AGalegaAudio
Todos os podcast | Notas de jazz
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: agalegaaudio.gal
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Joey DeFrancesco, responsable do rexurdimento do órgano Hammond 16.09.2022
Joey DeFrancesco foi un talento xeracional que traballou con xigantes como Ray Charles, Miles Davis ou Van Morrison. Organista, compositor e director de orquesta, DeFrancesco finou en agosto de 2022 con só 51 anos.
Jazz galego acabado de muxir 24.06.2022
Pechamos temporada escoitando algúns dos lanzamentos da escea galega do jazz. Son musicos que se inspiran coa linguaxe da improvisacion e que, á súa vez, inspiran a novas xeracións.
O exquisito gusto musical do inspector Leo Caldas 27.05.2022
Cando Domingo Villar imaxinou a Leo Caldas seguramente estaba escoitando jazz. O inspector protagonista das tres novelas do escritor vigués gardaba un magnífico repertorio: de Billie Holiday a Ella Fitzgerald, de Charlie Parker a Sarah Vaughan.
De espías e detectives 06.05.2022
Exploramos as formas na que o jazz evocativo se ten utilizado en películas e en televisión. A xenialidade desta música axudou a impulsar as escenas de acción de detectives, espías ou axentes secretos, dende Os Vingadores ata a Panteira Rosa.
Beatles e jazz, respecto mutuo 22.04.2022
A popularidade e o poder das cancións dos Beatles estendeuse máis alá do reino da música pop e chegou tamén ao territorio do jazz. Ninguén pode escapar á súa influencia e todos, dalgún xeito, queren renderlle a súa propia homenaxe.
A férrea elegancia de 'Baby Face' Willette 08.04.2022
Roosevelt James Willette foi un músico diminuto, ben vestido e cun sorriso cautivador. Coñecido como organista polo alcume de 'Baby Face', tivo unha vida curta, 37 anos, e un escaso pero interesante legado.
Hank Mobley, a honestidade dun artista 25.03.2022
Hank Mobley foi un dos grandes saxofonistas estadounidenses do jazz moderno, pero inxustamente descoidado. Tocou e gravou con varias das lendas do seu tempo, como Dizzy Gillespie, Lee Morgan, John Coltrane ou Miles Davis, axudándolles a crear algúns dos seus mellores traballos.
A narrativa: a improvisación que conta 11.03.2022
Cando falamos de narrativa musical en jazz referímonos a unha improvisación que lle proporciona ao oínte unha expresión coherente de frases melódicas. Autores como Sidney Bechet, Buster Williams ou Tom Mac están entre os mestres da narración musical.
Nova Orleáns tamén foi o berce do funk 11.02.2022
En xeral acéptase que o jazz naceu en Nova Orleáns, que alí se interpretou por vez primeira a principios do século XX. Pero nese crisol de cultural naceu tamén outro estilo musical: o funk xermolou na cidade a finais da década de 1950 e a mediados dos sesenta xa estaba en todas partes.
Jazz en tempos de covid-19 28.01.2022
A covid-19 provocou a cancelación da maioría das actuacións en clubes e festivais. Esta semana seleccionamos lanzamentos publicados durante o confinamento, cando os artistas tamén se viron afectados polo distanciamento social, en especial á hora de rexistrar a súa música.
Xosé Miguélez, emerxente e consolidado 21.01.2022
Unha da nosas xoias: a actuación, rexistrada en exclusiva pola Radio Galega, do saxofonista Xosé Miguélez no ciclo Butaca de Jazz da Coruña. Miguélez forma cuarteto co pianista Jean-Michel Pilc, nun conxunto que deixa espazo dabondo para a improvisación sen sufocar os seus propios impulsos creativos.
O instrumento é a voz 09.12.2021 59:58
A selección de hoxe reúne grandes figuras do jazz vocal, cantantes capaces de agregarlle á música peso e emoción. Billie Holiday, Frank Sinatra, Betty Carter, Jon Hendricks ou Dinah Washington podían voar ou desesperarse, as súas voces reflexaban a súa propia vida.
As bandas dos teatros de Harlem 26.11.2021 59:58
Nova York, década dos 30 do século XX. O barrio de Harlem convértese nun laboratorio para a música negra. Salas míticas como o Opera House, o Apolo ou o Cotton Club foron o fogar de músicos como Chick Webb ou Duke Ellington e nos que se bailaba o Lindy-hop ao ritmo das grandes bandas.
Diante do mostrador das novidades discográficas 12.11.2021 1:02:43
Entramos na tenda de discos para descubrir algunhas das novidades publicadas no outono de 2021. Nas estreas hai talentos emerxentes e voces de sempre: Ami Oprenova, Edison Herbert, Kurt Elling, Nishla Smith...
Sempre é unha delicia reencontrarse con Grant Green 05.11.2021
Afondamos nas primeiras gravacións para Blue Note do guitarrista Grant Green, un deses músicos que se distinguen dos demais polo seu carácter. Entre 1961 e 1962 gravou sete álbums pero catro deles foron arquivados, así que Green nunca os viu editados.
As xemas ocultas de Black Jazz Records 29.10.2021 59:58
Cando o pianista Gene Russell e o percusionista Dick Schory fundaron Black Jazz Records en 1969 en California, a razón de ser do selo era promover o talento dos novos músicos e cantantes afroamericanos. Pero isto era só unha parte da súa visión: querían ofrecer unha alternativa ao jazz tradicional.
O Dek-Tette de Marty Paich e Mel Tormé esperta os teus sentidos 22.10.2021 59:58
Exploramos a música que o arranxista Marty Paich produciu xunto ao vocalista Mel Tormé. Á súa serie de álbums bautizárona Dek-Tette, inspirándose no estilo do tenteto de Gerry Mulligan.
Celebramos o legado de Dr Lonnie Smith 01.10.2021 59:54
O gurú do B3, Lonnie Smith foi o organista e mestre que estivo empurrando os límites do órgano Hammond dende a década de 1960. O seu implacable groove quedou rexistrado en máis de setenta álbums.
Pete La Roca, a conexión coa creatividade dos 60 24.09.2021 1:04:52
Na década dos 60 do século XX, Blue Note encontrou unha nova xeración de músicos que combinaron o Bebop e o Hardbop cunha nova liberdade. Entre eles estaba o baterista Pete La Roca.
Jazz con espírito de Nadal 20.12.2019 59:58
'Jingle Bells' ou 'White Christmas' tamén poden soar a jazz. Grandes deste estilo como Charlie Parker, Ella Fiztgerald, Ray Charles ou Dexter Gordon activaron o seu espírito de Nadal para brindarnos versións moi particulares de temas ben coñecidos.
Mulleres do século XXI 01.03.2019 59:58
A miúdo as mulleres estiveron ausentes da narrativa histórica do jazz. Coñecemos as principais cantantes de jazz e blues pero a maioría das instrumentistas foron excluídas do cánon. Hoxe destacamos o traballo de artistas como Erika von Kleist, Anat Cohen ou Ava Mendoza.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.