Radio Ateneo
Gastro Radio
Programa de cociña, gastronomía e alimentación no que se dará conta de toda a variedade de produtos da nosa terra, con participación de persoeiros relevantes na nosa cultura culinaria, entrevistas e unha pequena receita en cada programa.
Não deixe de visitar o site do podcast e apoiar quem o produz: www.spreaker.com
Autor
Radio Ateneo
Categoria
Site do podcast
Último episódio
18 de jun de 2024
Onde ouvir?
Podcasts no app Replaio Radio Em breveOs podcasts estão chegando ao app. Instale agora e seja o primeiro a descobrir um jeito totalmente novo de curtir podcasts
Episódios
Pucho, bufanda e chocolate quente 29.11.2022 9:04
Tomar chocolate quente con churros nas cafeterías El Timón e Bonilla na Coruña é toda unha tradición. Pero sabedes de onde vén realmente?
Aprovéitase todo 15.11.2022 6:38
Xa sabedes que do porco se aproveita todo e xa sebedes que acabamos de pasar o San Martiño. É o momento de falar do porco.
Os mortos sentan á mesa 01.11.2022 8:14
Que pensaríades se vos digo que era normal no pasado nalgunhas zonas de Galicia convidar aos mortos á cea familiar? Descubrídeo neste episodio de Gastro Radio
Betanceiros, que queredes? Tortilla! 18.10.2022 9:13
Hoxe darémonos un paseo por Betanzos para probar o seu prato estrela: unha tortilla feita cos ovos e as patacas de maior calidade.
De Xinzo a Coristanco 04.10.2022 7:42
Xinzo e Coristanco... Escoitar estes nomes xa lembra a pataca. E é que nestes e noutros sitios de Galicia temos a pataca de maior calidade.
As doces flores galegas 20.09.2022 10:31
Retomamos o podcast de Gastro Radio falando sobre mel, sobre a súa denominación de orixe e sobre as distintas dozuras que hai ao ancho e largo das nosas terras.
Paseando por Compostela 21.06.2022 8:41
Para celebrar o pasado Día Mundial da tapa, hoxe paseamos por Compostela para coñecer en que lugares podemos probar as mellores tapas da cidade.
Un tesouro agochado 07.06.2022 8:43
Queda connosco hoxe para descubrir os mirabeis, un froito que se cultiva en moi poucas zonas e que é moi reclamado por moitos. Poucos saben que en Galicia se dá moi ben e que é aquí un dos poucos lugares de España onde se pode atopar.
Tradición americana 24.05.2022 7:11
Hoxe toca falar do que nos trouxeron os emigrantes das Américas, un manxar que hoxe se fixo imprescindible e todas as comidas entre amigos e familia.
Volta e volta? 26.04.2022 9:57
Hai que darlle unha soa volta ao filete? Por que se di que cocemos mal a pasta? Descubre todos os mitos da cociña e da alimentación neste episodio de Gastro Radio.
Comida de procesión 12.04.2022 8:42
A prohibición de comer carne en Semana Santa levou a que xurdise arredor da Semana Santa toda unha tradición gastronómica. Bacallau, doces, ovos de Pascua...
Lendas de olivas, patacas fritidas e froitos secos 29.03.2022 9:38
Hoxe movémonos entre olivas, patacas fritidas, froitos secos e unha infinidade de pequenos bocados. Falamos de tapas. Por que as comemos e dende cando?
Filloas, orellas e outras larpeiradas 01.03.2022 9:32
Imos descubrir que larpeiradas se comen por Entroido. As filloas e as orellas xa as coñecemos, pero hai moitos outros doces e moitas formas de facelos.
Chega o Entroido 15.02.2022 5:46
Chega o Entroido, e con el moitos pratos típicos galegos. O cocido é o rei destas festas e indispensable en todas as mesas dos galegos.
Mouchos, curuxas, sapos e bruxas 18.01.2022 8:59
Neste programa, ademais de repasar o conxuro da queimada, darémonos unha volta por todas as bebidas e licores galegos, aprendendo de onde veñen, como se preparan e dende cando se adoitan tomar.
Comida de pobres 21.12.2021 7:48
Por que o marisco era comida de pobres? Por que os pescadores se desfacían del? E, sobre todo, por que agora é tan caro e tan luxoso?
Grelos, nabizas e repolo 23.11.2021 5:26
Feito con grelos, nebizas ou repolo, temos un dos mellores pratos da nosa gastronomía: o caldo galego, un dos nosos mellores aliados nestes días de inverno.
A Manolo Prieto 26.10.2021 5:17
Este podcast vai dedicado, non só a Manolo Prieto, o castañeiro da Porta Faxeira de Compostela, senón tamén á castaña, como un dos símbolos do outono en Galicia.
Enchendo o bandullo 05.10.2021 5:01
Hoxe coñecemos unha sobremesa descoñecida das Rías Baixas, que de seguro nos fará encher o bandullo.
Trives e Laza 28.09.2021 7:08
Hoxe repasamos os grandes e saborosos doces de Galicia viaxando ás vilas de Trives e Laza para coñecer como se elabora a famosa bica.
Solución definitiva? 13.07.2021 5:44
É o Nutriscore a solución definitiva aos problemas de nutrición? Por que segundo esta clasificación o aceite de oliva é peor que uns cereais de chocolate?
Talos verdes 06.07.2021 5:00
Neste programa coñeceremos máis sobre os famosos grelos, como podemos cociñalos, cando se recollen e en que outras culturas e gastronomías son tamén moi utilizados.
Pecten Jacobeus 22.06.2021 4:56
É o momento de volver ao mar e botarlle o dente a un produto moi especial. A vieira. Este molusco convérteuse moitos anos atrás no símbolo de Galicia e por suposto, tamén se pode ver nos pratos da nosa gastronomía.
Froito de verán 17.06.2021 6:55
Descubre hoxe todo o que podemos facer co froito estrela do verán en Galicia: as cereixas. Dende comelas soas como aperitivo ata un doce xeado.
Uns pican... 08.06.2021 5:46
Uns pican e outros non... Iso di a famosa rima arredor dos Pementos de Herbón. Hoxe coñeceremos todos os seus segredos e os trucos para que non piquen ao comelos.
Podcasts parecidos
O Replaio não é o publicador dos podcasts; os nomes dos programas, as capas e o áudio pertencem aos seus autores e são distribuídos por feeds RSS públicos