AGalegaAudio
Todos os podcast | A crónica deportiva
A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades
Podcast'in sitesini ziyaret etmeyi ve yapımcısını desteklemeyi unutma: agalegaaudio.gal
Nereden dinlenir?
Uygulamada podcast'ler Replaio Radio Çok yakındaPodcast'ler çok yakında uygulamaya geliyor. Şimdi yükle ve podcast'lere yepyeni bir bakışı ilk gören sen ol
Bölümler
Cantando en linguas distintas 30.07.2025 12:27
Cada vez é máis frecuente escoitar artistas galegos colaborando con músicos doutras comunidades e mesturando idiomas nas súas cancións. Carlos traenos algúns exemplos: "Fortuna", de Guadi Galego e Pau Brugada; "Anguleele", de Fillas de Cassandra e Zetak; "Un labradorcito", de Mondra e Dulzaro: "La magia de tu melena", de Ortiga e Rodrigo Cuevas; "As nos...
A crónica deportiva 30-07-2025 30.07.2025 30:00
Bryan Zaragoza está en Vigo. Fichaxes no Deportivo: oficial Giacomo Quagliata, Miguel Loureiro máis preto e pechado o medio centro do Español José Gragera. O Racing presenta ó centrocampista Álvaro Peña e o CD Lugo anuncia a fichaxe do porteiro de 35 anos Marc Martínez, ex do Depor, entre outros.
A crónica deportiva 28-07-2025 28.07.2025 30:00
Víctor López cóntanos a letra pequena da fichaxe de Bryan Zaragoza polo Celta. Analizamos a traxectoria da selección feminina de fútbol na Eurocopa con Manu Sánchez exadestrador do Depor. Lembramos a historia do Ezstrella Roja, un equipo feminino pioneiro nacido en Tomiño nos anos 80.
A crónica deportiva 25-07-2025 25.07.2025 29:59
Falamos dos movementos de xogadores no Celta na xornada previa ao eu partido en Stuttgart e de xogadores no Depor antes do seu encontro en Ourense. Escoitamos ao presidente do Barcelona, Joan Laporta. Diego Doval preséntanos o cartel do torneo EncestaRías
A crónica deportiva 24-07-2025 24.07.2025 29:58
O Celta atopa acomodo para Unai Núñez, que marcha ao Como italiano, e para Manu Sánchez, que vai ao Levante. Actualizamos situación de mercado con Víctor López e escoitamos a Sergio Carreira. No Deportivo, negociacións abertas para as fichaxes de Miguel Loureiro(do Huesca) e Riki (do Albacete). Día de presentacións no Rácing e no Arenteiro.
Despedidas 23.07.2025 15:17
Nun ano de efervescencia da música galega tamén hai algunhas sombras. Carlos lembra algún grupos que dixeron adeus nos últimos meses: Leilía, Terbutalina, Lontreira, LaMontagne e Picoamperio e Rescate Emocional.
A crónica deportiva 22-07-2025 22.07.2025 29:58
Primeira vitoria de pretemporada para o Celta. Claudio Giráldez valora o partido e a situación dos xogadores. Pablo Vázquez fala en Xixón da súa saída do Deportivo. O Liceo presenta a catro novidades: Toni Pérez, Fran Tomba, Blai Roca e Nuno Paiva
A crónica deportiva 21-07-2025 21.07.2025 29:58
Última hora do Celta con Víctor López. No Deportivo, presentados Luismi Cruz e a central alemá Merle Barth. E no Rácing, Jairo Noriega e José Pascual Alba "Pascu"
A crónica deportiva 18-07-2025 18.07.2025 30:00
No Celta, Iago Aspas ten unha sobrecarga muscular e non estará mañá en Braga. Presentado o dianteiro Ferrán Jutglá. Victor López analiza a situación do mercado: nas saídas, ollo con Carl Startfelt e nas chegadas, Bryan Gil é unha posiblidade. No Dépor, presentado o defensa central Arnau Comas. Fernando Soriano : "Buscamos lateral dereito, central e dianteiro centro". O BM Cangas recibe o...
A crónica deportiva 17-07-2025 17.07.2025 30:00
O Celta escolle o rosa para a súa terceira equipación. No Dépor, Raúl Alcaina e Iano Simao marchan traspasados ao Penafiel da segunda portuguesa, equipo da familia Escotet. Lucas Vázquez despídese emocionado do Real Madrid. No Rácing, Aleksa Puric vaise traspasado ao filial do Atlético de Madrid
Honrando á familia 16.07.2025 14:42
Músicos galegos orgullosos dos seus avós hónranos incluíndo as súas voces en cancións: 9Louro, Hugo Guezeta, Sen Senra, Fillas de Cassandra, Belén Tajes, Caamaño e Ameixeiras.
A crónica deportiva 16-07-2025 16.07.2025 30:00
Malas sensacións do Celta no partido co Famalicão No Deportivo, presentado o central belga de 20 anos Lucas Noubi. O CD Arenteiro comeza hoxe a pretemporada. Diego García, porteiro: "faremos un bo ano, seguro"
A crónica deportiva 15-07-2025 15.07.2025 30:00
Primeiro partido de pretemporada do RC Celta co Famaliçao portugués, en Afouteza a porta pechada. Álvaro Carreras presentado no Real Madrid. Charly Uzal, director deportivo do Básquet Coruña: "Non contabamos con que marcharan todos"
A crónica deportiva 14-07-2025 14.07.2025 29:59
No Celta, o lateral Manu Sánchez está moi preto de saír cedido ao Elx. No Dépor, Luismi Cruz é a última fichaxe en comezar a pretemporada. O Pontevedra CF comeza a preparación da temporada. Falamos co técnico Rubén Domínguez. Álex Hernández non segue no Básquet Coruña
A crónica deportiva 11-07-2025 11.07.2025 30:00
O Celta negocia co CD Leganés a fichaxe de Juan Cruz, extremo formado no Málaga e no Betis. Yoel Lago, ilusionado coa temporada europea. O Dépor está preto de fichar a Luismi Cruz, do Tenerife. Diego Villares fala de dar un paso adiante esta temporada. O Coruxo ficha a Rares Mezdrea, procedente do Pontevedra CF. O Noia FS ficha ao brasileiro de 29 anos Carlos Eduardo "Churrasco"
A crónica deportiva 10-07-2025 10.07.2025 30:00
Novas no Celta: horario para Mallorca, Gael Alonso ficha co Andorra e Alfon presentado no Sevilla. Ademais, Pato Guillén é o novo adestrador de porteiros do Fortuna. O Deportivo lanza a campaña de renovación de abonos cun 15% de suba. : "Coa túa forza facemos historia". Brais Martínez deixa o Racing e ficha no Burgos. O Pontevedra ficha o extremo de 32 anos Pablo Hervías, con experiencia...
A crónica deportiva 09-07-2025 09.07.2025 30:01
O Celta busca substitutos para Alfon e Fer López. Analizamos a situación do equipo con Víctor López. A TVG ofrecerá os 7 partidos de pretemporada. No Deportivo, Rafa Obrador despídese e Pablo Vázquez e o Sporting están máis preto dun acordo de saída. O CD Lugo vai fichar a Kevin Presa. Álex Fidalgo deixa o Ourense CF e ficha no Cartaxena de Javi Rey -----------------------------
A crónica deportiva 08-07-2025 08.07.2025 30:00
No Celta, oficial; Carlos Dotor cedido ó Málaga. O Deportivo xogará o 2º Memorial Miguel Ángel, no Couto, co Ourense CF, o sábado 26 de xullo. Andriu deixa o Coruxo e regresa a Tenerife. Fran Justo, presentado no Mirandés. O BM Cisne presenta o 1º Torneo Internacional InterPontes. Falamos co seu presidente, Santiago Picallo
A crónica deportiva 07-07-2025 07.07.2025 30:00
Falamos de Jéssica Bouzas co seu adestrador dos 7 aos 14 anos, Dani Otero: "Con 10 anos xa apuntaba alto". Óscar Mingueza incorpórase á pretemporada do Celta. O Deportivo comeza hoxe a pretemporada con 29 futbolistas do primeiro equipo. Ivan Rakitic colga as botas con 37 anos. Pagan a cláusula de saída de Álex Carbonell e o Ourense CF queda sen o seu máximo goleador
A crónica deportiva 04-07-2025 04.07.2025 30:00
Nico Willians renova ata 2035 co Athletic Club. No Dépor, Dani Mallo lembra a figura de Peter Rufai. Ata logo, Rufo! O dianteiro do Pontevedra CF nas últimas 6 temporadas: "asumindo con dor a saída" E estamos no Rally Rías Baixas
A crónica deportiva 03-07-2025 03.07.2025 30:00
Conmoción no fútbol polas mortes en accidente de tráfico do internacional portugués e xogador do Liverpool, Diogo Jota, e o seu irmán André. Ocorreu de madrugada en Puebla de Sanabria. Falamos co xornalista do Jogo do Porto Pedro Cadima. No Celta, Claudio Giráldez valora a pretemporada. No Dépor, pechada a fichaxe de Arnau Comas. O Rácing ficha a Ander Gorostidi, do Nástic de Tarragona. No Ponteve...
A crónica deportiva 02-07-2025 02.07.2025 30:00
Analizamos o nomeamento do vigués Fran Soto como presidente do CTA (Comité Técnico de Árbitros). No Celta, a operación Borja Iglesias "acelera" para que o dianteiro estea en Vigo o antes posible. No Mundial de Clubs, Óscar García segue a facer goles co Real Madrid
Benzer podcast'ler
Replaio bir podcast yayıncısı değildir; program adları, kapak görselleri ve ses içerikleri yazarlarına aittir ve herkese açık RSS beslemeleri aracılığıyla dağıtılır