RadioEstrada

Salta da Cama

News GL ↓ 3067 episodes

O primeiro asalto ó dia!! Programa despertador de Radio Estrada con adicatorias musicais, información, entretemento e concursos!

Author

RadioEstrada

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Apr 27, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Manuel Campos, alcalde de Cuntis explícanos as próximas actividades do concello: "Hai que ser prudentes e previsores". 27.05.2021

O 1 de xuño ábrese o prazo de inscrición para anotarse no programa Cuntilín Verán 2021. Este prazo permanecerá aberto ata o 15 de xuño inclusive. O día 18 darase a coñecer o listado de persoas admitidas. Cuntilín Verán está destinado a menores en idade escolar e abarca o período vacacional estival comprendido entre o 23 de xuño e o 7 de setembro de 2021, ambos inclusive, permanecendo aberto todos...

SALTA DA CAMA xoves 27-05-2021 (programa completo) 27.05.2021

Salta Da Cama de 8-10h 107.7Fm ️ www.radioestrada.com HOXE: Santoral Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s @s Salt@ns. Música RICAS E FAMOSAS, repaso ás portadas das revistas do ❤️ Manuel Campos Velay alcalde do Concello de Cuntis, Cuntilín e novas actividades para o verán. Iago González , novo presidente do Recreo Cultural de A Estrada. ESCOITÁMONOS PARTICIPA: Facebook: https://www.fa...

David Castellanos, Enxeñeiro Técnico Forestal. OS LABORES DE MAIO:"Temos que prantan e vixiar as enfermidades". 26.05.2021

David Castellanos é Enxeñeiro Técnico Forestal, experto en Xestión de Explotacións, e vainos achegar cada 15 días consellos para ir preparando a nosa horta dende cero. Neste segundo programa falamos de OS LABORES DE MAIO. "Quen non faga os labores de maio que se despida da horta ata o ano que ven". "As xeadas xa quedaron atrás e podemos ir trasplantando con tranquilidade todo o que sexa para culti...

Antonio Calvo dirixe o THINK OF LIGHT SHOW SALON 2021.Emítese dende Culleredo a 16 países:"Es una locura de creatividad 26.05.2021

“Think of light”, un gran espectáculo online de perruquería para profesionais de once países • O estilista naronés Antonio Calvo e a produtora compostelá Seispés Producións Creativas organizan a presentación das coleccións que serán tendencia en 2022 • O evento retransmítese en directo dende Galicia o xoves 27 de maio A presentación mundial das novas coleccións de perruquería e estilismo da marca...

Paulo Vicente, presidente da Asociación RAPA DAS BESTAS presenta o cartel deste ano: "Reflexa o espíruto da Rapa". 26.05.2021

A asociación RAPA DAS BESTAS presentou o cartel deste ano en FITUR. Falo con Paulo Vicente, presidente da asociación que nos explica porque escolleron a mesma foto do ano pasado, feita por Jacques Hamel. Paulo tamén nos fala das xestión que se fixeron en Madrid para promocionar a Festa de Interese Turístico Internacional e porque se cambiaron as datas neste ano 2021. "Cremos que debíamos seguir co...

Uxía Seoane recita un poema, que ela mesma escribeu, sobre a Covid-19 26.05.2021

Onte fixéronnos chegar, a través do WhatsApp de Radio Estrada +34644165966 , un video de Uxía Seoane Duro onde recita un poema sobre a Covid-19, que ela mesma escribeu. Hoxe, para darlle unha sopresa, púxemolo no "Salta Da Cama", para que ela mesma e toda a xente que a acompaña cada día no bus do Expres de Vea, dende Sta Mariña de Barcala ao IES Nº1 da Estrada, puideran escoitar estas fermosas pal...

SALTA DA CAMA mércores 26-05-2021 (programa completo) 26.05.2021

Salta Da Cama de 8-10h 107.7Fm ️ www.radioestrada.com HOXE: Santoral Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s @s Salt@ns. Música Uxía Seoane lee un poema escrito por ela mesma, sobre a Covid-19. Paulo Vicente, presidente da asociación Rapa Das Bestas explícanos vales van a ser as novas datas da festa. Antonio Calvo Estilistas dirixe o Show Salon In THINK OF LIGHT 2021. no que están anotado...

Verónica Barros, BARROS PSICOLOGÍA. DÍA DO ORGULLO FRIKI: "Todos temos algo que nos fai diferentes". 25.05.2021

A psicóloga Verónica Barros analiza O DÍA DO ORGULLO FRIKI, a evolución do concepto friki e a riqueza que aportan os diferentes tipos de personalidades á nosa sociedade: "Ser friki non é nada malo, todo o contrario. Ser diferente é bo". "Cando máis se sofre por ser friki é na adolescencia, época na que máis se marcan os patróns de personalidade". "A paixón polo que lle gusta é o que diferencia aos...

SALTA DA CAMA martes 25-05-2021 (programa completo) 25.05.2021

Salta Da Cama de 8-10h 107.7Fm ️ www.radioestrada.com HOXE: Santoral Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s @s Salt@ns. Música Hoxe é o Día Mundial da Tiroides recuperamos os consellos alimentarios que nós dou Clara Torres, Dietista Nutricionista para o “Hipotiroidismo ou enfermidade de Hashimoto”. ( https://go.ivoox.com/rf/66610617 ) Verónica Barros de Barros Psicología achéganos consel...

Lorena Penas, ACTUALIZADOS COMUNICACIÓN. Hoxe "QUE É O COPYWRITE E O COPY". 24.05.2021

Lorena Penas é a socia fundadora de "Actualizados Comunicación", empresa que se adica á xestión da comunicación dixital. "Debido ao volumen de información que vemos ao longo do día, só 2 de cada 10 persoas mirán o contido". "O copywriting é un texto persuasivo para conectar co noso público e para provocar nel a realización dunha acción". "Aínda que pechemos o noso negocio, as redes non pechan". CO...

SALTA DA CAMA luns 24-05-2021 (programa completo) 24.05.2021

Salta Da Cama de 8-10h 107.7Fm ️ www.radioestrada.com HOXE: Santoral Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s @s Salt@ns. Música Lorena Penas de Actualizados Comunicación tráenos consellos para gestionar as nossas redes sociais. ESCOITÁMONOS PARTICIPA: Facebook: https://www.facebook.com/RadioEstrada1077 ☎️: 986675149 WhatsApp: 644165966 ️"SUSCRÍBETE" ao podcast Máis Información e outras e...

Lucía Azurmendi, profesora do OMM CARLOS BARRUSO, fálanos do concerto de fin de curso: "Temos ganas de escenario". 14.05.2021

O Obradoiro de Música Moderna Carlos Barruso, nace da demanda do colectivo de músicos estradenses por acadar unha formación en música moderna que deu comezo no ano 2009 da man do mestre Carlos Barruso. O obxectivo deste obradoiro é o de darlle continuidade ao labor de Carlos Barruso, como un xeito de reinvindicar o legado musical que deixou latente nos seus alumnos, moitos deles, agora titulados e...

Uxio Allo, Maruxio Terra e Sal fálanos da presentación do libro de fotografías "Inchadiña branca vela" de Eduardo Rivo 14.05.2021

Uxío Allo é a parte do mar de Maruxio, naceu na Illa. Ven dunha saga de mariñeiros, "unha especie acuática", segundo el mesmo define. "Son salitroso, xa se me ve na pel", sinala. Embarcouse por primeira vez aos 12 anos. Aos 16, xa tiña unha dorna propia. Aos 22, voaba pola ría nunha planadora de poliéster tuneada por el mesmo. Foi por esa época cando xurdiu tamén das súas mans a Asociación Cultura...

Manolo Bascuas, Asociación de Hosteleiros da Estrada:"A Festa do Salmón é a nosa festa gastronómica máis importante". 14.05.2021

A Asociación de Hosteleiros da Estrada reactiva a súa actividade coa celebración gastronómica máis importante da Estrada. A Festa do Salmón. Este ano unha Festa do Salmón en formato reducido. Todos estes locais servirán tapas de salmón o venres 14 de Maio en horario de 20.00 a 23.00 horas e o sábado 15 e domingo 16 de 12.30 a 15.00 e de 20.00 a 23.00 horas. LOCAIS PARTICIPANTES: Eureka / Enredo /...

SALTA DA CAMA venres 14-05-2021 (programa completo) 14.05.2021

Salta Da Cama de 8-10h 107.7Fm ️ www.radioestrada.com HOXE: Santoral Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s @s Salt@ns. Música Manuel Bascuas Coto presidente da asociacion de Hosteleiros da Estrada , preséntanos a Festa do Salmón. MARUXIO_TerraeSal organizan a presentación dun libro de fotografía sobre a xornada de navegación da Casa de Rosalía O obradoirocarlosbarruso volta aos escenari...

Elvira Souto, fálanos da situación do POBO PALESTINO: "Israel ten un gran poder sobre as institucións españolas". 13.05.2021

O día da Nakba é o día no que os palestinos conmemoran o inicio do éxodo (a creación do estado de Israel). Celébrase o 15 de maio e é a data conmemorativa máis importante do calendario palestino, sendo conmemorado con protestas e celebracións tamén noutros lugares fóra de Palestina. Por primeira vez en 8 anos o Parlamento Galego vai facer unha declaración institucional de apoio ao pobo palestino....

Mar Blanco, CAMIÑO CIRCULAR participou nas xornadas do Ministerio, "AVANZANDO NO EMPRENDEMENTO VERDE DAS MULLERES". 13.05.2021

O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico organizou unha xornada co nome "AVANZANDO NO EMPRENDEMENTO VERDE DAS MULLERES", (Ver o evento ligazón ) Co fin de visibilizar a emprendedoras verdes e os mecanismos existentes para avanzar este emprendemento en España, con especial interese polo medio rural. Nestas xornadas participou Mar Blanco da cooperativa estradense CAMIÑO CIRCULAR...

O Dr. Manuel Isorna impartirá unha charla sobre "MITOS E REALIDADES DO CONSUMO CANNABIS-TABACO E CIGARRILLO ELECTRÓNICO 13.05.2021

Dr. Manuel Isorna Folgar, Doutor en psicoloxía, membro do grupo EVICT (Evidencia Cannabis Tabaco)(máis información ). Profesor Universidad de Vigo, Facultade C.C. Educación na Área de Personalidad, Evaluación e Tratamento Psicolóxico. Imparte unha charla organizada polo concello da Estrada, Acrofam e Fesanpas na que se van a tratar "MITOS E REALIDADES DO CONSUMO DE CANNABIS-TABACO E CIGARRILLO ELE...

SALTA DA CAMA xoves 13-05-2021 (programa completo) 13.05.2021

Salta Da Cama de 8-10h 107.7Fm ️ www.radioestrada.com HOXE: Santoral Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s @s Salt@ns. Música RICAS E FAMOSAS, repaso ás portadas das revistas do ❤️ Dr. Manuel Isorna Folgar , charla sobre “Mitos e realidades do consumo de cannabis-tabaco e cigarrillo electrónico”. Concello A Estrada Acrofam Fesanpas Mar Blanco Casais de Camiño Circular S. Coop. Galega pa...

José Caldelas, concelleiro de Vedra fálanos da plataforma "HAI VEDRA": Intentamos axudar ao empresarios locais". 12.05.2021

HaiVedra é unha plataforma de venda online promocionada polo Concello de Vedra para apoiar o comercio e industria local. Falo con José Caldelas concelleiro de promoción económica do concello de Vedra. "A plataforma nace como apoio ás empresas de Vedra, e non ten coste para as empresas". "Podemos atopar dende tendas de roupa, librerías, equipos electrónicos, pequenos autónomos, ata productos perece...

David Gil, presidente da Escudería Estradense: "Este ano organizamos o 25º aniversario da Subida A Estrada". 12.05.2021

A Escudería Estradense xa está traballando na 25 Subida á Estrada, que se celebrará os días 7 e 8 de agosto. Escoitamos ao Presidente, Davil Gil. "Se non hai contratempo sanitario e a situación o permite haberá 25 edición da Subida A Estrada". "Temos a experiencia de outros anos, e neste tempo non deixamos de traballar". "Sabendo da dura situación que viven as empresas, pedímoslle a todos os patro...

SALTA DA CAMA mércores 12-05-2021 (programa completo) 12.05.2021

Salta Da Cama de 8-10h 107.7Fm ️ www.radioestrada.com HOXE: Santoral Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s @s Salt@ns. Música David Gil , presidente da Escuderia Estradense, xa hai data para a Subida A Estrada . José Caldelas, concelleiro de promoción económica do Concello de Vedra #HaiVedra Clara Torres, Dietista Nutricionista danos consellos, hoxe sobre a FIBROMIALXIA e paseamos polo...

Paula Guinea e Baltasar Figueiras fálannos dos proxectos educativos no rural RUSTIC Multigrade e GENERACIÓN DOCENTES 11.05.2021

Coñecemos da man dos docentes Paula Guinea e Baltasar Figueiras dous proxectos educativos que dignifican e poñen en relevancia os beneficios da educación nas aulas multigrao do rural. O CRA de Rianxo está formado por oito pequenas escolas da zona rural do concello de Rianxo. Todas estas escolas son aulas multigrao, aulas nas que agrupa alumnado de distintas idades. A pesar de que estas escolas teñ...

Verónica Barros, BARROS PSICOLOGÍA analiza a FIN DO ESTADO DE ALARMA: "". 11.05.2021

A psicóloga Verónica Barros analiza a repercusión psicolóxica da fin do estado da alarma e como podemos xestionar a frustración social provocada pola irresponsabilidade duns poucos: "É importante a adaptación a todos os sucesos que van acontecendo na nosa vida, e nestos momentos estanos constando moito adaptarnos". "A nosa mente está a sufrir moitas distorsións cognitivas, que apoian certas mensax...

SALTA DA CAMA martes 11-05-2021 (programa completo) 11.05.2021

Salta Da Cama de 8-10h 107.7Fm ️ www.radioestrada.com HOXE: Santoral Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s @s Salt@ns. Música Falamos de 2 proxectos educativos esenciais para a continuidade da educación no rural Cra Rianxo Rustic Erasmus + e Generación docentes da Fundación Princesa de Girona. Verónica Barros de Barros Psicología achéganos consellos para mellorar a nosa saúde mental. ES...

Listen to the Salta da Cama podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.