uk

A ferida aberta no 36

A ferida aberta no 36

Society GL ↓ Епізодів: 40

Neste podcast preténdese rescatar a memoria daqueles homes e mulleres perseguidos polo franquismo e que pagaron coas súas propias vidas o seu compromiso co país. En cada capitulo percorreremos Galicia seguindo a pegada deixada polos fascistas desde o alzamento militar de xullo do 1936 e recreamos as experiencias das vítimas a través de documentos históricos e literarios e dos testemuños dos seus familiares e amigos.

Обов'язково відвідайте сайт подкасту та підтримайте його автора: www.ivoox.com

Автор

A ferida aberta no 36

Категорія

Society

Сайт подкасту

www.ivoox.com

Останній епізод

17 вер 2026

Де слухати?

Подкасти в застосунку Replaio Radio Уже незабаром

Подкасти незабаром з'являться в застосунку. Встановіть уже зараз і першими побачте зовсім новий погляд на подкасти

Завантажити з Google Play Встановіть безкоштовно Android майже 10 млн завантажень · рейтинг 4,8 iOS незабаром

Епізоди

CAPÍTULO 14: AS ESTATUAS DO MESTRE MATEO REGRESAN A COMPOSTELA 06.07.2025

Despois de oito anos de litixios, o Tribunal Supremo ordénalle aos Franco que devolvan, ao concello de Santiago, as esculturas do Pórtico da Gloria das que se apropiou o ditador no ano 1954. Unha batalla legal histórica que a sociedade civil gaña despois dun proceso longo e moi doloroso que conclúe cinco anos despois da recuperación de Meirás. No capitulo 14 de 'A ferida aberta no 36' analizamos a...

CAPÍTULO 13: A FERIDA ABERTA NO BARBANZA 29.06.2025

A comarca do Barbanza centra a atención do capítulo 13 de 'A ferida aberta no 36'. Nesta zona e na súa área de influencia instaláronse durante a guerra cinco campos de concentración -un na Pobra, outro en Rianxo, dous en Muros e un en Padrón- que acolleron a internos procedentes da fronte de Asturias e tamén de Cataluña. Naqueles primeiros compases da contenda, 42 cargos políticos foron asasinados...

CAPÍTULO 12: OS CAMPOS DE CONCENTRACIÓN DE CAMPOSANCOS E OIA 16.06.2025

No capítulo 12 de 'A ferida aberta no 36' continuaremos no Baixo Miño; unha comarca que albergou dous campos de concentración durante a guerra: o de Camposancos e o de Oia, que albergaron un total de dez mil presos nos anos nos que estiveron operativos. Coñeceremos as condicións de vida destes campos coa axuda de Xosé Ballesta, José Antonio Uris e Fernando Javier Costas Goberna; falaremos con Inma...

CAPÍTULO 11: A FERIDA ABERTA NO VAL MIÑOR E NO BAIXO MIÑO 02.06.2025

Neste undécimo capítulo propoñémosvos viaxar ata o sur da provincia de Pontevedra, ata as comarcas do Val Miñor e do Baixo Miño, zonas que plantaron cara os sublevados e que foron das últimas en caer tralo golpe militar. A represión foi cruenta nestas áreas. A cifra global de vítimas podería rondar as 650, debido ao elevado volume de detencións e ao movemento de presos que movían a prisión de Tui...

CAPÍTULO 10: BOSQUEXANDO A CASTELAO (II) 16.05.2025

Neste décimo capítulo afondamos no universo Castelao aproveitando o 75 aniversario do seu pasamento. Tentaremos coñecer o significado da súa obra creativa, a súa simboloxía, pero tamén as súas motivacións políticas e que o levaron a converterse no primeiro presidente de Galicia durante o seu exilio na Arxentina. Analizamos o legado artístico e político do rianxeiro coa axuda do presidente da RAG,...

CAPÍTULO 9: BOSQUEXANDO A CASTELAO (I) 12.05.2025

Neste noveno capítulo que estreamos na semana das Letras Galegas traémosvos un monográfico sobre un dos nosos autores máis xigantescos: Castelao. Debuxante, narrador, ensaísta, pintor, dramaturgo e todo un animal político, que comezou a trazar un século atrás a Galicia do século XXI. Coa intención de debullar a obra artística e o pensamento político do rianxeiro, decidimos presentarvos un programa...

CAPÍTULO 8: A FERIDA ABERTA NA CORUÑA 04.05.2025

A cidade de A Coruña non tardou en caer tras o levantamento militar. Os golpistas descabezaron o poder político e iniciaron unha represión brutal en toda a cidade. Un dos capítulos máis tráxicos foi a fuxida frustrada do Portiño. Analizámolo neste capítulo e falaremos do encarceramento de Teresa Alvajar, filla do xornalista e político republicano César Alvajar e da irmandiña e galeguista Amparo Ló...

CAPÍTULO 7: A FERIDA ABERTA EN COMPOSTELA 20.04.2025

Neste sétimo capítulo, 'A ferida aberta no 36' trasládase a Santiago. Á Compostela de Ánxel Casal, á de Camilo Díaz Baliño, á Compostela de Nós. Apenas uns días despois do golpe, os cárceres enchéronse de presos políticos e producíronse os primeiros paseos; como o de Casal ou Díaz Baliño. Nun primeiro momento, os arrestados eran conducidos á Falcona. Trala guerra, habilitouse a prisión de Santa Is...

CAPÍTULO 6: GUERRILLEIROS, ENLACES E FUXIDOS 06.04.2025

Neste sexto capítulo indagamos sobre os grupos de resistencia antifranquista constituídos trala guerra civil; en concreto sobre a Federación de Guerrillas León-Galicia que estivo operando durante os anos 40. Falamos de guerrilleiros, pero tamén das guerrilleiras; das mulleres que lles serviron de enlaces durante anos e que foron duramente castigadas por facelo; e ocuparémonos ademais dos fuxidos,...

CAPÍTULO 5: TRALOS ARAMADOS 23.03.2025

O Goberno encargou ao grupo Histagra da USC a elaboración dun censo estatal de vítimas da guerra civil e o franquismo. Calcúlase que en Galicia a cifra ronda as 5.000; en todo o estado estímanse en 150 mil as vítimas do bando republicano. No capítulo 5 de "A ferida aberta no 36" analizamos coa portavoz da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica, Carmen García Rodeja, o periplo seguido...

CAPITULO 4: SAN SIMÓN, A ILLA DA MEMORIA 08.03.2025

Era coñecida como "a illa da morte"; aquela illa que no pasado servira de mosteiro, de fogar pra nenos orfos e de leprosería, converteuse no 1936 nunha prisión franquista e nun campo de concentraciona onde foron eran conducidos arredor de seis mil presos entre os anos 1936 e 1943. Aínda que algúns aínda o poñan en dúbida, polo menos 500 non conseguiron sobrevivir. Neste capítulo recrearemos o acon...

#8M A FERIDA ABERTA NO 36: ELAS 08.03.2025

Neste 8M, queremos poñer o foco naquelas mulleres que foron executadas, encarceradas, depuradas ou que se viron obrigadas a emprender o camiño do exilio tralo alzamento militar. Moitas delas foron silenciadas e invisibilizadas durante anos, e opacadas polos seus compañeiros. Hoxe, en "A ferida aberta no 36" ELAS son as protagonistas.

CAPÍTULO 3: A FERIDA ABERTA EN CELANOVA 23.02.2025

Durante a guerra civil, o mosteiro de Celanova chegou a albergar ata 1.300 presos. Mentres, arredor de medio cento mulleres foron encerradas no actual edificio dos xulgados. En ocasións, os internos e internas eran sacados de noite e aparecían paseados de mañanciña. Contámolo no capítulo 3 de 'A ferida aberta no 36', onde rescatamos o drama da familia Gómez del Valle a través da neta de María de B...

CAPÍTULO 2: A REPRESIÓN NA COMARCA DE FERROLTERRA 09.02.2025

A comarca de Ferrolterra foi unha das máis castigadas durante a guerra civil. Segundo o historiador, Xosé Manuel Suárez, neses tres anos foron paseadas ou fusiladas 776 persoas e un total de 904 ata a chegada da democracia. Entre a linga listaxe de vítimas da represión figuran o primeiro alcalde republicano de Ferrol, Xaime Quintanilla ,ou o presidente da deputación da Coruña, José López Bouza. Af...

CAPÍTULO 1: A REPRESIÓN DURANTE A GUERRA CIVIL 28.01.2025

Neste primeiro capítulo relatamos as consecuencias que tivo en Galicia o alzamento militar de 1936; sobre todo, entre os creadores e a clase política galega. Algúns morreron fusilados e paseados; outros foron encarcerados e , dos que se salvaron, moitos emprenderon o camiño do exilio. Repasámolo nunha reportaxe. Conversamos tamén con Conchi López, sobre o plan de exhumación de fosas realizado polo...

Слухайте подкаст A ferida aberta no 36 у Replaio

Радіо та подкасти в одному застосунку - безкоштовно й без реєстрації. Встановіть уже сьогодні та не пропустіть запуск

Завантажити з Google Play

Replaio не є видавцем подкастів; назви шоу, обкладинки та аудіо належать їхнім авторам і поширюються через публічні RSS-канали