Radio Municipal de Tui
Informativos
Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.
Não deixe de visitar o site do podcast e apoiar quem o produz: www.ivoox.com
Autor
Radio Municipal de Tui
Categoria
Site do podcast
Último episódio
30 de out de 2026
Onde ouvir?
Podcasts no app Replaio Radio Em breveOs podcasts estão chegando ao app. Instale agora e seja o primeiro a descobrir um jeito totalmente novo de curtir podcasts
Episódios
Noticias 13.30 h | Mércores, 18 de marzo de 2026 18.03.2026 28:59
Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h neste mércores, 18 de marzo: - Os ciclos AI Ondas e 8centosPés brindarán concertos na CaTedral - O órgano barroco da Catedral completará a súa sonoridade con 4 novos rexistros sonoros coa colocación de 110 tubos - Tui pon en valor o seu patrimonio histórico e cultural na Semana Santa - Protección Civil de Tui incorpora un kit de mate...
Noticias 13.30 h | Martes, 17 de marzo de 2026 17.03.2026 23:48
Estas son as principais novas que neste martes, 17 de marzo, recollemos en Noticias 13.30 h: - O Teatro Municipal de Tui acolle este venres o concerto de jazz a cargo de Christopher Pérez Quarte dentro do 800 aniversario da Consagración da Catedral - A Catedral de Tui acollerá novos concertos dentro do IV Ciclo de Música Antiga AI Ondas e 800 pes - En maio instalaranse 110 tubos no órgano barroco...
Ent. Asociación de Amas de Casa e Consumidores de Tui - 34 anos de actividade 16.03.2026 36:09
En 1992 nacía en Tui a Asociación de Amas de Casa e Consumidores de Tui. Coindindo co seu 34 anivesario recibiron un recoñecemento por estas décadas de traballo no acto central conmemorativo do 8M en Tui. Coñecemos como foron estes anos de actividade con Rocío Gómez, actual presidenta, Rosa Ramírez, Mª del Carmen Martínez e Victoria Méndez, que forman parte da directiva, e con Rita Núñez que foi a...
Noticias 13.30 h | Luns, 16 de marzo de 2026 16.03.2026 28:54
Estas son as principais novas que neste luns, 16 de marzo, recollemos en Noticias 13.30 h: - Ñu actuará o domingo 5 de abril nas festas de San Telmo dentro de xira do seu 50 aniversario - Tui recibirá 101 mil euros do Plan de Cofinanciamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais - Este venres, 20 de marzo, remata o prazo para enviar as películas que desexen participar no Festival Internacio...
Noticias 13.30 h | Venres, 13 de marzo de 2026 13.03.2026 27:13
Estas son as principais novas que recollemos hoxe venres, 13 de marzo, en Noticias 13.30 h: - La Fuga e Puño Dragón abriran en concerto as festas de San Telmo en Tui - Tui recibirá 100 mil euros do programa +Provincial para as festas de San Telmo - A Guarda Civil desmantelou un punto de venda de estupefacientes en Tui - Vinte mulleres presentan mañá ás súas creacións no II Mercado Elas Facedoras,...
Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura | Concertos de La Fuga e Puño Dragón nas Festas de San Telmo 13.03.2026 4:56
La Fuga e Puño Dragón actuarán nas festas de San Telmo deste ano. Estarán en concerto o sábado 4 de abril a partir das 21.30 h no Espazo Feiral, con entrada libre. A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, así o confirmaba hoxe na nosa sintonía, dando o detalle deste primeiro gran concerto das festas.
Noticias 13.30 h | Xoves, 12 de marzo de 2026 12.03.2026 28:09
Estas son as prinicpias novas que neste xoves, 12 de marzo, recollemos en Noticias 13.30 h: - A artista galega Luz Beloso é a autora do Cartel do 8M do concello de Tui e da imaxe do mercado Elas Facedoras - As artesáns Amalia Puga, Verónica Moar, Julia de la Cal e Mercedes Vieites, da marca Lumecú participarán este sábado ás 12 h no Espazo Socioculturla na mesa redonda “As mulleres na artesanía co...
Ent. Arsenio Pérez, secretario da comunidade de montes de Vilasesuso | Convocatoria manifestación 12.03.2026 6:07
Este domingo está convocada unha manifestación ás 11.00 horas no Alto da Mata-Fonte da Icona en rexeitamento dos últimos proxectos eólicos presentados nos montes do concello de Oia pola empresa Arena Green Power. Arsenio Pérez, secretario da comunidade de montes, explicaba os obxectivos da manifestación, e a reclamación de que a serra da Groba conte cunha figura de protección. Teñen xa recollidas...
Noticias 13.30 h | Mércores, 11 de marzo de 2026 11.03.2026 29:31
Neste mércores, 11 de marzo, estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h: - O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, fai balance do primeiro mes dende a entrada en vigor da nova ordenanza reguladora da zona azul - Marga do Val e o Tyde FC recibirán os Premios Cidade de Tui 2026 - A creatividade feminina protagoniza o II Mercado Elas Facedoras - Catro alumnas e alumnos do IES Indal...
Noticias 13.30 h | Martes, 10 de marzo de 2026 10.03.2026 26:47
Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h neste martes 10 de marzo: - Esta semana comezarán as obras para dotar a Catedral de Tui dunha nova iluminación artística máis eficiente e respectuosa co patrimonio - Vinte mulleres participan esta fin de semana no II Mercado Elas Facedoras en Tui - Carlos Fer, autor do cartel das Festas de San Telmo 2026, orgulloso de ser elixido par...
Ent. Dra. Carmen Rodríguez Cerdeira - Nova coordinadora do Grupo Español de Investigación en Dermatoloxía Psiquiátrica 10.03.2026 6:02
A doutora tudense Carmen Rodríguez Cerdeira é dende o pasado venres a coordinadora do Grupo Español de Investigación en Dermatoloxía Psiquiátrica que celebrou en Tui a súa reunión anual. Hoxe con Carmen Rodríguez Cerdeira abordamos que supón ser a coordinadora do grupo, as conclusión das ponencias celebradas en Tui e tamén avanzou a viaxe que realizará a México para impartir unha serie de ponencia...
Noticias 13.30 h | Luns, 9 de marzo de 2026 09.03.2026 27:57
Estas son as principais novas que hoxe luns, 9 de marzo, recollemos en Noticias 13.30 h: - Tui conmemorou o 8M con arte, música e palabra - Besteiro critica en Tui que a Xunta non iniciara aínda as obras de rehabilitación das vivendas que adquiriu no conxunto histórico no programa REXURBE - Xornada de portas abertas con visitas guiadas á EDAR de Guillarei o domingo 22 co gallo do Día Mundial da Au...
Noticias 13.30 h | Venres, 6 de marzo de 2026 06.03.2026 30:09
Estas son as prinicipais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - Esta mañá continúan na praza da Inmaculada a plantación das novas árbores - Especialistas de toda España en psicodermatoloxía reúnense hoxe en Tui - A maxistrada Paz Filgueira da lectura hoxe ao manifesto do 8M en Tui no acto central que se celebrará ás 19 h no Teatro Municipal - Mañá sábado ás 12.30 h inaugurarase a exposic...
Noticias 13.30 h | Xoves, 5 de marzo de 2026 05.03.2026 29:51
Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - Con cinema hoxe comeza a programación do 8M en Tui - Esta mañá comezaron a ser plantadas novas árbores na praza da Inmaculada - Reunión coas comunidades de augas esta tarde na casa do concello de Tui - As charlas informativas sobre prevención de incendios forestais e faixas secundaria chegan hoxe ao Centro Cultural de Pazos d...
Noticias 13.30 h | Mércores, 4 de marzo de 2026 04.03.2026 23:04
Estas son as novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h neste mércores 4 de marzo
Noticias 13.30 h | Martes, 3 de marzo de 2026 03.03.2026 28:23
Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - O paro subiu en 19 persoas no Baixo Miño até ás 2.525 en situación de desemprego - O Concello de Tui conmemora o 8M baixo o lema “Dereitos, Xustiza e Acción, por e para todas”, cun cartel deseñado por Luz Beloso e unha programación que sitúa no centro do debate a necesidade de avanzar cara a unha xustiza real e efectiva para...
Noticias 13.30 h | Luns, 2 de marzo de 2026 02.03.2026 24:36
Este é o informativo deste luns 2 de marzo de 2026.
Noticias 13.30 h | Venres, 27 de febreiro de 2026 27.02.2026 28:34
Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - O Concello de Tui convoca unha reunión informativa este domingo en Areas para as persoas propietarias de parcelas afectadas pola senda do Miño - Esta mañá foron cortados os 4 tilos da praza da Inmaculada. A concelleira de Patrimonio, Ana Núñez, explicaba os motivos e avanza que serán substituídos por 4 novas árbores - Bali Be...
Noticias 13.30 h | Xoves, 26 de febreiro de 2026 26.02.2026 28:54
Estas son as prinicipais novas que neste xoves, 26 de febreiro, recollemos en Noticias 13.30 h: - Dezoito locais participan na ruta gastronómica promovida por ACITUI que se poderá realizar os venres de marzo - Chamamento especial de ADOS á doazón de sangue. Mañá á tarde e o sábado á mañá haberá unha unidade de doazón en Tui - Charlas informativas sobre prevención de incendios e as faixas secundari...
Noticias 13.30 h | Mércores, 25 de febreiro de 2026 25.02.2026 32:23
Neste mércores, 25 de febreiro, estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h: - ADOS fai un chamamento á doazón de sangue ante o descenso nas reservas dos distintos grupos sanguíneos, especialmente 0- e A- - Nove farmacias do Baixo Miño forman parte dos 62 puntos violeta da provincia de Pontevedra - As XVII Leccións Xacobeas Internacionais da USC, que se celebrarán no mes de xu...
Noticias 13.30 h | Martes, 24 de febreiro de 2026 24.02.2026 25:49
Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h neste martes 24 de febreiro: - O proxecto Visit Río Miño Plus preséntase na BTL de Lisboa - Helena de Eurípides abre as representacións do Festival de Teatro Grecolatino hoxe en Tui - Teatro Ningures representa este venres en Tui "As gardiás", obra pola que recibiron Premio da Crítica de Galicia na modalidade de Artes Escénicas - O c...
Noticias 13.30 h | Luns, 23 de febreiro de 2026 23.02.2026 27:43
Estas son as prinicipais novas que hoxe, luns 23 de febreiro, recollemos en Noticias 13.30 h: - Poesía e música para celebrar o Día de Rosalía en Tui - Preto de 900 alumnos e alumnas asisten mañá en Tui a dúas representación do Festival de Teatro Grecolatino - O cineclub Tui proxecta mañá 'Xogos prohibidos' de René Clément - Podio para o Kaiak Tudense no Campionato Galego Xunta de Galicia de K1 e...
Noticias 13.30 h | Venres, 20 de febreiro de 2026 20.02.2026 28:49
Estas son parte das prinicipais novas deste venres, 20 de febreiro, que recollemos en Noticias 13.30 h: - A Cámara de Comercio de Tui en aberto o prazo de presentación de propostas para a rehabilitación do edificio da antiga alfándega que suporá un investimento de preto de 1,7 millóns de euros - Tui prepárase para vivir unha fin de semana de Entroido co Desfile-Concurso e o Enterro do Bacallau. De...
Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura | Entroido e enterro do Bacallau 20.02.2026 4:30
Dobre cita festiva de Entroido esta fin de semana en Tui. Mañá sábado ás 17 h celébrase o Desfile Concurso e o domingo dende ás 19.30 h o Enterro do Bacallau. Con Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura coñecemos todos os detalles destas celebracións.
Ent. Teresa Amado SEEC Galicia - Festival de Teatro Grecolatino 20.02.2026 4:29
Máis de 900 alumnas e alumnas de distintos institutos galegos van asistir o próximo martes no Teatro Municipal á representación de “Helena” de Eurípides, e “Cásina” de Plauto, dentro do Festival de Teatro Grecolatino. Teresa Amado, membro da organización da Sección Galega da Sociedade Española de Estudos Clásicos, SEEC Galicia, explicaba as característricas deste festival, e porque Tui é unha das...
Podcasts parecidos
O Replaio não é o publicador dos podcasts; os nomes dos programas, as capas e o áudio pertencem aos seus autores e são distribuídos por feeds RSS públicos