german estevez
Galiportus
Episodios cada semana: Martes/Terças 9h "Protagonistas e Actualidade, com as melhores entrevistas. Também as pílulas do H&H's, "História e Histórias", com todas as grandes e pequenas histórias galaico-portuguesas. Se saber de projetos, pessoas e histórias que possam ser parte do programa, não hesite em nos contatar: galiportuspodcast@gmail.com. Galiportus busca redefinir o coñecemento xeral acerca das intensas relacións socioculturais existentes entre Galiza e Portugal. Contidos de actualidade, lingua, historia e historias, natureza, política, turismo, patrimonio, protagonistas da música ou da...
Vizitează neapărat site-ul podcastului și susține-i creatorul: www.ivoox.com
Autor
german estevez
Categorie
Site-ul podcastului
Cel mai nou episod
6 oct. 2026
Unde asculți?
Podcasturi în aplicație Replaio Radio În curândPodcasturile ajung în curând în aplicație. Instaleaz-o acum și fii primul care descoperă o abordare complet nouă a podcasturilor
Episoade
Galiportus Ep.30- De pellets e mar desamparado 15.02.2024 1:37:56
No episodio de hoxe falamos do mar, outra vez castigado na era do transporte de mercadorias perigosas diante das costas galaico-portuguesas. No mes de decembro de 2023, o buque Toconao, con bandeira de Liberia, perdeu 6 contentores de pellets en frente de Viana do Castelo. Desde aquela, unha nova marea tóxica chegou ás nosas praias, e a sociedade civil organizouse, como xa pasara na catástrofe do...
Galiportus Ep.29- Entroido non é carnaval 08.02.2024 1:25:09
Nestas datas toca falar de Entroido. Ou Antroido, Entrudo, Entrodio... como sexa que lle chames. Unha tradición que persistiu durante séculos sobre todo no interior de Ourense e en Trás-Os-Montes, aínda que non só. Unha vivencia inexplicábel, única, que viste o fin do inverno e celebra con sátira a vida en sociedade. Vamos até Maceda, Laza, Viana do Bolo e Podence (Macedo de Cavaleiros) para falar...
Galiportus Ep. 28- Guadi Galego, a alegria da vida cantada 05.02.2024 40:13
Hoxe toca falar cunha das mellores artistas que deu a música galega desde hai 25-30 anos. Trátase de Guadi Galego, coa que temos minutos de boa charla, lembrando as súas orixes en Cedeira, os inicios con Berrogüeto, e o seu salto á carreira en solitario hai máis de 15 anos xa. Desde aquela, 7 traballos de autora (con temas que certamente ficaron na retina, como Matriarcas, Cedeira ou Chea de Vida)...
Galiportus Ep.27- O Corno, cinema e sororidade da Arousa ao Minho 01.02.2024 35:41
Hoxe temos o gusto de conversar con Jaione Camborda, guionista e directora de cinema vasca, moi de moda e afincada en Galiza hai anos. 2023 foi un grande ano para ela, pois recibiu a Cuncha de Ouro ao mellor filme dentro do afamado festival donostiarra. Isto débese á produción de "O Corno", longametraxe que conta a dura vida de Maria, mariscadora nos anos 70 na Illa de Arousa. Logo dun inesperado...
Galiportus Ep.26- Revista Luzes, 10 anos sen sombras 29.01.2024 1:17:13
Neste episodio chamamos a un dos mellores xornalistas galegos das últimas décadas, Xosé Manuel Pereiro. O monfortino, licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense en 1975 (xunto a Antón Patiño, Manuel Rivas ou Lois Pereiro), fundou revistas como "La Naval" e "Bravú", nos 80. Escribiu para o Faro, A Voz e foi correspondente do El País. Fixo Radio (RNE e SER) e TV (redactor de...
Galiportus Ep.25- Galicia nomeada, no país dos dous millóns de topónimos 25.01.2024 1:07:11
Hoxe falamos de nomes de lugares. Galiza e o norte de Portugal conforman un espazo xeográfico moi diverso e cheo de ríos, montes e aldeas, que fai que esteamos ante a rexión europea con maior extensión toponímica. Desde hai máis de 20 anos, e vendo o abandono do rural, comezouse un proxecto do lado galego chamado "Galicia nomeada", co apoio da RAG e da Xunta. Moito esforzo despois, web e App por m...
Galiportus Ep.24- Moncho López, lenda do FC Porto basket 22.01.2024 51:35
Hoje vamos até Fukuoka (Japão) termos boa conversa com Moncho López, treinador galego de basquetebol. Após uma carreira com passagens pelas seleções espanholas, portuguesa e angolana, ou também durante a década de 2000 treinar em Lugo, Xixón e Sevilla (liga ACB, 1ª categoria do basquetebol espanhol), Moncho aceitou há uns meses a opção de começar uma nova vida pessoal e profissional. No entanto, o...
Galiportus Ep.23- Xornalismo e medios públicos de (des)información 18.01.2024 1:40:05
Hoxe o Galiportus aborda unha cuestión á que moitas veces non lle damos importancia mais que está aí: como inflúe a (in)dependencia do xornalismo nunha sociedade libre? O panorama de hoxe non é fácil. Así nolo confirma Luis Loureiro, do Porto. Doutor en ciencias da comunicación, docente na faculdade de xornalismo da Univ. Lusófona e na Univ. do Minho e xornalista durante 24 anos na RTP, fálanos da...
Galiportus Ep.22- Matria: o filme en galego que golpea con Ramona 15.01.2024 52:59
No episodio de hoxe toca falar de cinema en galego, da man de Álvaro Gago e María Vázquez. Son eles os principais protagonistas de "Matria", filme que relata o drama social da man de Ramona, interpretada por María. A viguesa de nacemento e "galega" de longo percorrido, tras ben de proxectos (series, curtas, teatro...) e premios, emociónase cando fala do bonito que significou ter participado no pro...
Galiportus Ep. 21- Bewelcome, viaxar da man dos autóctonos 11.01.2024 51:19
Hoxe visítanos José Luis Magalhães, economista e director adxunto do casino de Chaves (norte Pt) Mais non por cuestións de diñeiro, xa que o protagonista leva máis dunha década viaxando "low-cost"... e vendo o mundo polos ollos das xentes do lugar que visita. Isto é así grazas a plataformas dixitais como "Bewelcome", dedicadas a conectar a quen hospeda e a quen quere ser hospedado, sen máis custo...
Galiportus Ep.20- Lítio, Barroso e Costa 08.01.2024 1:42:21
No episódio de hoje, falamos de uma questão muito controversa: em uma época de mudanças que nos leva à utilização a nível global de energias renováveis, muitas empresas andam atrás da extração de materiais que são essenciais para a fabricação de baterias empregadas na tecnologia. A região fronteiriça do Barroso (Montalegre-Pt) está a ver-se afetada pelas prospeções que visam avançar nas minas de l...
Galiportus Ep.19- Estraviz, vida e obra. O maior dicionário online da península 04.01.2024 1:30:12
A conversa de hoje é com Isaac Alonso Estraviz, o autor do maior dicionário online da península, a chegar quase aos 152 mil termos! Estraviz, a dias do seu 89 aniversário, mantém um cérebro privilegiado, e conta-nos inúmeros episódios da sua vida, que atualmente está a descrever na sua auto-biografia. Da infância de posguerra em Vilaseca-Trasmiras, a passagem por Oseira, as aventuras que o levaram...
Galiportus Ep. 18- Madalena Gamalho, reflexión vocal á portuguesa 28.12.2023 36:12
Hoxe viaxamos até a provincia de Pontevedra (Gz), para conversarmos con Madalena Gamalho, galega de Caldas de Reis con ampla formación técnica vocal. A súa música de autor ten xa anos de percurso, desde a participación en formacións como Nota Bene ou Os Meninos. No 2022 chegou INVENTO, o seu proxecto máis persoal. Tras o seu paso pola Escola de Idiomas, sempre tivo claro que "por que non?" cantar...
Galiportus Ep.17- Especial Natal 21.12.2023 1:48:16
Chegou o Nadal. Ou Natal, como sexa que dicides. Este ano, non se dá feito a apuntar no "foco mediático" natalicio. En primeiro lugar, pasamos por Celanova (Ourense-Gz), para conversarmos con Jorge Cardoso e Daniel Gzlez., protagonistas do concurso de iluminación de Nadal da afamada marca de bombóns. Logo de intensas semanas coa vila de Curros empurrando, perdeuse a final... mais o vivido foi ines...
Galiportus Ep.16- Erea Castro, o fado transfronteirizo 18.12.2023 42:06
Hoxe achegámonos ao Miño para falarmos de música. E non de calquera música: referímonos ao fado, aos mandos do espírito nacional luso (en forma de saudade) desde hai moitas décadas. Porén, o tradicional foi evolucionando e converxendo con outros estilos que aceleran os ritmos e sentidos. Disto e de moito máis conversamos con Erea Castro, cantora de Salvaterra con moitos concertos ás súas costas a...
Galiportus Ep.15- Gciencia, 10 anos de xornalismo e divulgación científica á galega 14.12.2023 46:48
No episodio de hoxe falamos con Pablo López, fundador e director de Gciencia. O dixital galego orientado á divulgación científica convertiuse nos seus 10 anos de vida no terceiro con máis difusión de Galiza, grazas a un xornalismo feito con rigor, investigación e amor pola ciencia. Xusto no seu aniversario, celebramos tamén que sexa en galego e analizamos proxectos futuros da man do protagonista....
Galiportus Ep.14- Ponte nas Ondas e o VI Congreso Internacional de Patrimonio Inmaterial 11.12.2023 1:24:38
Logo de 28 anos do seu nacemento (entre escolares de Salvaterra e Monção), "Ponte nas Ondas" continúa a ser unha iniciativa plenamente viva en tanto que o maior exponente de difusión radiofónica do patrimonio inmaterial partillado entre Galiza e Portugal. Falamos daquel patrimonio intanxible, referido a tradicións orais, artes escénicas, saberes populares, usos sociais, rituais, actos festivos ou...
Galiportus Ep.13- Portunhol, a série/documentário do momento na RTP 07.12.2023 58:54
O Galiportus de hoje é puramente Raiano, viaja até Lisboa para falar com a Ana Delgado Martins (guionista, diretora de cinema e apresentadora de rádio) e ainda com o Rui Simões (criador da produtora Real Ficção e de longa trajetória no audiovisual português e lusófono) A trabalharem em parceria, os dois protagonistas idearam e produziram "Portunhol", a nova série-documentário de 7 episódios que es...
Galiportus Ep.12- Ou ké: na terra dos vellos... actualidade política para novos 04.12.2023 1:22:02
Neste novo episodio, recibimos a visita de dúas persoas moi dinámicas e que nos axudan á hora de entendermos o pasado e presente de Ourense (Gz) Trátase de Ivan Iglesias e Ivan Olmos, fundadores de Ouké, a marca transmedia que irrompeu con forza e frescura. E como? Pois analizando dun xeito divertido, (sen por iso deixar de seren rigorosos e críticos) a actualidade sociopolítica da terceira cidade...
Galiportus Ep. 11- Crua e MJ Pérez: músicas cruzadas 30.11.2023 55:45
Hoxe toca falar de música tradicional adaptada aos novos tempos e aos novos estilos. Vamos até Arzúa (CO), e estamos con MJ Pérez, polifacética cantautora galego-portuguesa con máis de 200 concertos ás súas costas, premios (Aritmar, Xuventude Crea, Martin Codax, Música de Raíz) e mesmo incursións no audiovisual (videoclips, curtas e documentario sobre a figura de Inés de Castro) Ao mesmo tempo, sú...
Galiportus Ep.10- Rebulir: da música tradicional ao festival internacional 27.11.2023 1:16:12
No episodio de hoxe falamos de Rebulir, asociación e escola de música e cultura tradicional localizada en Ramirás (Ourense) Da man dos seus protagonistas, Alexandre Sotelino, "Sote" (director da escola) e Sandra G. Sousa (presidenta da asociación), analizamos o seu percurso desde 2005 até a actualidade. Anos de moito traballo e de grandes éxitos, como as Noites de Fiadeiro ou o Festival Internacio...
Galiportus Ep.9- Estou a estudar português 23.11.2023 49:52
Hoje falamos com o professor Valentim Fagim, a lecionar português nas EOI galegas desde há muitos anos. Ele explica-nos tudo acerca do seu livro "Estou a estudar português" (2022, Através), que visa ser uma ferramenta essencial como suporte ao estudo de quem quer descobrir a lingua de Camões, quer seja galegofalante, quer falante de castelhano. A fonética, a ortografia, a gramática, as palavras, o...
Galiportus Ep. 8- Orgullo Galego: as redes á galega 20.11.2023 51:55
Hoxe falamos con Borxa González Castro, un dos socios fundadores de "Orgullo Galego", a marca dos contidos xerados na Internet, á galega. Logo duns anos de moito traballo, a súa comunidade virtual é de máis de 400 mil persoas, con ampla difusión en Facebook, Instagram ou Youtube, máis tamén estando presentes nos canais de difusión de Telegram ou facendo directos en Twitch. Temas de actualidade, tr...
Galiportus Ep.7- En liña coa Mesa 13.11.2023 1:29:42
Neste episodio toca falar co presidente da maior organización asociativa por número de socios da Galiza, A Mesa pola Normalización Lingüística. Xunto co educador e activista da lingua Hector Casas, entrevistamos ao historiador Marcos Maceira (9 anos xa no cargo), o cal analiza múltiples cuestións sobre o pasado, presente e futuro da lingua propia. Así mesmo, tamén debullamos a ferramenta nomeada "...
Galiportus Ep.6- Sta. Marinha de Augas Santas, a lenda que persiste 13.11.2023 59:26
Nesta ocasión, o Galiportus vai ao encontro da mística, da lenda e da fé. Da man de Manuel Gallego Alves, historiador, educador, socio de Xeitura Coop e habitual guía en Santa Mariña (Allariz, Ourense-Gz) e do párroco Eduardo Fernández, buscamos respostas a tanta pregunta: Quen foi Mariña? Canto de historia rodea a tanto misterio? E ... por que gusta tanto a visita ao conxunto que se forma no ento...
Podcasturi asemănătoare
Replaio nu este editorul podcasturilor; numele emisiunilor, coperțile și materialul audio aparțin autorilor lor și sunt distribuite prin fluxuri RSS publice