AGalegaAudio

Todos os podcast | A crónica deportiva

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades

Podcast'in sitesini ziyaret etmeyi ve yapımcısını desteklemeyi unutma: agalegaaudio.gal

Yazar

AGalegaAudio

Kategori

Sports

Podcast web sitesi

agalegaaudio.gal

Son bölüm

5 Eki 2026

Nereden dinlenir?

Uygulamada podcast'ler Replaio Radio Çok yakında

Podcast'ler çok yakında uygulamaya geliyor. Şimdi yükle ve podcast'lere yepyeni bir bakışı ilk gören sen ol

Google Play'den indir Ücretsiz yükle Android 5 Mn+ indirme · 4,8 puan iOS yakında

Bölümler

A crónica deportiva 02-10-2024 02.10.2024

No RC Celta, Claudio Giráldez e Iago Aspas figuras chave na renovación de Hugo Sotelo. No Rácing Club Ferrol, Carlos Mouriz reprende ao equipo polo mal incio de competición e pide unión e esforzo para saíren dos postos de descenso. O BM Cangas presenta a Omar Sherif, pivote exipcio de 22 anos que procede do Sinfín de Cantabria.

Curtocircuíto 01.10.2024

CURTOCIRCUITO arranca esta tarde en Santiago a súa XXI edición coa proxección do filme de 1916, “Vinte mil leguas de viaxe submarina”. O certame compostelán redobra a súa aposta polo experimental fronte ao cine convencional, máis estancado segundo director do festival, Pela del Álamo

Material de construción 01.10.2024

Dolores Vilavedra comenta Material de construción, de Eider Rodríguez. A relación entre unha filla escritora e o seu pai alcólico. Tradución ao galego de María Ramos

A viaxe artística de Arturo Álvarez 01.10.2024

Mónica Maneiro fala hoxe da mostra 'Arturo Álvarez 30 aniversario', unha retrospectiva que permite percorrer a traxectoria deste deseñador de lámpadas no seu tránsito cara á arte.

A crónica deportiva 01-10-2024 01.10.2024

O RC Celta anuncia a renovación de Hugo Sotelo ata 2028. Luís Carrión, adestrador da UD Las Palmas, marca o partido co RC Celta como o da 1ª victoria da temporada. No Depor, a Iván Barbero non lle sorprende o gran rendemento de Mella e Yeremay. O Ourense CF ficha a Juanma Bravo, centrocampista de 26 anos que procede do AD Alcorcón. "esperaba por algo de 2ª, pero o Ourense CF xa me quixo no ve...

Pena Corneira 30.09.2024

A campaña arqueolóxica no Monumento Natural de Pena Corneira localizou un gran poboado romano e unha necrópole. Pero quizais o máis rechamante son os restos do Calcolítico que poden remontar a ocupación do lugar como mínimo hai 4.000 anos. Pena Corneira ocupa arredor de mil hectáreas entre os concellos de Leiro e Carballeda de Avia. Vituco Neira lévanos ata alí e conversa co arqueólogo que dirixe...

Tomás Porteiro 30.09.2024

Carlos Crespo preséntanos a Tomás Porteiro, un cantante e compositor compostelán que ademais da súa carreira en solitario fai parte de bandas coma Sinestesia e Néboa Pop elegante con sonoridades da tradición americana

OUFF, moito máis que proxeccións 30.09.2024

OUFF, moito máis que proxeccións Conversamos coa actriz Ledicia Sola, que presenta o seu primeiro proxecto como directora no marco do OUFF Lab. 'As augas' é unha longametraxe sobre mulleres de mediana idade que está en proceso de produción. No Festival Internacional de cine de Ourense preséntanse proxectos cinematográficos e tamén se rodan películas, como nos conta Paulino Pérez, coordin...

Dos Túzaros a Urko  30.09.2024

Patty Castro segue presentándonos pioneiros da 'Galiza metálica'. Hoxe fálanos de Túzaros, un grupo de hardcore punk compostelán activo na década dos 90 e nos primeiros anos deste século. Un dos seus integrantes, o arqueólogo Mario César Vila, milita agora na formación de metal Urko, que veñen de publicar o seu primeiro EP.

A crónica deportiva 30-09-2024 30.09.2024

O RC Celta informa sobre os plans para a 2ª fase de ampliación da cidade deportiva de Mos. Analizamos con Raúl Villares a preocupante situación do Rácing Club Ferrol. Doce resaca no Básquet Coruña logo da victoria no debut na ACB co Real Madrid.

A loba branca 27.09.2024

“ A loba Branca fala de vinganza e tamén de redención”. Brais González, compositor e director desta ópera galega. A música está inspirada nun relato de Vicente Risco que discorre no Courel. Ritmos complexos, texturas ambientais e fusión coas músicas de tradición oral e urbanas. Hoxe ás 19h no Principal de Ourense.

Suores de Mel e a Morte Não Terá Domínio 27.09.2024

Afonso Becerra comenta Suores de Mel e a Morte Não Terá Domínio. Un espectáculo dos portugueses NuIsIs ZoBoP que conmemora o cincuenta aniversario da Revolución dos Cravos.

Nace unha Mostra de Teatro en Bergondo 27.09.2024

Nace unha Mostra de Teatro en Bergondo A I Mostra de Teatro no Mosteiro quere ofrecerlle a esta comarca coruñesa unha cita anual co teatro. A Mostra nace do grupo amador local, Catro Gatos, que inaugura o evento o venres 27 de setembro coa súa versión de Río Bravo, o clásico que a compañía Chévere estreou en 1990. Conversamos co director da peza, Tone Martínez, e cun dos integrantes do elenco, Ósc...

Avoas e cogomelos 27.09.2024

Avoas e cogomelos Eva Mejuto abre a temporada de cogomelos co libro Reino Fungi. Mundo entretecido, de Octavia Mosciatti e Loreto Salinas. Tamén lemos Quen precisa unha avoa? de Andrea Barreira Freije.

XXIX OUFF 27.09.2024

O Ouff presenta a versión restaurada do filme Raíces de Carlos Velo. Comeza a 29 edicion do Ourense Film Festival.

A crónica deportiva 27-09-2024 27.09.2024

Doe a derrota do Celta co Atlético de Madrid. Claudio Giráldez :"perder é un castigo duro". Buscamos a última hora do Dépor, que xoga hoxe en Albacete. No Rácing, Cristóbal Parralo recoñece que urxe a primeira vitoria. Regresa David Castro. …………………………

Baiuca na Radio Galega 26.09.2024

“ É o disco de divertirme”. Barullo é o terceiro álbum de estudio de Baiuca, con máis electrónica aínda e ritmos máis rápidos. Está callado de colaboracións e ten por obxectivo é poñer a xente a bailar.

Soy Nevenka e La virgen roja 26.09.2024

Moncho Lemos comenta dúas estreas de cine baseadas en feitos reais. *Soy Nevenka, de Icíar Bollaín, relata a historia da concelleira que denunciou ao alcalde de Ponferrada por acoso. *La virgen roja, de  Paula Ortiz, é outra revisión do caso Hildegart, un dos crimes máis célebres da crónica negra española.

MARÉ, música e diversidade  26.09.2024

Ata o 29 de setembro o festival MARÉ celebra a diversidade con concertos en diferentes espazos de Santiago de Compostela. A Pedreira, Albert Pla, Ana Lua Caiano, Francisco, el Hombre ou Alana son algúns dos artistas que participan neste encontro con músicos de dez países diferentes, que incorpora nesta edición un espazo profesional. Conversamos co coordinador do festival, Quique Costas, e con Sés,...

Bala, O Portughés, Mariagrep 26.09.2024

Tito Lesende repasa a programación do festival Noites do Porto, na Coruña, no que actúan Bala o venres 27 de setembro. Tamén escoitamos cancións novas d'O Portughés e mais de Mariagrep. 

Bulebule 26.09.2024

"Hai unha certa idade na que de repente perdemos o público" Os Náufragos Teatro estrea Bulebule, un espectaculo sobre o TDAH e o valor da diversidade que retoma o ronsel do premiado Hugo. 

A crónica deportiva 26-09-2024 26.09.2024

O Celta busca facer pleno na casa ante o Atlético e Aspas cumprir 500 partidos coa camisola do equipo. Bouldini é baixa no Dépor para viaxar a Albacete. O Coliseum acollerá 9.300 espectadores o domingo na estrea na ACB do Básquet Coruña.

Antes de Nós 25.09.2024

Conversamos coa directora Ángeles Huerta sobre a película “Antes de Nós”, que xira arredor da figura de Castelao e está en plena rodaxe. “Para min un artista excepcional dunha sensibilidade moi elevada” Non é unha biografía convencional, xa que busca entender como era Castelao antes de se converter nunha icona. As cousas así, céntrase en dous momentos fundamentais: o seu labor como médico en Rianx...

Polos camiños de Santiago con Edith Warthon 25.09.2024

Con Raquel C. Pico seguimos as pegadas de Edith Wharton pola Galicia dos anos vinte. Considerada unha das escritoras máis populares da literatura estadounidense contemporánea, a súa novela máis coñecida é ‘A idade da inocencia’  En 1925 e 1928 percorreu o noso país e quedaron testemuñas escritas nun diario e apuntes para un libro. Segundo dixo Galicia ten unha “paisaxe inigualable, a non ser pola...

Inconformistas da música clásica 25.09.2024

Coñecemos a nova temporada da Real Filharmonía de Galicia con Baldur Brönniman e Sabela García-Fonte, director técnico e artístico e directora técnica respectivamente.  Baixo o título 'Inconformistas', a programación pon o foco en compositores que abriron novas vías sonoras. Canda Beethoven ou Berlioz, nomes do noso tempo como Isabel García-Tomás, Premio Nacional da Música en 2022 e comp...

Todos os podcast | A crónica deportiva podcast'ini Replaio'da dinle

Radyo ve podcast'ler tek uygulamada - ücretsiz, kayıt gerektirmez. Bugün yükle ve lansmanı kaçırma

Google Play'den indir

Replaio bir podcast yayıncısı değildir; program adları, kapak görselleri ve ses içerikleri yazarlarına aittir ve herkese açık RSS beslemeleri aracılığıyla dağıtılır