AGalegaAudio
Todos os podcast | A crónica deportiva
A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades
Podcast'in sitesini ziyaret etmeyi ve yapımcısını desteklemeyi unutma: agalegaaudio.gal
Nereden dinlenir?
Uygulamada podcast'ler Replaio Radio Çok yakındaPodcast'ler çok yakında uygulamaya geliyor. Şimdi yükle ve podcast'lere yepyeni bir bakışı ilk gören sen ol
Bölümler
Visita ao castro de Astérix 25.09.2024 30:57
Manel Cráneo lévanos á aldea de Astérix... ou máis ben ao parque temático que a recrea desde hai 35 anos. Unha oportunidade de pasear entre os personaxes dun dos cómics máis lido do mundo e moi querido en Galicia, onde dispoñemos dos álbums da serie traducidos á nosa lingua.
A pintura que mira 25.09.2024 16:58
“O cadro tamén mira”. Ánxel Huete expón na Coruña obra recente. A Galería Nordés acolle a exposición “A pintura que mira” comisariada por Juan de Nieves
A crónica deportiva 25-09-2024 25.09.2024 30:00
No RC Celta, Claudio Giráldez valora dar descanso a Iago Aspas ante o Atlético de Madrid e fala da sangría defensiva. No RC Deportivo, Dani Barcia feliz co debut na 2ª e confiado na remontada. No Racing C Ferrol, fala o dianteiro Eneko Jáuregui, ex do Córdoba. Lino López, técnico do Uni Ferrol, " se non melloras, empeoras" Aleix Font, xogador do Básquet Coruña, "encantado de debutar...
Hórreos 24.09.2024 30:57
“O hórreo é un sinal de identidade de primeira liña”. Carlos Henrique Fernández Coto, presidente da Rede Internacional Hórrea de Graneiros Elevados Tradicionais. Galicia acolle por vez primeira o seu Encontro Internacional do 27 ao 29 deste mes en A Estrada.
Unha casa onde vivir 24.09.2024 30:57
Dolores Vilavedra comenta o poemario ”Unha casa onde vivir”, de Inma Núñez, a obra gañadora da XXIII edición do premio de poesía Fiz Vergara Vilariño.
A paisaxe interior de Mayte Vieta 24.09.2024 30:57
A paisaxe interior de Mayte Vieta Mónica Maneiro comenta a mostra 'O son do mar' da fotógrafa catalá Mayte Vieta, a mostra coa que o CGAC abre a temporada expositiva.
X Encontro Cultura e Cidadanía 24.09.2024 16:57
Os dereitos culturais e as transformacións na cultura dos últimos dez anos a exame no encontro Cultura e Cidadanía que se desenvolve en Santiago de Compostela 600 profesionais participan no programa do Ministerio de Cultura
A crónica deportiva 24-09-2024 24.09.2024 29:58
Javi Manquillo ten a alta médica e Oscar Mingueza sofre unha elongación muscular que lle vai supor dúas semanas de baixa. Rafael Obrador fala do seu debut no once incial do Dépor e de xogar en Riazor. Lolo Escobar pide paciencia co novo proxecto do CD Lugo. Presentada a Copa Galicia de baloncesto feminino no Porriño.
Cine galego en San Sebastián 23.09.2024 30:57
Falamos con Chelo Loureiro, que presenta dúas curtametraxes da súa produtora de animación Abano. Son "Lola, Lolita, Lolaza" e "Eu vou comigo". Ademais forma parte da produción da película Justicia Artificial, que compite na sección oficial.
Filloas 23.09.2024 30:57
Carlos Crespo tráenos o vigués Filloas , que acaba de publicar un adianto do seu terceiro disco. “22 minutos”. Mestura tecno, pop, punk e electrónica,
A conquista romana do Noroeste, en 3D 23.09.2024 30:57
A conquista romana do Noroeste, en 3D O proxecto Finis Terrae pescuda a conquista romana no Noroeste da Península e utiliza novas metodoloxías para a investigación e a divulgación. Conversamos cos arqueólogos José Manuel Costa-García e Francisco Alonso Toucido.
'Bel canto' e música de cine Video 23.09.2024 30:57
'Bel canto' e música de cine Pablo Sánchez Quinteiro ponnos música de Donizetti, Bruckner e John Williams mentres repasa o calendario de concertos de clásica para os próximos días. Tempada lírica da Coruña, concertos de clásica no OUFF e un repaso pola presenza de músicos galegos en orquestras berlinesas.
Semana de cine de Lugo 23.09.2024 16:57
"En Lugo hai moitísimos cinéfilos que aprenderon cine con nós e agora van cos seus fillos e netos". Comeza a 46 edición da Semana de Cine de Lugo A Semana de Cine proxecta 147 filmes en cinco espazos da cidade.
IRIBARNE 20.09.2024 30:57
IRIBARNE , do Centro Dramático Nacional é-segundo a propia compañía- un intento (irreverente) por comprender como chegamos ata aquí camiñando da man de secundarios imprescindibles da Historia de España. Pero ollo, non é un biopic sobre Manuel Fraga Texto Esther F. Carrodeguas Dirección Xavier Castiñeira
Revoltallo, festival parroquial 20.09.2024 30:52
Visitamos a trixésimo primeira edición do Revoltallo, un festival gratuíto e comunitario que organiza a parroquia viguesa de Valadares. Música de Os Vacalouras, Sun Iou, Silvia Penide ou Cabodano, obradoiros e programación familiar durante toda a fin de semana.
Papóns e Anna Kadabra 20.09.2024 30:52
Papóns e Anna Kadabra Eva Mejuto proponnos hoxe ler Papóns, un álbum ilustrado de Sandra Lodi gañador do premio Alberte Quiñoi. E xa está en galego Anna Kadabra, unha maga rebuldeira creada por Pedro Mañas que se converteu en todo o un fenómeno literario.
PROTO (SN1806) 20.09.2024 17:01
Janet Novás trae ao teatro Rosalía da Coruña PROTO (SN1806). O espectáculo de danza parte das supernovas e reivindica a forza do colectivo a través de tres performers.
A crónica deportiva 20-09-2024 20.09.2024 29:58
No RC Celta, Jailson xa adestra co grupo e pode reaparecer ante o Athletic Club, que ten a seria dúbida de Nico Williams. Última hora do Dépor - Burgos e do Rácing - Albacete. Repasamos as citas galegas da 1ª e 2ª RFEF
Galician Freaky Film Festival 19.09.2024 30:57
Do 20 ao 28 deste mes desenvólvese en Vigo a oitava edición do Galician Freaky Film Festival na Praza Elíptica. Na sección oficial compiten 60 curtametraxes chegadas de 29 países. Conversamos con Juan de Castro, director do festival, que salienta as producións galegas e as homenaxes aos 40 anos de Terminator e Pesadelo en Elm Street. Tamén as dúas décadas da mítica Toxic Percebe.
Estreas recomendadas 19.09.2024 30:57
Moncho Lemos fálanos de dúas estreas de cine español. Puntos Suspensivos, dirixida por David Marqués, é un thriller que combina o mundo da literatura cosuspense psicolóxico Solos en la noche, de Guillermo Rojas. Un grupo de avogados laboralistas agóchase nunha casa cando se produce o golpe de Estado do 23-F.
A crónica deportiva 19-09-2024 19.09.2024 25:46
O RC Celta presentará un resultado económico negativo, pero ten "débeda 0" e boa saúde económica. Analizamos a comparecencia de Marián Mouriño. Yeremay protagonista do día no RC Deportivo. Última hora do Racing Club Ferrol. O dianteiro Bryan Mendoza, que chega con dous partidos de sanción, presentado no CD Lugo.
A cincenta que non quería comer perdices 18.09.2024 30:57
Sarabela Teatro preestrea ‘A cincenta que non quería comer perdices’ no Teatro Principal de Ourense cun pase para escolares. A obra busca desmontar os falsos mitos do amor romántico a partir da historia escrita por Nunila López Salamero con dramaturxia e dirección de Fina Calleja. Falamos con ela e tamén co actor Fernando Calleja da necesidade de rachar cos estereotipos de xénero.
De perfumes, cheiros e recendos 18.09.2024 30:57
Con Raquel C.Pico achegámonos á memoria olfativa do século pasado
O metal submariño de Urko 18.09.2024 29:58
Urko é un trío compostelán de metal que reivindica desde o seu nome o mito do can do mar, e con el, a música subterránea. Acaban de publicar o seu primeiro EP, 'Capítulo I: Retorno do abisal', que presentan en directo en Santiago o 28 de setembro.
Cadros de BD 18.09.2024 29:58
Manel Cráneo explora a relación entre artes visuais, museos e a banda deseñada.
Benzer podcast'ler
Replaio bir podcast yayıncısı değildir; program adları, kapak görselleri ve ses içerikleri yazarlarına aittir ve herkese açık RSS beslemeleri aracılığıyla dağıtılır