AGalegaAudio

Todos os podcast | Notas de jazz

Music GL ↓ 71 episodes

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: agalegaaudio.gal

Author

AGalegaAudio

Category

Music

Podcast website

agalegaaudio.gal

Latest episode

Jun 14, 2024

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Paul Gonsalves, o saxo que resucitou a Ellington 15.12.2023

O saxofonista tenor Paul Gonsalves demostrou estilo propio dende a súa primeira sesión, aos 26 anos. Na súa carreira gravou como solista con grandes grupos e tamén como líder de bandas de swing. Pero, ademais, foi o músico que revitalizou a carreira, daquela decadente, do gran Duke Eliington, que sempre lle estaría agradecido.

Billy Strayhorn, o socio indispensable 08.12.2023

Foi unha das máis inusuais colaboracións na historia da música. Duke Ellington dirixiu durante cincuenta anos a mellor orquestra de jazz e en 27 deles contou coa colaboración de Billy Strayhorn. O seu socio escribiu máis de cen obras para Ellington., entre elas a mítica 'Take the A train', e foi coautor doutros éxitos como 'Satin doll'.

As sesións perdidas de Bill Evans no Bosque Negro 01.12.2023

En 2016 saiu por fin á luz o álbum gravado por Bill Evans en Alemaña en 1968. Son as sesións que o pianista de Nova Jersey fixera entre as paradas da xira por Europa que realizaba co trío que lideraba xunto a Eddie Gomez e Jack DeJohnette. Máis de cincuenta anos despois aqueles temas seguen soando frescos.

Serge Chaloff, inspiración suficiente para voar 24.11.2023

Criado nunha familia con paixón pola música, Serge Chaloff foi o máis grande dos saxofonistas barítonos da era moderna. Tiña un ton fermoso, unha boa sincronización, considerable técnica e inspiración suficiente para soprar longos e ben construidos solos.

Tommy Flanagan, o pianista que facía mellores aos mellores 17.11.2023

Era un músico que non quería facer a revolución. Nado no Detroit de 1930, Tommy Flanagan foi algo máis cá pianista, pois tamén manexaba outros instrumentos. Tocou con varios dos xigantes do jazz e foi acompañante durante anos de Ella Fitzgerald.

Hugh Lawson, a perfección ben planificada 10.11.2023

Se hai algún saxofonista tenor dos anos cincuenta que foi infravalorado ese é Yusef Lateef. O certo é que a súa arte non se desenvolveu por si soa, senón que tamén dependeu de músicos altamente competentes. Un de eles é Hugh Lawson, un brillante pianista que por alguna razón descoñecida nunca chegou a ser un gran "nome".

Duke Ellington, a fe a través da música 03.11.2023

Esta noite está consagrada ao primeiro dos tres 'Concertos sagrados' que ofreceu Duke Ellington, o da igrexa presbiteriana da Quinta avenida de Nova York, en 1965. O pianista de Washington propúxose expresar coa música unha crenza que pensaba que non se podía explicar con palabras.

Mulleres que necesitas coñecer 27.10.2023

Existe unha nova escola de artistas que reimaxinan e reinventan o jazz contemporáneo. Son mulleres que se manteñen fieis á esencia do jazz ao tempo que modifican o seu son con influencias modernas.

Jimmy Rushing, o cantante subestimado 20.10.2023

A súa inflluencia foi fundamental na música popular negra pero Jimmy Rushing foi un dos cantantes máis subestimados do século XX. A súa longa carreira, 50 anos, ten dúas fases: dende 1925, cando empezou a actuar con formacións lideradas por outros, como a de Count Basie; e a partir da década de 1950, cando percorreu o mundo en solitario invitado polas grandes bandas do jazz.

Os “Young Lions” que protexian a tradición 13.10.2023

A finais da década de 1970 vivíase unha polémica sobre o futuro do jazz. Miles Davis electrificara o seu son; Herbie Hancock estaba abrazando o hip-hop; e o jazz fusionábase co rock alonxándose da tradición. Nese contexto, un grupo de músicos mozos e talentosos marcou un regreso aos fundamentos. Chamáronos os Young Lions.

Ike Quebec, un cazatalentos para Blue Note 06.10.2023

Ike Quebec foi un dos mellores saxotenores das décadas de 1940 e 1950 pero, ademais, conseguiu levar ao seu selo, Blue Note, a grandes figuras como Bud Powell e Thelonious Monk. Con todo, a súa maior 'captura' foi un dos grandes, Dexter Gordon.

Ray Brown, o xigante do contrabaixo 21.09.2023

A carreira de Ray Brown durou máis de cincuenta anos e combinou a súa traxectoria como líder de bandas coa de acompañante doutros músicos. A súa participación no trío de Oscar Peterson elevouno definitivamente ao Olimpo dos grandes do contrabaixo.

Mellor en familia 15.09.2023

Abrimos a 7ª tempada de Notas de jazz cunha edición moi familiar, con rexistros que comparten un sentido de fogar e de comunidade. Son artistas que tocan ou tocaron en familia, nun sentido amplo da palabra, dende bandas de irmáns a grupos de amigos.

Ahmad Jamal, o pianista cristalino 21.04.2023

Seguramente, un dos intérpretes máis atractivos da historia do jazz, Ahmad Jamal influíu en case todos os pianistas que tocaron na súa época. A combinación do soberbio contrabaixo de Israel Crosby co traballo coas vasoiriñas de Vernel Fournier deulle ao trío de Ahmad un swing contundente que outros grupos rara vez lograron.

O memorable cuarteto de Art Farmer con Jim Hall 07.04.2023

Art Farmer e Jim Hall uniron as súas forzas a finais de 1962. Formaron un cuarteto de curta duración pero moi creativo que deixaría para a posteridade un puñado de gravacións cheas de música para a lembranza.

Billy Harper, o derradeiro dos Tenores de Texas 24.03.2023

'Texas tenor' é unha etiqueta que xa non se utiliza moito, simplemente porque xa non quedan moitos. O estilo comezou na década dos 40 con saxofonistas como Illinois Jacquett, Arnett Cobb, Buddy Tate, King Curtis e David 'Fathead' Newman. Conseguían un son grande e audaz cun swing impoñente dende a primeira nota.

Colleita do 2022 30.12.2022

Pechamos ano repasando algúns dos mellores discos galegos publicados no 2022. Escoitaremos temas de Sergio de Miguel, Xosé Miguélez, Nani García Trío, Marcos Pin, Abe Rábade ou Telmo Fernández.

O Universo de Lucía Fumero 16.12.2022

A voz e o piano de Lucía Fumero protagonizaron o segundo concerto do terceiro ciclo Butaca de Jazz da Coruña. A compositora catalá presentaba o seu último álbum, 'Universo Normal', escoltada polo contrabaixo de Martín Leiton e a batería e as percusións de David Xirgu formando un trio excepcional que aproveita ao maximo a dinamica e a interaccion entre os seus integrantes.

Paco Charlín, a arte maiúscula 09.12.2022

O Paco Charlín Trío abriu a edición 2022 do ciclo Butaca de Jazz da Coruña. Neste programa escoitamos o concerto do contrabaixista vilanovés, acompañado polos eficaces Xan Campos no piano e Naima Acuña na bateria e cun invitado para a ocasión, o saxofonista Fernando Sánchez.

Roy Haynes, o pai da batería contemporánea 09.12.2022

Roy Haynes deu e recibiu. Aprendeu, coñeceu e tocou a batería con moita xente, dende Charlie Parker ata John Coltrane. Con Coltrane, en particular, sentiu unha liberdade especial, podía tocar todo o que soñaba tocar. Logo, Haynes foi unha influencia para moitos outros baterías.

Michael Petrucciani, entusiasmo inesgotable 11.11.2022

Michael Petrucciani está considerado un dos grandes románticos do jazz pianístico, cun enxeño que floreceu a pesar dunha seria discapacidade física. Naceu cunha osteoxénese imperfecta, os chamados "ósos de cristal", unha doenza que limitou o seu crecemento pero non o brillo do seu talento.

Steely Dan e Joni Mitchell, agradecidos á guitarra de Larry Carlton 28.10.2022

Moitos álbums da década de 1970 omitían nos créditos os nomes dos músicos que acompañan os protagonistas, sobre todo cando contrataban profesionais de estudio. Unha excepción son Steely Dan e Joni Mitchell, que foron dos poucos en proporcionar listas detalladas de todos os músicos cos que tocaron e que, no seu caso, tiñan un nexo de unión, o guitarrista Larry Carlton.

A electricidade dos brasileiros dos Estados Unidos 21.10.2022

Sergio Mendes, Airto Moreira, Milton Nascimento, Moacir Santos... foron emigrantes do jazz. Estes grandes nomes son algúns dos artistas brasileiros que vivían e traballaban nos Estados Unidos de América na década de 1970.

Viaxe a finais dos anos 50 07.10.2022

A selección de hoxe lévanos á metade do século XX. Empezamos pola costa oeste dos Estados Unidos co son de Art Pepper e Courtis Counce e seguimos con Leroy Vinnegar, Teddy Edwards ou Ornette Colemann.

Cando o Boogaloo tomou as rúas de Harlem 22.09.2022

O Harlem hispano era un lugar turbulento a finais dos sesenta. No verán de 1967, o seu colectivo expresou a súa frustración polos costumes culturais e raciais da época a través do Latin Soul e especialmente co efervescente son do Boogaloo.

Listen to the Todos os podcast | Notas de jazz podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.