rockinriotea
Sempre queda o Rock - Rock in Río Tea
Sempre Queda o Rock. Programa do Rock in Río Tea de Ponteareas
Não deixe de visitar o site do podcast e apoiar quem o produz: www.ivoox.com
Onde ouvir?
Podcasts no app Replaio Radio Em breveOs podcasts estão chegando ao app. Instale agora e seja o primeiro a descobrir um jeito totalmente novo de curtir podcasts
Episódios
Sempre queda o Rock 82. San Rockers. 26.02.2016 1:09:17
Episodio 82 de Sempre Queda o Rock con acústico de San Rockers. Falamos cos vigueses sobre o seu traballo e os seus concertos e nos deleitaron con 3 temas en directo. Falamos tamén con Isa, Victo e Esteban de Pelusa sobre a inminente eliminatoria do concurso de bandas de este sábado. Falamos tamén con Roberto de Onion Smile, a outra banda que pisará as táboas do JJ. Unha eliminatoria prometedora....
Sempre queda o Rock 81. Motherseed 19.02.2016 1:13:54
Episodio 81 de Sempre queda o Rock dende o Apache. Esta vez contamos coa presencia en directo de Susi e Angel de Motherseed, que nos alegraron o programa cunha actuación en acústico. Falamos con eles sobre os seus planes de futuro e sobre o seu concerto de este Sábado en Contrabajo. Falamos con Rodrigo de The Trunks e con Luis de Reino Animal, protagonistas da segunda xornada do Concurso de Bandas...
Sempre Queda o Rock 80. Presentación Concurso de Bandas 15.02.2016 1:18:41
Escoita o programa especial de presentación do concurso de bandas que grabamos o pasado venres no JJ. Ademáis do concurso, anunciamos moitas novidades que non debes perder. A nosa nova web www.rockinriotea.com da que falamos con Pablo González (Aceroplus) como creador da mesa e con Hortensia Bautista, concelleira de Cultura do Concello de ponteareas. Tamén falamos dun sorteo moi especial que levar...
Sempre queda o Rock 79. Dende o Xantar en Ourense 05.02.2016 59:49
O Rock in Río Tea desplazouse ata Expourense onde se celebra a feira gastronómica "Xantar" para grabar o episodio 79 do programa. Dende o stand que representa a Ponteareas, falamos co concelleiro de Comercio e co responsable de Catering Galicia. Borja de Derroche interpretou tres cancións en acústico e nos falou das súas sensacións ante a primeira eliminatoria do concurso de bandas Rock in Río Tea...
Sempre queda o Rock 78 29.01.2016 1:01:26
Dende a cafetería La Clave de Ponteraeas. Falamos con The Shoubinhas Experience, teloneiros en Vigo do gran Wilko Johnson. Soou Motorhead, Lenny Kravitz... tamén Siniestro Total e Golpes Bajos para que Cuko lembrara algunha anécdota e nos contara como se pasaba en Ponteareas nos anos oitenta,
Sempre queda o Rock 77 22.01.2016 1:01:31
Episodio 77 de sempre queda o Rock no que presentamos ás 8 bandas finalistas do concurso de Bandas Rock in Río Tea. Dende o Tunel Tapas, escoitamos unha canción de cada banda cunha breve presentación e o completamos coa opinión do noso colaborador especial Lulo "El Fenómeno". Tamén repasamos como todas as semanas a axenda de concertos do fin de semana.
Sempre queda o Rock 76 15.01.2016 57:00
Escoita o episodio 76 de Sempre Queda o Rock. Grabado dende o Tejano, falamos con Moon Cresta ante o seu inminente concerto en Vigo, Julio nos amosou un pouco de "The Last Internationale" e Luz se despediu de David Bowie de parte do Rock in Río Tea. Por último repasamos a axenda, que ven cargadiña esta semana.
Sempre queda o Rock 73 07.01.2016 57:00
Programa especial de nadal, grabado no restaurante Sevilla de Mondariz, no que os membros da asociación desexan unha festas cheas de Rock and Roll
Sempre queda o Rock 75 - Carlos Tarque 23.12.2015 1:01:22
No último episodio de 2015, en Sempre queda o Rock recibimos a visita dun grande do rock nacional: a voz e líder de M-Clan, Carlos Tarque. Falamos con dos máis de 20 anos de carreira ao fronte da banda murciana e conectamos, a través da liña telefónica, con Alejo Stivel: voz dos Tequila e productor, entre outros de M-Clan ou Joaquín Sabina. Os dous estarán sobre o escenario do auditorio Mar de Vig...
Sempre Queda o Rock 74 18.12.2015 57:35
A entrega 74 de Sempre queda o Rock xa está disponible para escoitar ou descargar. Dende o pub JJ falamos con Miguel Angel sobre o seu particular ranking dos mellores discos galegos do 2015. Tievemos unha nova ración de música de agora con Julio, e Vin nos mostrou curiosas covers. Finalizamos coma sempre recordando a axenda musical para o fin de semana.
Sempre queda o Rock 72. 11.12.2015 1:02:13
Episodio 72 do programa Sempre queda o Rock. Falamos con Que desilusión sobre un fermoso proxecto no que pretenden levar o Rock and Roll ás cárceres galegas. Tamén tivemos a música de agora de Julio Mera e o Oldies and Goldies de Alex. Programa patrocinado por Ecogarden. Colaboración especial de Bill Gates.
Sempre Queda o Rock 71. Con Oscar Avendaño dende a Praza Maior de Ponteareas 03.12.2015 1:02:30
O pasado Domingo, levamos o noso estudio movil á praza maior, na festa de degustación de Caza, Porco Celta e Setas organizada pola asociación de Hosteleiros do Condado, e levamos o programa á hora do vermut. Falamos con Oscar Avendaño do seu último traballo Burro e a súa última formación: Oscar Avendaño y Reposado. Un pracer, coma sempre compartir un rato con "Pelda" e escoitalo en directo coa súa...
Sempre Queda o Rock 70. Fer Fest - Moon Cresta 26.11.2015 1:23:33
Programa especial co home da eterna melena branca e a visera: Fernando "Salasón" na víspera do Festival que se organiza na súa honra, o "Fer Fest". Unha oportunidade única para mirarlle ós ollos, cara a cara, pois o normal é ver a súa melena ou como moito o seu perfil si te atreves a achegarte á primeira fila dos concertos, pois literalmente vive alí. Unha auténtica enciclopedia humana que sin emb...
Sempre Queda o Rock 69 20.11.2015 57:00
Episiodio 69 de Sempre Queda o Rock. Dende o Restaurante Etxe Eder, falamos do Lestrato Fest de Ourense, redescubrimos algunha canción da mítica película La Chaqueta Metálica, dimos algunha primicia falsa e repasamo a axenda do fin de semana. Temos feitos cousas que nunca soñaramos, como entrevistar a Inmaculate Fools ou a os Suaves, pero seguro que nunca pensamos que faríamos o 69 no Etxe Eder.
Sempre Queda o Rock 68. Joao Tomba 13.11.2015 1:18:26
Espiritismo, invocacións, aparicións, velas, Georgie Dann... e moito Joao. Que programa !!! O capítulo 68 de Sempre Queda o Rock foi realmente especial. Unha vez mais innovando, o equipo de Sempre Queda o Rock invocou en directo o espíritu de Joao Tomba, con un impresionante Pachi Jimenez nunha cerimonia na que utilizou as palabras de Georgie Dann para provocar a aparición de Joao. A cerimonia pro...
Sempre Queda o Rock 67 06.11.2015 57:00
Xa podes escoitar o capítulo 67 de Sempre queda o Rock. Grabado dende a casa da Triga na praza maior de Ponteareas. Unha edición extra-punky do programa no que entrevistamos a Serxio, o responsable da Triga, falamos cos Solfabirras que están a piques de presentar novo disco e recibimos a Monchone e aos Pukies.
programa66 Suaves 22.10.2015 1:28:42
A noite mais Suave do Rock in Río Tea Aquí vos deixamos a gravación do programa especial con Los Suaves. Despois dun emotivo acto no parque da Feira Vella onde Charly e Tino descubriron a pedra dedicada á súa banda no paseo do Rock and Roll, volvemos a sacar os micrófonos de Sempre Queda o Rock para gravar un dos programas mais especiais dos 66 que levamos ás costas. Seguro que non vos fai falta e...
Sempre Queda o Rock (65). Especial dende Madrid 19.10.2015 1:41:10
Os que facemos o programa Sempre Queda o Rock non temos palabras para describir o vivido este Sábado no mesón Txistu de Madrid. Mais de 40 persoas cruzamos a meseta acudindo á chamada do noso amigo Jose Portas, para presentar as actividades da nosa asociación en Madrid. Xa a idea en si era atractiva, pero todos quedamos coa boca aberta segundo se ían sentando na mesa do programa os amigos de Porta...
Sempre Queda o Rock 64 16.10.2015 59:11
Programa 64 de Sempre Queda o Rock. Grabado dende a cervexería Distrito Apache. Ás portas dunha semana que será moi intensa, falamos cos Pretty Shirts do album que acaban de grabar. Julio chegou cargado de Blues cos Alvin Brothers, e Pepe regresou para contarnos unha anécdota sobre o mítico Hotel California.
Sempre Queda o Rock 63 09.10.2015 58:20
Novo episodio de Sempre queda o Rock. Hoxe dende a Cafetería d'Peyo. Falamos con Peyo, o seu responsable, un auténtico loco dos Dire Straits e un novo amigo do Rock in Río Tea. Falamos con Gonzalo Arca da inclusión de dúas cancións de "Alone att the crossroad" na película "El desconocido", protagonizada por Luis Tosar. Julio nos presentou o último traballo de Keith Richards (esperemos que sexa a l...
Sempre Queda o Rock 62. Oktober Fest 02.10.2015 59:43
Programa 62 de Sempre queda o Rock. Falamos dende o Tunel Tapas sobre a Oktober fest mas rockeira. Falamos con Pablo, organizador do evento, e cos compoñentes de Bakintaun, Cool Funeral e Miguel Iglesias, que nos deleitou con dúas cancións en directo.
Sempre Queda o Rock 61. Immaculate Fools 22.09.2015 1:19:52
Noite inesquecible cos Immaculate Fools cos que abrimos a terceira tempada de Sempre Queda o Rock. Dende o pub JJ disfrutamos co direcrto da mítica banda británica, e transportámonos ós anos 80 cando nese mesmo lugar es escoitaban os seus discos unha e outra vez.
Sempre queda o Rock 60. Fin da Segunda Tempada 03.07.2015 1:13:55
E rematamos esta segunda tempada de Sempre Queda o Rock no Pub AD Delio. A poucas horas de que chegue o festival Rock in Río Tea 2015 falamos con Aurora García de Aurora & the Betrayers, e tivemos con nos a La Banda de Mazinguer. E para rematar a sorpresa máis esperada. Mínima Son nos regalou un adianto de 3 cancións das que soarán este Sabado no Parque da Concordia ás 21:00h. Moitas grazas a todo...
Cool Funeral en Sempre Queda o Rock 26.06.2015 1:17:50
No programa 59 de Sempre queda o Rock tivemos a inmensa sorte de ter con nos a Cool Funeral na terraza da Cafetería Pub La Clave. Disfrutamos como nenos co seu "Unchained Acustic" rompendo cordas da guitarra e todo. Nos presentaron o seu proxecto que podedes (e debedes) apoiar en Verkami. Que podemos dicir... somos moi de Cool Funeral.
Sempre Queda o Rock 58 19.06.2015 58:58
Capítulo 58 de Sempre Queda o Rock. Dende a Vinoteca Eiravella, falamos con Andrés, que nos presentou o seu negocio. Falamos con The Soul Jacket, que estarán no festival do día 4 de Xullo, e con Fortuitos, que estarán este Sábado no Rock na Rúa. Tamén se pasou polos micrófonos do programa "The Repunant" que iniciou a súa sección disposto a non deixar títere con cabeza. Presentado e dirixido por Se...
Podcasts parecidos
O Replaio não é o publicador dos podcasts; os nomes dos programas, as capas e o áudio pertencem aos seus autores e são distribuídos por feeds RSS públicos