Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

Science GL ↓ 1688 episodes

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.

Author

Radio Cerna

Category

Science

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 9, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Boletín informativo ambiental 14/03/2025 13.03.2025

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza tomba a privatización por parte da Xunta dos procedementos de avaliación ambiental. Máis de 500 barcos de pesca e mexilloeiros percorrerán a Ría de Arousa contra Altri e a Mina de Touro o próximo sábado, 22 de marzo. Os trámites da concesión de augas para as centrais de bombeo na Ruña, en Mazaricos, tamén terían caducado, ao igual que os de Altri. O xacemen...

Boletín informativo ambiental 07/03/2025 06.03.2025

ADEGA demanda a Xunta pola desprotección da área afectada pola celulosa de Altri na Infraestrutura Verde de Galiza. E mentres, a Xunta continúa coa súa manobra para eludir centos de alegacións cun requirimento masivo a máis de 800 persoas para que demostren a súa condición de interesadas no expediente do proxecto. Por mar e por terra. A plataforma en Defensa da Ría de Arousa anuncia unha gran mobi...

Boletín informativo ambiental 27/02/2024 27.02.2025

A Xunta de Galiza reduce a protección ambiental dos terreos da Ulloa onde Altri quere instalar a súa celulosa. O presidente da Xunta evita dar explicacións e remítese de novo ao traballo do persoal técnico na declaración de impacto ambiental da planta. Veciñanza de Bembrive e Mós presentan 25.000 alegacións contra unha autovía que arrasará o seu pulmón verde. Isto e máis, en Radio Cerna!

Boletín informativo ambiental 21/02/2025 21.02.2025

A Xunta manobra para ampliar a balsa de lodos vermellos de Alcoa a pesar dos riscos medioambientais. Denegada a autorización ambiental ao proxecto da planta de biometano en Coeses, en Lugo. Entregan centos de alegacións contra a instalación dun vertedoiro a ceo aberto en Val do Dubra. O TSXG paraliza cautelarmente un proxecto eólico que ameazaba as bestas de Sabucedo. Isto e máis, en Radio Cerna!

Radio Cerna 14/02/2025 13.02.2025

A solicitude de concesión de augas de Altri tería que desestimarse por vencer o prazo legal para resolver. O proxecto estivo no centro dunha nova disputa esta semana no Parlamento de Galiza entre Rueda e Pontón. A empresa, pola súa banda, confirma que tramita co Ministerio de Industria unha axuda directa de 250 millóns de euros. En materia eólica, o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza frea caut...

Boletín informativo ambiental 07/01/2025 06.02.2025

O xornal La Voz de Galicia revela que o informe preceptivo de Augas de Galiza sobre a fábrica de Altri en Palas de Rei é favorable. 300 persoas implicadas, máis de 15.000 paus de batea recollidos e tan só 3 días de traballo: este é o balance final do Tarugotón, a primeira recollida simultánea de paus de batea en Galiza. ADEGA Vigo - O Morrazo vén de presentar alegacións fronte ao proxecto da autov...

Boletín informativo ambiental 31/01/2025 30.01.2025

O actual proxecto mineiro de Touro, un risco para o ambiente e para a saúde aínda maior que o que implicaba o de 2017. Tamén en materia mineira, ADEGA denuncia á Xunta e ao Concello de Foz polas irregularidades na tramitación dunha canteira de caolín. O goberno galego comeza a tramitación dun novo plan eólico, sen que organizacións ecoloxistas e asociacións veciñais poidan participar nos órganos d...

Boletín informativo ambiental 24/01/2025 24.01.2025

Noruega denega o permiso ambiental a unha celulosa coma a de Altri. Este domingo 26 de xaneiro, hai unha nova cita nas rúas coa defensa do medio ambiente e contra a invasión eólica. Tamén en materia eólica, ADEGA lanza unha campaña de recadación solidaria Ti Podes Paralos! para frear nos tribunais o proxecto eólico Patiñeiro, en Vimianzo. Desplome do marisco na ría de arousa, unha das principais z...

Boletín informativo ambiental 17/01/2025 16.01.2025

Nova cita nas rúas galegas: o próximo domingo, 26 de xaneiro, a Coordinadora Eólica Así Non fai un chamado ao pobo galego a mobilizarse en diferentes puntos da xeografía galega contra a invasión eólica. Alerta no agro galego polas plantas de biometano que están a promover as empresas enerxéticas. A Xunta apraza a súa decisión sobre o proxecto de macrocelulosa de Altri. Todo isto e máis, en Radio C...

Boletín informativo ambiental 20/12/2024 19.12.2024

O pobo galego protagonizou unha xornada de reivindicación histórica o pasado domingo en defensa da terra e contra a macrocelulosa de Altri. As reaccións políticas non se fixeron agardar. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, di manterse firme e coas cousas claras e a oponición ínstao a escoitar a cidadanía. Nesta mesma semana, a coordinadora Eólica Así Non concentrouse diante do Parlamento de Gali...

Boletín informativo ambiental 13/12/2024 13.12.2024

Facultades e departamentos de tres universidades e do CSIC ratifican o seu rexeitamento a Altri a unha semana da gran mobilización contra a macrocelulosa prevista para o próximo domingo, 15 de decembro, en Santiago de Compostela. Na mesma liña científica, vén de ver a luz o primeiro libro que aborda de forma exhaustiva os impactos sobre terra, mar e aire de Altri, da man de ADEGA e do biólogo Ramó...

Boletín informativo ambiental 06/12/2024 05.12.2024

Organizacións ambientais de todo o mundo esixen á Xunta de Galiza e ao Goberno de España a paralización inmediata da fábrica de Altri. E a mobilización social non cesa. Conta atrás para a gran manifestación contra a macrocelulosa que terá lugar en Compostela o 15 de decembro. O Partido Popular e o PSOE galego demandan a exclusión do lobo da listaxe de especies protexidas. Tamén no Parlamento, o PP...

Boletín informativo ambiental 29/11/2024 28.11.2024

A Plataforma Ulloa Viva e a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa anuncian un clamor en Compostela contra Altri e a Xunta o próximo 15 de decembro. A Xunta de Galiza expulsa as organizacións ecoloxistas e as comunidades de montes veciñais do Consello de Minaría de Galiza; e no mar, bloquea a participación das entidades ambientais en Redemar. A asociación ecoloxista ADEGA procura fondos para recor...

Boletín informativo ambiental 22/11/24 21.11.2024

ADEGA denuncia ante a Audiencia Nacional a autorización das obras do treito II da A-57, en Pontevedra. Doutra banda, a organización procura fondos para recorrer ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza o proxecto eólico Monteiro, nos Ancares e na Fonsagrada. O Banco Central Europeo alerta das consecuencias da degradación dos ecosistemas sobre a inflación e o crecemento económico. E comezou es...

Boletín informativo ambiental 15/11/24 14.11.2024

Fanse 22 anos da catástrofe ambiental e económica do Prestige. O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza suspende cautelarmente outros tres proxectos eólicos, e suma en total 62. A Xunta admite unha “importante saturación de instalacións gandeiras na Limia” que poden afectar á calidade das augas. Nace a Plataforma fronte á Masificación Turística Vigo-O Morrazo. E en Lugo, ADEGA e Ríos con Vida anun...

Boletín informativo ambiental 08/11/2024 07.11.2024

Comezamos este boletín co freo a outros tres proxectos macroeólicos en Terra de Montes; e coa autorización ambiental "express" e fraudulenta para o recrecimento da balsa de lamas vermellas de Alcoa. Ademais, Xunta de Galiza encarga un mapa de zonas inundables por máis de 266.000 euros seis días despois da catástrofe de Valencia. Tamén a Xunta quere reactivar 60 dereitos mineiros antes de que remat...

Boletín informativo ambiental 01/11/24 31.10.2024

A maior DINA do século XXI no Estado asola o País Valenciá. O canon eólico en Galiza fai 15 anos de vida e o goberno galego expón mudalo. A Xunta de Galiza acudirá ao TXUE para defender os eólicos paralizados cautelarmente polo TSXG. O Consello da Cultura Galega defende o rigor científico do informe sobre o proxecto de Altri en Palas de Rei. Isto e máis, en Radio Cerna!

Boletín informativo ambiental 24/10/24 24.10.2024

O Partido Popular de Galiza rexeita a iniciativa lexislativa popular en defensa da pesca e o marisqueo tradicionais. Tamén no Parlamento, esta semana aprobouse a Lei de Recursos Naturais de Galiza, a primeira norma da lexislatura. En materia eólica, a organización ecoloxista ADEGA demanda a paralización do parque eólico Ruña II, no concello de Mazaricos; e ademais, o Tribunal Supremo avala unha pa...

Boletín informativo ambiental 18/10/24 17.10.2024

A organización ecoloxista ADEGA e a Plataforma para a Defensa da Cordilleira Cantábrica conseguen paralizar cautelarmente outro proxecto eólico na montaña de Lugo. No mar, a Xunta prevé que en 2025 se autoricen en Galiza 5 proxectos de eólica mariña. En materia de turismo, Sanxenxo multiplica por 7,5 as persoas residentes durante o verán e un estudo alerta dos impactos ambientais desta situación....

Boletín informativo ambiental 11/10/24 10.10.2024

A Xunta de Galiza inicia unha campaña para silenciar milleiros de persoas e colectivos opostos a Altri, e o presidente Rueda procura desacreditar as alegacións ao proxecto dicindo que a maioría son copias. A Plataforma Ulloa Viva e a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa, co apoio doutras asociacións e colectivos galegos, convocan unha nova gran mobilización contra Altri o 15 de decembro. Unha in...

Boletín informativo ambiental 04/10/2024 03.10.2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anuncia a creación dunha comercializadora eléctrica, que a oposición cualifica como puro márketing. Altri recoñece que a macrocelulosa no Ulla non ten encaixe en ningún dos Proxectos Estratéxicos de Recuperación e Transformación Económica (Perte) lanzados polo Goberno do Estado. O eucalipto aumentou un 48% nas Fragas do Eume despois de ser declaradas Parque Na...

Boletín informativa ambiental 27/09/24 26.09.2024

Sogarisa e Sogama sitúan Galiza no mapa dos vertedoiros de refugallos perigosos. O eucalipto ocupa o 14% do territorio total en Galiza, e case un 30% da súa extensión forestal. A Unión Europea sucumbe ás presións do sector da caza e gandeiro e rebaixa a protección do lobo. ADEGA e Proxecto Ríos poñen a punto a Limpeza Simultánea de Ríos 2024 en toda a xeografía galega para este domingo, 24 de sete...

Boletín informativo ambiental 20/09/24 19.09.2024

Graves incendios forestais en Portugal. Os negocios turísticos móstranse preocupados pola macrocelulosa de Altri. O TSXG paraliza cautelarmente 59 proxectos eólicos en 71 concellos; e a organización ecoloxista ADEGA pon a disposición un modelo de alegación a outro proxecto eólico fotovoltaico na Ribeira Sacra. En materia de mobilidade, as cidades galegas viven o inicio dun cambio de modelo, con me...

Boletín informativo ambiental 13/09/2024 12.09.2024

O Consello da Cultura Galega asegura que a macrocelulosa de Altri xeraría unha grave fractura no territorio. Dous proxectos de centrais de bombeo pretenden instalarse no río Xallas cun brutal impacto paisaxístico e ambiental. A Condeferación Hidrográfica Miño-Sil abre expediente sancionador á cidade deportiva do Celta por vertedura de augas residuais. A organización ecoloxista ADEGA consegue o fre...

Boletín informativo ambiental 06/09/2024 05.09.2024

Novos incendios forestais en Crecente e na Baixa Limia. Xa en vigor a primeira lei europea que obriga os Estados a restaurar a natureza e non só protexela. O Goberno do Estado autoriza dous proxectos eólicos nas comarcas do Eume, A Mariña e Ortegal. A Coruña lidera as emisións galegas de gases de efecto invernadoiro. Todo isto e máis, en Radio Cerna! Escoita canda nós as novas medioambientais máis...

Listen to the Podcast Radio Cerna podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.