Radio Valladares

ESPERTA VALLADARES. Resumo semanal

Resumo semanal de ESPERTA VALLADARES, magazine matinal diario.

Não deixe de visitar o site do podcast e apoiar quem o produz: www.ivoox.com

Autor

Radio Valladares

Categoria

Society

Site do podcast

www.ivoox.com

Último episódio

29 de set de 2026

Onde ouvir?

Podcasts no app Replaio Radio Em breve

Os podcasts estão chegando ao app. Instale agora e seja o primeiro a descobrir um jeito totalmente novo de curtir podcasts

Baixe no Google Play Instale grátis Android 5 mi+ downloads · nota 4,8 iOS em breve

Episódios

Do 16 ao 20 setembro 2024 20.09.2024

#resumoesperta. Un chisco de cine con Simone Saibene e un pouco do mundo xudeu en Tui.

Do 9 ao 13 setembro 2024 13.09.2024

#resumoesperta Dúas historias. A duns castiñeiros de Vilardevós que chegan a ser guitarra, a de Fito Cabrales. Eran do abuelo do luthier Jesús Rodríguez. A outra historia, a do mozo Valle-Inclán de papatoria no Pazo de Reboreda.

Do 2 ao 6 setembro 2024 06.09.2024

Vai o #resumoesperta desta semana. A experiencia piloto ‘Paleo no barrio’, que arranca este ano en Vigo, e os preparativos do 50 aniversario da coral de Valladares.

Do 26 ao 30 agosto 2024 28.08.2024

#resumoesperta. Recuperamos a conversa con Slowlight sobre a iluminación nas cidades.

Do 19 ao 23 agosto 2024 23.08.2024

Ata Cotobade imos para coñecer o Centro de Recuperación de Animais Salvaxes. E, xa que estamos en festas en Valladares, unha rutiña polas tallas dos santos na igrexa e capillas da parroquia. #resumoesperta

Do 12 ao 14 agosto 2024 14.08.2024

Unha de metal para este #resumoesperta cun veciño da parroquia o que lle gusta moito este estilo musical, Diego Quintas.

Do 5 ao 9 agosto 2024 09.08.2024

Recuperamos conversa con Julio Gómez sobre as anécdotas divertidas deste Sinsal 2024 e tamén a charliña sobre a carne ó caldeiro con Luis, da IXP Ternera galega.

Do 29 xullo ao 2 agosto 2024 02.08.2024

Un musical feito en Candeán e unhas cremas feitas con herbillas. Así, #resumoesperta

Do 22 ao 26 xullo 2024 24.07.2024

No #resumoesperta recuperamos a conversa con Pupe, da comisión de festas de Santa Ana.

Do 15 ao 19 xullo 2024 19.07.2024

Se che piden que fagas o cartel das festas, que? Recuperamos para o #resumoesperta a conversa con Anxo Guiances.

Do 8 ao 12 xuño 2024 12.07.2024

#resumoesperta Shinrin-yoku, a experiencia xaponesa dos baños de bosque… pero á galega co progama +Bosques da Deputación. E conversa co escritor Carlos Carracedo.

Do 1 ao 5 xullo 2024 05.07.2024

Unha volta polas illas do parque atlántico… co sabedor de historias, Pepín, e cunha inventora delas, Ángela Banzas.

Do 24 ao 28 xuño 2024 28.06.2024

Rescatamos para este #resumoesperta a conversa sobre os aguardienteiros, lembranzas de outros tempos.

Do 17 ao 21 xuño 2024 21.06.2024

Para este #resumoesperta rescatamos a conversa coa Senda do Moucho e a lenda do dragón de Ortigueira... que alá arriba teñen a súa propia Coca.

Do 10 ao 14 xuño 2024 14.06.2024

Resumo dunha semana interesante no #espertavalladares. Recuperamos a conversa con Javi Maneiro sobre o seu novo disco, “Un bonito despertar”, e visita á tenda Vaidhé, no Casco Vello.

Do 3 ao 7 xuño 2024 07.06.2024

Conversas de vagar neste #resumoesperta, a que mantivemos con Juan del Arco e a visita ao local de Magia en la Manga

Do 27 ao 31 maio 2024 31.05.2024

A lenda da Coca de Redondela neste #resumoesperta.

Do 20 ao 24 maio 2024 24.05.2024

Neste #resumo coñecemos unha barca moi simpática que andaba nos petróglifos da Borna en Moaña e un chisco de música con mooooitos músicos, Sondeseu.

Do 13 ao 17 maio 2024 16.05.2024

Un pouco ou moito de mar neste #resumoesperta. Conversa coa Prado Surf Escola e coñeceremos unha nova esponxa descuberta na ría de Arousa.

Do 6 ao 10 maio 2024 10.05.2024

Tour para este #resumoesperta. Visita a expo ‘Colmeiro, a punta seca’ e paseo ata a praza do Abanico, sede da Évame Oroza.

Do 29 abril ao 3 maio 2024 03.05.2024

Para este #resumoesperta lembramos como era o ocio fai dos séculos. A ópera, da man do libro Melodías e voces esquecidas, un século de escena lírica en Vigo (1832-1931), de Carlos E. Pérez, e os pregos de cordel, dos que falamos cos irmáns Félix e Cástor Castro.

Do 22 ao 26 de abril 2024 26.04.2024

#resumoesperta da semana do Día da Terra. Conversa con Panadería_Desings e con Alfredo López, científico e investigador do CEMMA, que sabe moito das candorcas.

Do 15 ao 19 abril 2024 19.04.2024

No #resumoesperta coñeceremos que é CRAEGA e a figura de Antonio Rey Soto, o benshi galego, da man do escritor e estudioso Manolo González.

Do 8 ao 12 abril 2024 12.04.2024

Para este #resumoesperta rescatamos a conversa con Francisco Castro, que viu ata a radio co seu disco “O tempo é agora”. E a proposta que a Mancomunidade de Montes de Vigo fíxolles aos rapaces do IES Valadares

Do 1 ao 5 abril 2024 04.04.2024

#resumoesperta complicado, porque gustáronnos moitas das conversas. Quedamos con Alexandre Alonso, que nos falou das raias que viven no Parque Nacional Illas Atlánticas, e daremos unha volta pola cidade con Biking Vigo.

Ouça o podcast ESPERTA VALLADARES. Resumo semanal no Replaio

Rádio e podcasts em um só app - grátis e sem cadastro. Instale hoje e não perca o lançamento

Baixe no Google Play

O Replaio não é o publicador dos podcasts; os nomes dos programas, as capas e o áudio pertencem aos seus autores e são distribuídos por feeds RSS públicos