AGalegaAudio
Todos os podcast | A crónica deportiva
A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades
Podcast'in sitesini ziyaret etmeyi ve yapımcısını desteklemeyi unutma: agalegaaudio.gal
Nereden dinlenir?
Uygulamada podcast'ler Replaio Radio Çok yakındaPodcast'ler çok yakında uygulamaya geliyor. Şimdi yükle ve podcast'lere yepyeni bir bakışı ilk gören sen ol
Bölümler
A crónica deportiva 17-04-2025 17.04.2025 28:58
Conducido e presentado por Xoán Galán.
'De lugares e órganos' 16.04.2025 21:06
“Estamos tendo unha resposta fantástica do público” O ciclo ‘De Lugares e Órganos’ chega á súa décima edición. Os órganos das igrexas da Universidade, San Paio, Santa Clara e, por vez primeira, o do convento do Carme, fan parte da programación musical desta Semana Santa en Compostela. Falamos coa súa directora artística, Belén Bermejo, e con Ramón Pérez Sindín, un dos concertistas participantes.
A rosca de Pascua 16.04.2025 6:32
Raquel C. Pico fálanos da rosca de Pascua e dos ovos de chocolate. Dende cando forman parte da nosa tradición gastronómica?
'Cascallos' 16.04.2025 15:07
Sicixia, o novo no metal galego “Cascallos” é o seu traballo de presentación. Nel hai referencias a clásicos como Iron Maiden e Megadeth e tamén a bandas con máis progresivo coma Porcupine, Tool ouDream Theater. O quinteto está formado por Carlos Faye (voces e guitarra), Iria Iglesias (teclados), Marcos López (guitarra), Manuel Carballada (batería) e Manuel Duro (baixo). Con Carlos e Manolo conver...
Alberto Taracido leva a Europa o barrio coruñés de Labañou 16.04.2025 12:24
“A música, a bebida e a comida xogan un papel fundamental nesta homenaxe a Labañou” A BD de Alberto Taracido leva a Europa o barrio coruñés da súa nenez. Debuta como autor completo no mercado francófono narrando unha historia coral onde as rúas da súa infancia son un personaxe máis.
A crónica deportiva 16-04-2025 16.04.2025 29:58
Primeira derrota do FC Barcelona neste ano, antes de recibir ao RC Celta. Ximo Navarro encantado de renovar no Dépor. Chiqui, "tranquilo" antes do partido do ascenso do Pontevedra. O Celta Baloncesto xoga a permanencia na derradeira xornada. Sara Vidal: "xa falamos co Ensino para que nos axuden"
'Rosalía en Fonseca. O xardín da revolución' 15.04.2025 16:56
“En Rosalía hai unha cultura botánica, psiquiátrica...que se anoa coa literatura” Ao abeiro da recén estreada Cátedra Rosalía de Castro, baixo o auspicio do Museo de Historia Natural da USC, e grazas ao financiamento dunha bolsa Leonardo da Fundación BBVA, semella chegada a hora dunha restitución que permita o ingreso simbólico da autora, con honores, na Universidade de Santiago de Compostela. Vit...
'A falsa autónoma' 15.04.2025 10:34
Dolores Vilavedra comenta ‘A falsa autónoma’, o último poemario de Yolanda Castaño. Poesía para poñer o foco na maquinaria insaciable e degradante do capital.
’Cantareiras. Oralidade, creación, transmisión’ 15.04.2025 18:34
“O importante é transmitir”.’Cantareiras. Oralidade, creación, transmisión’ Unha exposición no Museo do Pobo Galego que tece a cadea de transmisión da oralidade, dende as primeiras compilacións ata a democracia, pasando polas recolleitas do Seminario de Estudos Galegos, ata hoxe. A mostra recolle unha selección bibliográfica, na que destacan tres compilacións: o Cantigueiro popular da Limia Baixa,...
‘Técnica(mente) im(perfecta)’ 15.04.2025 8:16
Mónica Maneiro comenta a exposición ‘Técnica(mente) im(perfecta)’, de Amaya González Reyes na Galería Trinta de Santiago Ata o 4 de maio
A crónica deportiva 15-04-2025 15.04.2025 29:58
No Celta, Carl Starfelt sofre unha elongación muscular: de dez a quince días de baixa. No Pontevedra, falamos con Orlando Quintana, que xogou como granate o play off co Ovieu na temporada 2009-10. Agora preside o Laredo de Cantabria, xa descendido. No Rácing, Álvaro Sanz di que deu o máximo que tiña, e non aforrou esforzo ningún
Darío Villanueva lembra a Vargas Llosa 14.04.2025 8:18
“Era unha das persoas máis completas que coñecín” Darío Villanueva lembra a Mario Vargas Llosa, finado onte aos 89 anos.
Galicia Nomeada 14.04.2025 14:27
Galicia Nomeada é unha plataforma colaborativa para a recolleita, xeorreferenciación e difusión da microtoponimia galega e de toda a tradición oral asociada. Busca salvagardar un patrimonio cultural que esmorece e xa conseguiron máis de medio millón de topónimos. Conversamos co seu coordinador, Vicente Feijoo.
As produtoras 14.04.2025 5:57
Carlos Crespo pescuda nas interioridades da produción musical.
Esta Semana Santa reabre a Casa das Peritas 14.04.2025 17:02
A Casa das Peritas reabre na Semana Santa con arte contemporánea e espectáculos na aldea de Mallas, en Fisterra. O sábado farán unha acción colectiva relacionando arte e natureza cos espectadores. Conversamos coa comisaria da exposición 'Corpos', Natasha Lelenco, e con Óscar Aldonza, un dos artistas participantes.
A crónica deportiva 14-04-2025 14.04.2025 30:00
O Pontevedra CF busca encher Pasarón para celebrar o ascenso. A Xunta concédelle a categoría de ’Proxecto de interese autonómico’ á Cidade Deportiva Afouteza de Mos. O RC Celta anuncia o inicio inmediato das obras. O Dépor está a 7 puntos dos play off de ascenso tralo empate co Mirandés.
'Esclavos do baile' 11.04.2025 16:42
“Somos reivindicativos pero sen deixármonos a festa” Xa está en tódalas plataformas ‘Esclavos do baile’, o novo dos muradáns Lisdexia. Conversamos co seu vocalista, Fran Trillo, e tamén escoitamos varios dos temas incluídos no disco O 9 de maio, na Sala Sónar de Santiago, farán a presentación en directo
Dansa València 11.04.2025 9:55
Afonso Becerra está en Dansa València, onde hai unha representación ampla de Galicia.
'Saha' 11.04.2025 17:05
TanDuB publican o seu primeiro álbum, 'Saha' Son un proxecto que fusiona a música tradicional Gnawa (norte de Marrocos- Tánxer) con outros xéneros coma o reggae, o drum&bass ou a electrónica Toño Iglesias (baixo) e Román Puga (guitarra), acompáñannos no estudio
Nesta Semana Santa...a cociñar coa cativada! 11.04.2025 8:18
Eva Mejuto colle vacacións e tráenos varios libros para cociñar en familia durante a Semana Santa
A crónica deportiva 11-04-2025 11.04.2025 30:00
O celtismo está ilusionado coa loita por Europa e haberá recibimento. Claudio Giráldez e Manolo González con Víctor López, na previa do Celta - Español. No Rácing, estabilidade institucional e sen gol a Ovieu. No Dépor, Óscar Gilsanz ve o equipo con confianza, ambición e humildade para ir a Anduva.
'Amar a (mares)' 10.04.2025 15:24
“O vidro é o único material que se pode reciclar ata o infinito” “Amar a(mares)”, unha compilación de obras da artista coruñesa Julia Ares, comisariada por Luz Darriba. Ares leva décadas desenvolvendo un traballo singular con vidro fusionado, con pezas que están entre a pintura, a escultura e mesmo a arquitectura No Museo Provincial de Lugo ata o 31 de maio.
'Un funeral de locos' e 'La niña de la cabra' 10.04.2025 12:08
Moncho Lemos recomenda dúas películas para ir ao cine esta fin de semana: ‘Un funeral de locos’, de Manuel Gómez Pereira. Comedia atolada cun reparto de luxo. ‘La niña de la cabra’, de Ana Asensio. Fábula infantil e intimista.
A presenza galega en Cannes 10.04.2025 14:50
Oliver Laxe, con ’Sirat’ e a película viguesa de Carla Simón ‘Romería’competirán pola Palma de Ouro na sección oficial da 78.ª edición do Festival de Cannes. Outras das grandes figuras en liza son Richard Linklater, Joachim Trier, Wes Anderson o Ari Aster
A playlist de Tito Lesende 10.04.2025 9:44
Tito Lesende pica temas de Candela Liste, Filloas e Parque Sur
Benzer podcast'ler
Replaio bir podcast yayıncısı değildir; program adları, kapak görselleri ve ses içerikleri yazarlarına aittir ve herkese açık RSS beslemeleri aracılığıyla dağıtılır