Miguel Anjo gonzalez garcía
Conselleiro Molotov
Programa de debate político centrado na comarca de Ferrolterra que terá en principio a emisión duas sextas feiras ao mes con horario de 18.30 h a 20h. Ademais de eu que serei o moderador teremos a presencia habitual de catro colaboradoras 50-50 en xenero as cales abarcan un espectro politico variado : Decrecentistas, esquerda española, nacionalistas galegas.
Podcast'in sitesini ziyaret etmeyi ve yapımcısını desteklemeyi unutma: www.ivoox.com
Yazar
Miguel Anjo gonzalez garcía
Kategori
Podcast web sitesi
Son bölüm
6 Nis 2024
Nereden dinlenir?
Uygulamada podcast'ler Replaio Radio Çok yakındaPodcast'ler çok yakında uygulamaya geliyor. Şimdi yükle ve podcast'lere yepyeni bir bakışı ilk gören sen ol
Bölümler
Cuba socialista! 06.04.2024 2:05:24
No episodio de onte, escoitamos o audio da entrevista que fixo fernando un dos nosos colaboradores a Moncho Leal sobre Francisco Villamil un heroe galego da loita independentista cubana contra o imperio español e ademais falamos tamén da situación pasada e actual da isla. Tamém Moncho nos contou o traballo e a historia desta asociación para despois abrir un debate entre nós
Ha que dar batalla! 23.03.2024 1:59:12
No episodio de onte, falamos com Pepe, cordinador do grupo de xubilados da CIG Ferrolterra e com Nicasio, da plataforma de traballadores e pensionistas de ferrolterra, sobre o sistema público de pensións, a súa viabilidade e o seu inicio de privatización por parte do PSOE-PODEMOS-SUMAR. Nas dúas horas de programa analizamos..................................
Gobernados por mentireiros 16.03.2024 2:26:08
No episodio de onte, falamos coa profesora liberada da CIG- ensino olaiha, profesora que nos falou dos grandes deficits que teñe o noso ensino público, por mor das políticas de recortes na ensinanza, e ao mesmo tempo co desvío de inxentes moreiras de cartos públicos, cara o ensino privado. Falamos tamén do 20 aniversario do 11-M
Xustiza e Reparación 24.02.2024 1:48:01
Neste programa falamos da lei de memoria historica e democratica cos promotores do monumento, que o dia seguinte deste programa íase inagurar em Canido. Falamos do que recolle a lei, mais tamén, das súas eivas. Os entrevistados foron Anxo Currás, Tom Blanco e Dongil, os cales, son xunto cun compañeiro deles morto os que...........................
Unha nova Nakba 10.02.2024 1:54:10
No programa de onte, falamos sobre a historia de Gaza e Palestina, co Dr Amir Ismail, médico traumatólogo gazati, o cal, nos falou da historia de Palestina e como foi paso a paso o povo palestino arrinconado na súa propria terra e expulsado da súa patria de xeito forzoso, polos sionistas israelies, coa complicidade dos EUA-UK-UE
Sindicalistas na cadea corruptos no poder! 27.01.2024 2:16:09
No programa de onte, entrevistamos ao compañeiro sindicalista desde vai un tempo xa xubilado, o compañeiro PIntos, co cal, coversamos sobre sindicalismo e ademais, da inxusta, desproporcionda, infame e cobarde agresion, que sufriu no 2012, por parte da policia española, xunto co trato vexatorio e humillante, que lle deron na comisaria de Ferrol e nos xulgados
Bibliotecas? Si grazas! 13.01.2024 2:01:50
No programa de onte tivemos de invitada a Fanny portavoz sindicalista das traballadoras das bibliotecas municipais de Ferrol as cales levan loitando por ofrecer un servizo a cidadanía que este a altura do momento historico que nos esta a tocar a vivir. Desde Xaneiro volveuse a unha situación precaria quer nos horarios quer nos servizos que presta.......
MIGRANTES XERADORES DE RIQUEZA 23.12.2023 2:08:01
No programa de onte falamos con Soledad de movilidade humana a cal nos falou da vida cos migrantes levan aki na comarca no seu día a día. Contounos por enriba sobre a historia da asociación fundada en Madrid xa fai uns anos e de como o colectivo migrante esta na Galiza loitando por sair adiante moitas veces
Recemil o barrio da dignidade 02.12.2023 2:00:59
Hoxe tivemos de invitada a Isabel presidenta da AVV do Barrio de Recemil a cal vino a falarnos dos problemas que teñen no barrio froito do total abandono durante moitos anos do concello de Ferrol Este ten a titularidade de todalas vivendas e o seu desleixo e apatía interesada cara a este espazo onde viven perto de 1000 persoas................
Os ladróns levanse os cartos 25.11.2023 2:00:32
No programa de onte, entrevistamos aos representes do sindicato CIG, xunto con representas do comité de empresa de Einsa Print, unha empresa que leva xa un tempo em loita no concello das Pontes. Esta empresa que se nutrió de inxentes cantidades de cartos públicos, os seus donos. queren agora desfacerse dela, cando a día de hoxe pode ser
Unha sociedade xusta 10.11.2023 2:05:11
No programa de hoxe, invitamos a todas as forzas políticas do concello, a vir a falar ao programa dos presupostos e soamente veu Ivan Rivas, voceiro do BNG de Ferrol. Estivemos entrevistandolo sobre, como funciona toda a dinámica dos presupostos e que lle parecía os presupostos de Rey Vaela e o das inversións da Xunta para Ferrol, xa que, o Sr Rueda veu fai uns días a sacarse a foto con Rey Varela...
PRIORIDADE DO PP: ACABAR CO PÚBLICO 28.10.2023 1:48:52
Hoxe no programa de Conselleiro Molotov, tivemos a dúas mulleres loitadoras do colexio público San Xoan Filgueira, que como moitas de vos sabedes, está em loita desde fai meses, polo tema dos recortes que a Conselelría de educación da Xunta de Galiza está a levar a cabo, nos centros de ensinanza públicos
A LOITA DO NAVAL 20.10.2023 2:15:57
Onte no programa tivemos de invitado a Vicente Nidal responsábel de CIG INDUSTRIA na comarca de Ferrolterra o cal, falounos da nova loita que están tendo desde vai un tempo em Ferrol os sindicatos. Unha loita entorno as auxiliares do naval, que busca que a cada traballador-a paguesele desde o convenio que lle corresponde e nom se faga as
A cultura nom é prioridade 30.09.2023 1:49:03
No programa de hoxe, falamos coa xefa de arquivo da biblioteca de Ferrol, con Fany García, a cal, comentounos polo míudo, os problemas que esta a a arrastrar xa desde fai tempo, estes espazos tan importante da cultura, como son as bibliotecas públicas de Ferrol. Estas desde vai un tempo case 20manos, teñen un problema co número de traballadoras cualificadas para desempeñar a función, estando este...
As macrogranxas de maiores na Galiza 15.09.2023 1:40:28
Hoxe sexta feira, tivemos no programa á representante da CIG na comarca, xunto cunha traballadora das residencias privadas de maiores, as cales levan anos e anos de loita na comarca, para reinvindicar un convenio xusto, onde se cumpran os acordos, ademais de traballar en condicións dignas, para deste xeito poder dar un servizo adecuado, as necesidades das nosas maiores
A familia cranio 13.09.2023 1:06
Cuña anunciando o programa Conselleiro Molotov, desta sexta 15 de setembro onde sacaramos os colores a multinacional dedicada a vivir dos cartos das galegas a base de xestionar servizos sociosanitarios publicos grazas a Nuñez Feixoo e Ana Pastor que xunto con Josefina Fernandez responsabel de Domus VI e amiga intima destes
Baixo a bota de Florentino Pérez 02.09.2023 1:45:01
Hoxe foi o primeiro programa desta tempada de Conselleiro Molotov no cal falamos con Fernanado un dos despedidos e represaliados do Souto de Leixa, centro público de persoas con handicaps, o cal, está xestionado por unha empresa privada"CLECE" do todo poderoso Florentino Pérez. Falamos dos serios problemas que teñen as usuarias e as traballadoras
1 de setembro comenzamos 25.08.2023 1:04
Este 1 de setembro a próxima sexta feira, comenzamos a emitir de novo Conselleiro Molotov. Ese día teremos no programa aos despedidos do Souto de Leixa, que nos falaran da situacion na que se atopan e os porques dos seus despedimentos. Teremos de analistas politicas a Fernanado, Nicasio e Sandra cos cales analizaremos.....
Em setembro voltamos! 30.07.2023 0:41
Em setembro voltamos com máis gañas que nunca. Esta tempada intentaremos fazer directos, máis entrevistas, máis denuncias sosiais. Intentaremos chegar aos problemas da xente da comarca, sen esquecernos da problematica planetaria. Estamos a traballar para conseguir, que veñan mulleres analistas politicas sociais aos debates...........
Em Ferrol triunfo a derechona 03.06.2023 2:09:35
No programa de onte, programa que pecha esta tempada 2022-2023 de Conselleiro Molotov falamos das eleccions locais deste 28-M e tamén das próximas eleccións ao estado do 26 de Xullo. Onte no programa houbo un profundo debate sobre temas como o porque de que moitas currantas voten partidos de dereita extrema ou partidos de extrema dereita.................
ERGAMONOS! 12.05.2023 2:11:08
No programa de hoxe tivemos de analistas políticos a Fernando Armesto colaborador habitual e a Celso Posada activista social da comarca de Ferrolterra. Falamos do 1 de maio e do mundo obreiro quer a nível internacional quer a nível local,comarcal e de país. Tamén falamos da concentración fai uns días en Compostela da Plataforma SOS Sanidade Pública.
Rachar para sempre co franquismo 28.04.2023 1:34:29
No programa de onte, tivemos de invitado ao sociólogo e loitador polo cumplemento da memoria histórica Manuel Monje, que nos falou de como está a situación na Galiza mais tamén em Ferrol, no relativo a cumprir por parte dos concellos, a lei de memoria histórica, a cal, di que ten que ser retirada toda a simboloxía franquista e titulos a estes das rúas entre outras moitas cousas.
A República desde outra ollada 15.04.2023 1:53:47
Hoxe tivemos de invitados a Fernando-Cesio- Xandro que nos falaron da historia da Republica e o que significou e puido significar quer para España quer para Galiza. Tivemos contrposicion de ideias entre republicanos españois e republicanos galegos Falamos de Catelao das forzas burguesas vascas e catalans
NON AOS GASTOS MILITARES 01.04.2023 2:14:37
Hoxe falamos da NATO e do gasto militar e como este esta a perxudicar á sociedade. Íamos ter a un invitado ao telefone, coñecedor de primeira man, deste instrumento do capitalismo, para aniquilar todo aquel que non se somete aos dictados do imperio máis problemas persoanis de ultima hora non posibilitaron a entrevista
Esquirolaxe contra compañeiros-as 18.03.2023 1:44:52
Hoxe tivemos de inviitados ao representante sindical e dous traballadores dos supermercados Lidl cadena alemana de venta de alimentos a cal anda a nom cumprir os convenios laborais. Case 150 traballadores estan en folga desde o 14 de febreiro e Lidl anda fazendo esquirolaxe para non ter que cumprir as súas obrigas legais
Benzer podcast'ler
Replaio bir podcast yayıncısı değildir; program adları, kapak görselleri ve ses içerikleri yazarlarına aittir ve herkese açık RSS beslemeleri aracılığıyla dağıtılır