Radio Cerna
Podcast Radio Cerna
Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Boletín informativo ambiental 22/01/21 22.01.2021 10:05
Primeiro gromo de coronavirus nunha granxa de visóns de Galiza, e segundo no Estado, fai saltar as alarmas das que xa advertiran hai meses os ecoloxistas. Reclaman agora con maior contundencia o peche destas instalacións en todo o territorio galego, que acolle o 80% de todas as granxas de visión do Estado. A outra nova destacada da semana é o anuncio do peche da térmica das Pontes por Endesa. Un f...
Boletín informativo ambiental 15/01/21 15.01.2021 10:01
Novos proxectos eólicos en consulta e novas leis en proxecto sen consulta pública con afección no territorio centran grande parte dos temas abordados no espazo Cerna de hoxe. Escoita...
Boletín informativo ambiental 08/01/21 08.01.2021 10:02
Radio Cerna volve este ano 2021 con máis información ambiental do país. Neste espazo atoparás un novo boletín informativo ambiental coas novas máis destacadas dos últimos días sobre o medio ambiente e a ecoloxía de Galiza. O ecoloxismo non descansa! Preme e escoita!
Boletín informativo ambiental 18/12/20 18.12.2020 10:01
Esta semana veu cargada de boas novas para os movementos ecoloxistas e para o noso patrimonio natural e cultural. O TSXG anula o proxecto eólico Serra do Iribio en Ancares-Courel, zona de Rede Natura; o TS anula a licenza municipal da canteira de Cementos Cosmos de Triacastela que ameaza o BIC Cova Eirós e tamén o TSXG se pronunciou a favor dos traballadores de Alcoa e en contra do ERE presentado...
Boletín informativo ambiental 04/12/20 04.12.2020 10:00
Ameaza a sobra de novas mareas negras cos casos de encallamento do buque afundido no día de onte en Vigo, ou co quimiqueiro que tivo que ser remolcado ao porto exterior da Coruña, nunha semana no que se celebra o 18 cumpreanos da catástrofe ecolóxica producida polo Mar Exeo, enfronte as costas da Coruña. Alén diso, a transición ecolóxica e os proxectos estrela da Xunta volven apuntar cara unha nov...
Boletín informativo ambiental 27/11/20 27.11.2020 10:03
En tan só unha semana o goberno de Núñez Feijóo destituíu a dous dos seus pesos pesados, os directores de enerxía e mina e de montes, e na mesma, anuncia unha lei de reactivación empresarial e modificación 25 normas a través da lei de acompañamento dos orzamentos. Estas e moitas outras novidades da semana en Radio Cerna.
Boletín informativo ambiental 20/11/20 20.11.2020 10:03
No boletín informativo ambiental de hoxe: directrices da paisaxe, manifesto galego pola moratoria de novos parques eólicos e sentenza sobre o eucalipto. Non o perdas! Preme e escoita.
Boletín informativo ambiental 06/11/20 06.11.2020 10:02
A transición ecolóxica e os proxectos mineiros que se intentan xustificar neste procesos centran os contidos do boletín informativo ambiental desta semana. Escoita que outras novas nos deixou a semana no eido ambienta, aquí en Radio Cerna!
Boletín informativo ambiental 30/10/20 30.10.2020 10:01
No boletín informativo ambiental de hoxe: a devesa de Anllares, mala praxe cinexética, urbanismo na ría do Burgo e o reparto de orzamentos do goberno central para a mobilidade en Galiza. Preme e escoita o que nos deixou a actualidade ambiental da semana.
Boletín informativo ambiental 23/10/20 23.10.2020 10:00
No boletín informativo de Radio Cerna desta semana atoparedes referencias á dubidosa actitude "verde" dalgunhas empresas eléctricas que operan no país, que ben proxectan centrais hidroeléctricas agresivas cos espazos naturais protexidos ou ben intentan esquivar responsabilidades sobre graves verteduras aos nosos ríos. Tamén informamos sobre novas ameazas de parques eólicos que afectan a hábitats d...
Boletín informativo ambiental 16/10/20 16.10.2020 10:01
Esta semana varios episodios graves de contaminación mariña, en mar e ríos, centran a actualidade ambiental galega. Se queres saber máis, escoita o programa de hoxe de Radio Cerna!
Boletín informativo ambiental 25/09/20 09.10.2020 10:03
Hoxe, entérate do que acontece no medio ambiente galego nun novo espazo informativo de Radio Cerna. Non quedes coa dúbida... Escóitanos!
Boletín informativo ambiental 09/10/20 09.10.2020 10:02
En Radio Cerna atoparán o informativo máis sonado sobre o medio ambiente e a ecoloxía de Galiza. Escoita neste espazo as novas sobre o medio ambiente galego máis destacadas da última semana.
Boletín informativo ambiental 02/10/20 02.10.2020 10:01
Nos últimos días houbo novidades sobre Alcoa, a transición ecolóxica en Galiza e o estado de saúde dos ríos e dos mares.... Acompáñanos de novo no repaso da actualidade medioambiental da última semana en Galiza!
Boletín informativo ambiental 18/09/20 18.09.2020 10:02
Moi boas a todxs! Retomamos a emisión de novos espazos informativos de Radio Cerna que che ofrece ADEGA todos os venres nesta canle online e tamén en máis de 20 emisoras municipais e locais de Galiza. Se queres estar ao tanto do que acontece no medio ambiente galego, escoita! Esta semana abordamos a actualidade sobre os incendios forestais de Ourense, as últimas novas sobre a expansión da Covid-19...
Boletín informativo ambiental 24/07/20 24.07.2020 10:02
Novos proxectos mineiros ameazan a tranquilidade dos veciños de Beariz; Naturgy presenta o seu plan de desmantelamento da térmica de Meirama e Vigo quere adaptarse á directiva europea da auga para cumprir os obxectivos en eficiencia. Estas e outras son as novas ambientais que recolle este boletín de Radio Cerna e que despide un novo ciclo. Voltaremos con nova programación no mes de setembro. Radio...
Boletín informativo ambiental 17/07/20 17.07.2020 10:01
Neste repaso informativo da semana, amosámosche os últimos datos de afectados pola Covid-19 en Galiza, a repercusión da pandemia a nivel global e algúns resultados de estudos en canto á reducion de emisións contaminantes ou á expansión de especies exóticas invasoras ou pragas.
Boletín informativo ambiental 10/07/20 10.07.2020 10:03
Escoita neste boletín o repaso resumido que fai ADEGA da "era Feijóo" en materia medioambiental en Galiza, ademais doutras novas da semana que teñen que ver coa nosa contorna natural. Valo perder?
Boletín informativo ambiental 03/07/20 03.07.2020 10:01
Esta semana tivo lugar un fito histórico en Galiza: o peche da central térmicade Meirama, tras 40 anos contaminando a atmosfera e sen un plan alternativo para o desenvolvemento socioeconómico da bisbarra. ADEGA recupera grande parte da súa actividade educativa no exterior e hoxe é o Día Mundial sen Plástico. Estas e outras novas ambientais neste espazo de Radio Cerna!
Boletín informativo ambiental 26/06/20 26.06.2020 10:05
Repasa con Radio Cerna (ADEGA) as novas ambientais da semana. A fin do estado de alarma, a negativa de Alcoa a negociar e o futuro incerto da Mariña, un novo decreto lei sobre enerxía e unha sentenza que recoñece falsificación de documentos por parte de cargos da Xunta, aos que porén, absolve e outras novas que che achegamos neste boletín informativo semanal.
Boletín informativo ambiental 19/06/20 20.06.2020 10:02
Alcoa segue no centro da actualidade. Neste conflito represéntase o conflito entre o vello e o novo modelo industrial cara ao que viran as grandes industrias contaminantes, na procura de rendibilidade e fondos públicos de apoio. ADEGA publica o informe "5 Verdades e 5 mentiras sobre Alcoa. Na procura dunha solución integral para a Mariña" e a Xunta presenta 3 iniciativas industriais de cara á econ...
Boletín informativo ambiental 05/06/20 05.06.2020 10:01
Neste Día Mundial do Medio Ambiente, Radio Cerna dá conta dalgunhas das actividades que o movemento ecoloxista galego realizará para celebrar esta xornada na que se presentan propostas de cambio das políticas ambientais, se realizan palestras e debates ou performance na rúa. Actividades todas elas con referencias á crise actual e á necesidade de cambios radicais na nosa sociedade e con respecto á...
Boletín informativo ambiental 29/05/20 29.05.2020 10:01
Algunhas das novas da semana no plano ambiental e social: o despedimento de máis de 500 empregados da factoría de Aluminio de Alcoa, o recurso de 107 colectivos contra a continuidade de tramitacións relativas a proxectos industriais agresivos ou o impacto da Covid-19 no mar e na xeración de plástico. Isto e moito máis no boletín informativo de Radio Cerna de hoxe. Preme e escoita.
Boletín informativo ambiental 22/05/20 22.05.2020 10:01
Hoxe celébrase o Día mundial da Biodiversidade no que a ONU reafirma à idea de que a solución á pandemia está na natureza. ADEGA e outras entidades ecoloxistas reforzan a tese e animan ás administracións públicas a mudar a súa actitude cara a biodiversidade. Por outra banda, denuncian o desleixo da xunta pola conservación do patrimonio natural en contraste co paternalismo demostrado para coa caza...
Boletín informativo ambiental 15/05/20 15.05.2020 10:02
A contaminación das cidades galegas descendeu a máis da metade durante o confinamento, agás en Ferrol, os mercados de alimentos na rúa comezan a súa actividade e o Defensor del Pueblo menciona á Xunta e á mina de Touro no seu informe anual. Estan son algunhas das novas ambientais da última semana que repasamos neste espazo de Radio Cerna! Escoita!
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.