Todos os podcast | Mar de ardora

AGalegaAudio

Nature GL 118 episodes

Episodes

Mar de Ardora 27-6-2026 27.06.2026

Proximamente sairá do prelo o libro "Un mar de curiosidades", unha obra que ten o seu cerne na colaboración do biólogo Javier García Galdo neste programa. A zamburiña está desaparecendo do banco natural que se explota na ría de Ferrol. Contámoslles como o Insttuto de Investigacións Mariñas está buscando as razóns. Falamos do proxecto Hippo-REF, que procura crear no porto de Vigo un refux...

Mar de ardora 22-06-2026 22.06.2026

O Consello Regulador do Mexillón de Galicia pon en marcha SEBAM, unha iniciativa que ten como obxectivo visibilizar a contribución ambiental, oceanográfica, social, económica e cultural do cultivo do mexillón. Ángeles Portabales fálanos deste proxecto. Visitamos Conxemar Lab, a aula interactiva e educativa impulsada en Vigo por Conxemar para achegar o mundo do mar a nenos e nenas de entre 7 e 11 a...

Mar de ardora 15-06-2026 15.06.2026

A Universidade de Vigo demostrou que a cría da centola en catividade pode ser rendible. Neste programa falamos do proxecto MAJA, que conseguiu completa-lo ciclo de cría da centola dende a alimentación das larvas ao engorde dos exemplares adultos. Alberto Ordóñez lévanos a Ferrol e a Pontevedra para ensinarnos como se forma aos futuros peixeiros e aos cociñeiros de produtos do mar. David Fernández...

Mar de ardora 08-06-2026 08.06.2026

Francisco Fernández, da Organización de Produtores de Pesca de Marín, preséntanos Fishing Lab, un laboratorio de ideas que ten como obxectivo impulsar solucións innovadoras para o sector pesqueiro galego, aunando coñecemento, tecnoloxías e empresas ou centros de innovación. David Fernández explicaranos como se tentan recuperar os bosques mariños de laminarias na ría de Arousa. Coñecemos a Elena Ma...

Mar de ardora 01-06-2026 01.06.2026

Asistimos en Ribeira á xornada "Remuda xeracional: o futuro do mar". Acompañamos aos pescadores de anguía de Arcade. Analizamos co sector do cerco as razóns do descenso das capturas de xarda. O biólogo Javier García Galdo axúdanos a distinguir entre as diferentes especies de polbo. O director conservador do Parque Nacional das Illas Atlánticas, José Antonio Fernández Bouzas, explícanos p...

Mar de ardora 25-05-2026 25.05.2026

O Centro de Investigacións Mariñas acaba de poñer en marcha no Vicedo un criadeiro de sementes de bivalvos. O director do CIMA, Carlos Gabín, cóntanos cal é a súa función. A caída da producción e a falta de relevo xeracional están poñendo en dificultades algunhas pequenas confrarías do país. Alberto Ordóñez exemplifica esta crise en dúas: a de Cariño, xa en fase de liquidación, e a da Pobra do Car...

Mar de ardora 18-05-2026 18.05.2026

Comezamos singladura en Vigo para coñecer Velas polo Alzheimer, un proxecto que utiliza a navegación como terapia para os que padecen esta doenza. Sobre el falamos cun dos seus creadores, Edgar Martínez, e o xerente de Julio Verne Náutica, Iván Pérez. Abordamos despois o proceso de transformación do estaleiro Triñanes de Boiro. O seu propietario, Gerardo Triñanes, xubílase e cédelle a xestión ao e...

Mar de ardora 11-05-2026 11.05.2026

Galicia é coñecida polas súas conservas de produtos do mar. Hoxe imos coñecer a historia dunha marca que se converteu nunha referencia internacional no mercado gourmet. Falamos con Jesús Lorenzo, xerente da conserveira de Carril Os Peperetes. Comezou a veda do polbo tras unha campaña na que medraron as capturas e subiron os prezos na lonxa. Alberto Ordóñez pulsou o sentir do sector. A alga asiátic...

Mar de ardora 04-05-2026 04.05.2026

Os mariscadores de Pondeume andan á procura de sacarlle máis rendemento a un recurso que abonda na zona, a ostra rizada. Alberto Ordóñez cóntanos como tentan converter nunha oportunidade a proliferación dunha especie invasora. A investigadora do Instituto Español de Oceoanografía, Begoña Ben-Gigirey fálanos dunha guía internacional sobre o monitoreo de toxinas algais en moluscos bivalvos. Presenta...

Mar de ardora 27-04-2026 27.04.2026

O Foro Galicia de Sostibilidade Gloibal de Produtos do Mar desenvolve unha nova edición en Vigo. Revisamos os seus contidos da man do seu director Ángel Matamoro. Alberto Ordóñez lévanos a coñecer o traballo dos mergulladores que extraen navalla da ría de Aldán. David Fernández cóntanos como se extraen as mostras dos bancos marisqueiros para saber o seu estado tralos temporais do inverno. Presenta...

Mar de ardora 18-4-2026 19.04.2026

Poñemos a ollada en tres empresas do interior de Galicia que teñen os seus produtos a bordo de barcos e a pe de portos. Industrias Guerra, Gruas Fuerte e Hermanos Toimil están radicadas na comarca do Deza e fabrican guindastres. Entrevistamos a Álvaro Roura, director de Optolarvae, filial de I+D+I do grupo Profand. Cóntanos en que consiste a súa investigación sobre cultivo larvario para desenvolve...

Mar de ardora 13-04-2026 13.04.2026

Alberto Ordóñez lévanos ata A Guarda para presentarnos ORMALUGA, unha organización de produtores pesqueiros integrada por profesionais da pesca artesanal e do marisqueo do sur de Galicia e do norte de Portugal. Con David Fernandez imos ata a reserva dos Miñardos para saber como xestionan a explotación do ourizo as confrarías de Lira, Corcubión e Fisterra. A bióloga Elisa Rueda danos conta da súa i...

Mar de ardora 06-04-2026 06.04.2026

David Fernández visita os bancos marisqueiros de Carril, Noia e a Illa de Arousa para comprobar como se rexenera o substrato para eliminar as cicatrices dun inverno pragado de temporais. Falamos co historiador Rafael Lema e co Director Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta, Anxo Miramontes sobre os traballos de busca do galeon Regazona, un dos barcos da Armada Invencible, afundido na enseada de Ca...

Mar de Ardora 28-3-2026 28.03.2026

Analizamos a caída do consumo de conservas e mariscos coa presidenta de Fedepesca, María Luis Álvarez. Contamos como se presenta a tempada de pesca nos ríos. 48 mil galegos teñen licenza para capturar pezas ata o 31 de xullo. Cada vez chegan máis especies exóticas ás costas do noso país. Falámos cun biólogo que estuda este fenómeno, Rafael Bañón. Fronte a Punta Langosteira hai unha zona experiment...

Mar de ardora 23-03-2026 23.03.2026

Foi unha boa campaña a do polbo, pero chega o momento de decidir se é necesario ou non establecer outra veda prolongada para garantir a sustentabilidade do recurso. Sobre iso versa a reportaxe de David Fernández. Tamén falamos do futuro do cultivo de mexillón coa axuda de Uxío Labarta e Diana Zúñiga, autores dun estudo sobre a influencia neste molusco dos cambios ambientais nas rías. O patrón maio...

Mar de ardora 16-03-2026 16.03.2026

Contámoslles en que consiste o Proxecto Volaria, unha iniciativa do Instituto Oceanográfico de Vigo que pretende estudar a contaminación que afecta á volandeira na ría e comprobar como se podería volver capturar sen risco para a saúde nin para a reproducción deste bivalvo. A profesora de Lingua e Literatura do IES Illa de Arousa, Elena Martínez, e o patrón Maior da Illa, Juan Rial, fálannos dos no...

Mar de ardora 09-03-2026 09.03.2026

Está a anguía en perigo de extinción nos nosos rios? O goberno español, científicos e organizacións ecoloxistas pensan que si e propoñen que se deixen de capturar. O goberno da Xunta e os pescadores opóñense. Recollemos os argumentos duns e doutros. Explicamos o proxecto Maja, unha iniciativa da Universidade de Vigo que conseguiu pechar o ciclo completo da cria da centola en catividade. Coa axuda...

Mar de ardora 02-03-2026 02.03.2026

Había trinta anos que non se vendía tan pouco peixe nas lonxas galegas. É a consecuencia do tren de borrascas que nos sacudiu este inverno. David Fernández percorreu os portos para pulsar o estado de ánimo do sector. Entrevistamos a Xavier Pérez Cobas, autor dun informe que estima en 850 millóns de euros o valor que xera cada ano a frota galega de palangre de superficie. Tamén coñecemos un estudo...

Mar de ardora 23-02-2026 23.02.2026

Comezamos o programa falando dos danos que os continuos temporais deste inverno están causando nos bancos marisqueiros das rías. Abordamos a polémica xerada en torno á proposta do goberno de declarar a anguía especie en perigo de extinción. David Fernández fai balance da pasada campaña do polbo e pregúntalle ao sector como garantir a sustentabilidade da pesquería. Unha reportaxe de Alberto Ordóñez...

Mar de ardora 16-02-2026 16.02.2026

Neste programa falamos co investigador do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo, Luis Taboada, sobre dous proxectos nos que traballa: o primeiro, o aproveitamento de restos de pesca e especies sen valor comercial para producir oleoxeles; o outro, establecer pautas para a explotación sustentable do ourizo de mar. Alberto Ordóñez trasládanos o grave problema da crecente contaminación das augas...

Mar de ardora 09-02-2026 09.02.2026

Neste programa abordamos a polémica xurdida tralo anuncio do goberno de que se incluirá a anguía entre as especies en perigo de extinción. Conversamos sobre a situación deste peixe nas nosas augas co edafólogo Serafín González, presidente da Sociedade Galega de Historia Natural. En Galicia houbo tempos nos que se fabricaban motores para barcos. Albertyo Ordóñez lémbranos nunha reportaxe aos mecáni...

Mar de ardora 02-02-2026 02.02.2026

O sector da baixura conseguiu que o Ministerio de Pesca suspendera a aplicación das medidas máis lesivas do Regulamento Europeo de Control da Pesca. Sen embargo, os mariñeiros seguen pendentes da decisión final da Comisión Europea. Imos coñecer o seu punto de vista sobre esta polémica. Entrevistamos a Francisco López Valladares, presidente do Consello Regulador de Acuicultura Ecolóxica de Galicia....

Mar de ardora 26-01-2026 26.01.2026

Neste programa coñecemos como foron as vendas nas lonxas galegas en 2025. Falamos de Redecos, unha rede de sondas en augas pouco profundas para controlar as condicións das augas. Alberto Ordóñez cóntanos nunha reportaxe como evolucionaron os faros galegos. Visitamos en Vimianzo un muiño de marea construido hai maís de 300 anos e en Moaña duas carpinterías de ribeira reconvertidas en museo.

Mar de ardora 19-01-2026 19.01.2026

Neste programa Alberto Ordóñez acode a unha granxa de rodaballo para explicarnos o proceso de cría deste peixe plano. David Fernández cóntanos como se recolle e comercializan as algas en Galicia e resúmenos o ocorrido no Foroacui, o Foro dos Recursos Mariños e Acuicultura das Rías Galegas que se desenvolve en outubro pasado no Grove.

Mar de ardora 05-01-2026 05.01.2026

About the podcast

Mar de ardora expón toda a actualidade relacionada co mar e a pesca dende un punto de vista divulgativo e informativo.

Author

AGalegaAudio

Category

Nature

Podcast website

agalegaaudio.gal

Language

GL

Episodes

118

Latest episode

Jun 27, 2026

Listen to the Todos os podcast | Mar de ardora podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.