Efervesciencia
Efervesciencia
Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos. Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21 horas. Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades)Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación. Os podcast con numeración corresponden a programas íntegros.. www.efervesciencia.org
Nereden dinlenir?
Uygulamada podcast'ler Replaio Radio Çok yakındaPodcast'ler çok yakında uygulamaya geliyor. Şimdi yükle ve podcast'lere yepyeni bir bakışı ilk gören sen ol
Bölümler
Efer 703 (20-3-24): Unha fenda na Enerxía Escura 06.05.2025 55:25
(0:24) Non está documentado que Einstein dixera que a introdución do termo cosmolóxico fora a maior metida de zoca da súa vida. Pero a súa constante cosmolóxica é, ata o de agora, unha chave de bóveda do que sabemos do universo. (6:11) O noso ornitólogo Nacho Munilla explícanos o papel recentemente descuberto da biofluorescencia das aves do paraíso. (20:54) Efeméride do 20 de marzo do Calendario d...
Como se moven as pedras da costa con Alejandro Gómez Pazo [Versión estendida] 06.05.2025 34:12
[Versión estendida] Alejandro Gómez Pazo, xeógrafo e profesor axudante doutor na Universidade de León, estuda a dinámica das pedras costeiras. TaméndDramatizamos o relato "Pedra, area, balea" de Noelia Rodríguez que gañou a XIII edición do concurso Inspiraciencia, convocado pola delegación do CSIC en Cataluña, na categoría de textos en galego.
Efer 702 (13-3-25): Pedra, area, balea 05.05.2025 55:54
(0:21) Einstein pasou de esguello por Galicia hai 100 anos. (4:39) Wicho deixa en evidencia os bulos sobre astronautas abandonados na Estación Espacial Internacional. (13:37) Alejandro Gómez Pazo, xeógrafo e profesor axudante doutor na Universidade de León, estuda a dinámica das pedras costeiras. (24:24) Dramatizamos o relato "Pedra, area, balea" de Noelia Rodríguez que gañou a XIII edición do con...
Efer 701 (6-3-25): O Calendario da Historia da Ciencia 04.05.2025 56:58
(2:00) Moncho Núñez está nun lugar secreto. (4:24) Julio Rodríguez cóntanos na súa "Bitácora do Beagle" como a terapia xénica abre vías de curación de cegueiras causadas por retinoses pigmentarias. (18:34) Moncho Núñez preséntanos o seu libro "O Calendario da Historia da Ciencia" (41:43) Cantos tipos diferentes de fluídos hai nunha vaxina? Ten a resposta a sexóloga e xornalista Laura Veiga.
Efer 700 (27-2-25): Sons para estudar os fondos costeiros 22.04.2025 58:16
(2:04) A empresa porriñesa Biofabri do grupo Zendal é a fabricante en exclusiva da única vacina contra a tuberculose pulmonar, a MTBVAC, e impulsora dos seus ensaios clínicos. Veñen de anunciar o inicio dun novo ensaio clínico de fase 2b desta vacina, neste caso con adolescentes e adultos. Conversamos co CEO de Biofabri, Esteban Rodríguez. (17:10) Resolvemos onde estaba Luis Muiño no noso concurso...
Efer 699 (20-2-25): A febre do ouro das sambesugas 19.04.2025 57:58
(0:25) Descobren que os ratos axudan aos seus conxéneres cando perden o coñecemento practicando unha especie de RCP. (5:33) A xornalista e sexóloga Laura Veiga fálanos dos libros de autoaxuda menstrual. (17:15) Damián Copena, do Grupo de investigación en Estudios de Historia Empresarial e sectorial da Pesca, Industria e Comercio (GESPIC) da USC, publicou xunto con María Gómez un traballo na revist...
Efer 698 (13-2-24): A trampa do amor con Luis Muiño 26.03.2025 57:48
(2:17) Luis Muiño fálanos desde un lugar secreto na nosa sección "Un libro, un autor, un lugar" (6:12) Bibiana García Visos explícanos cal é a infraestrutura que permite que teñamos auga da billa nas nosas casas. (15:34) Conversamos co psicólogo Luis Muiño sobre o seu libro "A trampa do amor. Unha reflexión contra o amor romántico. Unha guía para o amor san"
Efer 697 (6-2-25): Radiografía do populismo científico en España 16.03.2025 59:25
(2:23) Estíbaliz Espinosa explora a ciencia e a poesía dos asteroides, dende o asteroide Bennu e as súas mostras de aminoácidos ata o asteroide 2024 YR4 e o protocolo de seguridade planetaria da ONU. (19:43) Maite Vence tráenos rutas Observer para ver paxaros. (25:50) Celia Diaz, socióloga do Grupo Trans Soc da Universidade Complutense de Madrid, debúllanos o primeiro informe sobre confianza na ci...
Efer 696 (30-1-25): Bioplásticos sostibles para textil, envases e calzado 10.03.2025 1:00:33
(3:14) Os mellores ceos do mundo para a observación astronómica están en perigo. Os observatorios do deserto de Atacama están a piques de quedar cegos. Conversamos con Pedro Sanhueza, experto en contaminación luminosa, consultor independente e ex-xefe da Oficina de Calidade do Ceo do Norte de Chile. (18:04) O proxecto europeo "Waste2Biocomp" emprega bacterias alimentadas con augas residuais da ind...
Guía do Ceo de Inverno 24: Eclipses 10.03.2025 10:56
Guía do Ceo de Inverno con Xabier Pérez Couto, @astroxabi. Conversamos sobre ananas brancas, os planetas visibles estes días, a eclipse lunar do venres 15 de marzo e a eclipse solar do 29 de marzo.
Efer 695 (23-1-25): Entender o TDAH 23.02.2025 59:25
(2:46) Hai relación entre a dor menstrual e a incomodidade co teu corpo? Usar o sostén fai que caian os peitos? A nosa sexóloga de cabeceira é Laura Veiga. (10:43) Rutas polos nosos dolmens con Maite Vente de Observer, Turismo Cientifico. (15:12) Solución de "Onde está Conchi Lillo?" (18:56) A día de hoxe o Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade segue a ser incomprendido pola sociedad...
A trampa do amor con Luis Muiño [Versión estendida] 17.02.2025 59:14
Conversamos co psicólogo Luis Muiño sobre o seu libro "A trampa do amor. Unha reflexión contra o amor romántico. Unha guía para o amor san"
Efer 694 (9-1-25): Psicomitos 12.02.2025 56:39
[4:54] En "Cambio de fase" Daniel Pizarro reseña a banda deseñada Logicómix. [21:44] Fátima Garcia Doval vén de publicar "Psicomitos"
Efer 693 (2-1-25): Piano Bar Sesión 2 09.02.2025 55:41
Segunda parte da sesión Efer Piano Bar gravada no pub Camalea de Santiago para repasar a mellor ciencia do ano co piano de Juanjo Fernández e os nosos colaboradores Nacho Munilla, Susana Ladra, Xabier Pérez Couto, Rosa Pedrido, Julio Rodríguez, Estíbaliz Espinosa e César Goldi.
Efer 692 (1-1-25): Piano Bar Sesión 1 (Versión estendida) 03.02.2025 1:08:10
[Versión estendida] Efer Piano Bar Sesión 1 gravada no pub Camalea de Santiago para repasar a mellor ciencia do ano co piano de Juanjo Fernández e os nosos colaboradores Nacho Munilla, Susana Ladra, Xabier Pérez Couto, Rosa Pedrido, Julio Rodríguez, Estíbaliz Espinosa e César Goldi. Eva Poveda, directora do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur, debúllanos o achado do ano da revista Sci...
Efer 691 (26-12-24): Desde o AstroGalicia, cazadores dos raios cósmicos máis enerxéticos 01.02.2025 55:52
Asistimos á X edición do Astrogalicia, a festa galega da astronomía, que tivo lugar en Arzúa. (1:42) A betanceira Alba Fernández Barral é a xefa de comunicación do experimento que vai medir os raios cósmicos máis enerxéticos do universo, o CTAO. Rubén López Coto é investigador do Instituto Astrofísico de Andalucía e emprega intelixencia artificial para clasificar os sinais dos telescopios Cherenko...
Efer 690 (25-12-24): Os nomes dos paxaros 22.01.2025 57:40
(1:50) A Real Academia Galega publica os nomes oficiais de 600 especies de aves. Este é o resultado de anos de traballo entre terminólogos e ornitólogos. Conversamos con Manuel González, director do dicionario da RAG, e os ornitólogos Cosme Damián Romai e Xosé Manuel Penas Patiño. (31:15) Rosa Arroyo é coordinadora do Observatorio contra as pseudociencias, pseudoterapias, intrusismo e sectas sanit...
Efer 689 (12-12-24): Abre os ollos 20.01.2025 58:57
(3:34) Conchi Lillo fálanos desde un lugar secreto na nosa sección "Un libro, un autor, un lugar" (5:48) Repasamos a actualidade aeroespacial con Wicho. (21:48) Conversamos coa neurocientífica Conchi Lillo sobre mitos relacionados coa visión ao fío do seu libro "Abre os ollos"
Efer 688 (28-11-24): Arqueoloxía dos puticlubs 20.01.2025 57:38
(2:56) Os orgasmos alivian a dor menstrual? Explícanolo Laura Veiga. (16:02) Asistimos ao IV Encontro Oportunius e conversamos con Carmen Cotela (directora de GAIN) e o investigador do CIQUS Manuel Souto. (26:23) Xurxo Ayán e Carlos Otero estudan desde a arqueoloxía os prostíbulos abandonados de Galicia. Os restos materiais cóntannos historias de explotación que poñen un espello á nosa sociedade.
Pseudoterapias con Rosa Arroyo [Versión estendida] 19.01.2025 21:56
Rosa Arroyo é coordinadora do Observatorio contra as pseudociencias, pseudoterapias, intrusismo e sectas sanitarias da Organización Médica Colexial. Con ela falamos sobre como detectar e loitar contra as pseudoterapias.
Efer 687 (21-11-24): As aventuras de Rodríguez e dous franceses [Radioteatro no Colón] 19.01.2025 58:01
Programa especial desde o Teatro Colón da Coruña no festival Coruña Comunica Ciencia. (0:16) Radioteatro "As aventuras de José Rodríguez e dous franceses" en directo coas voces de Avelino González, Caxoto, Manu Fernández e Estíbaliz Espinosa, o piano de Juanjo Fernández e o contexto de Xabier Pérez Couto. (44:48) Conversamos con David Ballesteros e Quantum Fracture (José Luis Crespo) sobre o festi...
A ecuación do "imprevisible" movemento gatuno 09.12.2024 18:38
Son os gatos imprevisibles? O físico do IGFAE Anxo Fariña vén de publicar en American Journal of Physics as ecuacións de movemento do movemento gatuno.
Efer 686 (14-11-24): Enerxía nuclear con @operadornuclear 09.12.2024 56:05
(3:09) No espazo dedicado á Axencia Galega de Innovación GAIN coñecemos a futura ampliación do CESGA, o Centro de Supercomputación de Galicia (9:12) No primeiro reactor nuclear da historia un home cun machado tiña a misión de deixar caer unha barra de control pendurada dunha corda no caso de que se desbocase a reacción. Para coñecer como é hoxe en día a industria nuclear conversamos con Alfredo Ga...
Enerxía nuclear con @operadornuclear [Versión estendida] 09.12.2024 45:58
[Versión estendida] No primeiro reactor nuclear da historia un home cun machado tiña a misión de deixar caer unha barra de control pendurada dunha corda no caso de que se desbocase a reacción. Para coñecer como é hoxe en día a industria nuclear conversamos con Alfredo García (@operadornuclear), supervisor nuclear na central de Ascó, enxeñeiro e licenciado en comunicación audiovisual.
O ordenador cuántico do CESGA desvela o "sabor" de frescor 22.11.2024 20:28
Desentrañan co ordenador cuántico do CESGA, o Qmio, os secretos do frescor que chega á túa boca cando tomas, por exemplo, un mojito. Este é un traballo interdisciplinario no que participaron as doutoras María Paredes, técnica de I+D de "Hijos de Rivera", e Mariamo Mussa, técnica de comunicacións cuánticas do CESGA.
Benzer podcast'ler
Replaio bir podcast yayıncısı değildir; program adları, kapak görselleri ve ses içerikleri yazarlarına aittir ve herkese açık RSS beslemeleri aracılığıyla dağıtılır