Radio Ateneo

Libros para as medras

Arts GL ↓ 112 bölüm

Libros para as medras, foi o título que lle puxen a este programa. Nel imos falar de libros para bebés, para rapazada, para mocidade, para xente que aínda non acabou de medrar.

Yazar

Radio Ateneo

Kategori

Arts

Podcast web sitesi

www.spreaker.com

Son bölüm

16 Haz 2026

Nereden dinlenir?

Uygulamada podcast'ler Replaio Radio Çok yakında

Podcast'ler çok yakında uygulamaya geliyor. Şimdi yükle ve podcast'lere yepyeni bir bakışı ilk gören sen ol

Google Play'den indir Ücretsiz yükle Android 5 Mn+ indirme · 4,8 puan iOS yakında

Bölümler

Día do libro 23.04.2021

Para conmemorar o Día do libro falamos de Memorias dun neno labrego, un dos primeiros Best Sellers da literatura galega e dedicado polo propio Neira Vilas «a todos os nenos e todas as nenas que falan galego».

Chamémoslle banda deseñada, novela gráfica ou cómic 13.04.2021

Nesta podcast falaremos da última obra de Miguelanxo Prado, o noso viñetista máis recoñecido.

Día do libro infantil 02.04.2021

Con este podcast celebramos o Día Internacional do Libro Infantil, un evento anual promovido polo IBBY: a Organización Internacional para o Libro Xuvenil.

Día do teatro 27.03.2021

Neste podcast celebramos o Día do Teatro, unha conmemoración que se vén celebrando o día 27 de marzo dende 1961. A nivel literario podemos pensar que o teatro é a cincenta dos xéneros, o que menos se le, o que menos se escribe, o que menos se publica... pero tamén é certo que o teatro ademais de presentarse en libro, represéntase.

Día da poesía 21.03.2021

Hoxe celebramos o Día da poesía tal e como toca facer: léndoa, escoitándoa, mercándoa e agasallando os seus libros.

Novidades para lectorado experto 16.03.2021

Hoxe traio un par de libros para rapazada a partir dos nove ou 10 anos... A idade sempre é aproximada, as persoas mediadoras coñecemos a competencia lectora, a madurez e os intereses da rapaza ou do rapaz ao que lle imos dar o libro, sabemos se lle pode facer fronte ou se lle vai supor moito esforzo. Coñece algúns títulos de Rosa Aneiros ou X. A. Neira Cruz.

Novidades para quen le sen axuda 10.03.2021

Moi boas e saudables lecturas. Aquí estamos, con varios libros destinados a rapazada que xa le con soltura. Así, as recomendacións de hoxe son Mar de mazá, de Elvira Ribeiro Tobío, e A lavandeira de San Simón, de Eva Mejuto. Escoita o que agochan estes libros para as medras!

Novidades, novidades... 03.03.2021

Neste podcast presentamos varios libros dunha maneira rápida, como unha maneira de abrir unha xanela que esperte a gana de pasar pola libraría e miralos.

Día de Rosalía 24.02.2021

Hoxe celebramos o Día de Rosalía, a poeta que abriu as portas ao Rexurdimento da literatura galega, despois dos Séculos Escuros. É o aniversario do seu nacemento, un día no que se aconsella agasallar un libro en galego e unha flor.

Que non pare a festa 16.02.2021

Non pare a festa! Aínda que xa pasara o entroido… Seguiremos a lembralo e pensar nas máscaras. Como nun desfile noso (e non de Brasil) vai chegando o boteiro, a gárgola, o vellarrón, os charrelos, os chocalleiros, a peliqueira, as teixugueiras, o follateiro, o fedelloso, os felos, a bonita, o madamito e a madama, a barullada, o touro xigante, o cabreiro, o vixigueiro, a marela, o boi, o fedelloso....

Que fai falta? 09.02.2021

Para ter unha mesa, fai falta madeira. Para ter madeira, fai falta a árbore. Para ter a árbore, fai falta a semente. Para ter a semente, fai falta o froito. Para ter o froito, fai falta a flor. Para ter unha mesa, fai falta unha flor.

Posta en valor 28.01.2021

Neste episodio falaremos de libros. Libros en galego; uns escritos nesta lingua, a nosa. Outros traducidos e imos supor que estes son os mellores que nos podían traer doutras linguas.

Libros para as medras podcast'ini Replaio'da dinle

Radyo ve podcast'ler tek uygulamada - ücretsiz, kayıt gerektirmez. Bugün yükle ve lansmanı kaçırma

Google Play'den indir

Replaio bir podcast yayıncısı değildir; program adları, kapak görselleri ve ses içerikleri yazarlarına aittir ve herkese açık RSS beslemeleri aracılığıyla dağıtılır