AGalegaAudio

Todos os podcast | Notas de jazz

Music GL ↓ 71 episódios

Não deixe de visitar o site do podcast e apoiar quem o produz: agalegaaudio.gal

Autor

AGalegaAudio

Categoria

Music

Site do podcast

agalegaaudio.gal

Último episódio

14 de jun de 2024

Onde ouvir?

Podcasts no app Replaio Radio Em breve

Os podcasts estão chegando ao app. Instale agora e seja o primeiro a descobrir um jeito totalmente novo de curtir podcasts

Baixe no Google Play Instale grátis Android 5 mi+ downloads · nota 4,8 iOS em breve

Episódios

O futuro do jazz 14.06.2024

Innovación e revolución dos canons . De John Hollenbek a Nubya García, o futuro do jazz pasa polos compositores e intérpretes máis novos

A idade de ouro do swing 07.06.2024

De como a Alemaña nazi favoreceu o auxe do swing jazz na década dos anos 30. Música para a Resistencia e tamén para a propaganda

Gerry Mulligan 31.05.2024

Gerry Mulligan (New York, 6 de abril de 1927-Darien, 20 de xaneiro de 1996) é unha das figuras máis destacadas do cool jazz. Tamén o saxo barítono por excelencia

Pedro Iturralde 24.05.2024

Achegámonos a un dos músicos españois máis influentes dos últimos anos. O saxofonista navarro foi pioneiro na fusión do jazz e o flamenco

Jazz galego de primeiro nivel 17.05.2024

Selección de jazz galego co gallo do Día das Letras

The Famous 1938 Carnegie Hall Jazz Concert 10.05.2024

O primeiro álbum dobre da historia, e tamén o primeiro en vender un millón de copias. Publicouse en 1950, aínda que a gravación é do 16-01-1938 nun mítico concerto no Carnegie Hall de NY. Benny Goodman e 25 músicos ofreceron aquela noite o primeiro concerto integramente de jazz

Etiopía non se parece a ninguna outra nación cando se trata de música. 03.05.2024

Percorrido polo jazz etíope. Da Belle Èpoque á ditadura e o rexurdimento dos anos 90. Etiopía xerou unha forma única de jazz mesturado con sons étnicos: o Ethio-jazz.

As cintas perdidas que capturaron ao saxofonista Sonny Rollins en Holanda 26.04.2024

As gravacións narran tres datas dunha xira por Holanda en 1967. A maioría desas cintas de carrete permaneceron nun estante durante máis de 50 anos ata seren descubertas e reproducidas.

O Dr. King viu a conexión entre o jazz e o seu soño 19.04.2024

En agosto de 1963,  Martin Luther King pronunciou o discurso máis emblemático da accidentada historia social dos Estados Unidos. Aquel I have a dream, nas escaleiras do Monumento a Lincoln, impulsou tanto os movementos polos dereitos civís coma a súa expresión simultánea no jazz.

Leo Caldas, exquisito gusto musical. 12.04.2024

60 minutos influenciados polo gusto musical do inspector Leo Caldas, o personaxe creado por Domingo Villar que protagoniza tres das súas novelas máis exitosas.

“Non sería o mesmo sen a música de cámara” 05.04.2024

O jazz de cámara xurdiu nas décadas dos 50 e 60 como alternativa máis íntima e refinada ao jazz tradicional. Este xénero caracterizouse por unha atmosfera de colaboración e exploración creativa.

Billy Kayl 22.03.2024

Pianista de primeira relegado ao segundo plano

Axitamos a cocteleira de sons de jazz con esencia engadida de modernidade 15.03.2024

Viaxe ao vibrante mundo do Jazz Rock, un xénero que fusionou a complexidade harmónica e a improvisación do jazz coa enerxía e o groove do rock. Dende os anos 70 ata as innovacións máis recentes. Prepárate para somerxéreste nunha viaxe de ritmo, virtuosismo e experimentación.

Celebramos o legado de Dr. Lonnie Smith. 08.03.2024

O mestre do Jazz que apurou os límites do órgano Hammond dende a década de 1960 ata o seu pasamento en 2021. O seu implacable groove quedou rexistrado en máis de 70 álbumes.

Summrá, o Jazz non é unha repeticíon do pasado. 01.03.2024

Nesta edición escoitamos a primeira parte do recital que Sumrrá nos deixou na cuarta edición do festival Butaca de Jazz . Foi o un de decembro de 2023 no auditorio de Afundación na Coruña. Un concerto moi especial porque o trío galego repasou a súa traxectoría a través dun tema de cadanseus discos.

Pete la Roca, un músico conectado coa creatividade dos anos 60 23.02.2024

Nos anos 60 Blue Note deu cunha nova xeración de músicos que combinaban bebop e hardbop nun exercicio de liberdade creativa nunca visto. Entre eles salienta o baterista Pete la Roca

Así naceu o primeiro quinteto de Miles Davis 16.02.2024

Primeira entrega desta tempada, que nos leva a coñecer o primeiro quinteto clásico de Miles Davis. Tamén nos achegamos ao trío dos galegos Sergio de Miguel (piano), Óscar Rodríguez (contrabaixo) e Max Gómez (batería) coa súa peza Labyrinth

Jack Montrose, a sutileza da costa oeste 09.02.2024

Saxofonista, compositor e arranxista, Jack Montrose foi unha figura esencial nas gravacións que chegaron da costa oeste dos Estados Unidos na primeira metade da década de 1950.

Filipe Raposo & Rita María, talentos profanos e sagrados 02.02.2024

A cuarta edición do festival Butaca de Jazz permitiunos desfrutar do dúo formado polos portugueses Rita María, cantora, e o pianista Filipe Raposo. O auditorio de Afundación na Coruña foi testemuña da maxia musical que ambos son capaces de crear.

Como definir a elegancia sen Bill Frisell? 26.01.2024

Para calquera artista, manter a súa obra interesante e fresc convértese nun desafío. O guitarrista Bill Frisell é un dos músicos máis singulares que sempre o consegue, un auténtico estilista e pioneiro nos últimos 25 anos do jazz.

Sería un erro ignorar a Alberto Vilas 19.01.2024

O pianista Alberto Vilas foi o protagonista da primeira xornada do IV Ciclo Butaca de Jazz que se celebrou a finais de 2023 na Coruña. Vilas trouxo ao directo o seu álbum Naialma e demostrou que é un deses músicos que sería un erro ignorar…

Porgy e Bess, a ópera que vive en dous mundos separados 12.01.2024

George Gershwin tardou case unha década e poder estrear unha ópera que chocaba cos prexuízos raciais. Compuxo a obra coas normas establecidas pola ópera europea, pero sen embargo a música reflexaba os xéneros estadounidenses que amaba: jazz, blues, ragtime, cancións populares e a música sacra negra.

O ritmo que animaba a Disney 05.01.2024

O jazz ten unha presenza fundamental nas películas de debuxos da factoría Disney. Os dous mundos cruzaron os seus camiños no momento perfecto: o estudio de animación vivía a súa primeira época dourada e o jazz era o estilo dominante na música popular.

Música baixo cero 29.12.2023

Dende o seu nacemento, o jazz de Nadal formou unha parte sustancial destas festas. Botamos unha ollada a algunhas das cancións de nadal máis famosas da historia do jazz e contámosche algunhas das historias que esconden.

O jazz volve á radio polo Nadal 22.12.2023

Combatemos o frío cunha selección de grandes clásicos do Nadal: dende o 'White Christmas' ao 'Let it snow!', pasando pola 'Christmas Song' e a lenda de que foi composta en pleno verán para fuxir da calor abafante.

Ouça o podcast Todos os podcast | Notas de jazz no Replaio

Rádio e podcasts em um só app - grátis e sem cadastro. Instale hoje e não perca o lançamento

Baixe no Google Play

O Replaio não é o publicador dos podcasts; os nomes dos programas, as capas e o áudio pertencem aos seus autores e são distribuídos por feeds RSS públicos