AGalegaAudio

Todos os podcast | A crónica deportiva

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades

Podcast'in sitesini ziyaret etmeyi ve yapımcısını desteklemeyi unutma: agalegaaudio.gal

Yazar

AGalegaAudio

Kategori

Sports

Podcast web sitesi

agalegaaudio.gal

Son bölüm

1 Eki 2026

Nereden dinlenir?

Uygulamada podcast'ler Replaio Radio Çok yakında

Podcast'ler çok yakında uygulamaya geliyor. Şimdi yükle ve podcast'lere yepyeni bir bakışı ilk gören sen ol

Google Play'den indir Ücretsiz yükle Android 5 Mn+ indirme · 4,8 puan iOS yakında

Bölümler

A crónica deportiva 01-07-2025 01.07.2025

Amigable en Afouteza a porta pechada. Repasamos a actualidade do Celta con Víctor López. No Dépor, a familia Escotet merca o 90% do Penafiel da segunda portuguesa. O CD Lugo ficha a Santi Samanes, da Cultural Leonesa. Falamos con Josechu Roel, director técnico do Fluvial de Lugo trala polémica entre a Federación Española e o padexeiro galego Carlos Arévalo.

A crónica deportiva 30-06-2025 30.06.2025

Hoxe rematan contrato moitos futbolistas. Repasamos a situación no Celta e no Deportivo, ambos con xogadores de máis. Carlos Álvarez, presidente do Celta Baloncesto: "Renunciamos á praza do filial na LF2 por cuestións económicas". Analizamos a derrota de España na final do Eurobasquet

Víctor Freixanes, medalla Castelao 27.06.2025

Conversamos co escritor, editor e académico Víctor Freixanes, que mañá recibirá a Medalla Castelao: “Que o Día das Letras 2026 se lle dedique a Begoña Caamaño é recoñecer a unha das grandes da literatura galega”

'Vitória' 27.06.2025

Afonso Becerra despide temporada cunha reflexión sobre as artes escénicas. Tamén comenta ‘Vitória’, un espectáculo de Iria Piñeiro que combina teatro denuncia e cabaré

Zavala 27.06.2025

“Temos o espírito punk de facelo todo nós, de contolar todo o proceso” Vituco Neira conversa con Víctor Ledo, guitarra e voz en Zavala, que fan un pop electrónico evocador e intenso e teñen no mercado traballo novo ‘Pequeno Manual Para Grandes Cambios II (Teor​í​a e Pr​á​ctica). E xa preparan outro disco

O derradeiro faro dos libros 27.06.2025

Eva Mejuto despídese do seu faro literario con lecturas ‘orgullosas’ e acompañada pola súa cadeliña Mica

A crónica deportiva 27-06-2025 27.06.2025

Analizamos o grupo 1 da 1ª RFEF, onde esta temporada competirán os 6 equipos galegos da categoría. Son novidades o Tenerife, o Real Madrid Castela, o Mérida, o Cacereño... No Celta, o Como de Cesc Fábregas negocia a fichaxe de Carl Starfelt. O Rácing ficha o lateral dereito do Nastic Migui Leal. O Breo presenta o proxecto Breogán Academy.

'Padre no hay más que uno: nido repleto' e 'F1' 26.06.2025

Moncho Lemos comenta dúas estreas para a fin de semana: -“Padre no hay más que uno: nido repleto”, de Santiago Segura. -“F1: The Movie”, de Joseph Kosinski e con Brad Pitt á fronte do reparto.

Crear porvir 26.06.2025

“Segue reivindicando os valores e a ética cos que naceu” ‘Crear porvir', un documental sobre a historia da editorial Galaxia, que fai 75 anos neste 2025. Estréano en aberto este sábado Galaxia e Nós Televisión, que é quen o produciu. Falamos con Ana Viqueira, unha das directoras

De Fillas de Cassandra a Alanis Morissette 26.06.2025

Tito Lesende despide temporada picando temas de Fillas de Cassandra, Dani Costas, Lontras, Alanis Morissette...

A crónica deportiva 26-06-2025 26.06.2025

No Celta farán pretemporada europea. Ademais, a posible fichaxe de Bryan Zaragoza e Denís Suárez fala da saída de Fer López. No Dépor, adeus sentido de Óscar Gilsanz e a fichaxe de Jairo Noriega deica 2028. Carles Marco, presentado como técnico do Básquet Coruña.

Gervasio Sánchez e Almudena Fdez. Fariña 25.06.2025

A Bienal de Arte de Pontevedra ten moito que ofrecer. Hoxe detémonos na obra dun fotógrafo e dunha artista plástica. Falamos co fotoxornalista Gervasio Sánchez, que expón no Café Moderno Afundación, na Praza de San Xosé, 'Vidas minadas. 25 anos', que nos reflexionar sobre os efectos da violencia na vida das persoas. Almudena Fernández Fariña, artista plástica e docente en Belas Artes exp...

As vacacións de verán 25.06.2025

Raquel C. Pico despide temporada contándonos curiosidades arredor do turismo e das vacacións de verán. Sabedes que era o Grand Tour? Pois a orixe das viaxes estivais, alá polo final do século XVIII

Comeza o Resu!!! 25.06.2025

O Resurrection Fest abre as portas da súa 20ª edición e fai de Viveiro o epicentro de metaleiros, hardcoretas e demais familias do rock duro e o punk. Entrevistamos o grupo vigués Aphonnic, que toca o venres no escenario principal

A crónica deportiva 25-06-2025 25.06.2025

As voces do día no Celta, todos os canteiráns: Sergio Carreira, Iago Santiago e Lautaro de León. A segunda equipación nova. Jerín renova no Ourense CF. Álex López, novo director de canteira do RC Ferrol. Dani Vidal non continúa no CD Lugo. Oficial: Carles Marco novo adestrador do Básquet Coruña. Davi Rial renova no Burela FS na segunda división

VIII clasclás de Vilagarcía 24.06.2025

Xa está en marcha a gran cita coa música clásica en Vilagarcía O clasclás conta con dous Premios Nacionais de Música, Spanish Brass  e Al Ayre Español, que fan parte do Programa Artístico. Ademais, Luis Fernando Pérez,  IsabelVillanueva , François Dumont, o Trío Hélix, ou Cuarteto Bennewitz. A Gala Lírica que clausurará el festival vai estar dedicada a Oberturas e Arias de Giuseppe Verdi e Giacomo...

'Eu son o monte' 24.06.2025

Dolores Vilavedra comenta ‘Eu son o monte’, de Sara Guerrero, na súa derradeira colaboración desta temporada. A chegada dunha parella de retornados a unha aldea galega abre varios interrogantes: Que os agarda? Contarán coa confianza dos veciños? É posible sobrevivir sen traballo nin recursos?

Un museo virtual da migración 24.06.2025

A Rede Museística Provincial de Lugo ten en liña este proxecto, pensado como unha ferramenta educativa para transformar a mirada sobre os movementos migratorios das persoas. O núcleo central do museo é a súa colección de voces. Tamén conta cunha liña de investigación, unha liña educativa e outra de actividades. Visitámolo co seu coordinador, Sergio Lago

O regreso da Bienal de Pontevedra 24.06.2025

Con Mónica Maneiro, que despide temporada, falamos da Bienal de Pontevedra, que regresa despois de anos de ausencia

A crónica deportiva 24-06-2025 24.06.2025

José Aurelio Gay, adestrador durante dúas temporadas de Ferrán Jutglá no RCD Español, fálanos das características do novo atacante do RC Celta. Iago Iglesias, presentado como novo adestrador do CD Lugo

Crúas 23.06.2025

Carlos Crespo ponlle o ramo a temporada con Crúas

Mostra de Teatro de Cangas 23.06.2025

Conversamos coa súa directora artística, María Armesto, e coa dramaturga Esther Carrodeguas, que modera o Torneo de Dramaturxia. Tamén é a autora de 'Melón Pelado', que a súa compañía- Butaca Zero- estrea en Galicia nesta cita.

O metal galego está moi vivo 23.06.2025

Despedimos a Patty Castro e a súa sección de metal galego, repasando a temporada que remata e emprazando aos festivais vindeiros.

A crónica deportiva 23-06-2025 23.06.2025

Analizamos a fichaxe de Ferran Jutglá como dianteiro do RC Celta. A Sarriana celebra o ascenso a 2ªRFEF. O Rácing Club Ferrol negocia quedar con Héber Pena. Bakary Bubba, pívot de 23 anos e 2'06, ficha polo Breo

TROMSØ 20.06.2025

Afonso Becerra recoméndanos a obra debut dunha compañía nova de artes escénicas: Morraoconto

Todos os podcast | A crónica deportiva podcast'ini Replaio'da dinle

Radyo ve podcast'ler tek uygulamada - ücretsiz, kayıt gerektirmez. Bugün yükle ve lansmanı kaçırma

Google Play'den indir

Replaio bir podcast yayıncısı değildir; program adları, kapak görselleri ve ses içerikleri yazarlarına aittir ve herkese açık RSS beslemeleri aracılığıyla dağıtılır