Radio Municipal de Tui

Día a Día

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Vizitează neapărat site-ul podcastului și susține-i creatorul: www.ivoox.com

Autor

Radio Municipal de Tui

Categorie

News

Site-ul podcastului

www.ivoox.com

Cel mai nou episod

16 oct. 2026

Unde asculți?

Podcasturi în aplicație Replaio Radio În curând

Podcasturile ajung în curând în aplicație. Instaleaz-o acum și fii primul care descoperă o abordare complet nouă a podcasturilor

Descarcă din Google Play Instalează gratuit Android aproape 10 mil. descărcări · nota 4,8 iOS în curând

Episoade

Ent. Gerardo Giráldez e Bibi Vila, da Comisión de Festas | Porco ó espeto e Festas na honra á Virxe da Guía en Randufe 28.08.2026

Mañá sábado ás 20 h celébrase a I Festa do Porco ó Espeto no adro da Guía, en Randufe, organizada pola Comisión de Festas 2026. Con esta cita ábrense dúas semanas con actividades, até chegar ao 7 de setembro, coa celebración das Festas na honra á Virxe da Guía. Hoxe déronnos os detalles desta festividade Gerardo Giráldez, vicepresidente, e Bibi Vila, secretaria, da Comisión de Festas.

Ent. José Fernández e César Pérez, membros da Comisión de Festas | Festa da Virxe da Rocha en Caldelas 28.08.2026

Deporte, música, actos relixiosos e gastronomía forman parte da programación das festas na honra á Virxe da Rocha que dende mañá sábado e até o martes se celebran en Caldelas. Así nolo contaron hoxe José Fernández e César Pérez, membros da comisión de festas.

Ent. Esteban González, presidente da Comisión de Festas | Festas da Virxe Peregrina, en Estás 27.08.2026

A tradicional danza da Virxe Peregrina, con máis de 300 anos de historia, é un dos momentos singulares da programación das festas na honra á Virxe Peregrina, que esta fin de semana se celebran en Estás, Tomiño, O presidente da Comisión de Festas, Esteban González, explicounos como esa esa danza que se acompaña cun vals, e detallou todo o programa.

Ent. Marta Valcárcel, alcaldesa de Salvaterra de Miño | Festa do Viño do Condado do Tea 2026 27.08.2026

Salvaterra prepárase para celebrar a Festa do Viño do Condado do Tea coa participación de 29 adegas. Dende mañá venres e até o domingo desenvolverase un amplo programa de actividades, tal e coma explicaba a alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel.

Ent. Maya Moledo, do Helvetia Saeplast Cañiza; e Pablo Gándara, do Bueu Atlético Balonmán | Copa Galicia 27.08.2026

A fase final da Copa Galicia de balonmán xógase este domingo 30 no pavillón Gustavo Rodríguez de Tui. Maya Moledo, xogadora tudense, participa nesta final co Helvetia Saeplast Cañiza, e enfrontarase ao A.D. Carballal o domingo ás 11 h. O tamén tudense Pablo Gándara competirá nesa final co seu equipo, Bueu Atlético Balonmán, contra o Teucro Lintel, ás 13 h. Conversamos con eles sobre as perspectiva...

Ent. Alba Álvarez e Andrea Docampo, do Centro Anarela | Malestar emocional durante as vacacións 27.08.2026

Cando pensamos nas vacacións, habitualmente pensamos en descanso, desconexión e felicidade, pero non sempre é así. Hoxe conversamos sobre o malestar emocional que pode xurdir nos períodos vacacionais, con Alba Álvarez e Andrea Docampo, do Centro Anarela.

Ent. Sandra González, Pedro Villarroel, Juan Antepazo e José Piedra | Concerto da Agrupación Musical de Goián e Astarot 26.08.2026

Máis de 60 músicos e músicas actuarán este venres ás 22 h no concerto de verán da Agrupación Musical de Goián. A praza do Seixo, en Tomiño, acollerá esta cita anual, que este ano contará coa participación do grupo galego Astarot. Coñecemos os detalles deste concerto con Sandra González, alcaldesa de Tomiño; Pedro Villarroel, director da Agrupación Musical de Goián; e Juan Antepazo e José Piedra, i...

Ent. Agustín Martínez, presidente, e Jacobo Gregores, director técnico do BM Tui | Final da Copa e Supercopa Galicia 26.08.2026

O pavillón Gustavo Rodríguez de Tui acolle este domingo 30 a fase final da Copa e Supercopa Galicia 2026 de balonmán. Durante toda a xornada o balonmán será protagonista, con catro partidos de élite. Na final da Copa Galicia enfrontaranse o Teucro e o Bueu na categoría masculina, e o Carballal e Cañiza na feminina. Pola tarde, na Supercopa, os encontros serán Cangas contra O.A.R. Coruña e Atlético...

Ent. Majo González e Diego Pons | Semana Cultural Xuntanza de Randufe 25.08.2026

Coa Carreira Popular de Randufe comeza este domingo a programación da Semana Cultural Xuntanza de Randufe. Sairá o domingo ás 10 h do adro da Guía para as categorías superiores cun percorrido de 8 kms. A inscrición está aberta até mañá mércores en Cronotec.es Ao longo da Semana terán música, humor, playbacks, maxia, obradoiro... tal e coma hoxe nos contaron Majo González e Diego Pons, da Asociació...

Espazo Comercio | Campaña Remata as vacacións cun sorriso 25.08.2026

Co mes de setembro chega a nova campaña de ACITUI "Remata as vacacións cun sorriso", que estará activa dende o 1 ao 15 do próximo mes. Con Pepe Míguez, presidente de ACITUI, coñecemos hoxe no noso Espazo Comercio este sorteo da volta á rutina.

Ent. Raimundo Martínez, 'Rai', escultor tudense | Escultura do peregrino na r/ Olímpicos Tudenses 25.08.2026

Un peregrino esculpido en pedra coroa dende o mes de xuño a rúa Olímpicos Tudenses, dando a benvida ás persoas camiñantes que percorren a ruta até Santiago. Esta escultura é obra do tudense Rai, e é filla da situada ne Veiga do Louro. O escultor explicaba hoxe na nosa sintonía que hai detrás desta obra e como escoita o que a pedra lle quere contar.

Ent. Rafael Sánchez Bargiela do IET | Remata o ciclo Coñece o noso patrimonio 25.08.2026

Esta tarde remata o ciclo Coñece o noso patrimonio promovido polo Instituto de Estudos Tudenses que ao longo dos meses de xullo e agosto brindou visitas guiadas e unha conferencia. Hoxe será un percorrido pola igrexa de San Francisco, da man do historiador da arte e membro do instituto, José Ramón Fernández. Unha visita que sorprenderá pola importancia dos retablos barrocos do templo e pola súa hi...

Ent. Agustín Martínez, Jacobo Gregores e xogadores | Campamento de Balonmán 25.08.2026

O Club Balonmán Tui vai celebrar un Campamento de Balonmán gratuíto os días 1, 2, 3, 4 e 7 de setembro de 9 a 14 h no pavillón Gustavo Rodríguez para nenos e nenas nadas entre os anos 2013 e 2020. Coñecemos todos os detalles desta actividade con Agustín Martínez, presidente, e con Jacobo Gregores, director técnico. Tamén falamos con algúns xogadores e xogadoras Hugo, Diego, Martín, Hugo, Lía e Ant...

Ent. Javier Niño, coordinador deportivo do CB Tui | 3x3 Cidade de Tui 24.08.2026

Hoxe remata o prazo de inscrición para o 3x3 Cidade de Tui que se vai celebrar este sábado organizado polo CB Tui. Xógase cunha soa canasta e partidos rápidos de 10 minutos a partir das 10 h e durante toda a xornada. As persoas interesadas poden inscribirse até hoxe nas redes sociais do CB Tui ou no correo clubtui@gmail.com. Así nolo contou Javier Niño, coordinador deportivo do CB Tui.

Ent. Ana Núñez, concelleira e María Ferreiró, técnica da Área Rexurbe | Axudas adquisición de vivenda no conxunto hº 24.08.2026

As persoas que teñan adquirido unha vivenda no conxunto histórico de Tui, en Área Rexurbe, dende o 15 de outubro de 2025 poden solicitar unha axuda de 15 mil euros dentro da convocatoria para a adquisición de vivenda protexida e en conxuntos históricos realizada pola Xunta de Galicia a través do IGVS. A información sobre esta convocatoria pode ampliarse na sede electrónica da Xunta, na web do IGVS...

Ent. Iago Piñeiro, presidente do Entroido de Goián | Estrea do documental 100 anos de troula 21.08.2026

O Entroido de Goián é centenario e conta cunha longa historia e tradición. Así se recolle no documental 100 anos de troula que se vai estrear mañá sábado ás 21.30 h. Co gallo da estrea desta peza audiovisual artellaron unha programación festiva que se celebra até este domingo. Con Iago Piñeiro, presidente do Entroido de Goián, coñecemos máis detalles das actividades e do documental dirixido por Su...

Ent. Tania Fernández e Manu Garrido, padexeiros do Kaiak Tudense | Descenso Internacional do Miño 21.08.2026

Os padexeiros do Kaiak Tudense Tania Fernández, en K1, e Manu Garrido, en C1, competirán mañá no 55 Descenso Internacional do Miño. Unha cita deportiva especial tal e coma explicaba na nosa sintonía, e á que chegan tras clasificase para o Campionato do Mundo de Maratón que se celebrará en Arxentina a finais de outubro. Con eles falamos dos seus inicios do piragüismo e tamén desta regata do Miño.

Ent. Xan Pampín de Ailá | Concerto no VI Rocha Folk 21.08.2026

Ailá actuará mañá sábado ás 22 h na ribeira de Caldelas dentro da programación do VI Rocha Folk. Con Xan Pampín, un dos membros desta agrupación, coñecemos coma vai ser o concerto que van ofrecer aquí cun repertorio no que interpetarán muiñeiras, xotas, mazurcas,... e que agardan sexa do gusto do público.

Ent. Amaia Osaba, padexeira | Descenso Internacional do Miño 21.08.2026

Amaia Osaba é a padexeira que máis veces subiu ao podio do Descenso Internacional do Miño. Mañá non poderá estar en Tui porque nunha semana participa no Campionato de Europa de Kaiak de Mar. Con ela falamos esta mañá desta competición, do descenso do Miño e do piragüismo.

Ent. Rafael Estévez, concelleiro de Deportes, e Marcos Glez de Hípica Marcos - Concentración Cabalar de San Bartolomeu 20.08.2026

Tui é unha referencia a nivel ecuestre e de espectáculos coa celebración das dúas concentracións cabalares que se celebran anualmente na rúa Loureiro. Este próximo luns 24 dende ás 8 h terá a Concentración Cabalar de San Bartolomeu. Premios especiais e espectáculos ecuestres con Aires de Romero, Entre Marxes e por vez primeira en Galicia Rafael Arcos e El Chamo. Así nolo contaron Rafael Estévez, c...

Ent. Rafael Estévez, concelleiro de Deportes, e Manuel Pedrares, presidente do Kaiak Tudense - 55 Descenso do Miño 20.08.2026

O río Miño volverá vivir a súa festa deportiva este sábado coa celebración do 55 Descenso Internacional do Miño. A proba raíña en ríos a nivel galego e nacional reunirá a máis de 400 deportistas de 41 clubs de Galicia, Madrid, Portugal e Hungría. Sairá ás 18 h dende Salvaterra. Os e as padexeiras atoparán un río con pouca auga e a marea baixando o que repercutirá na dureza da regata. Falamos do De...

Ent. Pablo Castro de Alana - Concerto no Rocha Folk 20.08.2026

O escenario principal do VI Rocha Folk, na ribeira de Caldelas, acollerá maña venres, ás 23.30 h a Alana en concerto presentando o seu segundo traballo "A saber". O grupo formado por Antía Vázquez, Eloy Vidal e Pablo Castro bebe na música tradicional mesturándoa con con ritmos de base electrónica e pop. Pablo Castro deunos conta da súa traxectoria e do concerto que van ofrecer en Caldelas.

Ent. Ana Núñez, concelleira de Mercado | Xornadas Gastronómicas Saborea o Mercado de San Antonio 20.08.2026

O mexillón será o protagonista das primeiras xornadas gastronómicas Saborea o Mercado de San Antonio que se van celebrar este sábado, 22 de agosto, no Mercado de San Antonio a partir das 11 h. Poderanse degustar ao vapor, en vinagreta e en arroz a un prezo de 4€ a ración. A concelleira do Mercado, Ana Núñez, daba conta dos detalles desta iniciativa na que colabora Al Dente.

Ent .Almudena Solana, escritora - Presentación de Viaje a la ausencia en Tui 19.08.2026

A escritora tudense Almudena Solana volve mañá xoves a Tui para presentar o seu novo libro “Viaje a la ausencia” no que a cidade tudense está moi presente. A cita será ás 20 h no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela. Con ela falamos deste libro, que xorde tras o faleemento do seu pai, e no que revisita a súa propia vida para atopar no duelo a cor.

Ent. Eloy Carballo, Lois Alonso e Tiziano Nieves, padexeiros cadetes - Descenso Internacional do Miño 19.08.2026

O padexeiros cadete do Club Kaiak Tudense Eloy Carballo, Lois Alonso e Tiziano Aramis Nieves competirán este sábado por vez primeira no Descenso Internacional do Miño. Coñecemos con eles como se iniciaron no mundo do piragüismo e como se preparan para a cita desta fin de semana.

Ascultă podcastul Día a Día în Replaio

Radio și podcasturi într-o singură aplicație - gratuit și fără înregistrare. Instaleaz-o azi și nu rata lansarea

Descarcă din Google Play

Replaio nu este editorul podcasturilor; numele emisiunilor, coperțile și materialul audio aparțin autorilor lor și sunt distribuite prin fluxuri RSS publice