Curso Podcast Usc

O que hai que escoitar

Vizitează neapărat site-ul podcastului și susține-i creatorul: www.spreaker.com

Autor

Curso Podcast Usc

Categorie

Science

Site-ul podcastului

www.spreaker.com

Cel mai nou episod

9 nov. 2026

Unde asculți?

Podcasturi în aplicație Replaio Radio În curând

Podcasturile ajung în curând în aplicație. Instaleaz-o acum și fii primul care descoperă o abordare complet nouă a podcasturilor

Descarcă din Google Play Instalează gratuit Android 10 mil.+ descărcări · nota 4,7+ iOS în curând

Episoade

Diario da viaxe dun neurocientíco arredor do mundo III: Patagonia 16.04.2017

O neurofisiólogo e divulgador Xurxo Mariño e máis Eli deron a volta ao mundo entre 2013 e 2014. Once meses de viaxe fascinante que seguimos desde Efervesciencia con conexións periódicas dos nosos amigos exploradores. Esta viaxe deu lugar ao libro "Terra. Ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo" e ao blog Vagamundeando.com.

Diario da viaxe dun neurocientíco arredor do mundo II: Suráfrica 16.04.2017

O neurofisiólogo e divulgador Xurxo Mariño e máis Eli deron a volta ó mundo entre 2013 e 2014. Once meses de viaxe fascinante que seguimos desde Efervesciencia con conexións periódicas dos nosos amigos exploradores. Esta viaxe deu lugar ao libro "Terra. Ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo" e ao blog Vagamundeando.com.

Diario da viaxe dun neurocientíco arredor do mundo I: Namibia 16.04.2017

O neurofisiólogo e divulgador Xurxo Mariño e máis Eli deron a volta ó mundo entre 2013 e 2014. Once meses de viaxe fascinante que seguimos desde Efervesciencia con conexións periódicas dos nosos amigos exploradores. Esta viaxe deu lugar ao libro "Terra. Ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo" e ao blog Vagamundeando.com.

O meu avó naceu en marzo [enredos para pensar da Chave de Cristal] 16.04.2017

Laura e Mario son mais novos colaboradores efervescentes, coa compaña de Xosé Luis, déixannos unha serie de enredos orixinais para pensar con lápis e papel creados por eles en a "Chave de Cristal". Un deles é esta serie: 7 17 1117 3117 132117 1113122117

Desde onde nos presenta 'Terra' Xurxo Mariño? 16.04.2017

Xurxo Mariño presenta en Efervesciencia o seu libro "Terra. Ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo" editado por Xerais desde un lugar secreto. Se cres saber onde estamos poderás participar no sorteo dun exemplar do libro asinado polo autor. Envía a túa resposta por twitter coa etiqueta #UloXurxo? ou cólgaa no noso facebook ata o 21 de abril de 2017.

Todo sobre os cabalos de mar 10.04.2017

Levamos os nosos micros ao laboratorio de cabalos de mar do Instituto de Investigacións Mariñas-CSIC. O noso anfitrión é o investigador Miquel Planas do grupo de Bioloxía e Fisioloxía Larvaria de Peixes. Sabías que nestes peixes quen queda embarazado é o macho?

Os virus diezman aos anfibios portugueses [SINC] 10.04.2017

Jaime Bosch do Museo Nacional de Ciencias Naturales fálanos do ranavirus que esta a diezmar as pobacións de anfibios na Serra da Estrela, e tamén en Galicia. Un colaboración da Axencia SINC.

Mira quen fala: Os virus tamén conversan 10.04.2017

No noso Circo de Bacterias con Esteban Fernández Moreira temos falado en moitas ocasións da comunicación entre bacterias á hora de lanzar un ataque. Un recente artigo de Nature dá conta que os fagos (virus) poden entender os sinais químicos dos seus antecesores pra decidir se matar ou so infectar ás súa vítimas.

Científicos galegos "marisquean" na Antártida 10.04.2017

Os participantes do proxecto de investigación liderado pola Universidade de Vigo "Procesos ecolóxicos e bioxeoquímicos asociados á descomposición de algas en praias de Bahía Foster na Illa da Decepción" veñen de rematar a súa estadía de investigación na Antártida. Conversamos co investigador do CSIC Luis Sampedro.

Jazz e psiquiatría con @rainhavermella 10.04.2017

Coa psiquiatra Iria Veiga facemos un percorrido histórico dos mitos e malentendidos entorno a psiquiatría e a doenza mental. Nesta viaxe deixámonos acompañar con gusto por grandes do jazz que nalgún momento da súa vida tiveron que ser tratados polas súas doenzas mentais.

O canto do cisne de Cassini e outras wicherías aeroespaciais 09.04.2017

Co espazotrastornado Wicho analizamos a viabilidade dos Falcon 9 de SpaceX, o canto do cisne de Cassine en Saturno e a órbita ceminterio do satélites xeoestacionarios.

A mentira da electrólise da auga con @david_ciencia 09.04.2017

Se facemos a electrólise a unha auga comercial e se pon moi escura e fea significa que está mala? Non, non e non. Nolo conta David Ballesteros de Ceo Aberto, @david_ciencia. A electrólise é un experimento caseiro moi doado de facer. Mándanos a foto da túa experiencia.

A educación como ciencia e arte con @mininacheshire 09.04.2017

Educar é unha ciencia e unha arte ao mesmo tempo. Conversamos con Fátima García Doval, @mininacheshire, sobre neuromitos en educación e como a tecnoloxía e o movemento "maker" son unha fantástica ferramenta para traballar cos alumnado con diversidade funcional.

Efer 392 (9-4-17): O superpoder de ensinar 09.04.2017

Conversamos con Fátima García Doval, @mininacheshire, sobre neuromitos en educación e como a tecnoloxía e o movemento "maker" son unha fantástica ferramenta para traballar cos alumnado con diversidade funcional. Se facemos a electrólise a unha auga comercial e se pon moi escura e fea significa que está mala? Non, non e non. Nolo conta David Ballesteros. Co espazotrastornado Wicho analizamos a viab...

Efer 391 (2-4-17): Unha tarde no hipódromo dos cabalos de mar 02.04.2017

Levamos os nosos micros ao laboratorio de cabalos de mar do Instituto de Investigacións Mariñas-CSIC. O noso anfitrión é o investigador Miquel Planas do grupo de Bioloxía e Fisioloxía Larvaria de Peixes. Sabías que nestes peixes quen queda embarazado é o macho? Jaime Bosch do Museo Nacional de Ciencias Naturales fálanos do ranavirus que esta a diezmar as pobacións de anfibios na Serra da Estrela,...

Con A de Astrónomas 30.03.2017

A astrónoma da USC Josefina Ling preséntanos a exposición “Con A de astrónomas” que se pode ver na “Casa das Artes” de Vigo ata o 14 de maio de 2017.

Lobo amado, lobo odiado... lobo descoñecido? 30.03.2017

O biólogo Pedro Alonso leva tres décadas estudando o lobo. Actualmente as pobacións galegas atópanse estabilizadas, pero curiosamente temos a percepción de que agora hai máis lobos que antes. Terán algo que ver os medios neste estado de opinión? Por que é os lobos son considerados como seres case míticos nas cidades, e pola contra no rural se ven como un problema?

Parabéns Dolly... pero ti de quen vés sendo? 30.03.2017

Con Manuel Collado - Laboratorio de Células Nai en Cancro e Envellecemento do IDIS-CHUS - analizamos a creación da ovella Dolly no seu 20 aniversario. Dolly foi o primeiro mamífero clonado a partir dunha célula adulta. Nesta historia houbo quen levou a fama, e quen traballou arreo e non veu recoñecido o seu traballo.

No lab de xenética de poboacións con Antonio Salas 30.03.2017

Visitamos no IDIS o laboratorio de xenética de poboacións do investigador Antonio Salas. Os traballos deste grupo lévannos a falar de meninxite, menoritas, expansión humana en Ámerica, racismo, pericia forense,... e música. Que relación ten un nocturno de Chopin coa xenética?

Por que é importante que os maiores se calcen ben? [SINC] 30.03.2017

Un equipo da Universidade da Coruña dirixido polo podólogo Daniel López vén analizando o uso do calzado por parte das persoas maiores. A maioría non emprega un calzado axeitado. Unha noticia da Axencia SINC con Eva Rodríguez.

Un aforismo sirve para abrir unha conversa (Wagensberg) 29.03.2017

O físico, divulgador, museólogo e escritor Jorge Wagensberg estivo en Santiago falando dos aforismos dentro do programa Nexos da Cidade da Cultura.

Efer 390 (26-3-17): Mitos psiquiátricos coa @rainhavermella 26.03.2017

Coa psiquiatra Iria Veiga facemos un percorrido histórico dos mitos e malentendidos entorno a psiquiatría e a doenza mental. Visitamos a Illa Decepción na Antártida da man do biólogo do CSIC Luis Sampedro. Coñecemos os participantes da nova "Regueifa de Ciencia" dedicada á alimentación.

Fomenta a industria unha alimentación sá? #Regueifas5 26.03.2017

Previa con todos os participantes da quinta edición de "Regueifas de Ciencia" sobre a industria alimentaria. Con Rosaura Léis Trabazo, José Manuel López Nicolás, Enrico Frabetti e Rafael Urrialde de Andrés.

A flora de Galicia de Baltasar Merino 23.03.2017

Francisco Javier Silva, o responsable do herbario do Centro de Investigacións Forestais de Lourizán, explícanos a importancia da figura do botánico Baltasar Merino. Merino é a figura homenaxeada este ano no Día da Ciencia en Galicia da RAGC.

Efer 389 (19-3-17): Lobos e a ovella 19.03.2017

"So a montaña ten vivido abondo para escoitar e comprender o ouveo dun lobo" Aldo Leopold Conversamos sobre a situación do lobo en Galicia co biólogo Pedro Alonso. Lembramos á ovella Dolly no seu 20 aniversario co investigador Manuel Collado. Josefina Ling preséntanos a exposición "Con A de Astrónoma"

Ascultă podcastul O que hai que escoitar în Replaio

Radio și podcasturi într-o singură aplicație - gratuit și fără înregistrare. Instaleaz-o azi și nu rata lansarea

Descarcă din Google Play

Replaio nu este editorul podcasturilor; numele emisiunilor, coperțile și materialul audio aparțin autorilor lor și sunt distribuite prin fluxuri RSS publice