rockinriotea
Sempre queda o Rock - Rock in Río Tea
Sempre Queda o Rock. Programa do Rock in Río Tea de Ponteareas
Não deixe de visitar o site do podcast e apoiar quem o produz: www.ivoox.com
Onde ouvir?
Podcasts no app Replaio Radio Em breveOs podcasts estão chegando ao app. Instale agora e seja o primeiro a descobrir um jeito totalmente novo de curtir podcasts
Episódios
Sempre queda o Rock #107 Eladio y los Seres Queridos 25.01.2017 1:03:41
Unha hora hora con Eladio y los Seres Queridos non é tempo suficiente. Estaríamos escoitándoos falar, cantar e tocar por tempo indefinido. Na viñoteca Eira Vella de Ponteareas, ante decenas de espectadores, o Sempre queda o Rock #107 serviu para que o noso amor hacia Eladio e cía se renovase e para que, os que non os coñecían, se rendesen a eles. Unha hora con Eladio y los Seres Queridos, non é te...
Sempre queda o Rock #106 Moon Cresta 15.01.2017 1:07:42
E o mellor disco galego do ano 2016, según os lectores do blog RockSoulThings é para... o Moonary de Moon Cresta! Os vigueses visitaron Ponteareas para recibir o premio, cortesía de Galician Brew, e foron os protagonista do Sempre queda o Rock, gravado no JJ Copas. Falaron do Moonary, de música, da vida e da súa estreita relación co humorista galego Xosé Antonio Touriñán, que estivo presente a tra...
Sempre queda o Rock #105 Dixie Town 30.12.2016 58:15
Decimos adeus a 2016 dende o restaurante Mamá Fina de Ponteareas e cos Dixie Town como protagonistas. Un ano despois de que o seu último traballo, Same old story, vise a luz os vigueses chegaron a Ponteareas para contarnos cada segredo que esconde e para regalarnos tres temas en directo e en versión acústica.
Sempre queda o Rock #104 The Soul Jacket 22.12.2016 1:00:45
The Soul Jacket visitaron Ponteareas (Classic Bar) para presentar o seu último traballo: Soul BBQ. Falaron de pasado, presente e futuro e regalaron a o bo número de presentes catro temas en directo, dous deles, adianto do que será o seu terceiro LP, que verá a luz no próximo mes de marzo.
Sempre queda o Rock 103. Indy Tumbita 02.12.2016 1:00:24
Comezamos o Sempre queda o Rock falando con Rodrigo Valiente, frontman de The Trunks, sobre o novo EP da banda e o concerto do próximo 9 de decembro no JJ Copas. Con nós, nunha tapería La Sartén ateigada de xente, estivo Indy Tumbita, que chegou a Ponteareas para presentarnos o seu novo traballo, Bay Vibrations.
Sempre queda o Rock 102. Winter Project 25.11.2016 58:08
Gravado no BluBar de Ponteareas, o Sempre queda o Rock 102 tivo á banda viguesa Winter Project coma protagonista e Jorge máis Luis, guitarras en man, regalárannos tres temas do seu disco, Winter Time, en versión acústico. Ademais, Julio Mera, presentou unha nova edición de Música de Agora, adicada ao norteamericano Charles Bradley.
Sempre queda o rock 101. Batea Fest dende Salasón 18.11.2016 59:57
A nova centena de programas do Rock in Río Tea empeza nun dos templos do rock and roll de Galicia. A Salason de Cangas. E foi así porque precisamente alí é donde se celebra o primeiro Festival Batea Fest, que contará con Wonderlust Kings, Los Brazos e Imperial Jade. Falamos co seu organizador e contamos co directo en acústico dos Wonderlust Kings.
Sempre Queda o Rock 100. Agoraphobia 02.11.2016 1:03:13
Programa especial no que celebramos os 100 episodios de Sempre Queda o Rock. Dende o JJ, o noso sancturario, rodeados de moitísimos amigos compartimos coas rapazas de Agoraphobia esta emocionante experiencia. Toñito de Poi tamén estivo con nos, e moitos dos nosos amigos nos enviaron mensaxes de felicitación. Despois concertazo de Agoraphobia. Que ben o pasamos.
Sempre Queda o Rock 99. Don Disfraz 02.11.2016 52:36
Programa 99 de Sempre Queda o Rock, gravado nas instalacións de Don Disfraz a víspera de Hallowen. Contamos co directo de Met e disfrutamos dunha cata de cervexa Curuxa, e de unha exhibición de Body Painting. A banda pontareana MET nos deleitou cun directo en acústico que fixo as delicias dos presentes. Sempre nos gusta decir canto nos enorgullece que haxa grandes empresas en Ponteareas como Don D...
Sempre Queda o Rock 98. Montando Cristo 22.09.2016 1:03:06
Para a segunda entrega da carta tempada, visitamos ós nosos veciños de Porriño, onde organizan o festival Montando Cristo, que contará con Soul Jacket, Supernatural, e Dahrma Vox. Estes últimos nos ofreceron tres temas en acústico, e Manu nos contou como se cociñou esta terceira edición do Festival que se celebra o 1 de Outubro. Fantástica acollida e fantástico ambiente no Café Bar Salgueira.
Sempre Queda o Rock 97. Homenaxe a Immaculate Fools 18.09.2016 1:03:22
E comenzou a cuarta tempada de Sempre Queda o Rock. E con ela o calendario de actividades do Rock in Río Tea. Este curso o empezamos poñendo a cuarta pedra no paseo do rock and roll, adicada a Immaculate Fools, por ter sido unha referencia para moitos de nos alá polo anos oitenta e novena, e pola súa relación con este pobo
Sempre queda o Rock 96. LSitio. Festisitio 08.07.2016 1:04:32
Programa especial dende Lira. Desplazámonos ao paradisíaco pub LSitio donde falamos cos seus donos e organizadores do Festisitio. A banda Pontareana Treboada interpretou 3 dos temas que soaran no festival en versión acústica. Un sitio especial sen dúbida.
Sempre queda o Rock 95. Con Denis Carballás de Beethoven Rollers 01.07.2016 59:54
Ültimo capítulo da tempada, a pucas horas do 4º festival Rock in Río Tea. Tivemos con nos a Denis Carballás de Beethoven Rollers que nos regalou un pouco de Blues e Rock en acústico. Namorados quedamos de Denís, a quen poderemos ver hoxe Venres na Feira Vella coa súa banda despois dos concertos dos rapaces da escola CDM de Rock and Roll de Ponteareas Tamén repasamos un pouco o que será o festival...
Sempre queda o Rock 94 02.06.2016 57:00
Episodio 94 de Sempre queda o Rock. No Hush Rock de Vigo, o día que se presentaba a cervexa de Miguel Costas "Miña terra galega", falamos co protagonista sobre como é iso de poñer o seu careto a unha cervexa. Tamén falamos con Carlos Rodriguez, un dos organizadores de festiváis como Port América ou Cultura quente, sobre os festivais que están por vir.
Sempre queda o Rock 93. Homenaxe a La Iguana 26.05.2016 1:02:57
Neste episodio Sempre Queda o Rock fai unha homenaxe a La Iguana. O mítico local de concertos de vigo que leva aberto dende 1990. E para tan especial ocasión contamos cunha banda formada por algún dos mellores músicos do panorama musical de Vigo. Charlamos, reímos e disfrutamos do directo destes fenómenos
Sempre queda o Rock 92. Especial Festival de Cans. Con Joao Tomba 13.05.2016 1:16:29
Episodio 92 de Sempre Queda o Rock. Dende a mítica Casa Fortes de Cans, falamos a reo do inminente Festival de Cans. Aínda que para case ninguén necesita presentación, coñecimos de primeira man as interioridades do festival, falando con Alfonso Pato o seu director, Falamos tamén con Queca Losada, presidenta da asociación Arela que nos contou a relación do festival cos veciños de Cans, e do premios...
Sempre queda o Rock 91 05.05.2016 1:13:51
Programa 91 de sempre queda o Rock. Dende o Tunel Tapas, Especial Morrasound
Sempre queda o Rock 90. 29.04.2016 1:04:02
Programa 90 de sempre queda o Rock. Dende a tapería La Sartén, falamos con Montse sobre o concerto Benéfico que se celebrará este Sábado no JJ para recaudar fondos para o GEIS (Grupo Español de Investigación de Sarcomas). Nin se vos ocurra faltar. Tamén repasamos as 6 bandas que formarán parte do cartel do IV Festival Rock in Río Tea. Baby Jane, Yakuzas, Shoubinhas Experienc, The Trunks, Julian Ma...
Sempre queda o Rock 89 22.04.2016 57:00
Na edición 89 de Sempre queda o Rock, visitáronnos Conchi e Clara, organizadores do festival solidario en apoio ao pobo saharaui. Ademais, Julio Mera e Rafa Caimán regaláronnos unha nova dose de Música de Agora e Rock in Translator, respectivamente.
Sempre queda o Rock 88 Especial Concurso de Bandas 15.04.2016 1:02:23
Programa adicado ao III Concurso de Bandas, na previa da súa final. Estiveron no restaurante Punto&Textura de Ponteareas David, voz dos vixentes gañadores, Cool Funeral, e Gabriel máis Álvaro, integrantes de Spoonful, finalistas da edición de 2016. Ademais, falaron a través do teléfono Germán, voz de Trapos Sucios, vencedores da primeira edición, e Ru, baixista de The Trunks, rivais de Spoonful na...
Sempre Queda o Rock 87. Antonio Tato e homenaxe a Manolo Tena 08.04.2016 1:06:18
Para o episodio 87 de Sempre Queda o Rock contamos con Antonio Tato, que interpretou en directo varios temas seus e tamén algunha versión. Falamos con Carlos Arévalo, batería da mítica banda Cucharada e amigo de Manolo Tena a quen rendimos unha pequena homenaxe no programa. Vin nos amosou algunha versión curiosa do gran Bob Dylan, e Rafa retou a Antonio a poñer banda sonora a diferentes momentos o...
Sempre queda o Rock 86. Costas 01.04.2016 1:05:06
Día grande para o Sempre Queda o Rock 86. Visita do noso amado Miguel Costas ó programa para presentar o seu novo disco "No me cuentes tu vida". Como sempre xenial, o mellor cantante do mundo, falou con nos do seu novo traballo, os seus videos e o seu sempre orixinal punto de vista. Cunha formación formada por batería guitarra acústica e eléctrica deleitou ó publico do JJ coas súas cancións, que s...
Sempre queda o Rock 85. Laura Solla na Tapería La Sartén. 18.03.2016 1:26:39
Para o programa 85 contamos con Laura Solla, que acompañada por Javier Miranda nos presentou as cancións que formarán parte do seu primero traballo en solitario, que está a piques de ver a luz. O numeroso público da Tapería La Sartén disfrutou en primicia e exclusiva de algunha destas cancións que viaxan dende o country e o blues ata o rock. Pepe volveu a visitarnos e nos falou de outras grandes m...
Sempre queda o Rock 84. The Hush Rock. Rock Soul Fest & Camarada Nimoy 11.03.2016 1:15:18
Para o episodio 84 viaxamos a Vigo a un auténtico templo do Rock and Roll. O Restaurante Hush Rock. Falamos con Carlos Fernández, o seu xerente e un auténtico melómano con quen poderíamos estar falando durante horas. Un recoñecido adicto a Deep Purple que non ten pensado desintoxicarse. Falamos cos nosos amigos Miguel Ángel e Diego sobre o Rock Soul Fest, que se celebrará en Cangas este sábado e q...
Sempre queda o rock 83. The Loopholes 03.03.2016 1:14:16
Episodio 83 de Sempre Queda o Rock dende Casa Ferreira coa música en directo de Loopholes. Falamos co dúo da Guarda do seu último disco, que tivemos a oportunidade de adquirir en formato vinilo. Estiveron tamén con nós vía telefónic os dous contendientes da 4 eliminatoria do concurso de bandas. Mario de Shoubinhas Experience e con Gabriel de Spoonfull. Ambiente fantástico que confirma que a fin de...
Podcasts parecidos
O Replaio não é o publicador dos podcasts; os nomes dos programas, as capas e o áudio pertencem aos seus autores e são distribuídos por feeds RSS públicos