AGalegaAudio

Todos os podcast | A crónica deportiva

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades

Podcast'in sitesini ziyaret etmeyi ve yapımcısını desteklemeyi unutma: agalegaaudio.gal

Yazar

AGalegaAudio

Kategori

Sports

Podcast web sitesi

agalegaaudio.gal

Son bölüm

1 Eki 2026

Nereden dinlenir?

Uygulamada podcast'ler Replaio Radio Çok yakında

Podcast'ler çok yakında uygulamaya geliyor. Şimdi yükle ve podcast'lere yepyeni bir bakışı ilk gören sen ol

Google Play'den indir Ücretsiz yükle Android 5 Mn+ indirme · 4,8 puan iOS yakında

Bölümler

A crónica deportiva 10-04-2025 10.04.2025

No Celta, Marcos Alonso mellor xogador do mes de marzo. Borja Iglesias recoñece na Radio Galega que pensou en deixar o fútbol. No Dépor, Pablo Vázquez, o único que xoga tódolos minutos: "non pensamos no play off". O Rácing merca os terreos para a cidade deportiva en Mandiá, na antiga estación de radio da Armada. 

‘Rafael Úbeda. Visión retrospectiva’ 09.04.2025

A Xunta homenaxea con ‘Rafael Úbeda. Visión retrospectiva’ as máis de sete décadas de creación artística dun imprescindible da cultura galega, que aos 93 anos segue en activo. A exposición componse de 45 pinturas, 5 debuxos e unha peza audiovisual inédita  realizada por Miramemira, e está comisariada por Pilar Corredoira. Ata o 7 de setembro no Gaiás

Ler Jane Austen en galego 09.04.2025

Raquel C. Pico fálanos de Jane Austen, da que este ano se celebra o 250º aniversario do seu nacemento. Case a totalidade da súa obra podemos lela en galego

'Narcisa e os monos voadores' 09.04.2025

A exposición 'Narcisa e os monos voadores', é un proxecto expositivo-colaborativo de investigación emocional, plástica e estética sobre o trastorno narcisista, xestado por Ana Costas para as artistas Ruth Lodeiro, Montse Rego, MX Fernández, Ricardo de Campos, Alma Pérez, Marita Carmona, María Xosé Díaz e Rita Más Ibáñez, coa colaboración de Carlos Villanueva. Vituco Neira fala coa comisa...

'A busca de Muncho' 09.04.2025

Manel Cráneo convida a Tiago Delgado, autor do cómic infantil 'A busca de Muncho', publicado por Antela Editorial

A crónica deportiva 09-04-2025 09.04.2025

Iago Aspas di que é divertido xogar neste Celta. No Dépor, Diego Villares aposta pola renovación de Óscar Gilsanz. No Pontevedra, Edu Sousa fala do previsible e merecido ascenso. No Breo, Darrun Hilliard marcha ao Unics Kazan ruso con compensación económica.

Residencias Artísticas Mariñán 2025 08.04.2025

“Apostamos polo proceso creativo, non polo resultado” A Deputación de A Coruña ten en marcha as Residencias Artísticas Mariñán 2025, con catro proxectos de literatura e pensamento e outros tantos de música. Conversamos coa comisaria destes últimos, Aitana Cuétara e coa artista Ailén Kendelman, que proxecta convertírese en muller orquestra.

'Conta, Sherezade' 08.04.2025

Dolores Vilavedra comenta a última novela de Suso de Toro «Conta, Sherezade», armada arredor da memoria, a escrita e a literatura.

Encontro universitario de danza 08.04.2025

O Teatro Principal de Santiago acolle, entre hoxe e mañá, a 23ª edición do Encontro Universitario de Danza (EUD), que ofrecerá as mellores producións das compañías que impulsan as tres universidades públicas do noso país. Falamos co seu responsable, Juan Carlos Zahera, con Cruz García, unha das danzantes e con Ainhoa Linaza, coreógrafa En maio estarán en Lugo.

'Cando a paisaxe se fixo verba' 08.04.2025

Mónica Maneiro comenta a exposición 'Cando a paisaxe se fixo verba', de Christian Villamide, na galería Néboa de Lugo. Falamos tamén co artista da relación da súa obra coa paisaxe e a natureza.

A crónica deportiva 08-04-2025 08.04.2025

Teresa Portela e Carolina García renuncian ao selectivo para repetir coa selección española de piragüismo Nova derrota do Rácing: 1 a 0 en Elx. No Dépor, sen billetes para Anduva, con capacidade para 5.700 espectadores. A selección española feminina xoga en Balaídos ás 19:00h contra Portugal.

Henrique Monteagudo 07.04.2025

Conversamos co flamante presidente da RAG, Henrique Monteagudo: “Teño que ser optimista e pensar que haberá acordo para un novo decreto do galego”. “Chegar á xente nova é un dos retos máis difíciles”. “Imos sacar unha gramática do século XXI no ano vindeiro”

Sofía Espiñeira 07.04.2025

Carlos Crespo tráenos a Sofía Espiñeira, que acaba de sacar o seu segundo álbum ‘Xeografías’

As citas coa clásica 07.04.2025

A nosa cita quincenal coa música clásica da man de Pablo S. Quinteiro

A crónica deportiva 07-04-2025 07.04.2025

O Deportivo está a 6 puntos do playoff polo ascesnso a primeira. Será quen de chegar? Hai 24 puntos en xogo. Hoxe cita para o Rácing no Martínez Valero de Elx. Fantástico momento deportivo do Celta, con vitorias do primeiro equipo, o Fortuna e o xuvenil en Abegondo.  O Pontevedra pode ascender este domingo se gaña en Salamanca e perde o Numancia.

'Iribarne', a gran vencedora nos María Casares 04.04.2025

Falamos con Xabier Castiñeira, Esther Carrodeguas e Anxo Outumuro da gala dos María Casares, desenvolvida a noite pasada na Coruña. ‘Iribarne’, de ButacaZero fíxose con nove dos doce galardóns aos que aspiraba: Espectáculo, dirección (Xavier Castiñeira), dirección de movemento (Sabela Domínguez), texto orixinal (Esther F. Carrodeguas), actor protagonista (Anxo Outumuro), actriz protagonista (Lida...

A festa do teatro galego 04.04.2025

Afonso Becerra debulla a gala dos María Casares, que este acadou a súa 29 edición

Rap e néboa en Lugo con Diego Flâneur 04.04.2025

A 'nebra pecha' de Uxío Novoneyra titula o primeiro disco de Diego Flâneur, músico lugués de 24 anos. O álbum, de ambientes densos e letras introspectivas, retrata un Lugo invernal e certa desesperanza vital, e conta con colaboracións doutros artistas da nova escena hip hop da cidade.

Novas amizades e croquetas envelenadas 04.04.2025

'Migrantes' e 'Gatlock', no Faro dos libros de Eva Mejuto Migrantes é un álbum ilustrado do chileno Marcelo Simonetti e a ilustradora Maria Girón, publicado por Kalandraka e premiado esta semana pola asociación de librarías italianas ALIR. 'As croquetas envelenadas' é un dos volumes das peripecias do gato detective Gatlock, creado por Sébastien Perez e traducido ao ga...

A crónica deportiva 04-04-2025 04.04.2025

No Celta, Claudio Giráldez defende a Alfon e amósase doído polos ataques o xogador. No Dépor, Óscar Gilsanz pide acelerar cara a primeira división. No Básquet Coruña, Diego Epifanio láiase dos insultos no Coliseum.

'Botando leña' 03.04.2025

“Mover os pés é mover a conciencia”  Botando Leña. Lamatumbá Conversamos con Toño Iglesias e Sergio Zearreta, de Lamatumbá, que estrea nova imaxe, novos temas e nova identidade gráfica, deseñada pola artista Noa Fernández. A formación ourensá abre unha nova etapa coa intención de seguir sendo referencia no panorama musical do noso país. Arrancan xira mañá venres na sala Rebullón, en Mos.

'Sorda' e 'La huella del mal' 03.04.2025

Moncho Lemos comenta dúas estreas para a fin de semana: *’Sorda’, de Eva Libertad. Drama intimista arredor da xordeira *’La huella del mal’, de Manuel Ríos Sanmartín. Baseada na súa novela homónima, é un policial que transcorre en Atapuerca

‘A cidade das artes’ 03.04.2025

O Kiosco Afonso acolle ata o 27 de abril a mostra ‘A cidade das artes’, coa que se conmemora o 175º aniversario da Real Academia Galega de Belas Artes. Confórmana máis de 150 pezas, entre materiais artísticos e históricos, documentos e obras de membros da Real Academia e estudosos das artes do noso país Vituco Neira conversou co académico Fernando Agrasar, comisario da exposición.

Lenny Kravitz 03.04.2025

Tito Lesende repasa a obra de Lenny Kravitz, que actuará o vindeiro día 10 no Coliseum da Coruña.

A crónica deportiva 03-04-2025 03.04.2025

Luis Casimiro renova para a temporada vindeira co Breogán. O Uni Ferrol cae 84-70 na final da Euro Cup feminina. David Mella volve adestrar co Dépor tras recuperarse dos golpes do derbi na Malata. O Liceo xógase en Barcelos entrar na final a catro da liga de campións.

Todos os podcast | A crónica deportiva podcast'ini Replaio'da dinle

Radyo ve podcast'ler tek uygulamada - ücretsiz, kayıt gerektirmez. Bugün yükle ve lansmanı kaçırma

Google Play'den indir

Replaio bir podcast yayıncısı değildir; program adları, kapak görselleri ve ses içerikleri yazarlarına aittir ve herkese açık RSS beslemeleri aracılığıyla dağıtılır