Ciencia en feminino
GCiencia
Where to listen?
Podcasts in the app
Replaio Radio →
Coming soon
Podcasts are coming to the app soon - install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Como enfrontar os obstáculos na carreira investigadora 26.03.2026 1:05:23
Ciencia en Feminino é un ciclo de charlas e mesas redondas de GCiencia en colaboración coa Deputación de Pontevedra co gallo do 8M. Esta é a última sesión do programa de 2026: unha mesa redonda sobre os obstáculos aos que a muller científica se ten que enfrontar na carreira investigadora. Participan a enxeñeira Soledad Torres Guijarro, a bióloga Iria Gómez Touriño e a enfermeira Ainara Díaz Geada.
Ciencia en feminino, con Elena Vázquez Abal 19.03.2026 37:50
No terceiro episodio de Ciencia en Feminino, o ciclo de charlas de GCiencia e da Deputación de Pontevedra co gallo do 8M, falamos con Elena Vázquez Abal, matemática e Premio de Divulgación Científica 2024 da Real Academia Galega de Ciencias.
Como derrubar os estereotipos da muller científica: dos contos infantis á IA 12.03.2026 1:05:52
Na segunda sesión de Ciencia en Feminino, abordamos coas científicas Laura Castro, Gloria González e Beatriz Fernández a imaxe social da muller investigadora e os estereotipos que aínda se viven no eido científico, incrementados por tecnoloxías como a intelixencia artificial.
Ciencia en feminino, con África González 05.03.2026 40:58
Arrincamos a nova edición de Ciencia en feminino, o ciclo de GCiencia e da Deputación de Pontevedra co gallo do 8M, da man da inmunóloga África González.
Os estereotipos sobre a muller científica 27.03.2025 1:02:22
A quinta edición de Ciencia en feminino, o ciclo de charlas e mesas redondas de GCiencia en colaboración coa Deputación de Pontevedra co gallo do 8M, chega á súa fin. Celebramos a cuarta e última sesión da man das investigadoras Yasmina Martínez, Marta Castiñeira e Paula Gutiérrez. Con elas falamos do teito de cristal, da dificultade de conciliar a vida familiar e laboral e dos estereotipos que aí...
Ciencia en feminino, con María Loureiro 20.03.2025 39:43
A terceira sesión de Ciencia en feminino conta coa participación da economista e catedrática da Universidade de Santiago María Loureiro. Foi Premio María Josefa Wonenburger en 2024 e a primeira muller do seu eido en entrar na Real Academia Galega das Ciencias en 2022. Un dos seus traballos de maior impacto foi a estimación das perdas económicas e ambientais do Prestige. Falamos con ela da situació...
Como é ser científica no século XXI 13.03.2025 54:16
A segunda entrega do ciclo de charlas e mesas redondas Ciencia en feminino continúa a programación sobre o 8M da Deputación de Pontevedra cun debate no que participan tres científicas galegas. María Tubío, María José Ginzo e Cintia Folgueira expoñerán a súa vivencia sobre ser científicas neste século XXI. En que aspectos avanzamos? Cales quedan por traballar? Nesta ocasión, as investigadoras anali...
Ciencia en feminino, con Mar Capeáns 06.03.2025 38:20
Mar Capéans é física de partículas pola Universidade de Santiago e leva dende 1992 traballando na Organización Europea para a Investigación Nuclear (CERN), onde se especializou na construción de aceleradores de partículas. Dende 2021 forma parte da súa dirección, dado que lidera o Departamento de Enxañaría Civil e do Sitio. Capeáns recíbenos dende Suíza neste primeiro episodio de Ciencia en femini...
Ciencia en feminino, con Begoña Vila 12.04.2024 53:35
Ciencia en feminino, o ciclo de charlas e mesas redondas de Gciencia en colaboración coa Deputación de Pontevedra, chega á súa fin. O cuarto e último episodio da tempada ten como protagonista a astrofísica viguesa Begoña Vila, actualmente na NASA. Dende Washington D.C., a científica galega fai repaso da súa traxectoria profesional nun eido tradicionalmente masculinizado. Tamén fala dos telescopios...
Científicas no estranxeiro 05.04.2024 59:50
Continuamos coa terceira sesión de 'Ciencia en Feminino', onde as científicas galegas Raquel Lama, Cristina Lazcano e Carmen Figueras explican as súas experiencias investigando noutros países.
O emprendemento das mulleres na ciencia 22.03.2024 35:50
Na segunda sesión de 'Ciencia en Feminio 2024' a CEO de Hifas da Terra, Catalina Fernández, explica que a ciencia debe ser “vendible” e beneficiosa para a vida das persoas.
Como nacen as vocacións científicas nas nenas... e as dificultades da carreira investigadora 15.03.2024 56:55
Este é o primeiro episodio da segunda edición de pódcast de Ciencia en feminino, un ciclo de charlas e mesas redondas que organiza Gciencia e a Deputación de Pontevedra co gallo do 8M. Nesta primeira actividade abordaremos o importante que é espertar as vocacións científicas da man de tres investigadoras: a bióloga Alicia L. Bruzos, a enxeñeira aeroespacial Uxía García Luis e a paleobióloga Blanca...
Que nos queda por facer para romper a fenda de xénero? 29.03.2023 56:17
As desigualdades entre homes e mulleres tamén chegan á ciencia. Que se pode facer para romper a coñecida como 'fenda de xénero'? Falamos coas investigadoras galegas Verónica Bolón, Susana Ladra e Ana Belén Crujeiras, que achegan a súa perspectiva como académicas e mulleres.
Ciencia en feminino, con Victoria Lareu 22.03.2023 58:14
A catedrática de Medicina Legal da Universidade de Santiago Victoria Lareu, tamén directora do Instituto de Ciencias Forenses Luis Concheiro, é a terceira convidada a Ciencia en feminino. Este ciclo nace en colaboración coa Deputación de Pontevedra para conmemorar o 8M e darlle visibilidade ás mulleres científicas galegas.
Como espertar a vocación científica entre as nenas? 15.03.2023 58:35
A maioría do alumnado universitario, o 56% do total, son mulleres. Pero esta cifra varía segundo as áreas. Dun 25% en enxeñarías e arquitectura a un 70% en ciencias da saúde. Para reverter esta situación é imprescindible espertar a vocación científica entre as nenas. As claves para facelo daránnolas as investigadoras galegas Ana Freire, Rosa Crujeiras e Vanessa Valdiglesias. Con elas estará a depu...
Ciencia en feminino, con Sonia Villapol 08.03.2023 52:15
A neurocientífica Sonia Villapol, natural da Pastoriza, leva 20 anos emigrada. Co gallo do 8M analiza para GCiencia as diferenzas da investigación en Estados Unidos, onde reside dende hai 13 anos, e as de Galicia. Tamén, cal é a situación da muller na ciencia en cada un dos dous países.
About the podcast
A igualdade tamén é unha cuestión científica. Por iso, co gallo do 8M, Día da Muller, GCiencia organiza o ciclo de entrevistas e mesas redondas "Ciencia en feminino" en colaboración coa Deputación de Pontevedra. Ao logo das catro entregas analizaremos a situación da muller na ciencia, o teito de cristal, as vocacións científicas entre as nenas, a perspectiva de xénero, a maternidade e a conciliación, así como os retos de futuro.
Author
GCiencia
Category
Podcast website
Language
GL
Episodes
16
Latest episode
26 бер 2026
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.