como Domingo Fontán pateou o pais durante 17 anos para elaborar unha malla de triángulos que daría lugar ó seu famoso...
Maniotas: Nin ácido láctico, nin microrroturas 27.02.2018 13:31
Todo o que che contaron sobre as maniotas é falso. Juan Aguilar do Laboratorio de Neurofisioloxia Experimental do Hospital Nacional de Parapléxicos de Toledo explícanos o novo paradigma. A cousa aseméllase a un ascensor petado...
Efer 427 (25-2-18): Unha tarde con Clara Grima 25.02.2018 56:21
Conversamos coa divulgadora e profesora de matemáticas da Universidade de Sevilla Clara Grima sobre grafos, redes sociais, Rosalind Franklin, vacinas, divulgación e teatro. Esta semana o Grupo Interdisciplinario de Bioestatística da Universidade de Santiago organizou unha reunión científica sobre Modelado Conxunto de Datos Lonxitudinais e de Supervivencia. Grazas a esta técnica estatística é posib...
Rosalía e Jules Verne 24.02.2018 3:42
É o poema “A presa Álvaro d´Anido” de Rosalía de Castro unha homenaxe ás “Viaxes Extraordinarias” de Jules Verne? O xornalista Henrique Neira explora esta suxestiva conexión.
Efer 426(18-2-18): Refuxiados conCiencia 18.02.2018 56:46
Achegámonos á xornada “Personas Refuxiadas ConCiencia” organizada polo Consello da Cultura Galega. Kamal Aldalati cóntanos a súa historia como persoa refuxiada e alumno de medicina da USC. Convrsamos con Elena Vázquez Cendón (USC), José Edelstein (USC), Eleuteiroi Toro (Universidade de Trento), Gino Toro, Rania Ali Salman (USC) e Luis Enrique Otero Carvajal (Universidade Complutense de Madrid). É...
Efer 425 (11-2-18): Imos a NOAA, NOAA... 11.02.2018 54:53
Os satélites achegan información moi valiosa para coñecer os nosos océanos. Conversamos con Joaquín Triñanes do Laboratorio de Sistemas da USC e colaborador da NOAA. Todo o que che contaron sobre as maniotas é falso. Juan Aguilar do Laboratorio de Neurofisioloxia Experimental do Hospital Nacional de Parapléxicos de Toledo explícanos o novo paradigma. A cousa aseméllase a un ascensor petado... Con...
En 2018 seguimos a necesitar o Día da Muller e a Nena na Ciencia 11.02.2018 13:33
Inauguramos sección de dedicada á Muller na Ciencia da man de Joana Magalhães falando da celebración do "11 de febreiro" con Gloria Brea.
Efer 423 (28-1-18): Para que valen as patentes? 07.02.2018 57:55
Na presentación do programa 423 falamos da relación que teñen coa xordeira os personaxes das Aventuras de Tintín. Montserrat Camiña da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC cóntanos todo o que sempre quixemos saber sobre as patentes: que se pode patentar? As patentes son secretas? É diferente en cada país? Quen se leva os dereitos de explotación? Andreu Climent preséntanos a i...
Tornasol, Castafiore e a xordeira 07.02.2018 5:10
Na presentación do programa 423 falamos da relación que teñen coa xordeira os personaxes das Aventuras de Tintín.
Signos astronómicos para xordos [Guía do Ceo] 07.02.2018 24:09
Guía do Ceo con Irene Baspino e Martin Pawley na que adiantamos as efemérides astronómicas que nos imos atopar ao longo do 2018. Tamén falamos do vocabulario de termos astronómicos en Linguaxe de Signos Internacional que esta a realizar a Unión Astronómica Internacional. Recomendamos tanto para xordos como oíntes a tradución española do "Diccionario enciclopédico de astronomía en el Lenguaje de Si...
Схожі подкасти
Replaio не є видавцем подкастів; назви шоу, обкладинки та аудіо належать їхнім авторам і поширюються через публічні RSS-канали