AGalegaAudio
Todos os podcast | A crónica deportiva
A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades
Podcast'in sitesini ziyaret etmeyi ve yapımcısını desteklemeyi unutma: agalegaaudio.gal
Nereden dinlenir?
Uygulamada podcast'ler Replaio Radio Çok yakındaPodcast'ler çok yakında uygulamaya geliyor. Şimdi yükle ve podcast'lere yepyeni bir bakışı ilk gören sen ol
Bölümler
A crónica deportiva 14-05-2025 14.05.2025 30:00
O Celta está moi preto de certificar os postos de competición europea logo da vitoria en Anoeta. No Deportivo, Diego Gómez: "Teño cero ganas de vacacións, oxalá a liga durase un pouco máis ". No Lugo, Bernardo Cruz pide o apoio dos seareiros para soportar a loita pola permanencia.
Coñecendo as cantareiras 13.05.2025 16:42
Na recta final para o Día das Letras Galegas, afondamos no coñecemento das cantareiras que personifican a homenaxe á poesía popular de tradición oral. Son Adolfina e Rosa Casás Rama (Cerceda), Eva Castiñeira Santos (Muxía) e Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes estas catro das Pandeireteiras de Mens (Malpica)
'O teito é de pedra' 13.05.2025 9:04
Dolores Vilavedra comenta 'O teito é de pedra’, de Álex Alonso Unha novela que rende tributo a todos cantos deron a súa vida pola democracia e padeceron a represión franquista. Foi finalista do XLI Premio Xerais 2024.
'As fillas bravas' de Chévere 13.05.2025 18:34
'As fillas bravas' de Chévere saen de xira e publican libro As Fillas Bravas son tres mulleres que tocan e cantan o que lles peta como antes fixeron a súa nai e a nai da súa nai, porque todas son fillas do vento, mulleres de andar a pé do toxo, orgullosas de vir de tras da silveira. As Fillas Bravas levan unha década xirando e viven en Momán, unha aldea que representa todas as aldeas e n...
'Tan solo es una mancha' 13.05.2025 8:49
Mónica Maneiro comenta a mostra 'Tan solo es una mancha', de Rosendo Cid, na Galería Nordés
A crónica deportiva 13-05-2025 13.05.2025 28:56
O Celta busca en Anoeta a clasificación europea. Os olívicos poderían certificar a súa clasificación esta noite. Carlo Ancelotti recoñece publicamente que será o seleccionador de Brasil. Angela Mataix deixa o Baxi tras unha campaña estelar
De ronda con Mondra 12.05.2025 18:39
“Son un privilexiado por traballar no que me gusta” Recibimos a visita de Mondra, que anda a presentar ‘De ronda’, o seu segundo disco de estudio. Este traballo contén once temas ou “estados do corpo” e letras que transitan dende o desexo ata a crítica social, sempre conectados coa tradición oral. O teense saca asemade un proxecto audiovisual que se pode ver na súa canle VEVO .
Elena Zas 12.05.2025 7:55
Carlos Crespo trae a Elena Zas. A música e mestra coruñesa acaba de sacar o seu primeiro disco "Caída Libre"
Cantareiras e Castelao 12.05.2025 17:17
Na Semana das Letras 'O barroquista' ofrécenos dúas propostas no Museo do Pobo Galego que non debes perder: cantareiras e Castelao.
30 anos de cine 12.05.2025 19:37
"O meu cine fala das cousas e persoas que perdemos" Alfonso Zarauza celebra 30 anos de cinema cunha retrospectiva en Numax, unha exposición na Zona C de Santiago e o Pedigree de honor do Festival de Cans
Trashnos e Sicixia 12.05.2025 8:34
No seu percorrido polo metal galego, Patty Castro tráenos a Trashnos e Sicixia
Raizame 12-5-2025 12.05.2025 1:03:10
Programa especial co gallo do Día das Letras Galegas dedicado á tradición oral das cantareiras. Rodrigo Romaní fálanos de Eva Castiñeira, a pandereteira que actuou con Milladoiro; Richi Casás cóntanos cousas sobre as súas familiares Adolfina e Rosa Casás, as cantareiras de Cerceda; e Isabel García Quintela, a presidenta de Aturuxo, explícanos quen eran as pandereteiras de Mens, que actuaron durant...
«Aida e Rosa, as cantadeiras de Moscoso» 11.05.2025 47:08
O mestre de baile e investigador do folclore galego, Luis Prego, presenta o Día das Letras un libro-disco sobre as cantadeiras de Moscoso, Aida e Rosa. Neste programa Luis fálanos destas duas lendas da música tradicional e escoitamos algunhas pezas interpretadas polas duas irmás.
A Domus do Mitreo 09.05.2025 13:10
“A Historia non é o que, é o por que” Vituco Neira lévanos ata Lugo, onde a Domus do Mitreo acaba de incorporarse ao Sistema Galego de Centros Museísticos, para falar coa súa directora artística, Dolores Dopico. O conxunto está conformado por unha vivenda e un templo dedicado ao deus Mitra, un elemento de gran singularidade e relevancia histórica ao tratarse do único, ata o momento, en toda a Pení...
Escenas do Cambio 09.05.2025 12:56
Afonso Becerra comenta a 11ª edición do Festival Escenas do Cambio, que está a ter lugar en Compostela e programa 16 espectáculos de teatro, danza e arte en acción
Tres propostas singulares no Escenas do Cambio 09.05.2025 15:55
O Festival Escenas do Cambio, que está a ter lugar en Compostela, acada a 11ª edición e programa 16 espectáculos de teatro, danza e arte en acción Achegámonos a tres destas propostas singulares: ‘Roland mon amour’, un monodrama de Cristina Balboa. ‘Familia Nijinska’, de Vacaburra, unha conferencia escénica bailada e debuxada. E unha peza audiovisual efémera ‘O intanxible e o non mundo’, de Mercede...
Lectura fácil 09.05.2025 9:58
Lectura fácil con Eva Mejuto: '20.000 leguas baixo dos mares', de Jules Verne. Editorial Galaxia. ’ As emoticonas. Onde van?’ , de Susana Peix. Cumio. ‘Nicolás vai á biblioteca’, da Asociación Bata. Kalandraka Editora E un audiolibro ‘Hermilindo esbirra poemas, de Paula Señarís
A crónica deportiva 09-05-2025 09.05.2025 29:58
Previa do Celta - Sevilla, con Víctor López. Miguel Román entra polo mancado Jailson. Falan Claudio Giráldez e Joaquín Caparrós. No Dépor, citas destacadas para o Fabril, xuvenil e feminino. Balonmán feminino: festa preparada no Porriño para a ida da final da Copa EHF. Haberá previa e cheo no pavillón.
Obradoiro de composición sonfónica no RESIS 08.05.2025 16:25
“O noso obxectivo é ter un punto de encontro entre o público e os compositores contemporáneos “ O Festival RESIS de música contemporánea e artes vivas, que dirixe o compositor Hugo Gómez-Chao, integra propostas musicais de vangarda con diferentes linguaxes artísticas. Visitamos da man de Vituco Neira o obradoiro de composición que se desenvolve en colaboración coa Real Filharmonía de Galicia.
'Una quinta portuguesa' e 'También esto pasará' 08.05.2025 11:43
Moncho Lemos comenta dúas estreas: ‘Una quinta portuguesa’, de Avelina Prat. Un tranquilo profesor de xeografía suplanta a identidade dun xardineiro. ‘También esto pasará’, de María Ripoll. Unha muller viaxa á casa materna en Cadaqués tras morrerlle a nai. E, en agalega.gal poderase ver dende o sábado ‘O Corno’, de Jaione Camborda
'Taibo' 08.05.2025 15:25
Un libro e un espectáculo recuperan a figura do médico, músico e escritor Luís Taibo, un “verso libre” da música galega. O musicólogo Alberto Cancela elabora a biografía dunha figura con múltiples vidas que publica Sonora Urbana, unha liña editorial de aCentral Folque
Mondra, Pava e Tandub 08.05.2025 12:00
A playlist semanal de Tito Lesende: Mondra, Pava, Tandub
A crónica deportiva 08-05-2025 08.05.2025 30:57
Yeremay, elixido mellor xogador do mes de abril no Deportivo, fala do seu futuro e di que o normal é que quede, pero ninguén sabe o que pode pasar. O Básquet Coruña pretende alongar a súa estadía na ACB. Esta noite recibe ao Barça. Dominic Mavra renova co Breogán
Rosalía en Camiño 07.05.2025 19:01
“Buscamos reivindicar a actualidadade de Rosalía e poñer os poetas galegos a dialogar cos doutras línguas” Recibimos a visita de Chus Pato e Gonzalo Hermo para debullar a sexta edición de ‘Rosalía en Camiño’. As xornadas poéticas multilingües principian hoxe en Santiago e Padrón con poetas de diversas partes da península e mailo cineasta Oliver Laxe,o primeiro «non poeta stricto sensu» que partici...
Benzer podcast'ler
Replaio bir podcast yayıncısı değildir; program adları, kapak görselleri ve ses içerikleri yazarlarına aittir ve herkese açık RSS beslemeleri aracılığıyla dağıtılır