Félix Jorquera Caselas
Voces de Lugo e A Mariña. RadioVoz
Actualidade provincial de luns a venres de 10 a 12 en todas as emisoras de RadioVoz na provincia de Lugo: Viveiro, Ribadeo, Vilalba, Lugo, Sarria, Monforte e Chantada.
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Author
Félix Jorquera Caselas
Category
Podcast website
Latest episode
Jan 3, 2024
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Conversa con Alfreo Llano 07.04.2020 13:28
O rexedor burelés estivo este luns en Voces de Lugo e A Mariña de RadioVoz. Deu conta das medidas adoptadas dende o Concello para aplicar na alerta sanitaria, tanto no que respecta á seguridade como ao económico. Tamén dixo que están a traballar para poder celebrar telematicamente os plenos e comisións. Llano falou tamén da celebración das festas. Non ocultou a súa preocupación, xa que co pouco te...
Conversa con Andrea García Mondelo 03.04.2020 9:55
Andrea García Mondelo estuda 3º de dereito en Brno, na república Checa. Cando comezou a crise do coronavirus decidiu permanecer para non perder o curso, agora vive con incerteza a situación pois non sabe se pode volver a Galicia
Conversa con Luis Ángel Fernández Patiño 01.04.2020 12:57
O cura de Momán, Luis Ángel Fernández Patiño, apelou ao evanxelio para defender que a Igrexa debera de poñer os seus bens ó servizo da sanidade nesta grave crise
Conversa con Basilio Otero 28.03.2020 8:29
Este venres conversamos co patrón maior de Burela, Basilio Otero. Interesámonos polo sector pesqueiro, que vive con preocupación a baixada de consumo de peixe e de cotización.
Conversa con Fernando Suárez 27.03.2020 14:27
O Alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, estivo este xoves en Voces de Lugo e A Mariña dando conta das medidas de seguridade hixiénica e económicas adoptadas tralo decreto de estado de alarma. Falou da situación das residencias de maiores da vila, onde nunha delas residía a 1ª vítima mortal da comarca por coronavirus. Tamén da campaña Mascarilla 19 para protexer ás vítimas de violencia de xénero.
Conversa con Miguel Ángel Lostre, presidente da Asociación de taxistas de Lugo 25.03.2020 8:39
O presidente da Asociación de taxistas de Lugo, Miguel Ángel Lostre, estivo este mércores no noso programa. Falamos da colaboración que fan a través do Concello para levar alimentos e mediciñas ás persoas que o necesiten, e tamén da delicada situación que está a atravesar o sector.
Conversa con Elba Veleiro 24.03.2020 11:28
Este martes a Alcaldesa de Vilalba falou en Voces de Lugo e A Mariña das medidas que o Concello está a adoptar para axudar ás persoas máis desfavorecidas no estado de alarma do coronavirus
Conversa con Carlos Folgueira 21.03.2020 7:06
"Facilitamos o traballo dos transportistas, que fan un servizo fundamental", Carlos Folgueira, xerente da área de servizo da A8 na Xesta
Conversa con Santi Carvallido Cortiñas 20.03.2020 18:53
Este venres falamos cun chairego residente en Gran Bretaña, Santi Carvallido Cortiñas, profesor de secundaria en Birmingham, para testear como se vive a crise sanitaria nun país que non está a aplicar con rigorosidade as medidas de aillamento para tratar de freala.
Conversa con Vicente Rodríguez Vila, patrón maior de altura retirado 18.03.2020 7:19
O viveirense Vicente Rodríguez vila falou este mércores en Voces de Lugo e A Mariña de RadioVoz da vida no mar. Ninguén mellor que as nosas xentes do mar para conmo exemplo de xestión do tempo nun espazo reducido.
Conversa con Ana Ermida 17.03.2020 9:19
A Alcadesa de Barreiros, Ana Ermida, foi entrevistada este luns en Voces de Lugo e A Mariña de RadioVoz. A rexedora deu conta das decisión de última hora adoptadas dende o Concello e abordou con mesura a preocupación pola chegada de persoas doutros puntos do estado, especialmente de Madrid.
Conversa con Conchi García Núñez 13.03.2020 15:58
No programa deste venres 13 conectamos con Italia, con Conchi García Núñez, unha rapaza de Baralla que vive dende hai dous anos en Milán. Narrounos como se vive no estado europeo máis afectado polo coronavirus
Conversa con Pili Cruz 07.03.2020 6:12
Que Bo estás Guitiriz xa está un ano máis en marcha. Será ata o 15 de marzo. Este xoves falamos coa presidenta da Asoc de Hosteleiros, Pili Cruz, sobre este concurso de tapas.
Manifestación de Alcoa en Lugo 26.02.2020 21:38
No programa deste mércores conectamos cos protagonistas da movilización que o comité de empresa de Alcoa convocou en Lugo. Falamos co alcalde de Cervo, Alfonso Villares, coa deputada do BNG, Olalla Rodil e co voceiro da plataforma de auxiliares, Quique Rocha.
Conversa con Paulo Carril 21.02.2020 14:17
O secretario xeral da CIG estivo nos nosos micrófonos explicando as alegacións que presentan ao estatuto de electrointensivas
Conversa con Anxo Quintana 19.02.2020 19:19
O ex vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, estará este xoves en Lugo ofrecendo unha charla baixo o título de "Galiza, hoxe e mañá", organizada polo Ateneo Galeguista. Este mércores tivémolo no noso programa
Conversa con Rubén Arroxo 18.02.2020 13:37
O voceiro do BNG e tenente de Alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, falou este martes no noso programa de temas de actualidade municipal, como a remodelación das liñas de buses ou do auditorio. Tamén das eleccións galegas.
Conversa con Carlos López 12.02.2020 10:34
O Alcalde da Fonsagrada, Carlos López, estivo este mércores no noso programa falando da XXIII Feira do Butelo que se celebra esta fin de semana
Conversa con Xan Carballal 06.02.2020 12:14
Falamos co Director da recentemente creada Orquestra de Cámara Luguesa, Xan Carballal
Conversa con Sito Sedes 05.02.2020 17:07
O gran Sito Sedes, no seu intre vocalista dos Satélites, visitou este martes o noso programa para presentar o seu novo CD gravado coa Garufa Big Band, en clave de bolero.
Conversa con Olga Castro 03.02.2020 16:51
No programa deste luns quixemos saber como reciben o divorcio coa UE residentes no RU, falando coa mariñá Olga Castro, profesora de estudos de tradución da universidade de Warwick.
Conversa con Carlos Blanco 31.01.2020 9:33
O humorista Carlos Blanco actúa este venres en Vilalba e o sábado en Ribadeo. Antes pasou polo noso programa.
Conversa coa concelleira de benestar de Lugo, Olga López 31.01.2020 9:16
A concelleira de benestar de Lugo pasou este venres polos nosos micrófonos para falar das primeiras Xornadas de Traballo na Atención Sociosanitaria a Persoas Maiores que se celebran no Auditorio do Vello Cárcere
Conversa con Emilio López Pérez (Milucho) 30.01.2020 13:45
Emilio López Pérez, Milucho, pioneiro do sindicalismo agrario en Galicia, será homenaxeado este sábado 1 de febreiro en Lugo, dentro dos actos da 3ª asemblea da FRUGA
Conversa con Héctor Corujo, Alcalde do Incio 30.01.2020 3:57
O Concello do Incio promociónase polo mundo a través dunha postal na que se pode ver a imaxe nevada da igrexa de San Pedro Fiz do Incio, delo falamos co seu Alcalde, Héctor Corujo
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.