AGalegaAudio

Todos os podcast | A crónica deportiva

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades

Podcast'in sitesini ziyaret etmeyi ve yapımcısını desteklemeyi unutma: agalegaaudio.gal

Yazar

AGalegaAudio

Kategori

Sports

Podcast web sitesi

agalegaaudio.gal

Son bölüm

1 Eki 2026

Nereden dinlenir?

Uygulamada podcast'ler Replaio Radio Çok yakında

Podcast'ler çok yakında uygulamaya geliyor. Şimdi yükle ve podcast'lere yepyeni bir bakışı ilk gören sen ol

Google Play'den indir Ücretsiz yükle Android 5 Mn+ indirme · 4,8 puan iOS yakında

Bölümler

As pioneiras do hóckey sobre herba 07.05.2025

Raquel C. Pico lévanos nunha viaxe ao pasado para sabermos do importante papel das mulleres nos inicios do hóckey sobre herba

XXI edición do festival Play-Doc 07.05.2025

Empeza en Tui a XXI edición do festival Play-Doc Inaugúrase co espectáculo Traspielas, da cantautora galega Su Garrido Pombo. Tamén se vai proxectar o documental de Pablo Villalobos sobre Carlos Oroza ¡Queres saír podes entrar’, que conmemora o centenario do poeta.

'Efémeras' 06.05.2025

“Quixemos darlle unha volta ao patrimonio traballando dende a localización xeográfica e o propio contido das imaxes” Cantometrics estrea ‘Efémeras’, un traballo no que renden tributo ao labor da fotógrafa Ruth Matilda Anderson. O espectáculo xunta fotografía, videocreación e música para explorar os retratos da norteamericana na Galicia dos anos 20. Conversamos coa gaiteira Marina Fernández Vivo

‘As poetas da colección Salnés’ 06.05.2025

Dolores Vilavedra comenta ‘As poetas da colección Salnés’. Este volume principia a colección conmemorativa coa que Editorial Galaxia celebra o seu 75aniversario e recupera o espírito innovador das súas publicacións dende 1950

A Roda do Castro 06.05.2025

 A Roda do Castro, na parroquia de Salcedo (A Pobra do Brollón), acolle estes días drons, sensores de tecnoloxía LiDAR  e ferramentas xeomagnéticas que permitirán topografar o xacemento e detectar estructuras construtivas soterradas. Vituco Neira fala con Carlos Otero, técnico do Instituto de Ciencias do Patrimonio

'Mesas', de Carlos Maciá 06.05.2025

Mónica Maneiro comenta as 'Mesas' do lucense Carlos Maciá, exposición que se pode ver no Espazo de Arte SVT en Vigo

A crónica deportiva 06-05-2025 06.05.2025

Cruzamento de declaracións entre Rafael Louzán, presidente da RFEF, e Abel Caballero, alcalde de Vigo, pola designación das sedes para o Mundial 2030.  570 billetes para os seareiros do Dépor no Molinón. Previa dos cuartos de ida polo título da Liga Guerreiras Elx - Porriño e Valladolid - Guardés.

Rosa María Méndez 05.05.2025

“Gustábame tanto que decidín quedar ao remate da bolsa, mesmo sen soldo” Rosa María Méndez, recentemente galardoada coa insignia de ouro do Museo do Pobo Galego, estivo á fronte da  Biblioteca e Arquivos da institución durante 40 anos. Vituco Neira repasa con ela a súa traxectoria, dende os comezos do museo ata a súa recente xubilación

'Habló Pablo' 05.05.2025

Carlos Crespo tráenos a Pablo Valín, que pasou hai uns anos do tenis ao hip hop como 'Habló Pablo'. O lugués acaba de sacar disco : «No soy nadie, pero soy yo»

Festival de Música Contemporánea da Coruña 05.05.2025

Con Pablo S. Quinteiro achegámonos á VIII Edición doFestival de Música Contemporánea da Coruña (do 25 de abril ao 31 de maio)

A crónica deportiva 05-05-2025 05.05.2025

No Celta botamos contas para Europa con Víctor López. No Deportivo: Fabril - UCAM Murcia. Primeira eliminatoria polo ascenso á 1ªRFEF. No Rácing, derrota con polémica co Zaragoza. O CD Lugo cesa ao director deportivo Roberto Sáez. Antonio Pernas deixa o Ensino de Lugo e colle o equipo Suso Garrido.

Na casa de Abraham Cupeiro 02.05.2025

“Son afortunado por poder unir música e historia e moi agradecido pola resposta da xente” Achegámonos ata Castro de Rei con Vituco Neira para conversar con Abram Cupeiro, que mañá arranca xira en Ourense con ‘Loira’ e as entradas esgotadas As datas seguintes dos concertos en Galicia serán o 25 enFerrol e xa en xuño A Coruña, o día 6, todos coas entradas esgotadas. Contra finais de ano as citas pro...

'Baleiro' 02.05.2025

Afonso Becerra comenta ‘Baleiro’, a nova peza de Ensalle Teatro e Juan Navarro. Texto, dirección e dramaturxia de Pedro Fresneda e Juan Navarro, e creación e interpretación de Raquel Hernández, Artús Rei, Pedro Fresneda e Juan Navarro

'Dance join' 02.05.2025

'Dance Join', o novo espectáculo de danza de Marta Alonso, hoxe en Lugo A obra hibrida danza, humor e música, propoñendo unha visión lúdica e autocrítica do mundo escénico

'Retorno' e Premios Follas Novas 02.05.2025

Eva Mejuto trae ao seu Faro dos Libros 'Retorno', a novela que pecha a triloxía distópica de María Reimóndez, publicada por Edicións Xerais. Un universo de ciencia ficción feminista nun futuro nada alentador,  coa orde mundial aberta trala 'Gran Desconexión'. Tamén repasamos a literatura infantil e xuvenil recoñecida nos Premios Follas Novas, como ‘Cartas na escuridade’, de Loi...

A crónica deportiva 02-05-2025 02.05.2025

Javier Maté opina sobre as polémicas previas ao Real Madrid - Celta. No Dépor, Óscar Gilsanz di: "é normal que o club faga o seu traballo", sobre sondear a outros adestradores. Fin de semana destacada para o Fabril e o xuvenil. O Compos afronta a semana máis difícil da temporada. No Breo, Dragan Apic é dúbida para Manresa.

“O mellor do mundo é aprenderlle a unha nena de cinco anos” 01.05.2025

É a impulsora de 'Somos Pandeireteira': “Non é unha moda, é a nosa identidade”. Foto: Merce Ares.

'La buena letra' e 'Bienvenido a la montaña' 01.05.2025

Moncho Lemos comenta dúas estreas cinematográficas para esta ponte festiva: ‘La buena letra’, de Celia Rico. Drama  ambientado na Valencia da posguerra dos anos corenta. ‘Bienvenido a la montaña’, de Riccardo Milani. Comedia italiana que transcorre arredor dunha escola rural no Parque Nacional dos Abruzos.

'Chavellos sinfónico' 01.05.2025

Chavellos é unha formación viguesa que combina instrumentos tradicionais con zanfonas, acordeóns e percusión. Andan a presentar o seu vinilo de edición limitada “Chavellos sinfónico”. Vituco Neira fala con tres dos seus integrantes: Juan Eiras, Diana Traba e Daniel Pequeño.

Os premios MIN e Dani Cornes 01.05.2025

Tito Lesende repasa os artistas galegos galardoados nos premios MIN, entre eles The Rapants, que conseguiron o de mellor disco en galego por 'La máquina del buen rollo'. Escoitamos con atención 'Aquí sempre tes casa', canción que avanza o disco que o artista grovense Dani Cornes publicará en 2026. E repasamos a axenda de concertos con música de Los Jinetes del Trópico e Leria.

A crónica deportiva 01-05-2025 01.05.2025

Morre aos 76 anos Manolo "do bombo". Gil Manzano será o colexiado do Real Madrid - RC Celta. Na terceira galega, o Vilalonga cae 0 a 3 co descendido Betanzos e perde unha ocasión de ouro na loita pola permanencia. Falamos co adestrador Alberto Mariano. Mañá venres, 32ª Copa da Raíña de fútbol sala feminino, con catro equipos galegos dos oito participantes: Castro, Burela, Ourense e Poio.

'Aurora boreal' e 'Transeúnte' 30.04.2025

“Hai que saber de onde vimos para saber onde imos” Celebramos o Día Internacional da Danza con dúas estreas en Santiago e na Coruña: ‘Aurora boreal’ e ‘Transeúntes’. Conversamos cos coreógrafos Paula Quintas e Daniel Rodríguez

Quen ten un transistor ten un tesouro 30.04.2025

Raquel C. Pico repasa momentos históricos nos que a radio foi protagonista: do apagamento do lus ao 23-F

'Hibernarse' 30.04.2025

Fillas de Cassandra publica ‘Hibernarse’, un EP no que o dúo vigués reflexiona sobre a construción social do tempo. María SOA e Sara Faro visitan o Diario Cultural para darnos conta do seu traballo novo, un proxecto multiformato que inclúe un álbum, un videofilme, un fanzine e outras sorpresas

Crazy Cabuxa e Her Anxiety 30.04.2025

Patty Castro tráenos dúas bandas galegas cun forte impacto na escena metal galega. Crazy Cabuxa e Her Anxiety, ambas da zona de Vigo e con vocalistas femininas

Todos os podcast | A crónica deportiva podcast'ini Replaio'da dinle

Radyo ve podcast'ler tek uygulamada - ücretsiz, kayıt gerektirmez. Bugün yükle ve lansmanı kaçırma

Google Play'den indir

Replaio bir podcast yayıncısı değildir; program adları, kapak görselleri ve ses içerikleri yazarlarına aittir ve herkese açık RSS beslemeleri aracılığıyla dağıtılır