Radio Municipal de Tui

Informativos

News GL ↓ 3667 episódios

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.

Não deixe de visitar o site do podcast e apoiar quem o produz: www.ivoox.com

Autor

Radio Municipal de Tui

Categoria

News

Site do podcast

www.ivoox.com

Último episódio

30 de out de 2026

Onde ouvir?

Podcasts no app Replaio Radio Em breve

Os podcasts estão chegando ao app. Instale agora e seja o primeiro a descobrir um jeito totalmente novo de curtir podcasts

Baixe no Google Play Instale grátis Android 5 mi+ downloads · nota 4,8 iOS em breve

Episódios

Noticias 13.30 h | Martes, 14 de abril de 2026 14.04.2026

A actualidade informativa deste martes, 14 de abril, recollémola en Noticias 13.30 h: - O Tribunal de Instancia de Tui decreta que non é competente para encargar á UCO a investigación do caso Déborah - A Gardia Civil de Tui investiga un presunto delicto simulado de robo con escalo nunha vivenda - Esta tarde celébrase en Tui a Xornada hispano-portuguesa de participación pública Organizada pola Conf...

Noticias 13.30 h | Venres, 10 de abril de 2026 10.04.2026

Estas son as principais novas que neste venres, 10 de abril, recollemos en Noticias 13.30 h: - Completamos a rolda de conversas tras o pleno de marzo con Nico Montes, voceiro do PP, e con Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, con quen abordamos tamén outros temas da actualidade - A armada desenvolveu hoxe no Miño o exercicio de seguridade MARSEC 2026 cun simulacro de rescate - Tui celebra a fin de se...

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Rolda pleno marzo 10.04.2026

Co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, pechamos hoxe a rolda de conversas tras o pleno ordinario do mes de marzo. Amais desta cuestión Enrique Cabaleiro, referiuse á solicitude do PP. Tamén falamos das festas de San Telmo e confirmou que a procesión de San Telmo pasará o luns por Augusto González Besada.

Ent. Nico Montes, voceiro do Partido Popular | Rolda pleno marzo 10.04.2026

O voceiro do Partido Popular, Nico Montes, participou hoxe na rolda de conversas tras o pleno ordinario de marzo. Antes de abordar os asuntos tratados na sesión plenaria referiuse á esixencia do grupo popular de que o concelleiro de Urbanismo sexa apartado temporalmente das súas funcións ata que se esclareza o caso de presunto delito de acoso laboral.

Noticias 13.30 h | Xoves, 9 de abril de 2026 10.04.2026

As novas deste xoves, 9 de abril, recollémolas en Noticias 13.30 h: - As obras de modernización da Liña do Miño conlevan que durante case un ano parte do traxecto entre Vigo Guixar e Guillarei e Valença se realice por estrada - O Concello de Tui reafirma o seu compromiso coa protección laboral e a transparencia administrativa - Concerto do alumnado do Conservatorio e teatro co grupo Aloia hoxe xov...

Noticias 13.30 h |Mércores, 8 de abril de 2026 08.04.2026

Estas son as prinicipais novas que neste mércores, 8 de abril, recollemos en Noticias 13.30 h: - O paro baixou en Tui en 58 persoas até as 894 inscritas no Servizos Públicos de Emprego - O PP esixe ao alcalde que aparte de forma temporal das súas funcións ao concelleiro de Urbanismo até que se esclareza o caso de presunto delito de acoso laboral - O concelleiro non adscrito José Palacín sinala que...

Ent. Ángel Sánchez, codirector de Play Doc | Cinema Percorridos e cinema mudo 08.04.2026

O festival de cine Play Doc levará parte da súa programación a espazos históricos de Tui con sesións de cine mudo con música en directo e propostas de cine expandido e creación experimental en vivo. Hoxe coñecemos os detalles desta iniciativa con Ángel Sánchez, codirector de Play Doc.

Noticias 13.30 h | Martes, 7 de abril de 2026 07.04.2026

Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - O paro baixo en 78 persoas no Baixo Miño en marzo até as 2.4 47 inscritas no Servizo Público de Emprego - Carmen Núñez, voceira do BNG, interveu hoxe na rolda de entrevistas tras o pleno ordinario de marzo - O número de peregrinos no Camiño Portugués subiu nun 18% en marzo con respecto a 2025 - O Concello de Tui contratará a...

Ent. Carmen Núñez, voceira do BNG | Rolda pleno mes de marzo 07.04.2026

Con Carmen Núñez, voceira do BNG, continuamos hoxe a rolda de conversas cos representantes dos grupos políticos da corporación municipal de Tui tras o pleno ordinario do pasado mes de marzo.

Noticias 13.30 h | Luns, 6 de abril de 2026 06.04.2026

Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - Tui contará neste 2026 cos orzamentos máis alto da súa historia - José Palacín, concelleiro non adscrito, abre a rolda de conversas tras o pleno ordinario de marzo - A presidenta do Celta destacou no seu pregón das festas de San Telmo a identidade tudense e o celtismo - Marga do Val e o TYDE recoñecidos co premio Cidade de Tu...

Ent. José Palacín, concelleiro non adscrito | Rolda pleno ordinario marzo 06.04.2026

Hoxe abrimos con José Palacín, concelleiro non adscrito a rolda de entrevistas cos representantes dos grupos políticos da corporación tras o pleno ordinario do mes de marzo.

Noticias 13.30 h | Mércores, 1 de abril de 2026 01.04.2026

Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h

Noticias 13.30 h | Martes, 31 de marzo de 2026 31.03.2026

- Pesegueiro e Caldelas de Miño son as novas denominacións destas parroquias tudenses segundo o Nomenclator aprobado onte - O Espazo Feira e o Espazo Sociocultural acollerá os concertos das Festas de San Telmo con Puño Dragón, La Fuga, Ñu, The Pileides, Ola de Calor e The Sibaritas - Hoxe ás 19 h sae da Oficina de Turismo a visita guiada polo legado xudeu da cidade para conmemorar o Día da Cultura...

Noticias 13.30 h | Luns, 30 de marzo de 2026 30.03.2026

- Conta atrás para as festas de San Telmo que comezarán de xeito oficial co pregón a cargo da presidenta do Celta, Marián Mouriño - A misa crismal e a visita aos monumentos actos da Semana Santa en Tui este mércores e xoves - Restos romanos do século I ao IV dC foron atopados nas sondaxes arqueolóxicas da praza do Pracer - Visita guiada ao legado da cultura xudía mañá martes en Tui - O Cineclub Tu...

Noticias 13.30 h | Venres, 27 de marzo de 2026 27.03.2026

Estas son as principais novas que recollemos hoxe venres, 27 de marzo, en Noticias 13.30 h: - Aprobados os orzamentos de 2026 do Concello de Tui cos votos a favor do PSOE e do concelleiro non adscrito. Abstívose o BNG e votou en contra o PP - A unidade móbil de doazón de sangue está hoxe en Tui - Hoxe ás 19.30 h preséntase o libro "As murallas de Tui" de Rafael Sánchez Bargiela - Derradeiro venres...

Noticias 13.30 h | Xoves, 26 de marzo de 2026 26.03.2026

Estas son as principais novas que neste xoves, 26 de marzo, recollemos en Noticias 13.30 h: - Hoxe van a pleno os orzamentos para 2026. A sesión poderá seguirse a partir das 20 h pola nosa sintonía - Os viños e espumosos de 17 adegas e a gastronomía protagonistas do V Encontro de Viños da Raia que se celebrará o 4 e 5 de abril - Play Doc dedica a súas retrospectivas de 2026 a Viola Stephan e Eduar...

Ent. Ángel Sánchez, codirector de Play Doc | Viola Stephan e Eduardo Coutinho, protagonistas das retrospectivas de 2026 26.03.2026

Viola Stephan e Eduardo Coutinho serán os protagonistas das dúas retrospectivas que ofrecerá Play Doc, do 29 de abril ao 3 de maio, en Tui. A alemá Stephan presentará en Play Doc a súa primeira retrospectiva en España. Coutinho é un dos grandes documentalistas brasileiros. Así o explicaba hoxe o codirector do festival, Ángel Sánchez.

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui | 140 anos da ponte internacional, orzamentos, praza do Pracer, atraccións 25.03.2026

Co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, abordamos hoxe distintos temas da actualidade municipal. O 140 aniversario da vella Ponte Internacional que hoxe e cumpre, as excavacións arqueolóxicas na praza do Pracer, os orzamentos por importe de 13,6 millóns que mañá xoves van a pleno, a ausencia das atraccións nas festas de San Telmo foron os asuntos tratados.

Noticias 13.30h | Mércores, 25 de marzo de 2026 25.03.2026

Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - Os orzamentos de Tui suben nun millón de euros até os 13,6 en 2026. Mañá serán debatidos en pleno - Achádegos importantes nas sondaxes arqueolóxicas na praza do Pracer - Acto institucional conmemorativo do 140 aniversario de vella Ponte Internacional - Hoxe presentouse o V Encontro Viños da Raia - Doazón de sangue este xoves...

Ent. Cristina Correa, alcaldesa de Oia | Situación no Talaso Atlántico 25.03.2026

O Concello de Oia vén de presentar un recurso de reposición ante a obriga de requerir á empresa do Talaso Atlántico a demolición do complexo. Este recurso non paraliza a execución, polo que o Concello deberá cumprir ese mandato xudicial en 10 días. Así o explicou hoxe a alcaldesa de Oia, Cristina Correa.

Noticias 13.30h | Martes, 24 de marzo de 2026 24.03.2026

Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - Os orzamentos do Concello de Tui para 2026 serán debatidos este xoves en pleno - O colecivo de feirantes de Tui explica a súa non participación nas festas de San Telmo polas condicións económicas e administrativas - Acto institucional conmemorativo do 140 aniversario de vella Ponte Internacional mañá mércores 25 de marzo - Ma...

Noticias 13.30 h | Luns, 23 de marzo de 2026 23.03.2026

Estas son as principais novas que neste luns, 23 de marzo, recollemos en Noticias 13.30 h: - Tui celebrará as festas de San Telmo cun amplo programa de actividades do 4 ao 13 de abril - O delegado territorial da Xunta comproba no IES San Paio as últimas actuacións realizadas no centro, entre elas a instalación dun novo ascensor - O xefe territorial de Educación, César Pérez Ares, afirma que a refo...

Noticias 13.30 h | Venres, 20 de marzo de 2026 20.03.2026

Neste venres, 20 de marzo de 2026, estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h: - Marián Mouriño, presidenta do Real Club Celta, será a pregoeira das Festas de San Telmo 2026 - A programación de San Telmo 2026 foi presentada esta mañá - Christopher Pérez Quartet actúa hoxe ás 20.30 h no Teatro Municipal con entrada libre - Eva González dará lectura este domingo ao pregón da Se...

Ent. Helena Pousa, da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Baixo Miño | Entrega restos Fosa Soutelo 20.03.2026

Esta mañá tivo lugar en Soutelo o acto de entrega ás súas familias dos restos de Antonio Dalmiro Domínguez González e Manuel Fernández Diz, paseados en 1936. Grazas ao labor da Comisión pola Memoria Histórica do Baixo Miño, Condado e Louriña, foi posible a súa localización e identificación. Un acto que significa o final dunha busca, tal e como hoxe explicaba Helena Pousa, da Comisión pola Recupera...

Ent. Isaac Acuña, presidente da Asociación de Veciños de Carregal | Situación Escola Unitaria de Carregal, en Tomiño 20.03.2026

A Asociación de Veciños de Carregal, en Tomiño, alerta do risco de peche da Escola Unitaria. Necesitan máis nenos e nenas de 3 a 6 anos. Agora mesmo hai 4 alumnos e alumnas, e precisan un mínimo de 6. Afirman dende a Asociación que o que perden se se pecha a escola "é moito máis que un edificio", perden "a educación de proximidade e calidade que durante anos a escola estivo ofrecendo". Coñecemos h...

Ouça o podcast Informativos no Replaio

Rádio e podcasts em um só app - grátis e sem cadastro. Instale hoje e não perca o lançamento

Baixe no Google Play

O Replaio não é o publicador dos podcasts; os nomes dos programas, as capas e o áudio pertencem aos seus autores e são distribuídos por feeds RSS públicos