Radio Municipal de Tui
Informativos
Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.
Nereden dinlenir?
Uygulamada podcast'ler Replaio Radio Çok yakındaPodcast'ler çok yakında uygulamaya geliyor. Şimdi yükle ve podcast'lere yepyeni bir bakışı ilk gören sen ol
Bölümler
Noticias 13.30 h | Luns, 18 de maio de 2026 18.05.2026 31:58
Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - Tui recibirá 140 mil euros do Plan +Provincia para para o servizo de roza e limpeza nas marxes das vías de titularidade municipal - Tui celebrou onte as Letras Galegas con libros, música e historias, nunha xornada cun marcado carácter festivo - O Concello de Tui recibiu a doazón dun traxe tradicional tudense que pertecenteu a...
Noticias 13.30 h | Venres, 15 de maio de 2026 15.05.2026 32:47
Estas son as principais novas que hoxe, venres 15 de maio, recollemos en Noticias 13.30 h: - Tui celebra as Letras Galegas coa XXVII Feira do Libro Galego este domingo - O voceiro do PP Nico Mones reuniuse coa deputada de Infraestruturas para abordar a mellora da seguridade na EP-2505 - Ás 19 h inaugúrase na Sala Municipal de Tui a exposición “Reflexións coa voz tapada” de Xulio M. Sigüenza - Merc...
Noticias 13.30 h | Xoves, 14 de maio de 2026 14.05.2026 25:26
Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - Tui celebra este domingo as Letras Galegas coa XXVII Feira do Libro Galego - Once zonas de baño do Baixo Miño, entre elas Areeiros e O Penedo en Tui, figuran na listaxe de augas de baño correspondentes á tempada 2026 - Xulio M. Sigüenza inaugura mañá venres ás 19 h a exposición “Reflexións coa voz tapada” na Sala Municipal de...
Noticias 13.30 h | Mércores, 13 de maio de 2026 13.05.2026 25:36
Neste mércores, 13 de maio, estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h: - Tui promociona o libro e a lectura coa participación de máis de 650 escolares dos centros educativos en Tui Le - O xoves 21 celébrase no Espazo Sociocultural tudense a xornada formativa “Comercialización e marketing para os produtos do rural”. A inscrición está aberta en galiciasuroeste.gal - Curso de v...
Noticias 13.30 h | Martes, 12 de maio de 2026 12.05.2026 29:53
Estas son as principais novas que hoxe martes, 12 de maio, recollemos en Noticias 13.30 h: - A liña cuántica de Galicia chegará até Valença - O concello de Tui ten aberto até o 5 de xuño o prazo para presentar as solicitudes das fogueiras de San Xoán. Este ano débesen comunicar as fogueiras a realizar en espazos privados e aumenta a distancia a un mínimo de 25 metros entre a fogueira e casas, árbo...
Noticias 13.30 h | | Luns, 11 de maio de 2026 11.05.2026 29:53
Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - Tui segundo punto de partida de peregrinos en todas as vías xacobeas - As cartas de Francisco Rodríguez Otero doadas polo historiador Bieito Alonso incorpóranse ao Arquivo Municipal de Tui - O Encontro de Viños da Raia de Tui recibiu hoxe a Certificación Festa Sostible de Galicia Suroeste - Xornada formativa sobre marketing p...
Noticias 13.30 h | Venres, 8 de maio de 2026 08.05.2026 31:11
Neste venres 8 de maio, estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h: - A nave frigorífica de ORPAGU en Areas acada as 5 mil toneladas de almacenaxe nunha ubicación estratéxica - O Concello de Salceda Salceda recorrerá a sentenza do Tribunal de Instancia de Pontevedra sobre o aeródromo - Cruz Vermella Baixo Miño atendeu a case mil persoas na comarca en 2025 - Tui acollerá o xov...
Ent. Agustín Martínez, presidente, e Jacobo Gregores, adestrador do Balonmán Tui - Final 4 Ascenso 08.05.2026 5:41
O equipo senior do Balonmán Tui xógase esta fin de semana o ascenso a primeira na Final 4 que se disputará no pavillón Pablo Herbello de Bueu. Agustín Martínez, presidente, e Jacobo Gregores, adestrador, explicaban como están ante esta Final 4. O primeiro partido que disputarán será mañá sábado ás 11 h ante o SAR GlobalMar. Ás 13 h xogarán o Parrillada La Ronda Arteixo co Hotel Carlos I Silgar San...
Noticias 13.30 h | Xoves, 7 de maio de 2026 07.05.2026 28:11
Hoxe xoves, 7 de maio, estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h: - O tudense Dámaso Rodríguez completou hoxe os 1.165 kms que separan Alcalá de Henares e Tui a través de Camiños de Santiago. Este mediodía foi recibido no Concello - O Tribunal de Instancia de Pontevedra anula a autorización para construír un aeródromo en Salceda de Caselas tras o recurso interposto pola Comu...
Noticias 13.30 h | Mércores, 6 de maio de 2026 06.05.2026 28:26
Neste mércores, 6 de maio, estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h: - O paro baixou en 66 persoas no mes de abril no Baixo Miño, até ás 2.381 persoas inscritas nos Servizos Público de Emprego - Alumnado de 10 universidades europeas proporán experiencias turísticas para a Eurocidade Tui-Valença - ADIF ten en fase de contratación a redacción dos proxectos de mellora do tramo...
Noticias 13.30 h| Martes, 5 de maio de 2026 05.05.2026 26:49
Neste martes, 5 de maio, estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h: - Alumnado e profesorado de dez universidades visitan a Eurocidade Tui-Valença nun proxecto Erasmus - A AECT Río Miño captou o ano pasado case 4 millóns de euros - SOS Tomiño Baixo Miño celebrará o seu xantar solidario o 28 de xuño - “Desexando Amar” de Wong Kar-Wai abre a proxeccións deste mes de maio no Ci...
Ent. José Carlos Fernández, adestrador do CF Guillarei | O Guillarei logrou o ascenso 04.05.2026 4:18
O CF Guillarei militará a próxima temporada en Segunda Futgal tras vencer onte na Gándara 6-2 ao Pontellas. Agora réstalles só un punto para proclamarse amais Campións de Liga. Así nolo contaba José Carlos Fernández, adestrador do CF Guillarei, quen destacou coma a aficción encheu o campo, no que onte se viviu xa toda a unha festa.
Ent. Ana Núñez, concelleira de Formación e Emprego | Cursos gratuítos con compromiso de contratación 04.05.2026 5:50
O Centro Municipal de Formación acollerá mañá martes 5 de maio, ás 9.30 h unha charla informativa e entrevista individual para os cursos gratuítos con compromiso de contratación que oferta empresa do sector alimentación. Hoxe coñecemos máis detalles desta formación coa concelleira de Formación e Emprego do Concello de Tui, Ana Núñez.
Noticias 13.30 h | Luns, 4 de maio de 2026 04.05.2026 29:25
Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - Amílcar de Miguel Eek foi a gañadora da Competición Internacional en Play Doc - Xiana do Teixeiro con "Crías" e "Furada Negra" de Berio Molina gañadores en Competición Galicia - 19.131 persoas realizaron o Camiño Portugués en abril, das que 4.186 sairon dende Tui - Charla informativa sobre cursos con compromiso de contratació...
Ent. Eloy Domínguez Serén | Obradoiro de Cinema en Play Doc 30.04.2026 4:56
Eloy Domínguez Serén dirixe o obradoiro de cinema que dende hai seis edicións se realiza dentro da programación de Play Doc. Cada ano as persoas que participan, veciños e veciñas de Tui e da contorna achégannos a súa do tema proposto na actividade. Este ano o son é o protagonista. O domingo ‘ás 11 h no Teatro Municipal poderemos ver as obras resultantes destes meses de traballo.
Noticias 13.30 h | Xoves, 30 de abril de 2026 30.04.2026 31:27
Neste xoves, 29 de abril, estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h: - Tui capital do cinema até este domingo da man de Play Doc - Once persoas traballan con Eloy Domínguez Serán no obradoiro de cinema entorno ao son - A Gardia Civil de Cuntis investiga a 2 veciños de Tui e 1 da Guarda pola súa presunta implicación en varias estafas por valor de 7 mil € - Patrimonio, naturez...
Noticias 13.30 h | Mércores, 29 de abril de 2026 29.04.2026 29:19
Neste mércores, 29 de abril, estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h: - O Xulgado de Instancia nº3 de Tui arquivou provisionalmente a denuncia contra o alcalde de Tui por indicios dun posible delito de acoso . Asi llo comunicou hoxe ao propio rexedor tudense, quen onte reuniu á xunta de portavoces - O PP de Tui emitiu un comunicado tras a xunta de portavoces de onte no que...
Ent. Manuel Ángel González, presidente do Club Remo do Miño | Campionato Galego e de España 29.04.2026 4:33
O Club Remo do Miño foi primeiro por clubs esta fin de semana no Campionato Galego de Remo con 5 medallas de ouro, 2 prazas e 2 de bronce. O presidente do Remo do Miño, Manuel Ángel González, amosou a súa satisfacción por este resultado destacando a victoria do 8 absoluto xa que a embarcación estivo formada por remeiros junior. Ademais, esta fin de semana desprazaranse a Legutiano para competir no...
Ent. David Domínguez | Distinción ao Mérito Deportivo de Galicia 2025 28.04.2026 4:20
O Tyde FC recibirá mañá na Coruña a Distinción ao Mérito Deportivo de Galicia de 2025. O presidente do Tyde, David Domínguez, destacaba que para o club é unha honra e un orgullo, sinalando que é un recoñecemento aos cen anos do club. Tamén se referiu á exposición conmemorativa deste centenario que se pode visitar na Sala Municipal no edificio Francisco Sánchez.
Noticias 13.30 h | Martes, 28 de abril de 2026 28.04.2026 27:12
Estas son as principais que hoxe, martes 28 de abril, recollemos en Noticias 13.30 h: - Cortada ao tráfico rodado por obras de mellora do saneamento a rúa Bispo Maceira - Vinte persoas formaranse no Obradoiro Dual de Emprego Senda Río Miño Tramo San Martiño - Conta atrás para a inauguración do XXII Play Doc que converte a Tui na capital do cinema - A Cámara de Comercio de Tui participou en Santand...
Ent. Ana Núñez, concelleira de Formación e Emprego | Obradoiro Dual de Emprego Senda Río Miño Tramo San Martiño 28.04.2026 12:40
Vinte persoas se formarán no Obradoiro Dual de Emprego Senda Río Miño Tramo San Martiño que o Concello de Tui ten previsto comezar o 1 de xuño. Contará con dúas especialidades Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes e Traballos de carpintería e moble. Executará a senda fluvial dende a vella Ponte Internacional até o límite co termo municipal de Tomiño na parroquia de Areas. A co...
Noticias 13.30 h | Luns, 27 de abril de 2026 27.04.2026 30:15
Neste luns, 27 de abril, estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h: - O proxecto Integrasaúde impulsa a investigación sanitaria transfronteiriza entre Galicia e o Norte de Portugal - O PP esixe a comparecencia urxente en pleno do alcalde de Tui - Este mércores ás 20.30 h inaugúrase a viséximo segunda edición de Play Doc - O cineasta afincado en Tui Roi Rodríguez estrea este...
Noticias 13.30 h | Venres, 24 de abril de 2026 24.04.2026 28:14
Neste venres, 24 de abril, estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h: - O alcalde de Tui afirma que nestes momentos non hai ningunha dilixencia cara el en calidade de investigado - Os IES tudenses San Paio e Indalecio Pérez entre o centenar de centros educativos que participaron hoxe na xornada de radio Ponte nas Ondas - Concertos de Enrique Martín-Laguna e Loreto Aramendi n...
Ent. Enrique Martín-Lago, organista - Concerto na Catedral no ciclo 8CentosPes 24.04.2026 6:34
Hoxe venres, ás 20 h, Enrique Martín-Laguna, organista titular da Catedral de Xetafe, ofrecerá un concerto na Catedral de Tui, dentro do ciclo 8CentosPes. Avanzounos o programa que vai interpretar, e detallou as diferencias entre o órgano de Xetafe e o tudense.
Noticias 13.30 h | Xoves, 23 de abril de 2026 23.04.2026 29:19
Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - Tui avanzará coa senda do Miño en Areas co novo obradoiro de emprego - Play Doc converterá, un ano máis, a Tui na capital do cinema do 29 de abril ao 3 de maio - A Radio Municipal de Tui súmase mañá á Xornada Radiovisual Interescolar de Ponte nas Ondas cun especial dende Agrupamento de Escolas Muralhas do Minho en Valença - O...
Benzer podcast'ler
Replaio bir podcast yayıncısı değildir; program adları, kapak görselleri ve ses içerikleri yazarlarına aittir ve herkese açık RSS beslemeleri aracılığıyla dağıtılır