Onda Ciencia

Cuac Fm, UDC

Science GL 20 episodes

Where to listen?

Listen in your browser Replaio Web Available today
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon - install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Google Play'den indir

Install now - 5M+ downloads, 4.8 rating

Episodes

Un mundo, unha soa saúde 23.06.2026

Onda Ciencia mergúllase de cheo no paradigma "One World, One Health" (Un Mundo, Unha Sola Saúde), un enfoque global que nos lembra que a saúde humana, a animal e a ambiental están totalmente interconectadas. Nun contexto marcado polos retos climáticos e tecnolóxicos, o programa analiza como non é posible protexer o noso benestar sen coidar os ecosistemas nin sen previr riscos globais: desde as ame...

Vivenda: desafíos e solucións 19.05.2026

A falta de acceso a un fogar digno converteuse nunha das maiores preocupacións sociais en España. No terceiro episodio da cuarta tempada de Onda Ciencia, analizamos as causas estruturais, o papel do urbanismo e as novas alternativas de convivencia da man de tres expertos da Universidade da Coruña: Natalia Álvarez Lata. Catedrática no departamento de Dereito Civil da Facultade de Dereito. Memb...

Como vivir unha eclipse? Que nos di a astronomía? 17.03.2026

Como escoller o lugar máis idóneo para ver o eclipse? Que precaucións debemos tomar? Onda Ciencia afonda nas formas máis seguras de desfrutar da eclipse totalÁngel Daniel Arós, Xabier Pérez Couto (@astroxabi), Alsira Salgado e Susana García Barros analizan a transcendencia deste fenómeno histórico desde unha perspectiva científica e pedagóxicaAs áreas da Coruña e Ferrol serán lugares privilexiados...

Está a sociedade preparada para as persoas neurodiverxentes? 10.02.2026

Neste episodio mergullámonos nun debate que gaña peso día a día nos eidos social, educativo e sanitario. Para entender mellor que supón convivir coa diversidade neurolóxica, Onda Ciencia contou cunha mesa de luxo composta por catro expertas de referencia da UDC, que nos achegan perspectivas desde a psicoloxía, a educación, a terapia ocupacional e as tecnoloxías inclusivas:Silvia López Larrosa, esp...

O 'que' que o cambia todo 24.06.2025

O concepto de queer fai referencia a identidades, orientacións e expresións de xénero que non encaixan en categorías tradicionais ou normativas. O fenómeno da queeridade abórdase de maneira pouco precisa nos medios, amais de ser obxecto de confrontación política ou persecución por parte dalgunhas persoas que se opoñen ao recoñecemento de certas expresións ou identidades que desafían as súas crenza...

O galego no século XXI: accións e retos 13.05.2025

Ante unha situación de “emerxencia lingüística”, e cunha sociedade cada vez máis sensibilizada e preocupada polo descenso do uso do galego, tamén nos contextos educativos, é preciso facer unha diagnose pausada acerca dos factores que incidiron na perda do uso do galego, así como das accións políticas e educativas que cumpriría adoptar para reverter esta situación. Falamos con tres expertos da Univ...

Desinformación nos medios de comunicación 08.04.2025

Os expertos alertan sobre a existencia dunha “industria da desinformación” que busca erosionar a democracia, socavar a confianza nas institucións e manipular a opinión pública. Para afondar nas causas e nas consecuencias da proliferación de falsidades ou loiadas e de información manipulada nas redes sociais conversamos con tres investigadoras da Universidade da Coruña:Laura Morán Fernández, profes...

Xenofobia e racismo desde una perspectiva interseccional 18.03.2025

Nun momento de auxe do discurso racista e xenófobo en toda Europa,é preciso afondar nas razóns polas que arraiga este tipo de discurso en paises que contan cunha longa historia migratoria como España e,especialmente, Galicia. Para elo, neste segundo episodio de Onda Ciencia  conversamos  con Laura  Oso Casas,  Catedrática  de Socioloxía e coordinadora do Grupo  E...

Cambio Climático na Coruña: impacto local e estratexias de adaptación para minimizar os riscos climáticos 11.02.2025

En ONDA CIENCIA quixemos saber como está afectando o cambio climático na Coruña (e, por extensión, Galicia), e coñecer as diferentes medidas e estratexias que deberiamos desenvolver, como comunidade, para adaptarnos ao riscos climáticos o mellor posible. Para elo, conversamos con tres expertos da Universidade da Coruña, cunha extensa traxectoria investigadora neste eido:Armand Hernández Hernández....

O Uso Do Galego Na Intelixencia Artificial 30.07.2024

 A intelixencia artificial (IA) ten múltiples utilidades nunha ampla diversidade de campos, mais tamén o uso masivo de certas ferramentas presenta novos riscos e retos, como, por exemplo, a infrarrepresentación de linguas como o galego na intelixencia artificial xenerativa. Para coñecer en profundidade como funcionan estas IA e o impacto que teñen na educación, falamos con tres expertos da Fa...

Construción e Urbanismo Sustentable 16.07.2024

ONDA CIENCIA afonda no coñecemento das das potencialiades dos modelos de construción e urbanismo respectuosos co ambiente e coa saúde das personas. Convidamos a tres expertos da UDC, cunha longa traxectoria de investigación e aplicación práctica nestas temáticas:   María Belén González Fonteboa. Catedrática de universidade, no departamento de Enxeñaría Civil da Escola Técnica Superior de...

O Discurso De Odio Nos Medios 03.07.2024

No terceiro episodio de Onda Ciencia abordamos o "discurso de odio", un concepto sobre o existe xa lexislación específica, pero cuxa regulación atinxe tamén a dereitos como a liberdade de opinión e expresión, a non discriminación e a igualdade. Para por un pouco de luz sobre o crecente fenómeno do discurso de odio nos medios de comunicación falamos con tres expertas, profesoras da Universidade da...

Saúde Mental 29.06.2024

A saúde mental é un estado de benestar que permite ás persoas desenvolveren todas as súas habilidades, aprender e traballar adecuadamente e contribuír á mellora da súa comunidade. A saúde mental é, ademais, un dereito humano fundamental. En ONDA CIENCIA dedicamos o segundo episodio desta tempada á saúde mental, para afondar nos factores que poñen en risco o noso benes...

As Matemáticas están en todos lados 17.05.2024

O primeiro episodio desta nova tempada de ONDA CIENCIA leva por título "As Matemáticas están en todos lados" e servirá para abordar a temática das matemáticas, unha ferramenta esencial para alcanzar os obxectivos de desenvolvemento sostible recollidos na Axenda 2030 como a adaptación ao cambio climático ou o obxectivo n.º4 (“Educación de calidade” para todos).Para afondar nas diferentes aplicación...

Intelixencia artificial: retos e potencialidades 01.08.2023

Neste 5º episodio de ONDA CIENCIA, adicado á Intelixencia Artificial abordaremos como o desenvolvemento da intelixencia artificial e dalgunhas das súas ferramentas máis coñecidas están a impactar nas nosas vidas. Queremos coñecer cales son as vantaxes e os campos onde a IA se está a aplicar, pero tamén queremos poñer unha ollada en aqueles aspectos máis controvertidos, ou onde sería preciso unha m...

A profesionalización do deporte. É cousa de homes? 25.07.2023

Para afondar nestas temáticas contamos con catro expertas da Universidade da Coruña do eido das ciencias do deporte, da saúde deportiva e fisioterapia e da comunicación deportiva:     Marta Bobo Arce, especialista en rendemento deportivo e xénero, actividade física e calidade de vida, tamén investiga sobre aspectos vinculados á profesionalización deportiva. ...

Divulgación en galego: utopía ou realidade? 11.07.2023

Neste terceiro episodio de ONDA CIENCIA abordaremos as luces e sombras da divulgación científica en galego. Cando vimos de conmemorar o día das letras galegas, contamos tamén con estatístistas que ilustran que o castelán supera, por primeira vez ao galego como a lingua máis emprega en Galicia. E na ciencia, ¿cal é o papel que desempeña a nosa lingua? Hoxe imos falar de divulgación científica...

Videoxogos: Industria, Entretemento e Valores 20.06.2023

Neste segundo episodio de ONDA CIENCIA “VIDEOXOGOS: INDUSTRIA, ENTRETEMENTO E VALORES” contamos coa participación de 4 expertos da universidade da Coruña:María Luz Castro Pena, Doutora en informática. Coordinadora do Máster de Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos.  I Premio Ada Byron do CPEIGLuís Antonio Hernández Ibáñez. Decano/a - Facultade de Ciencias da Comunicaci...

A liberdade sexual a debate. Exame á lei do "solo sí es sí". 25.04.2023

Neste primeiro episodio de Onda Ciencia analizamos a chamada lei do "solo sí es sí". Para iso contamos cos tres expertas da Universidade da Coruña:Patricia Faraldo Cabana, Catedrática de Dereito Penal da Facultade de Dereito. Ana Neira Pena, profesora de Dereito Procesual e directora da Oficina para a Igualdade de Xénero da UDC.María Teresa Piñeiro Otero. Profesora titular da área de Comunicación...

Onda Ciencia - Trailer 22.04.2023

Onda Ciencia é o programa de divulgación da Universidade da Coruña en CUAC FM, a radio comunitaria da Coruña. Subscríbete para non perderes ningún episodio. Hosted on Acast. See acast.com/privacy for more information.

About the podcast

ONDA CIENCIA é un proxecto de divulgación científica en formato radiofónico, realizado conxuntamente por CUAC FM e a Unidade de Divulgación Científica e Cultural da Universidade da Coruña (Vicerreitoría de Igualdade, Cultura e Deporte).ONDA CIENCIA aborda diferentes temáticas de actualidade dende unha perspectiva crítica e baseada na evidencia científica. O formato do programa é un coloquio no que participarán profesorado e/ou persoas investigadoras da UDC, expertas nunha temática concreta sobre o que versará cada programa. As temáticas a abordar na tempada 2022-2023 serán moi variadas; comezaremos por Violencias sexuais: a “lei do si é si a exame” e continuaremos con cuestións relacionadas cos videoxogos, deporte, intelixencia artificial, lingua e literatura galegas etc.ONDA CIENCIA pode escoitarse a través do 103.4 da FM, no streaming de CUAC cuacfm.org/directo, a través das nosas aplicacións móbiles para Android e Apple, e no podcast.A

Author

Cuac Fm, UDC

Category

Science

Podcast website

feeds.acast.com

Language

GL

Episodes

20

Latest episode

23 Haz 2026

Listen to the Onda Ciencia podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up

Google Play'den indir

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.