AGalegaAudio
Todos os podcast | A lista negra
A Lista Negra é o espazo reservado ao blues en Radio Galega Música e Radio Galega. O blues é a máis negra de todas as músicas. Nel mestúranse os cantos de traballo afroamericanos, a propia tradición do continente de orixe dos que chegaron a América como escravos e compoñentes do gospel, a música espiritual que xermolou nos Estados Unidos. Cada programa da Lista Negra está dedicado a un dos grandes deste xénero, desde Howlin’ Wolf a John Lee Hooker, desde Robert Johnson a John Mayall, que nos axudarán a ir coñecendo os distintos subxéneros desta música honesta como ningunha outra: o blues do De...
Não deixe de visitar o site do podcast e apoiar quem o produz: agalegaaudio.gal
Autor
AGalegaAudio
Categoria
Site do podcast
Último episódio
18 de jun de 2024
Onde ouvir?
Podcasts no app Replaio Radio Em breveOs podcasts estão chegando ao app. Instale agora e seja o primeiro a descobrir um jeito totalmente novo de curtir podcasts
Episódios
Versos soltos 18.06.2024 1:01:08
A Lista Negra despídese despois de dúas temporadas glosando os grandes nomes da historia do blues. Nesta derradeira entrega lembramos aquelas figuras que trascenderon os distintos estilos rexionais e merecen un lugar destacado polo orixinal da súa achega, dende Mississippi John Hart a Louis Jordan, dende Lightnin' Hopkins a Albert Collins.
White Blues 16.06.2024 59:58
Repaso polos mellores artistas brancos que escoitamos nas dúas últimas temporadas
Chicago blues 09.06.2024 59:57
Repaso polos artistas máis destacados da variante urbana dos bluesmen de Chicago, con Muddy Waters como figura senlleira. Este estilo é o resultado da Gran Migración Afroamericana de traballadores pobres do sur dos EEUU a cidades industriais do norte durante a primeira metade do século pasado.
Pioneiros do Blues 02.06.2024 59:58
Primeiro dos catro programas especiais cos que imos despedir A Lista Negra. Comezamos cos pioneiros, cos artistas que axudaron a definir as distintas variantes do xénero. De Blind Lemon Jefferson a Bessie Smith. De Charlie Patton a Robert Johnson.
Gary Moore 26.05.2024 59:58
Robert William Gary Moore foi un dos derradeiros heroes da época dourada dos guitarristas. Educado no blues, chegou ao estrelato coma intérprete de hard rock antes de volver ás súas raíces nun dos puntos de inflexión máis brillantes xamais acometidos por un artista. Ademais, no programa desta semana escoitamos a Pauliña.
Canned Heat 19.05.2024 59:58
Ningunha banda americana representa o amor polo blues tanto como Canned Heat. Naceron a mediados dos anos 60 en California, a partir da unión de dous músicos e estudosos do xénero. Pola formación, aínda en activo, pasaron ducias de instrumentistas que gravaron uns cantos álbumes fabulosos e axudaron a reimpulsar a carreira de mitos como John Lee Hooker. No programa desta semana escoitamos ademais...
Alexis Korner 12.05.2024 59:34
A Lista Negra incorpora hoxe a quen, con permiso de John Mayall, podemos considerar o pai do blues británico. Alexis Korner, mestre dos primeiros Rolling Stones e cabeza visible dos míticos Blues Incorporated, foi un comunicador multidisciplinar ademais dun músico de formación exquisita. Tamén reivindicamos un dúo histórico con pouso blueseiro: Transportes Hernández & Sanjurjo.
Blues para o Día da Nai 05.05.2024 59:58
A Lista Negra celebra o Día da Nai con colosos coma BB King, Eric Clapton, Sister Rosetta Tharpe, JJ Cale, Howlin 'Wolf ou Johnny Winter.
Joe Bonamassa 28.04.2024 59:58
Joe Bonamassa foi teloneiro de BB King cando tiña apenas 12 anos. Ese precedente, que na súa dilatada carreira non deixa de ser unha anécdota, dá xa unha idea do seu talento. Bonamassa é un artista total, activo en varios proxectos paralelos, embarcado en xiras que son sempre un desafío. Joe é un renovador do blues que ao tempo reivindica os clásicos. Tamén escoitamos a Madame Bird, banda formada...
Peter Green 21.04.2024 59:58
Peter Green é un dos mellores guitarristas na historia do blues británico. Alumno avantaxado de John Mayall, pasou polos seus Bluesbreakers para despois fundar e liderar a etapa inicial dunha banda tan esencial como Fleetwood. Escoitamos tamén os vigueses Booty Sweat.
Furry Lewis 14.04.2024 59:58
Walter E. "Furry" Lewis foi un dos primeiros bluesmen que acadou o éxito hai un cento de anos. Tras un prolongado período de retiro, voltou á música ao abeiro do revival folk dos 60. Tamén escoitamos os vigueses The Showbinhas Experience.
Mike Bloomfield 07.04.2024 59:58
Mike Bloomfeld é un dos paradigmas do malditismo. Tomou parte na tortuosa gravación do célebre Like A Rolling Stone de Bob Dylan, a quen acompañou tamén na súa moi controvertida primeira actuación eléctrica en 1965. Despois pasou por bandas como a Paul Butterfield Blues Band e The Electric Flag. Bloomfield tiña tanto talento coma Jimi Hendrix, non morreu tan novo pero tamén se perdeu no abuso de c...
Jesse Fuller 31.03.2024 59:57
O músico de rúa por excelencia, o home orquestra, ese é o noso protagonista da semana. Jesse Fuller, que era quen de tocar a un tempo a guitarra, a harmónica, o kazoo e un curioso invento seu que servía para dar as notas de baixo co pé e que deu en chamar footdella. Ademais escoitaremos todo un trovador galego, Roger de Flor.
Taj Mahal 24.03.2024 59:57
Esta semana o protagonista na Lista Negra é Henry St. Claire Fredericks jr , que escolleu o nome artístico de Taj Mahal en homenaxe ao labor pacifista de Mahatma Gandhi. Mahal é un dos grandes innovadores do blues do último medo século, xénero que soubo combinar coa música caribeña, o jazz, o soul ou o reggae. Neste episodio tamén escoitamos a banda coruñesa Big Bottom Band, unha das primeiras qu...
JJ Cale 17.03.2024 59:55
John Weldon 'JJ' Cale é un dos fundadores do Tulsa sound, un estilo musical que bebe do rockabilly, do country e do jazz pero tamén, en boa medida, do blues. Cale foi un artista de artistas. Escribiu grandes cancións que outros fixeron famosas e sempre mantivo un perfil baixo, alleo aos excesos das estrelas. E do panorama do noso país, outro guitarrista con referencias de distintos xéner...
Big Joe Williams 10.03.2024 59:57
Joseph Lee Williams, coñecido como Poor Joe ou Big Joe Williams, foi un cantante e guitarrista de blues norteamericano. Nado en Crawford, Misisipi, en 1903 e falecido en1982
Paul Butterfield 03.03.2024 59:55
Liderou a Paul Butterfield's Blues Band, pola que pasaron dous ilustres da guitarra como Mike Bloomfield e Elvin Bishop. Paul, virtuoso da harmónica e curtido no gueto negro de Chicago, formou anos máis tarde outra banda igualmente reivindicable, Better Days. Neste programa tamén a última gravación do coruñés David LH.
Otis Spann 25.02.2024 59:58
Otis Spann foi o pianista de referencia nos anos dourados da escena blues de Chicago trala Segunda Guerra Mundial. Durante máis dunha década, Spann exerceu de escudeiro de Muddy Waters, o gran baluarte do xénero. Hoxe detémonos na súa propia traxectoria como solista e escoitamos a banda carballesa The Cerne.
Bonnie Raitt 18.02.2024 59:58
Bonnie Raitt é moito máis ca unha cantante e guitarrista de blues pero, sobre todo, é unha fabulosa cantante e guitarrista de blues. Raitt ten ás súas costas unha dilatada carreira na que non sempre as boas críticas foron da man das vendas de discos. Ela é a protagonista esta semana nun programa no que tamén escoitamos o último dos coruñeses Smooth & The Lone Wolves.
Frank Stokes 11.02.2024 59:58
Curtido en espectáculos ambulantes desde moi novo, Stokes tiña dotes para a comedia ademais de ser un músico competente. Foi un un profesional nunha época de artistas de andar por casa e acabou erixíndose no primeiro baluarte do que se coñece como Memphis blues. No programa desta semana tamén escoitamos o monfortino Carlos Childe en directo desde Nova Orleáns.
Bo Diddley 04.02.2024 59:55
Como tantos outros bluesmen antes que el, Ellas McDaniel percorreu o camiño que vai de Mississippi a Chicago. Pero a diferenza dos demais, unha vez chegou á Cidade do Vento, converteuse nun mito chamado Bo Diddley e ergueu as pontes que levaban a outra música marabillosa, o rock and roll. No programa de hoxe repasamos a súa carreira e escoitamos a banda cedeiresa Los Eternos.
Rory Gallagher 28.01.2024 59:58
Outros guitarristas venderon máis discos, coparon máis portadas e foron a festas máis glamurosas pero poucos defenderon o blues desde a vella Europa tanto como Rory. El foi o progonista nesta Lista Negra, con The Allnight Worke como banda galega convidada.
Hound Dog Taylor 21.01.2024 1:01:36
Hound Dog Taylor Taylor foi un de tantos fillos de Mississippi emigrado a Chicago nos anos 40 do século pasado. Alí soubo facerse un nome xunto coa súa explosiva banda, os House Rockers. Os Mojo Experience son a nosa banda galega convidada da semana.
A lista negra 24-12-2023 24.12.2023 59:58
Celebramos a Noiteboa cun programa especial dedicado aos artistas galegos que no último ano e medio nos fixeron chegar as súas gravacións. Blues feito e sentido desde a nosa terra, con enfoques variados e un nivel medio á altura desta antoloxía sonora do mellor do xénero. Non están todos os que son (orque non cabían) pero si son todos os que están. Feliz Nadal e moito blues para todos!
A lista negra 17-12-2023 17.12.2023 59:57
Non en van, está considerado un dos puntais do gospel blues e un dos artistas que mellor aproveitaron o revival tradicionalista de comezos dos anos 60. Davis tiña todo o necesario: boa voz, boa técnica coa guitarra e unha soberbia actitude interpretativa. No episodio de hoxe a dose galega de blues corre a cargo do ourensán MCarballo, nome artístico do músico e debuxante Manuel Carballo.
Podcasts parecidos
O Replaio não é o publicador dos podcasts; os nomes dos programas, as capas e o áudio pertencem aos seus autores e são distribuídos por feeds RSS públicos