Radio Municipal de Tui
Informativos
Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.
Nereden dinlenir?
Uygulamada podcast'ler Replaio Radio Çok yakındaPodcast'ler çok yakında uygulamaya geliyor. Şimdi yükle ve podcast'lere yepyeni bir bakışı ilk gören sen ol
Bölümler
Noticias 13.30 h | Mércores, 22 de abril de 2026 22.04.2026 27:09
Neste mércores, 22 de abril, estas son as principais novas que recollemos ne Noticias 13.30 h: - Tui contará cun novo obradoiro de emprego - O cinema galego estará moi presente en Play Doc 2026 - Carlos Fernández Bollo, organista titular da Catedral de León, abre hoxe ás 20 h na Catedral o ciclo 8CentosPes - O tudense Víctor Coyote recibirá o Chimpín de Prata no Festival de Cans - Completas as pra...
Ent. Manuel Martínez, director | Ciclo 8Centos Pes, ciclo de órgano na Catedral de Tui 21.04.2026 11:39
Co gallo do 800 aniversario da consagración da Catedral de Tui dende mañá e até o domingo vaise celebrar o ciclo 8CentosPes no templo catedralicio. O seu director Manuel Martínez, explicou os obxectivos do ciclo, as características do órgano catedralicio, a súa sonoridade, e deu os detalles dos tres concertos previstos. Como novidade a través dunha pantalla poderase ver o traballo do organista cos...
Noticias 13.30 h | Martes, 21 de abril de 2026 21.04.2026 29:44
Neste martes 21 de abril, estas son parte das novas que recollemos en Noticias 13.30 h: - A Policía Local de Tui fai balance das actuacións desenvolvidas durante a Semana Santa e as festas de San Telmo centradas na seguridade preventiva e na atención ás emerxencias cidadás. - O Teatro Municipal de Tui será a sede principal de Play Doc do 29 de abril a 3 de maio - O Maio Solidario mobilizará a 25 p...
Noticias 13.30 h | Luns, 20 de abril de 2026 20.04.2026 29:42
Estas son parte das novas que neste luns, 20 de abril, recollemos en Noticias 13.30 h: - O retablo de Santiago da Catedral recuperou o seu esplendor tras a restauración realizada no mesmo - Películas de Europa, América, África e Asia competirá na sección Internacional de Play Doc - O tudense Dámaso Rodríguez está a percorrer os mil quilómetros que separan Alcalá de Henares e Tui por distintas vías...
Ent. Uxío Benítez, concelleiro de Planificación Estratéxica, Territorial e Económica | "O grilo verde" 20.04.2026 10:20
“O grilo verde” é o nome da marca do novo modelo de xestión de residuos que o Concello de Tomiño vai implantar de forma progresiva para cumprir a normativa europea que establece que para 2030 debe reciclarse o 60% dos residuos, o 65% no 2035. Uxío Benítez, concelleiro de Planificación Estratéxica, Territorial e Económica, explicou as características deste novo modelo que contempla a recollida port...
Noticias 13.30 h | Venres, 17 de abril de 2026 17.04.2026 30:53
Estas son as novas que neste venres, 17 de abril, recollemos en Noticias 13.30 h: - Ás seis da tarde preséntase as obras de restauración do retablo de Santiago na Catedral - Valentín Carrera presenta ás 20 h no Espazo Sociocultural a primeira viaxe a Australia de Rosendo Salvado no libro "El Mundo desde Abajo" - Concerto Aura Mundo este domingo ás 18 h na Catedral de Tui cun percorrido musical pol...
Noticias 13.30 h | Xoves, 16 de abril de 2026 16.04.2026 28:12
Estas son as novas que neste xoves, 16 de abril, no que a Radio Municipal de Tui cumpre 33 anos, recollemos en Noticias 13.30 h: - Os Sambenitos da Catedral expóñense dende hoxe en Ávila - O cinema Galego actual, do pasado e do futuro, estará moi presente en Play Doc - Valentín Carrera presenta mañá en Tui o seu libro "El mundo desde abajo" centro na primeira viaxe a Australia de Rosendo Salvado -...
Noticias 13.30 h | Mércores, 15 de abril de 2026 15.04.2026 30:46
Estas son as principais novas que neste mércores, 15 de abril, recollemos en Noticias 13.30 h: - Tui e o municipio italiano de Viterbo dan os primeiros pasos de traballo conxunto coa sinatura dun protocolo de intencións - España e Portugal analizan en Tui os principais retos de xestión da auga no marco do convenio de Albufeira - Mañá inaugúrase en Ávila a exposición sobre os Sambenitos da Catedral...
Ent. Ángel Sánchez, codirector do Play Doc | Competición Galicia, Sombras 03 e Coming Soon 15.04.2026 8:43
Continuamos coñecendo contido e programación do 22º Festival Play Doc, que se celebra en Tui dende o 29 de abril ao 3 de maio. Hoxe o seu codirector, Ángel Sánchez, avanzou a Competición Galicia, Sombras 03 e Coming Soon.
Ent. Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal - Reunión co conselleiro de Sanidade 15.04.2026 7:28
A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, reuniuse co conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, para abordar a situación do centro de saúde rosaleiro tanto pola falla de persoal coma pola construción dun novo centro. A rexedora rosaleira fixo balance do encontro.
Noticias 13.30 h | Martes, 14 de abril de 2026 14.04.2026 22:54
A actualidade informativa deste martes, 14 de abril, recollémola en Noticias 13.30 h: - O Tribunal de Instancia de Tui decreta que non é competente para encargar á UCO a investigación do caso Déborah - A Gardia Civil de Tui investiga un presunto delicto simulado de robo con escalo nunha vivenda - Esta tarde celébrase en Tui a Xornada hispano-portuguesa de participación pública Organizada pola Conf...
Noticias 13.30 h | Venres, 10 de abril de 2026 10.04.2026 34:04
Estas son as principais novas que neste venres, 10 de abril, recollemos en Noticias 13.30 h: - Completamos a rolda de conversas tras o pleno de marzo con Nico Montes, voceiro do PP, e con Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, con quen abordamos tamén outros temas da actualidade - A armada desenvolveu hoxe no Miño o exercicio de seguridade MARSEC 2026 cun simulacro de rescate - Tui celebra a fin de se...
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Rolda pleno marzo 10.04.2026 34:04
Co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, pechamos hoxe a rolda de conversas tras o pleno ordinario do mes de marzo. Amais desta cuestión Enrique Cabaleiro, referiuse á solicitude do PP. Tamén falamos das festas de San Telmo e confirmou que a procesión de San Telmo pasará o luns por Augusto González Besada.
Ent. Nico Montes, voceiro do Partido Popular | Rolda pleno marzo 10.04.2026 33:29
O voceiro do Partido Popular, Nico Montes, participou hoxe na rolda de conversas tras o pleno ordinario de marzo. Antes de abordar os asuntos tratados na sesión plenaria referiuse á esixencia do grupo popular de que o concelleiro de Urbanismo sexa apartado temporalmente das súas funcións ata que se esclareza o caso de presunto delito de acoso laboral.
Noticias 13.30 h | Xoves, 9 de abril de 2026 10.04.2026 26:02
As novas deste xoves, 9 de abril, recollémolas en Noticias 13.30 h: - As obras de modernización da Liña do Miño conlevan que durante case un ano parte do traxecto entre Vigo Guixar e Guillarei e Valença se realice por estrada - O Concello de Tui reafirma o seu compromiso coa protección laboral e a transparencia administrativa - Concerto do alumnado do Conservatorio e teatro co grupo Aloia hoxe xov...
Noticias 13.30 h |Mércores, 8 de abril de 2026 08.04.2026 24:47
Estas son as prinicipais novas que neste mércores, 8 de abril, recollemos en Noticias 13.30 h: - O paro baixou en Tui en 58 persoas até as 894 inscritas no Servizos Públicos de Emprego - O PP esixe ao alcalde que aparte de forma temporal das súas funcións ao concelleiro de Urbanismo até que se esclareza o caso de presunto delito de acoso laboral - O concelleiro non adscrito José Palacín sinala que...
Ent. Ángel Sánchez, codirector de Play Doc | Cinema Percorridos e cinema mudo 08.04.2026 4:36
O festival de cine Play Doc levará parte da súa programación a espazos históricos de Tui con sesións de cine mudo con música en directo e propostas de cine expandido e creación experimental en vivo. Hoxe coñecemos os detalles desta iniciativa con Ángel Sánchez, codirector de Play Doc.
Noticias 13.30 h | Martes, 7 de abril de 2026 07.04.2026 31:19
Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - O paro baixo en 78 persoas no Baixo Miño en marzo até as 2.4 47 inscritas no Servizo Público de Emprego - Carmen Núñez, voceira do BNG, interveu hoxe na rolda de entrevistas tras o pleno ordinario de marzo - O número de peregrinos no Camiño Portugués subiu nun 18% en marzo con respecto a 2025 - O Concello de Tui contratará a...
Ent. Carmen Núñez, voceira do BNG | Rolda pleno mes de marzo 07.04.2026 20:38
Con Carmen Núñez, voceira do BNG, continuamos hoxe a rolda de conversas cos representantes dos grupos políticos da corporación municipal de Tui tras o pleno ordinario do pasado mes de marzo.
Noticias 13.30 h | Luns, 6 de abril de 2026 06.04.2026 32:37
Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - Tui contará neste 2026 cos orzamentos máis alto da súa historia - José Palacín, concelleiro non adscrito, abre a rolda de conversas tras o pleno ordinario de marzo - A presidenta do Celta destacou no seu pregón das festas de San Telmo a identidade tudense e o celtismo - Marga do Val e o TYDE recoñecidos co premio Cidade de Tu...
Ent. José Palacín, concelleiro non adscrito | Rolda pleno ordinario marzo 06.04.2026 26:24
Hoxe abrimos con José Palacín, concelleiro non adscrito a rolda de entrevistas cos representantes dos grupos políticos da corporación tras o pleno ordinario do mes de marzo.
Noticias 13.30 h | Mércores, 1 de abril de 2026 01.04.2026 31:13
Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h
Noticias 13.30 h | Martes, 31 de marzo de 2026 31.03.2026 25:19
- Pesegueiro e Caldelas de Miño son as novas denominacións destas parroquias tudenses segundo o Nomenclator aprobado onte - O Espazo Feira e o Espazo Sociocultural acollerá os concertos das Festas de San Telmo con Puño Dragón, La Fuga, Ñu, The Pileides, Ola de Calor e The Sibaritas - Hoxe ás 19 h sae da Oficina de Turismo a visita guiada polo legado xudeu da cidade para conmemorar o Día da Cultura...
Noticias 13.30 h | Luns, 30 de marzo de 2026 30.03.2026 31:45
- Conta atrás para as festas de San Telmo que comezarán de xeito oficial co pregón a cargo da presidenta do Celta, Marián Mouriño - A misa crismal e a visita aos monumentos actos da Semana Santa en Tui este mércores e xoves - Restos romanos do século I ao IV dC foron atopados nas sondaxes arqueolóxicas da praza do Pracer - Visita guiada ao legado da cultura xudía mañá martes en Tui - O Cineclub Tu...
Noticias 13.30 h | Venres, 27 de marzo de 2026 27.03.2026 29:51
Estas son as principais novas que recollemos hoxe venres, 27 de marzo, en Noticias 13.30 h: - Aprobados os orzamentos de 2026 do Concello de Tui cos votos a favor do PSOE e do concelleiro non adscrito. Abstívose o BNG e votou en contra o PP - A unidade móbil de doazón de sangue está hoxe en Tui - Hoxe ás 19.30 h preséntase o libro "As murallas de Tui" de Rafael Sánchez Bargiela - Derradeiro venres...
Benzer podcast'ler
Replaio bir podcast yayıncısı değildir; program adları, kapak görselleri ve ses içerikleri yazarlarına aittir ve herkese açık RSS beslemeleri aracılığıyla dağıtılır