AGalegaAudio
Todos os podcast | Raizame
Raizame é un programa centrado nas músicas de raíz. No espazo ofrécese un amplo panorama da música de todo o mundo, sen esquecer a actualidade que proveña dos artistas galegos. Os protagonistas da actualidade tamén serán obxecto de entrevistas para que nos conten as súas opinións. O seu condutor, Óscar Losada, forma parte de World Music Charts Europe e unha vez ao mes o contido céntrase na lista elaborada polos xornalistas radiofónicos europeos que forman WMCE.
Não deixe de visitar o site do podcast e apoiar quem o produz: agalegaaudio.gal
Autor
AGalegaAudio
Categoria
Site do podcast
Último episódio
10 de jun de 2024
Onde ouvir?
Podcasts no app Replaio Radio Em breveOs podcasts estão chegando ao app. Instale agora e seja o primeiro a descobrir um jeito totalmente novo de curtir podcasts
Episódios
Versionando a Elvis 10.06.2024 1:00:00
Derradeiro capítulo da temporada, que destinamos a escoitar temas popularixados por Elvis Presley interpretados por outros artistas
20 na lista 03.06.2024 59:58
Análise da lista elaborada polos xornalistas radiofónicos que forman parte de World Music Charts Europe. Entre eles está o condutor do programa, Óscar Losada.
A India 27.05.2024 59:58
Facemos un percorrido pola música da India cun concepto moderno e contemporáneo, que se reflicte nos artistas que se escoitan no espazo.
Hand of Kindness 20.05.2024 59:58
Ás veces traemos ao programa algún "Disco Imprescindible". Nesta ocasión é "Hand of Kindness", do londiniense Richard Thompson, editado en 1983.
Raizame 13-05-2024 13.05.2024 59:58
Viaxe pola obra de artistas da Galiza. Entroutros Abraham Cupeiro, Budiño, Sofía Espiñeira, MJ Pérez ou Nómade
Raizame 06-05-2024 06.05.2024 59:58
Neste episodio de Raizame analizamos a lista elaborada polos xornalistas radiofónicos que forman parte de World Music Charts Europe. Entre eles está o condutor do programa, Óscar Losada.
As nais 29.04.2024 59:57
Hoxe o protagonismo é para as nais. Trece artistas, entre eles cinco galegos, con temas dedicados ás nais.
"Grândola, Vila Morena". Un tema mítico e os outros dous que o puideron ser. 22.04.2024 59:58
Co gallo do 50 aniversario da Revolución dos Cravos, o 25 de abril, falamos da canción vinculada a ese acontecemento histórico e das outras dúas pezas de Zeca Afonso que puideron ocupar ese lugar: "Traz outro amigo também" e "Venham mais cinco". Desta última hai unha versión de Milladoiro da que nos fala Nando Casal.
Raizame 15-04-2024 15.04.2024 59:58
Falamos dos últimos traballos da escocesa Lauren Collier, a brasileira Ava Rocha, o grupo norteamericano Balsam Range e a banda húngara Holddalanap
Raizame 08-04-2024 08.04.2024 59:57
Monográfico da cantautora portuguesa A Garota não, unha artista que co seu segundo álbum pasou a se converter nunha figura importante na escena musical lusa
Raizame 01-04-2024 01.04.2024 59:57
Neste episodio de Raizame analizamos a lista elaborada polos xornalistas radiofónicos que forman parte de World Music Charts Europe. Entre eles está o condutor do programa, Óscar Losada.
Orixinal e Versión 25.03.2024 59:58
Cinco grandes temas e outras tantas versións .Jose Afonso, Cristina Branco, Bob Marley, Gilberto Gil, Dougie Maclean fronte Skerryvore, Miriam Makeba, Pink Martini, Tracy Chapman e Luke Combs.
Raizame 18-03-2024 18.03.2024 59:57
Viaxamos polo mundo coas últimas novidades en música de raíz
Leilía 11.03.2024 59:58
Esculcamos a traxectoria de Leilía, grupo que se retirou dos escenarios logo de máis de trinta anos. Entrevistamos a Ana Rodríguez e Montse Rivera para debullar a súa andaina musical.
Raizame 04-03-2024 04.03.2024 59:58
Neste episodio de Raizame analizamos a lista elaborada polos xornalistas radiofónicos que forman parte de World Music Charts Europe. Entre eles está o condutor do programa, Óscar Losada.
Raizame 26-02-2024 26.02.2024 59:58
Este episodio de Raizame titúlase 'Trece cancións bonitas'. O nome tómase prestado do álbum de Germán Díaz e Benxamín Otero. Soan trece artistas que traen eses temas que adoitamos catalogar como "bonitos" pola súa sensibilidade e dozura na composición.
Raizame 19-02-2024 19.02.2024 59:58
Os protagonistas deste episodio de Raizame son os grupos Ruut (Estonia), Napfonat (Hungría), Sidi Bemol (Alxeria) e o dúo cubano Okan.
Raizame 12-02-2024 12.02.2024 59:58
Neste episodio de Raizame escoitamos a música do dúo Caamaño&Ameixeiras, que presentan o seu segundo traballo discográfico. Na parte final do podcast escoitamos ao cantautor africano Bholoja.
Raizame 05-02-2024 05.02.2024 59:58
Neste episodio de Raizame analizamos a lista elaborada polos xornalistas radiofónicos que forman parte de World Music Charts Europe. Entre eles está o condutor do programa, Óscar Losada.
Raizame 29-01-2024 29.01.2024 59:58
Neste episodio de Raizame falamos de discos destacados en Portugal o ano pasado. Escoitamos a António Zambujo, Cristina Branco, Milhanas e Carminho.
Raizame 22-01-2024 22.01.2024 59:58
Neste episodio de Raizame presentamos os novos discos das formacións norueguesas Gjermund Larsen Trio e Gangar.
Raizame 15-01-2024 15.01.2024 1:01:21
Neste episodio de Raizame presentamos o último disco de Genticorum, conxunto de Quebec. Tamén analizamos temas de Baklava, Lena Johanson Trio e Marta Gómez.
Raizame 08-01-2024 08.01.2024 1:02:09
Neste episodio de Raizame falamos con Verónica Codesal do seu álbum "100 voltas". Na parte final do podcast lembramos un disco histórico da banda escocesa Mac-Talla.
Raizame 01-01-2024 01.01.2024 1:00:19
Neste episodio de Raizame analizamos a lista elaborada polos xornalistas radiofónicos que forman parte de World Music Charts Europe. Entre eles está o condutor do programa, Óscar Losada.
Raizame 25-12-2023 25.12.2023 59:58
Neste episodio de Raizame ouvimos pezas dos dous discos nos que colaboraron a cantante June Tabor e o grupo Oyster Band.
Podcasts parecidos
O Replaio não é o publicador dos podcasts; os nomes dos programas, as capas e o áudio pertencem aos seus autores e são distribuídos por feeds RSS públicos