Café Derby 21
Café Derby 21
Unha sobremesa cultural e lixeira onde todo cabe. Con Nicolás Carreira, Carme Domínguez, Adrián Lede e un invitado ou invitada cada semana.·Podes atoparnos en Vinte na Praza e no noso perfil de Twitter e Instagram: @cafederby21 ✌️
Não deixe de visitar o site do podcast e apoiar quem o produz: podcasters.spotify.com
Autor
Café Derby 21
Categoria
Site do podcast
Último episódio
26 de jun de 2024
Onde ouvir?
Podcasts no app Replaio Radio Em breveOs podcasts estão chegando ao app. Instale agora e seja o primeiro a descobrir um jeito totalmente novo de curtir podcasts
Episódios
Olaxon Mario, divas e campións de pilla-pilla 02.06.2021 1:10:27
Quen non estivo cos ollos fixos nun reloxo agardando a que dese unha hora concreta para refrescar e refrescar sen parar unha páxina web? Ben por un concerto, ben por un videoclip, ben por unha estrea... Todas estas experiencias comúns, algo tan sinxelo como un click, fai comunidade. Poden ser máis ou menos estables, esta, por exemplo, é pouco estable. Se seguimos pechando o círculo podemos dicir:...
Grande Amore, música italiana e temazos per cápita 26.05.2021 1:11:54
Hai cousas que van e volven, compórtanse como ciclos e nacen como respostas a outros elementos. Tamén hai outras cousas constantes, menos comúns pero máis fortes e duradeiras. Unha delas é o rock, en grandes letras, que xamais se vai pero que por algún motivo sempre volve. Ou iso din. O mesmo con Italia, como ben demostrou en Eurovisión. Ás veces sin pausas, descansar para correr máis e mellor. So...
Un café con Xela Arias 17.05.2021 1:11:31
Hai días que merecen celebrarse durante un ano e que, á súa vez, celebran unha vida. As Letras Galegas do 2021 adícanse a Xela Arias , poeta e editora que modernizou a literatura galega rachando co feito ata entón. Xela é puro anos 80 e 90, vibrante e salvaxe, amante do rock e a poesía menos mística e máis maldita. Falou precozmente de ecoloxismo, feminismo, maternidade e individualismo como o fac...
Malva, cultura teen e pelea física con Pondal 11.05.2021 1:08:20
Cantos domingos teremos pasado na nosa vida fronte ao televisor, logo de comer algo pouco recomendable e repetindo diálogos dunha película (xeralmente considerada mala) que sabemos de memoria? Moitas, agardo que moitas. Grazas a un movemento combativo, a cultura noutra hora considerada de baixa altura ou poca importancia agora ocupa un lugar tan digno xunto á considerada como alta. E ademais a est...
Javi Olleros, o valor da tradición e ser un pachanguitas 05.05.2021 1:03:30
Hai algo máxico nas reunións arredor dunha mesa para cear ou xantar, tan máxico como cando cociñas para alguén ou agardas con ansia ese domingo de pote ou cocido feito con amor no forno dunha avoa. A comida é algo cultural, social, que nos afecta a todos porque é parte do ser humano e as súas necesidades vitais. Pero segundo a antropoloxía, hai algo no feito de preparar o alimento que acada unha d...
Brais Lorenzo, o poder da fotografía e o señor Manovich 28.04.2021 1:06:28
Todos somos cómplices en certa medida cando apartamos a mirada. Escollemos ignorar e non confrontar. É certo que moitas veces a imaxes son difíciles de mirar, desafían os nosos propios límites, pero esa é parte da súa función. Outra cousa é o morbo e a mercantilización da dor e a morte. Sen dúbida a chegada das cámaras e lentes revolucionou para sempre como vemos e nos chega o mundo. Para parolar...
Melania Cruz, machismo na TV e o Ministerio da Soidade 21.04.2021 1:11:46
Levamos un ano nun mundo que non sabe se está pechado ou en liberdade condicional, pero desde logo que comezamos a notar ou plenamente sentimos que a soidade é moi difícil de xestionar se non é voluntaria. Tamén medrou a preocupación polos seus efectos na saúde mental e xa comprendemos que non é preciso vivir nun lugar duro como as illas Ons para sufrir na contorna, pois un apartamento chega para...
Miguel de Lira, Cuñados e a triloxía do bocadillo 14.04.2021 59:08
Se algo levamos aprendido nos últimos anos é que a representación social é algo importante, positivo e necesario. Aínda que agora o que máis se estile sexa a inclusión das minorías e entregarlles os xustos lugares que ocupan no mundo, coas súas aristas e complexidades, hai outras identidades máis espalladas e comúns que tamén necesitan verse para comprenderse a si mesmas e sentirse como parte do t...
Alba Galocha, arte sen etiquetas e aventuras da Dra. Quinn 07.04.2021 59:11
O talento é unha materia prima voluble, líquida e difícil de darlle saída. Atopar esa voz dentro de ti e aceptala é o primeiro paso, os seguintes son probas e erros ata saber o que che gusta e como queres facelo. Moitas veces este talento abarca demasiado, diferentes campos e materias, e rematas por ser alguén sen etiquetas. Sobre todo isto falamos con Alba Galocha , con quen trazamos unha liña te...
Manuel Gago, recunchos da Historia e un pazo da CIA 31.03.2021 1:14:42
Sabemos que o poder, como material, adopta moitas formas e é resistente ao paso do tempo. A narrativa ou o relato é unha destas formas de poder que viven en nós, nas nosas tradicións e refráns, e o principal conto que todos repetimos é a Historia, a xeral que glosa libros e libros. Pero nas marxes e sombras quedaron cousas e restos, vidas alleas coas que moitxs de nós sentimos máis cercanía que co...
Alberto Mancebo, Portugal e a francesinha xentrificada 24.03.2021 1:03:52
Sempre se dixo, logo de decepcionarse co Goberno ou a sociedade, que menos mal que nos queda Portugal. Durante moitos meses, incluso anos, foi un país posto como exemplo de todo, ou case. Non significa que non o sexa, pero tampouco é (ou foi) sempre así. Vivimos quizais nunha burbulla de irmandade, de prexuízos e esperanzas na que somos criados desde miñocas pola que vemos á nación lusa como parte...
Ledicia Costas, a cultura da morte e a nai de Piecito 17.03.2021 58:09
Vivimos rodeados de constantes sinais que nos lembran: ollo, podes morrer e, de feito, vas morrer. E todo o mundo advirte que non debes ter présa por facelo. Pero así como hai constantes recordatorios tamén hai un silencio, unha quietude arredor diso na que os adultos calan e prefiren ignorar estes feitos. Nesa espiral de negación ou ignoración á morte entran moitos factores psicolóxicos, pero tam...
Cris Iglesias, patriarcado e o amor dos nosos pais 10.03.2021 1:03:44
O silencio é un elemento imprevisible. Cando se busca ou se quere provocar rara vez se acada e, polo contrario, aparece no momento menos indicado. Pode ser unha quietude previa á sorpresa, boa ou mala, ou un indicador de vergonza allea, de escarnio público. É unha desas materias fluidas que escapan a control. O medo e a rutina, non por azar, están cheos de silencio, de ausencias de sons. O cine mo...
Bloody Girls, cinema de terror e o medo á moda dos 2000 03.03.2021 1:05:44
Din que a contraparte do amor é o odio, pero na maioría dos casos non son comparables porque carecen da mesma enerxía. O odio, por raro que pareza, soe rematar en indeferenza. O medo é realmemte a outra forza que rivaliza co amor, pois ambas son emocións potentes que alteran o ritmo cardíaco e nubran o pensamento. Casualmente tamén o avance da sociedade fixo que o romanticismo ou o afecto mudase e...
Miguel Canalejo, límites do humor e películas de gladiadores 24.02.2021 1:19:07
A cultura popular di que hai un refrán para cada situación, como a discografía de ABBA. Pero tamén é certo que hai un chiste para indignar a cada persoa. Quizais isto pasa porque a xente non logra todavía diferenciar entre humor e burla, entre ser suxeito ou víctima, e así o reflicten moitos debates actuais. Por non falar dos nomes importantes dese sector. O humor e a liberdade de expresión van mo...
Ortiga, verbena e a loita contra o raxo con pimentón 17.02.2021 1:04:55
En primera liña de verbena, sexa o pobo que sexa, sempre está ese personaxe que baila o que lle poñan sen importar nin quen canta. Todos ollamos para el pensando en como de bébedo ou tolo pode estar, entre risa e comentario. Esa persoa atópase en éxtase, son os seus días máis grandes do ano e non ten medo de compartirlo. O noso convidado desta semana sabe ben de quen falamos, desa caricatura, e sa...
Antía Yáñez, adolescencia e os haters de Jon Snow 10.02.2021 1:02:45
Polas rúas e camiños que transitamos a diario a historias que permanecen intactas e mudas, que pasan desapercibidas a quen vai con présa ou desganado. Na vila de Portomarín poucos imaxinan, se soamente van de paso, que se atopan lendas e memorias colectivas sobre o vello pobo agora asolagado polo río. A nosa convidada de hoxe, Antía Yáñez , imaxinou que na antiga vila podería haber un tesouro e mo...
Artur Galocha, mundo visual e o catálogo de Ikea 03.02.2021 1:02:45
É extremadamente complicado que ao longo dun día non atopemos algo que fose deseñado por outra persoa. Directamente imposible. Aínda que quedásemos na cama soamente, ese moble sobre o que durmimos nalgún momento foi un debuxo sobre o papel. Pódese dicir que esta sociedade é cada vez máis visual, case como un imperio da imaxe. Para falar de como o deseño e as cousas bonitas chegan a calquera cousa...
Carlangas, música global e Novedades Herminia 27.01.2021 1:00:28
Neste mundo global somos capaces de atopar e escoitar música en segundos que non podíamos nin imaxinar. Do mesmo xeito, os mesóns e parrilladas da nosa terra conviven frecuentemente con restaurantes mexicanos, italianos e asiáticos e nós, como clientes, adaptámonos e combinámolos acorde ao que queremos. Todo vai mudando mentres que a tradición persiste. Para falar desta nova sociedade, as súas vir...
Nacho Carretero, realismo máxico e camisolas de fútbol 20.01.2021 1:00:33
Se a vida nos demostra algo é que contar ben anécdotas é unha arte non ao alcance de todxs. Cada vez que atopamos a unha desas persoas que hipnotizan cando falan, que enmudecen unha sala chea de xente soamente co que narran, sentimos que acabamos de descubrir unha xenialidade ou talento inesperado. O humor, o ritmo, as pausas, o detallismo, a voz. Todos eses elementos entran no xogo cando estamos...
Esther Estévez, comunicar en Tik Tok e Skam Ferrol 13.01.2021 59:59
Pantallas a todas horas, pantallas en todas partes. Espertamos xunto a unha, xantamos e ceamos fronte a outra, pasamos horas de ocio ante varios tipos: grandes, pequenas, de cine, extraplanas. Cada día pasan por elas moitos rostros a contar o seu, o que lles toca, o de sempre pero diferente. A matraca. Pero este é o seu traballo e segundo a tecnoloxía avanza, tamén o fai a sociedade e as relacións...
Especial fin de ano: repaso ao 2020 en compañía 30.12.2020 1:20:22
Annus horribilis. Ou como diríamos hoxe en día: vaia ano levamos. Pero non por iso debemos olvidar o bo que tivo, o pouco que dirían algúns, pola gran presencia que ten o malo, o pésimo. De feito, hai a quen non lle foi nada mal. Este capítulo especial é un repaso ao 2020 no que contamos coa colaboración de antigos convidadxs e enfrontámonos ao baleiro da cuarta cadeira: Café Derby 21 máis puro e...
Especial cea de empresa: Manuel Rivas e Xosé Manuel Pereiro 23.12.2020 54:21
Cando anunciaron as medidas para poder xuntarse no Nadal todo o mundo comezou a botar contas, aritmética de familia para escoller quen si e quen non. Soamente uns días despois chegaron á conclusión de que moitas cousas arredor da Noiteboa quedaban tamén descartadas. Unha delas son as ceas de empresa, as reunións máis importantes do ano segundo a quen lle preguntes no traballo. Os comités ou as xun...
Sabela, a cultura do hate e vivir un reality 16.12.2020 1:08:11
Vivimos un momento da Historia no que a realidade parece superar a ficción, somos protagonistas e figurantes ao mesmo tempo de grandes acontecementos. Algúns vémolos en directo, sen intermediarios, pero a gran maioría son retransmitidos en pantallas que, hoxe en día, son de moitas formas e tamaños. Estas cuartas paredes separaban espectáculo de espectador ata que os reality shows chegaron ás nosas...
Neves Rodríguez, historias invisibles e mil cómics para ler 09.12.2020 1:06:48
Se hai unha constante na vida é que do que non se fala, non existe a ollos do mundo. Pero isto non significa que non exista de verdade. Moitas foron e son as voces caladas porque a súa dor ou protesta non cabían nunha axenda mediática, porque non cadraban ou encaixaban coa liña dun discurso que non se acomplexaba por expulsar certos sectores da sociedade. Grazas ao aumento do activismo e a concien...
Podcasts parecidos
O Replaio não é o publicador dos podcasts; os nomes dos programas, as capas e o áudio pertencem aos seus autores e são distribuídos por feeds RSS públicos