Todos os podcast | Mar de ardora
AGalegaAudio
Where to listen?
Podcasts in the app
Replaio Radio →
Coming soon
Podcasts are coming to the app soon - install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Mar de ardora 24-03-2025 24.03.2025 1:00:57
Comeza a veda do polbo. Sobre ela falamos co presidente da Federación Galega de Confrarías, José Antonio Pérez Sieira, e co xerente de Pulponor, Fernando Simón. O armador Eduardo Carrera cóntanos como comezou a campaña da xarda e o bocarte no Cantábrico. O asesor legal de AETINAPE, Antonio Iglesias, comenta os problemas da política de cotas da Unión Europea.
Mar de ardora 24-02-2025 24.02.2025 1:00:57
O prezo do lirio dispárase nas lonxas por mor da súa escaseza. Tentamos saber as causas en conversa coa xerente da OPP de Ribeira, María Xosé Casais. Preocupámonos do futuro da empresa en concurso Pescados Rubén falando con Isabel López, da UXT. O investigador Juan Trigo contanos o que se sabe da chegada á costa galega dun verme exótico que parasita os moluscos, a planaria.
Mar de Ardora 22-02-2025 22.02.2025 57:33
Mar de Proa: a crise do lirio. A situación de Pescados Rubén. A invasión do verme plano afecta os bivalvos. Mar de Fóra: Costeira da xarda. Prórroga no xuízo do Villa de Pitanxo. Mar Vivido: lembranza aos mortos no naufraxio de 1940 en Vilalonga cun monolito conmemorativo. Mar de Vento: tempo e prognóstico no mar. Colaboración do biólogo mariño Javier García Galdo: grupos de animais galegos do mar...
Mar de Ardora 17-02-2025 17.02.2025 55:31
Guerra de aranceis. Cal debe ser o papel da Unión Europea coa conserva española? A pesca española avanza no primeiro marco colectivo laboral da súa historia. Consumo de peixe en febreiro. Prezos. Como está afectando a baixada de ingresos ás confrarías?
Mar de Ardora 10-02-2025 08.02.2025 56:43
Nesta edición falamos dun producto 'premium' dos mares galegos : o ourizo. E fixémolo cunha mariscadora de A Guarda e un vendedor de Arou Na lonxa de Aguiño cotizou cun rexistro marca : cerca de 18 euros o quilo Tamen falamos do regreso das vieiras as lonxas galegas ; das reservas marinas en augas internacionais; dos icebergs e de si resulta factible aplicar a reducción da xornada labora...
Mar de Ardora 01-02-2025 01.02.2025 57:55
Entrevista monografica ao señor Maño. 93 anos e máis de 60 de mar Foi o último patrón de lanchas xeiteiras da provincia da Coruña. Navegaba fundamentalmente na Ría de Fisterra e cercanía A entrevista foi gravada na illa grande de Lobeira a carón do vello faro. Ata ali chegamos en barco.
Mar de Ardora 25-01-2025 25.01.2025 56:25
Adecuación da frota de arrastre un mes despois do Consello de Ministros da UE. A crise de Atunlo vive momentos decisivos. Que pasou con Pescados Rubén de Burela? Como van as grandes empresas pesqueiras no inicio de 2025? Lembranza a Bernardino Graña, poeta do mar.
Mar de Ardora 13-01-2025 13.01.2025 57:52
MAR DE POPA: Comeza o proceso electoral na Federación Nacional de Confrarías. Falamos con Basilio Otero. MAR DE FÁBULA. Barallobre aumenta nun 30 por cento as súas ventas despois da súa xira de promoción. Con Jorge López, patrón maior de Barallobre. MAR DE PROA. Situación crítica do marisqueo a flote da ría de Pontevedra, con Iago Tomé, patrón maior de Raxó MAR VIVIDO. A Xunta declara de interese...
Mar de ardora 06-01-2025 06.01.2025 1:00:57
Neste programa falamos de dous libros que contan historias do mar de Galicia. O catedrático de bioloxía aninal Alex Aguilar cóntanos como investigou a historia da caza de baleas que reflicte na súa obra "Chimán". Con Noemí Sabugal facemos unha viaxe pola vida e historia das nosas costas como a que describe en "Laberinto mar". O noso colaborador Xavier García Galdo lévanos ao mu...
Mar de ardora 18-11-2024 18.11.2024 1:00:19
Achégase o Nadal e o prezo do peixe vai subindo nos mercados. Coñecemos a súa evolución en conversa con Marcos Sendón, da peixería Mar del Norte. Estes dias celébranse varias xornadas nas que se debate sobre o futuro da pesca. Falamos co secretario da confraría de Celeiro, Máximo Díaz, sobre as XXVIII Xornadas Técnicas de Difusión do Sector Pesqueiro e con Angel Matamoro sobre o II Foro de Sustent...
Mar de Ardora 16-11-2024 16.11.2024 56:16
Victorio Caamaño foi un dos últimos cazadores de baleas en Europa. Pasou 21 anos a bordo de barcos baleeiros e participou en outubro de 1985 na captura do derradeiro xigante ao que se lle deu morte nas costas de Galicia. Neste programa cóntanos a súa experiencia.
Mar de Ardora 9-11-2024 09.11.2024 56:57
Como se presentan as campañas da volandeira e da centola? Saberémolo falando co administrador da lonxa de Cambados, Manuel Domínguez, e co patrón do Grove, Antonio Otero. Pulsamos con Eduardo Carreño o malestar dos cerqueiros galegos polo que consideran un trato discriminatorio fronte aos seus colegas do golfo de Cádiz. O director xeral de Espaderos del Atlántico explícanos que podemos agardar da...
Mar de ardora 02-11-2024 02.11.2024 58:24
Xusto López Carril contou entre os convidados con: Luís Pérez Barral (alcalde de Ribeira), María José Casais Boo (xerente da Cooperativa de Ribeira OPP83), Antía Alberte Maneiro (concelleira de Cultura de Ribeira) e Marcos Gallego Fernández (director da Mostra). Dentro da programación de actividades paralelas desta 𝐕𝐈𝐈 𝐌𝐨𝐬𝐭𝐫𝐚 𝐈𝐧𝐭𝐞𝐫𝐧𝐚𝐜𝐢𝐨𝐧𝐚𝐥 𝐝𝐞 𝐂𝐢𝐧𝐞𝐦𝐚 𝐃𝐨𝐜𝐮𝐦𝐞𝐧𝐭𝐚𝐥 𝐌𝐚𝐫𝐞𝐬 𝐝𝐚 𝐅𝐢𝐧 𝐝𝐨 𝐌𝐮𝐧𝐝𝐨 un ano máis gra...
Mar de ardora 26-10-2024 26.10.2024 56:43
Neste programa lembramos a loita que os boniterios de Burela emprenderon hai 30 anos contra a utilización de redes de enmalle á deriva. O presidente de AETINAPE, Xosé Manuel Muñiz, fálanos da súa histórica reivindicación de que a xente do mar obteña beneficios fiscais especiais. Falamos da crise da flota do cerco co patrón do "Alborán", Eduardo Carreño. Xavier García Galdo danos unha lec...
Mar de Ardora 21-10-2024 21.10.2024 54:54
A confraría de Carreira-Aguiño cumpre cen anos. Falamos da súa historia con José Vicente Domínguez. Entrevistamos á nova directora do Centro Tecnolóxico do Mar, Rosa Chapela. Sabemos máis da Iniciativa Lexislativa Popular para o Recoñecemento e Protección das Actividades Pesqueiras e Marisqueiras en conversa con Xaquín Rubido. O patrón xubilado, Felipe Sar, axúdanos a entender por que diminúan as...
About the podcast
Mar de ardora expón toda a actualidade relacionada co mar e a pesca dende un punto de vista divulgativo e informativo.
Author
AGalegaAudio
Category
Podcast website
Language
GL
Episodes
118
Latest episode
Jun 27, 2026
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.