Todos os podcast | Atmosféricos
AGalegaAudio
Where to listen?
Podcasts in the app
Replaio Radio →
Coming soon
Podcasts are coming to the app soon - install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
O verán do Atmosféricos 24.06.2024 56:28
E ademais Nico Campos propúxonos un debate sisudo: quen contamina máis coas súas viaxes en avión, Taylor Swift ou Beyoncé? O último programa da temporada do Atmosféricos non ten perda!
Éxodos climáticos 17.06.2024 56:58
Interesámonos tamén pola chamada factura climática, unha conta con moitos ceros que pon contra as cordas as economías máis vulnerables. E ademais, soubemos por que son esenciais os servizos climáticos e coñecemos o colectivo Madres por el Clima, nais coraxe que loitan por un planeta mellor.
Escola de calor 10.06.2024 56:58
En Ourense, dous investigadores puxeron en marcha unha escola de calor para analizar o confort térmico da cidade das Burgas contando coa participación da cidadanía. Ademais soubemos como pode repercutir este exceso de temperatura na tempada de furacáns e na presenza na atmosfera de gases contaminantes e moi nocivos para a saúde, como o ozono. Tamén nos achegamos á Costa da Morte para compartir unh...
Que vén o lobo! 03.06.2024 55:30
No programa, desta volta, repasamos a situación da especie lobo ibérico que para sobrevivir ten que enfrontar problemas como o furtivismo, a degradación dos seus hábitats e a pobreza xenética. Ademais estamos na época idónea para avistar algún oso pardo polos Ancares ou polo Courel, coñecemos o funcionamento dos centros de recuperación de fauna salvaxe de Galicia, e falamos das néboas.
As dores climáticas 27.05.2024 56:58
A calor, o frío e a humidade excesivas axudan a propagar enfermidades novas e empeoran outras. O cambio climático ten boa culpa. No Atmosféricos indagaron sobre as chamadas enfermidades meteotrópicas e sobre os mapas de risco da calor deseñados para tentar previr as consecuencias das vagas de calor sobre a poboación. Ademais abriron liña co Brasil para coñecer de primeira man cal é a situación da...
Febre de Crimea-O Congo, o zunzún das novas pragas 20.05.2024 56:58
As autoridades sanitarias extreman a alerta ante a propagación de enfermidades infecciosas como a febre hemorráxica de Crimea-O Congo, o zika, ou a febre amarela, asociadas á insectos migrados ata as nosas latitudes desde o sur global. As carrachas que transmiten a primeira ou o mosquito tigre, responsable das segundas, xa se instalaron en Galicia e aínda que non hai constancia de que circulen os...
Lixo, do mar ás redes 13.05.2024 56:58
Iniciativas públicas e privadas tratan de darlle a volta ou de atallar esa viaxe, por exemplo, pescando o lixo no propio océano con artes de pesca. Ademais, lanzamos unha pregunta, canto estariades dispostos ou dispostas a poñer do voso peto para loitar contra o cambio climático?
As conquistas do mar 06.05.2024 56:57
No Atmosféricos interesámonos por este fenómeno do crecemento marítimo, que puxo en cifras o Instituto Oceanográfico Español nun traballo publicado na revista Geosciencies. E preguntamos en dous concellos, un da costa atlántica e outro da mediterránea, como pensan amañar o que as ondas se empeñan en estragar. Ademais, na súa Cidadela, Laura Cortés báixalle a ponte a Ángela Fontán, oceanógrafa e ex...
As selvas da xustiza climática 22.04.2024 56:58
Adentrámonos nas xunglas xurídicas internacionais para analizar as sentenzas históricas en materia de xustiza climática ditadas polos tribunais de Dereitos Humanos de Europa e de Latinoamérica. Preguntamos tamén que foi da Lei de Restauración da Natureza, perdida durante a súa tramitación nas espesuras burocráticas e políticas da Unión Europea. Ademais, compartimos expedición pola selva máis salva...
A Química da sostibilidade 15.04.2024 56:55
Urxe mandarmos á historia a queima dos combustibles fósiles, causantes dos gases de efecto invernadoiro, pero non é fácil. As centrais térmicas de carbón, como a de Meirama ou a das Pontes, pecharon como parte da estratexia da UE na súa loita contra o cambio climático. Agora investigadores da Universidade da Coruña acaban de presentar un estudo no que avaliaron os impactos psicosociais destes proc...
Saúdos ao sol 08.04.2024 56:58
A eclipse solar, visible parcialmente desde a Costa da Morte, un destino turístico privilexiado para a contemplación das estrelas, apenas colonizado pola luz artificial. Interesámonos por outro problema que acosa os ceos: o exceso de lixo espacial. Millóns de anacos de foguetes e de satélites orbitan sobre a Terra. Hai que tomar medidas antes de que o espazo se convirta nun vertedoiro. Cal é a raz...
Obxectivo: salvar os cabaliños de mar 18.03.2024 57:00
Declive do fenómeno do Neno, que podería axudar a baixarlle uns graos ao planeta. Como está afrontando o proceso de descarbonización o transporte marítimo. Volve a Cidadela de Laura Cortés e trasladamos un chamamento da ciencia que pide axuda cidadá para salvar os cabaliños de mar.
Tempos, que non témporas 11.03.2024 56:58
A piques de asubiar o final do inverno, a borrasca Mónica deixou nevaradas en abundancia no norte da Península, salvando a tempada de esquí e aliviando as concas fluviais do nordeste esquilmadas pola seca. En Galicia tamén choveu e nevou con intensidade deixando moitos ríos en risco de desbordamento. E todo isto sucede logo de que en febreiro se volvesen bater récords de temperatura. No Atmosféric...
Minguar para poder medrar 04.03.2024 56:58
As consecuencias do máis que probable colapso da AMOC, o sistema de correntes oceánicas que distribúen a calor dos trópicos polo Atlántico Norte. A freada desta corrente podería traer consigo unha nova glaciación en Europa. Conversa sobre o decrecentismo e a eficacia das mensaxes científicas con Fernando Valladares, reputado investigador do CSIC, que saltou dos laboratorios á protesta nas rúas. E...
Agricultura rexenerativa 26.02.2024 56:58
Ante as protestas de agricultores e gandeiros o Atmosféricos pregunta por fórmulas como a da agricultura rexenerativa. É un modelo que propón un novo xeito de relación coa terra, baseado na sostibilidade ambiental e social e que promete rendibilidade sen depender de fertilizantes químicos ou de grandes maquinarias
Así no ceo como na terra 12.02.2024 56:58
Asomámonos ao abismo do cambio climático repasando as causas da calor anómala que convertiu xaneiro no mes máis cálido da historia do planeta. Tamén coñecemos a nova ferramenta deseñada por investigadores galegos para predicir o tempo dentro da Catedral de Santiago co obxectivo de evitar as humidades que sofre o templo. Un estudo conclúe que a pesar do impacto na saúde que ten a exposición ao gas...
Emerxencia por seca 29.01.2024 55:58
Aínda que en Galicia a chuvia xa nos viña sobrando, noutras rexións do Estado o anticiclón está a agravar unha seca que xa é histórica. Oito millóns de andaluces e seis de cataláns afrontan un horizonte de restricións severas na auga se non chove intensamente durante a primavera. No Atmosféricos afondaron nas causas deste déficit de precipitacións e nas medidas que se propoñen para paliar a situac...
Mareas brancas de plástico 22.01.2024 55:31
Afondamos na nova crise ambiental que vive Galicia, a provocada pola marea dos 'pélets' de plástico perdidos polo buque Toconao. Preguntamos polas correntes marítimas que trouxeron os granulados ás praias galegas, a lexislación (se é que a hai) que regula o transporte marítimo de mercadorías e o impacto dos microplásticos nos ecosistemas mariños. Ademais, conversamos cunha desas persoas...
Canto lixo de regalo 08.01.2024 55:58
Pasou o Nadal e agora hai que desfacerse, pero correctamente, de todo o lixo xerado nesta época. Agora volvemos a clase para aprender sobre o jet stream ou corrente en chorro. Saberemos máis sobre os avances nas investigacións en xenómica dos microorganismos presentes nas augas galegas grazas a unha investigadora -a xefa- do equipo que detectou o virus da COVID nas augas residuais durante a pandem...
Os grandes acontecementos meteorolóxicos de 2023 01.01.2024 55:58
En 2023 batéronse récords de calor, tivemos temporais, grandes incendios... En Atmosféricos falamos de moitos deses momentos, tendo sempre de pano de fondo o cambio climático. Foi un ano histórico polas altas temperaturas que acadou o planeta. O máis quente desde que hai rexistros. Unha distinción preocupante que analizamos con Susana Bayo; Juan Taboada, de Meteogalicia e o catedrático de Xeoloxía...
Nadal de fogo en Islandia 25.12.2023 57:31
A erupción dun volcán preto da vila de Grindavik xa non sobresalta aos islandeses pero volver pór nerviosa parte de Europa por se se repetía o colapso aéreo de 2010. En Galicia, no día de Nadal coñecemos algo máis da azarosa vida das anguías, que arestora están en perigo crítico de extinción. E preguntámonos como afronta a industria do xoguete o reto da sostibilidade.
Os verdadeiros resultados da COP 28 18.12.2023 55:57
Analizamos o acordo do último cumio climático, a COP 28, celebrado en Dubái, que os organizadores cualifican de éxito. Será a mera mención á necesidade de eliminar os combustibles fósiles suficiente para que os países tomen medidas decisivas? Pode ser realmente un plan B usar a tecnoloxías para paliar o exceso de carbono na atmosfera, como propuxeron os Emiratos Árabes? Ademais, indagaremos sobre...
Vai cambiar algo? 27.11.2023 53:57
A piques de comezar en Dubai a Conferencia das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático preguntámonos que se pode esperar desta reunión na que os países deben dar solucións e compromisos fronte ao quecemento desbocado do planeta. Esta semana tamén afondamos no mundo da micoloxía e na posibilidade de ver auroras boreais desde Galicia. E estreamos sección, a 'Cidadela', da man da xornalista...
O que nos ensinou Bambi 20.11.2023 55:21
No mes dos Defuntos preguntámoslle á filósofa experta en tanatoloxía Susana Montó como afrontan a morte os animais, a súa e a dos seus conxéneres. Ademais, investigamos outra morte, a que provocan as grandes choivas nas colleitas e no marisco coas pistas que atopan os científicos de que estes episodios irán a máis.
Fashion victims de usar e tirar 13.11.2023 55:28
A industria da moda é unha das máis contaminantes do planeta, con enorme impacto no cambio climático. O programa aborda a necesidade de que o sector téxtil se adapte ás esixencias dunha sostibilidade real. En especial, céntrase no papel da fast fashion ou moda rápida que promove patróns de consumo compulsivo e de dubidosa responsabilidade ambiental.
About the podcast
Os podcast do programa de meteoroloxía e medio ambiente de Mabel Montes
Author
AGalegaAudio
Category
Podcast website
Language
GL
Episodes
38
Latest episode
24 jun 2024
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.