Félix Jorquera Caselas

Voces de Lugo e A Mariña. RadioVoz

News GL ↓ 326 episodes

Actualidade provincial de luns a venres de 10 a 12 en todas as emisoras de RadioVoz na provincia de Lugo: Viveiro, Ribadeo, Vilalba, Lugo, Sarria, Monforte e Chantada.

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Félix Jorquera Caselas

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jan 3, 2024

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Conversa con Iván Rodríguez Lombardero 07.07.2020

Continuando coas conversas electorais, este martes a quenda foi co cabeza de lista da Marea Galeguista, Iván Rodríguez Lombardero.

Conversa con Miguel Anxo Fernán Vello 06.07.2020

Continuando coas conversas electorais, este martes a quenda foi co cabeza de lista de GEC-Anova-Mareas, Miguel Anxo Fernán Vello

Conversa con Elena Candia 02.07.2020

A cabeza de lista do PP na provincia, Elena Candia, abriu a rolda de conversas electorais previas ao 12X

Entrevista con Paula Prado 23.06.2020

O Hábitat Cultural Fogar de Maeloc da Pastoriza organiza para os sábados de xullo e agosto diversos roteiros. Paula Prado, a súa responsable, danos conta deles.

Conversa con Walter Lage 13.06.2020

O autor do himno da loita do emprego en Alcoa, Walter Lage, pasou polo noso programa para explicar como naceu "A Mariña sálvase loitando"

Conversa coa Alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, tralo cese do concelleiro de Vilalba Aberta, Modesto Renda 12.06.2020

Conversamos coa Alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, tralo cese do concelleiro de Vilalba Aberta, Modesto Renda

Conversa con Modesto Renda 12.06.2020

O voceiro de Vilalba Aberta, Modesto Renda, estivo no programa explicando o seu cese, os posibles motivos, e o futuro da liña de actuación no que resta de mandato.

Conversa con Néstor Rego 06.06.2020

O Deputado do BNG no congreso estivo este venres en Voces de Lugo e A Mariña para falar das propostas presentadas para salvar a continuidade de Alcoa

Conversa con Demetrio Salgueiro, Alcalde de Xove 31.05.2020

Demetrio Salgueiro, Alcalde de Xove en RadioVoz: "Como representantes o que temos é que defender os postos de traballo co mecanismo que sexa"

Conversa coa Alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro 28.05.2020

Tras un ano da victoria electoral, falamos coa Alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro

A Música da túa Vida. Italia 24.05.2020

Con Italia temos unha afinidade cultural e sentimental, agora máis por ter sofrido como nós con virulencia o coronavirus. Este domingo repasamos en A Música da túa vida algúns dos seus fascinantes artistas

Conversa con Ana Prieto 20.05.2020

A deputada socialista por Lugo, Ana Prieto, integra a comisión para a reconstrución social e económica de España no grupo de traballo de sanidade e saúde pública

Conversa con Lucía Cabodevila 18.05.2020

Falamos con Lucía Cabodevila, enfermeira lucense que traballa no Hospital Universitario de Cardiff, Gales, UK.

A Música da túa Vida. Especial Letras Galegas 17.05.2020

A Música da túa Vida. Especial Letras Galegas. Programa do 17 de maio dedicado aos nosxs autores

Conversa con Asunción Fernández 14.05.2020

Nestas xornadas previas á celebración do Día das Letras Galegas, queremos coñecer máis de preto á obra e vida de Ricardo Carvalho Calero, quen pasou quince anos como profesor e conselleiro delegado do colexio Fingoi de Lugo. Falamos coa súa directora, Asunción Fernández Puentes, filla do fundador do colexio.

Conversa con Sandra Fernández Reis 12.05.2020

No Día Internacional da Enfermeiría falamos con Sandra Fernández Reis, enfermeira do Hula, na pranta do Covid.

Conversa con Jesús Novo 30.04.2020

O Alcalde do Vicedo, Jesús Novo, falou este xoves en Voces de Galicia de RadioVoz. Fíxoo como rexedor dun dos concellos galegos que non presentou ningún caso de coronavirus nestas semanas de pandemia. Novo explicou os motivos, ó seu xuízo, dese bo dato.

Conversa con Sergio Barbeira 25.04.2020

O GALP A Mariña-Ortegal vén de lanzar, xunto ao resto de GALPs de Galicia, a campaña “Queda na casa, queda co noso mar”, que utiliza o cancelo #QuedaCoNosoMar, para visibilizar o labor da xente do mar ante a situación provocada polo coronavirus Covid-19. O seu responsable de comunicación, Sergio Barbeira, estivo este venres en Voces de Lugo e A Mariña de RadioVoz, falando da campaña.

Conversa con Lorena Do Val 23.04.2020

Os monitores da Rock School de Monforte crearon un tema no confinamento titulado Quédate. No seu videoclip participan ademais moitos dos alumnos. Lorena Do Val, profesora de canto explicounos como xurdeu a iniciativa

Conversa con Ricardo Arias, pdte da Asoc de comerciantes de Sarria 22.04.2020

A asoc de comerciantes de Sarria vén de activar un sistema de merca de bonos para apoiar aos seus negocios. Falamos co seu presidente, Ricardo Arias

Conversa con Verónica López 19.04.2020

Verónica López é a nai de Lara, a pequena que naceu en plena autovía Vilalba-Ferrol coa axuda da Garda Civil. Narrounos a experiencia no noso programa.

Conversa con Carlos López, Alcalde da Fonsagrada 18.04.2020

O Alcalde da Fonsagrada, Carlos López, estivo nos nosos micrófonos, explicando que o Concello xa enviara en marzo un escrito á Xunta alertando de irregularidades nos centros de maiores Burón 1 e 2, intervidos pola consellería de servizos sociais a pasada semana

Conversa con María José Villarmea 15.04.2020

En pouco máis de 3 semanas o grupo de facebook "Dende a miña fiestra" conta xa con case 10.000 membros. A súa creadora amósase sorpendida pola repercusión que tivo a súa idea de fuxir a través das imaxes dende as fiestras das malas novas que nos anaegan nestes días por mor da alerta sanitaria. A focense explicou como naceu a iniciativa este mércores en Voces de Lugo e A Mariña de RadioVoz.

Conversa con Malú Ledo 09.04.2020

A chantadina Malú Ledo foi a primeira alta do Hospital de Monforte de coronavirus. Narrounos a súa experiencia desde que contraía a enfermidade ata que a superou

Adrián Ben en La Voz del Deporte 08.04.2020

Adrián Ben teno claro, agora o que toca é a saúde e a familia. En La Voz del Deporte de RadioVoz, o atleta explicou este mércores o seu día a día no confinamento, onde grazas a unha cinta pode adestrar para non perder a forma de cara as citas ás que poda participar tralo estado de alarma sanitaria

Listen to the Voces de Lugo e A Mariña. RadioVoz podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.