Curso Podcast Usc
O que hai que escoitar
Vizitează neapărat site-ul podcastului și susține-i creatorul: www.spreaker.com
Autor
Curso Podcast Usc
Categorie
Site-ul podcastului
Cel mai nou episod
9 nov. 2026
Unde asculți?
Podcasturi în aplicație Replaio Radio În curândPodcasturile ajung în curând în aplicație. Instaleaz-o acum și fii primul care descoperă o abordare complet nouă a podcasturilor
Episoade
Efer 388 (12-3-17): Unha tarde no laboratorio de xenética 13.03.2017 59:04
Visitamos no IDIS o laboratorio de xenética de poboacións do investigador Antonio Salas. Os traballos deste grupo lévannos a falar de meninxite, monoritas, expansión humana en Ámerica, racismo, pericia forense,... e música. Eva Rodríguez de SINC conversa co podólogo Daniel López da UDC. Veñen de publicar que o calzado das persoas maiores non é axeitado. A Real Academia Galega de Ciencia vén de ded...
Efer 387 (5-3-17): Mates en bares e guerra de patentes 06.03.2017 56:00
Elena Vázquez Abal é especialista en xeometría diferencial, polo que para esta profesora da USC todas as curvas teñen o seu aquel. Elena tamén é unha apaixonada da divulgación científica, e xunto con actor César Goldi rememoran os gloriosos tempos nos que percorreron o país de bar en bar falando de matemáticas. A tecnoloxía CRISPR de edición xenética esta revolucionando o traballo dos laboratorios...
Adorables curvas matemáticas con Elena Vázquez Abal 06.03.2017 30:41
Elena Vázquez Abal é especialista en xeometría diferencial, polo que para esta profesora da USC todas as curvas teñen o seu aquel. Elena tamén é unha apaixonada da divulgación científica, e xunto con actor César Goldi rememoran os gloriosos tempos nos que percorreron o país de bar en bar falando de matemáticas.
Erwin Neher na Coruña 06.03.2017 3:50
Erwin Neher recibiu en 1991 o Nobel de Fisioloxía ou Medicina polos seus achados sobre a función das canles iónicas nas células. Invitado pola fundación CORBI visitou recentemente A Coruña acompañado por Enric Banda, profesor de investigación do CSIC que ten ocupado importantes postos de política científica.
Reforzar a parede para loitar contra o taladro do millo 06.03.2017 7:13
Rosa Ana Malvar Pintos, profesora de investigación na Misión Biolóxica de Galicia-CSIC, cóntanos cal é papel da parede celular na pescuda de millos resistentes os diferentes tipos de perforadores. Esta é unha liña de investigación que desenvolve a Unidade Asociada “Agrobioloxía medioambiental, Calidade de solos e prantas” formada pola MBG-CSIC e a Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo.
A guerra de patentes do CRISPR: primeiro asalto [con Lluís Montoliu] 05.03.2017 19:44
A tecnoloxía CRISPR de edición xenética esta revolucionando o traballo dos laboratorios de investigación de todo o mundo, pero aínda non chegou a industria. Isto é así por que está aberta unha guerra de patentes entorno a un negocio multimillonario entre a Universidade de California con Jennifer Doudna e Emmanuelle Carpentier (premio Princesa de Asturias de Investigación) e Instituto Broad do MIT...
Tartaglia ou o intrigante nacemento da álxebra [Entrevistas no Alén] 03.03.2017 17:32
Entrevista en exclusiva desde o Alén a Niccolo Fontana "Tartaglia", o Tatexo. Matemático renacentista, enxeñeiro militar e a autor prolífico. Coautor da formula da resolución das ecuación cúbicas e un home a quen lle tocou vivir unha vida intensa e chea de intrigas.
"Repensar o cribado do cancro de mama" con Manuel Vilches 03.03.2017 29:34
Nesta entrevista a fondo o radiofísico Manuel Viches e editor do blog de divulgación en en física médica "Desayuno con fotones" analiza o problema do sobretratamento no cribado do cancro de mama. As principais revistas de investigación en medicina teñen prestado unha atención importante a este problema. Agora cómpre que os investigadores o cuantifiquen, e que as autoridades sanitarias o tomen en c...
A túa carta astral en dous minutos [Postal Planetaria] 03.03.2017 9:42
Visitamos en segredo ao astrólogo Borjus para que nos faga a nosa carta astral. Infórmanos da posición exacta dos planetas sobre o fondo fixo de estrelas o día e a hora na que nacemos. Pero cando lle preguntamos sobre o noso futuro quedámonos coa palabra na boca... Esta é a web que utilizou Borjus http://www.heavens-above.com/skychart2.aspx?lat=0&lng=0&loc=Unspecified&alt=0&tz=UCT
A aplicación para conectar as enfermidades raras: My Leaf 28.02.2017 11:26
Carlos Martín Guevara de "Sombra Doble" preséntanos a aplicación "My Leaf" para monitorizar enfermidades raras. Moi útil para os doentes, pero tamén para os sanitarios. Mediante técnicas de análise de datos a aplicación busca usuarios que teñan os mesmos síntomas aínda que estean sen diagnosticar.
A fascinante escritura visigótica con Ainoa Castro 27.02.2017 26:29
A escritura visigótica é o equivalente á tipografía Times New Roman medieval da Península Ibérica. En Galicia sobreviviu ata o século XIII como forma de resistencia e identidade cultural. A investigadora Marie Curie no King´s College de Londres Ainoa Castro é especialista en paleografía dixital. Castro contounos a fascinante historia desta escritura e todo o que os paleógrafos poden aprender pescu...
Efer 386 (26-2-17): Raras. Visigótica. Astral. 26.02.2017 58:13
Carlos Martín Guevara de Sombra Doble preséntanos a aplicación "My Leaf" para monitorizar enfermidades raras. Descubrimos a escritura visigótica da man da paleógrafa do King´s College Ainoa Castro. Unha historia fascinante dunha caligrafía que foi signo e seña da nosa terra. Borjus fainos a nosa carta astral e sabemos da visita do nóbel Erwin Neher á Coruña.
Efer 385 (19-2-17): Cribado, Tartaglia e o perforador do millo 19.02.2017 55:51
Nunha entrevista a fondo o radiofísico Manuel Viches analiza o problema do sobretratamento no cribado do cancro de mama. En "Entrevistas no alén" coñecemos a incrible vida de Niccolo Fontana "Tartaglia". A investigadora Rosa Ana Malvar (Unidade asociada MBG-CSIC UVigo “Agrobioloxía medioambiental”) cóntanos como loitar contra os perforadores do millo con variedades que incorporan unha parede celul...
Cantos cadros ten un taboleiro de xadrez? [A chave de cristal] 13.02.2017 8:55
A Chave de Cristal é un espazo onde os mais pequenos xogan o xadrez e a enredos de enxeño. Enredos que con Xosé Luis Veiga lanzan as ondas nesta nova sección. Coñeces o problema do cabalo de xadrez? Sabes cantos cadros ten un taboleiro de xadrez?
Peixes e nanotecnoloxía contra as lesións medulares 13.02.2017 24:26
O biólogo da USC Antón Barreiro emprega lampreas e peixes cebra com modelos para estudar a rexeneración das lesións de medula espinal. Barreiro vén de lanzar un proxecto de microachegas na plataforma Precipita para conseguir fondos para mercar librerías de fármacos para a súa investigación. No Hospistal Nacional de Parapléxicos de Toledo o grupo de Concepción Serrano emprega nanotecnoloxía para fa...
Apocalipse nuclear [Ciencia e Cinema] 13.02.2017 16:19
A inicial imaxe amable da ciencia e os científicos nos inicios do cinema muta coa chegada da era nuclear. Con Martin Pawley.
Solución #ulowicho 13.02.2017 3:05
Desvelamos desde onde presentounos Wicho o seu "Los nativos digitales no existen"
Efer 384 (12-2-17): Lampreas, apocalipse nuclear e o problema do cabalo 12.02.2017 58:58
O biólogo da USC Antón Barreiro emprega lampreas e peixes cebra com modelos para estudar a rexeneración das lesións de medula espinal. No Hospital Nacional de Parapléxicos de Toledo o grupo de Concepción Serrano emprega nanotecnoloxía para facer un by-pass electrónico da parte seccionada da medula. Na sección de Ciencia e Cinema o Martin Pawley analiza o tratamento do nuclear nas películas de medi...
Cocolitóforos con Débora Iglesias 11.02.2017 23:40
Os cocolitóforos son microalgas que forman parte do fitoplancto. Posúen no seu interior placas de calcita (carbonato cálcico) que facilitan a súa detección dende o espazo. Os cocolitóforos absorven dióxido de carbono (CO2) mediante a fotosíntese. Cando morren sedimentan no fondo dos océanos é os depositos de carbonato cálcico contribúen á liberación deste gas. O aumento das concentracións de dióxi...
Enerxía sustentable e desinfección solar con Ángeles López Agüera e Elvira Ares 11.02.2017 32:58
Desinfectar auga poñéndoas ao sol en botellas de plástico? Levar electricidade os puntos máis illados do planeta? Conversamos con Elvira Mazás do grupo de microorganismos patóxenos e con Ángeles Lópe Agüera do grupo de Aplicacóns Enerxéticas Sostibles da USC. Entrevista emitida o 24 de nadal de 2010
María Wonenburger 11.02.2017 29:43
Única entrevista audiovisual que concedeu a alxebrista María Wonenburger, nai matemática da teoría de Kac-Moody . Foi emitida o 14 de xullo de 2007 no programa 39 de Efervesciencia.
Consorcio de bacterias con Lynn Margulis 11.02.2017 24:02
Lynn Margulis é a primeira Doutora Honoris Causa pola Universidade de Vigo. Moitas das súas ideas forman parte xa dos libros de texto. Aínda que tamén defende ideas polémicas sobre o neodarwinismo que están fóra do consenso científico. Margulis é a autora da teoría da endosimbiose. Partes da célula son, en realidade, bacterias que no proceso evolutivo se asociaron tan intimamente á célula que cheg...
É Curie un modelo axeitado na aula? con Mari Lires 11.02.2017 27:20
Mari Lires é investigadora en didáctica das ciencias experimentais na Universidade de Vigo, e especialista en historia da ciencia, educación e xénero. Con ela conversamos sobre os modelos (e as ausencias) de científicas na aula. Entrevista emitida o 16-4-11 no programa Efervesciencia 166.
Atlas de entoación con Elisa Fernández Rei e Adela Martínez 11.02.2017 26:12
A filóloga Elisa Fernández Rei e a matemática Adela Martínez comparten despacho no Instituto da Lingua Galega da USC, e non so iso senón tamén liña de investigación sobre a entoación do galego. Entrevista emitida o 12-10-13 no Efervesciencia 257
As batallas da minería de datos con Izaskun Lacunza 11.02.2017 14:13
Izaskun Lacuna, directora executiva da Liga de Bibliotecas Europeas, cóntanos como o acceso por minería de datos a información científica na Unión Europea está limitada polas leis de copyright. Entrevista con Eva Rodríguez da Axencia SINC emitida o 1-2-14 no Efervesciencia 272.
Podcasturi asemănătoare
Replaio nu este editorul podcasturilor; numele emisiunilor, coperțile și materialul audio aparțin autorilor lor și sunt distribuite prin fluxuri RSS publice