Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

Science GL ↓ 1696 episodes

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Radio Cerna

Category

Science

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Oct 1, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Boletín informativo ambiental 17/12/21 17.12.2021

Ao éxito incontestable das mobilizacións do pasado Día das Montañas fronte a invasión eólica sumouse esta semana o informe do Consello da Cultura Galega que pon en entredito a xestión da Xunta con respecto ao seu modelo de implantación eólica. O CCG tamén pide a moratoria de todos os proxectos en tramitación ata que non haxa plan eólico que sexa avaliado ambientalmente. Os danos desta avalancha eó...

Boletín informativo ambiental 10/12/21 10.12.2021

Mañá sábado, 11 de decembro, é o gran día, o día das montañas, no que están convocadas máis dunha vintena de mobilizacións en todo o territorio galego para facer un chamamento masivo á defensa das montañas fronte a invasión eólica. A coordinadora Eólica Así Non convoca á sociedade galega a participar nesta mobilización expansiva na que se pedirá a paralización inmediata de todos os proxectos eólic...

Boletín informativo ambiental 03/12/21 03.12.2021

A Xunta intenta calmar aos concellos ante a súa preocupación pola vaga eólica, mentres que máis de 170 colectivos sociais anuncian unha mobilización en toda Galiza, o 11 de decembro, Día das montañas, para reclamar unha paralización real e inmediata de todos os proxectos eólicos en tramitación para poder deseñar unha nova planificación máis adaptada á realidade ambiental e social do país con respe...

Boletín informativo ambiental 26/11/21 26.11.2021

No boletin informativo de hoxe repasamos a actualidade máis recente relativa ao medio ambiente e ao ecoloxismo galego. Anúncianse novas mobilizacións masivas a prol da paralización de todos os proxectos eólicos en tramitación, da expropiación "encuberta" dos montes veciñais, dunha nova mortaldade de gaivotas por botulismo e da chantaxe que a Xunta lle fai aos concellos do Barbanza para que abandon...

Boletín informativo ambiental 19/11/21 19.11.2021

Rede Eléctrica Española confirma que Galiza exportou no primeiro semestre de 2021 o 35% da electricidade producida no país, mentres están en tramitación uns 270 parques eólicos máis para o noso territorio. A Xunta, impasible a este dato, si se pronuncia arredor da eólica mariña, cando menos sobre os proxectos de Iberdrola que se están a tramitar no Ministerio. A outra reclama da semana vén da cont...

Boletín informativo ambiental 12/11/21 12.11.2021

As novas desta semana poñen en evidencia o conflito entre a necesidade de abordar de forma urxente a emerxencia climática e a necesidade de facelo sen sacrificar deliberadamente a conservación da biodiversidade e actividades compatibles cunha contorna sustentábel. Desde o Cumio de Glasgow ata o rexeitamento social aos macroparques eólicos ou o seu impacto sobre unha especie agora protexida: o lobo...

Boletín informativo ambiental 05/11/21 05.11.2021

Neste informativo semanal sobre o medio ambiente galego abórdanse feitos relacionados co sector forestal, a xestión do lobo e a vaga eólica, que segue provocando o nacemento de plataformas sociais en defensa do territorio. Coñece os detalles en Radio Cerna!

Boletín informativo ambiental 29/10/21 29.10.2021

O colectivo ecoloxista ADEGA constata con datos sobre plantacións ilegais o efecto chamada da moratoria do eucalipto, a través da súa campaña de denuncia forestal. Nesta semana a Xunta abandonou o grupo de traballo do Ministerio sobre o lobo para deseñar a súa propia estratexia sobre a xestión desta especie protexida xunto con Castela e León, Cantabria e Asturias. Estas e outras novas sobre o medi...

Boletín informativo ambiental 22/10/21 22.10.2021

Desta volta a actualidade informativa de Galiza recolle a nova sentenza contra Ence da Audiencia Nacional, a moratoria da Xunta a novas solicitudes de parques eólicos ou a denuncia de ADEGA dunha nova central hidroeléctrica de bombeo no ZEC Macizo Central, espazo protagonista deste informativo.

Boletín informativo ambiental 08/10/21 08.10.2021

Hoxe achegamos un espazo de radio exultante de actualidade ambiental. A semana deixounos novas sobre Endesa e a súa intención de volver queimar carbón nas Pontes, o inico da xudicialización eólica por parte de ADEGA, a publicación oficial do novo Plan Forestal ou o novo proxecto da Mina de Touro, entre outras... Escoita!

Boletín informativo ambiental 01/10/21 01.10.2021

Plan de Conservación da Fraga de Catasós, vertidos en rías e limpeza simultánea de ríos, entre outros dos acontecementos ambientais da última semana, aquí en Radio Cerna!

Boletín informativo ambiental 24/09/21 24.09.2021

Sen dúbida, a nova ambiental da semana protagonizouna o lobo. Pasa a ser especie protexida, aínda que non se prohibe na totalidade a súa caza. Os segundos protagonistas: os encoros. ADEGA presenta denuncia na Fiscalía contra a Xunta e as eléctricas polo suposto baleirado irregular dos encoros en días nos que o prezo da luz acada máximos históricos, e novos aproveitamentos hidroeléctricos asoman na...

Boletín informativo ambiental 17/09/21 17.09.2021

Radio Cerna está de volta! Iniciamos esta nova etapa no repaso da actualidade ambiental de Galiza, dando conta da declaración da nova Reserva da Biosfera de Galiza, do baleirado dos encoros e do principio dos 3s da Enerxía impulsado por ADEGA. Non te perdas este boletín...

Boletín informativo ambiental 13/08/21 13.08.2021

Un novo informe do IPCC advirte que a década presente é deeterminante para evitar os efectos catastróficos do cambio climático e insta ás industrias máis contaminantes e situadas no litoral a tomar medidas drácticas. A actualidade ambiental dos últimos días tamén nos deixa novas relacionadas co rexurdimento dos proxectos eólicos mariños de Iberdrola, a denuncia do Rally Hispania por parte de ADEGA...

Boletín informativo ambiental 06/08/21 07.08.2021

A actualidade ambiental da semana segue xirando arredor dos sectores produtivos agresivos coa natureza: mina de Touro, Alcoa, eólica, e proxectos que promove a administración pública non acordes coa mitigación do cambio climático. Escoita Radio Cerna e ponte á última na información ambiental do teu país!

Inicio / Boletín informativo ambiental 23/07/21 23/07/2021 Boletín informativo ambiental 23/07/21 23.07.2021

Ence recibe un duro golpe da Audiencia Nacional a cal declara ilegal a prórroga da concesión da pasteira outorgada polo goberno en funcións de Mariano Rajoy. O traslado da factoría semella cada vez máis preto. No ámbito da enerxía, continúan as críticas sociais contra a vaga eólica que é incesante. Xordes novos movementos veciñais na contorna do Xurés para enfrontarse aos proxectos eólicos. Estas...

Boletín informativo ambiental 16/07/21 16.07.2021

Novo informe negativo da Xunta aos parques eólicos do Ministerio. Desta volta, apunta contra o PE de Berdoias; ADEGA vence nos tribunais á Consellaría de Medio Rural contra os seus intentos de impedir o acceso a información ambiental sobre plantacións ilegais de eucaliptos e un novo delito ambiental protagoniza a semana: a eliminación das dunas da praia de Rodeiro (Cangas)... Se queres coñecer a a...

Boletín informativo ambiental 02/07/21 02.07.2021

A paralización parcial da éolica mariña, o desmantelamento da térmica de As Pontes, ou a volta da mina de Touro, algúns dos temas ambientais da semana. Escoita o resumo da actualidade ambiental da semana en Radio Cerna.

Boletín informativo ambiental 25/06/21 25.06.2021

A eólica mariña e os proxectos de Iberdrola de San Cibrao e San Brandán no mar galego tópanse de fronte coa repulsa do sector pesqueiro; o Ministerio de Transición Ecolóxica segue admitindo novos macroproxectos eólicos tamén en terra e ADIF queda exonerada de toda culpa por verter ao río Sil dous vagóns de tren o pasado verán. Estas e outras novas ambientais da semana no presente boletín informati...

Boletín informativo ambiental 18/06/21 18.06.2021

A piques de que se inicie a chamada "moratoria" do eucalipto, Endesa e unha comunidade de montes de Aranga promover dúas macroplantacións de varios centos de hectáreas con esta especie exótica invasora. A isto súmanse os primeiros lumes do verán que volven asolar espazos naturais protexidos, sendo o Courel desta volta un dos máis prexudicados. E seguimos falando da "lei da selva eólica" que agora...

Boletín informativo ambiental 11/06/21 11.06.2021

Un gran clamor social pide ás administracións unha moratoria eólica, tal e como quedou refrendado na gran manifestación vivida en Santiago de Compostela o pasado 5 de xuño, con motivo do Día do Medio Ambiente. Milleiros de persoas fixeron patente o rexeitamento social á actual invasión eólica e a un modelo enerxético colonial, inxusto e insostíbel. O boletín de hoxe de Cerna recolle as reaccións p...

Boletín informativo ambiental 04/06/21 04.06.2021

Mañá, no Día Mundial do Medio Ambiente, Compostela será escenario dunha gran marcha contra a invasión eólica de Galiza. No espazo de Radio Cerna de hoxe dedicamos unha especial atención á actualidade relativa ao boom eólico que xa non só se proxecto en terra, agora tamén no mar. Feliz semana do Medio Ambiente!

Boletín informativo ambiental 28/05/21 28.05.2021

Uns 50 colectivos de diversa índole convocan para o Día mundial do Medio Ambiente unha gran manifestación contra o actual modelo eólico que pretende inzar de aeroxeradores todo o territorio galego. A sacudida eólica que está a sufrir o país está espertando un rexeitamento social contra os proxectos eólicos que se leva manifestando nas últimas semanas a través de marchas locais e outros actos reivi...

Boletín informativo ambiental 21/05/20 21.05.2021

Enerxía eólica, posible neglixencia da Xunta no ámbito forestal, xabaril e lobo... algúns dos temas sobre os que pivotou esta semana a actualidade ecoloxista de Galiza. Animámoste a escoitar a información completa.

Boletín informativo ambiental 07/05/21 07.05.2021

Seguimos abordando a actualidade ambiental de Galiza na que ultimamente sobresae a cuestión eólica. Nesta semana, a nova foi a información negativa da Xunta a algúns dos proxectos en tramitación. Se queres máis detalles, escóitanos!

Listen to the Podcast Radio Cerna podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.